* Agresión ao castro de Magalofes (Fene)

Recentemente, o amigo Luis S. Seoane máis eu detectamos unha nova agresión a un ben arqueolóxico protexido. Trátase do castro de Magalofes, no concello de Fene. Para talar os eucaliptos que hai sobre o asentamento abriron novos accesos ao castro e ampliaron os que xa había para facer a tala, utilizando maquinaria pesada. Despois desbrozaron parte do castro con desbrozadoras de cadeas e sobre as defensas plantaron máis eucaliptos.

 

O día 30 de abril de 2018 presentamos a denuncia en Patrimonio.