* 97 concellos sen petroglifos

Segundo os meus datos, dos 313 concellos galegos, 97 carecen, polo de agora, de pedras con gravados prehistóricos ao aire libre. Así, na provincia da Coruña, con 91 concellos, en 34 non se documentan petroglifos. Na de Lugo, con 67 concellos, en 27 non atopamos pegadas. Na de Ourense, con 92 concellos, descoñecemos a existencia de gravuras en 32. E na de Pontevedra, con 61 concellos, non documentamos ningún só en 5.


A continuación achego os concellos sen petroglifos.

PROVINCIA DA CORUÑA

Abegondo, Arzúa, Betanzos, Boimorto, Boqueixón, Cariño, Carral, Cedeira, Cee, Cerdido, Corcubión, Frades, Malpica, Mañón, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Mugardos, Negreira, Ordes, Oroso, Ortigueira, O Pino, Sada, Santa Comba, Santiso, Sobrado dos Monxes, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vilasantar e Zas.

PROVINCIA DE LUGO

Alfoz, Baleira, Barreiros, Bóveda, Castro de Rei, O Corgo, Cospeito, Foz, Meira, Muras, Negueira de Muñiz, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Rábade, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Taboada, Trabada, Triacastela, O Vicedo, Viveiro e Xermade.

PROVINCIA DE OURENSE

A Arnoia, Barbadás, Beade, Os Blancos, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Castrelo do Val (aquí documéntase a estela-menir da Pedra Alta), Cenlle (presenta gravuras o Marco da Eira dos Mouros, unha posible pedrafita prehistórica), Chandrexa de Queixa, Coles, Gomesende, Larouco, Leiro, Lobios, Montederramo, Padrenda, A Peroxa, Petín, Piñor de Cea, A Pobra de Trives, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Ramirás, Riós, Rubiá de Valdeorras, Sarreaus, A Teixeira, Toén, Trasmiras, A Veiga e Vilar de Santos.

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O Grove, A Illa de Arousa, Pontecesures, O Porriño e Vilanova de Arousa.