* Agresión a unha mámoa en Valdoviño

A mámoa que se ve na foto, situada en Riobó, na parroquia de Meirás (Valdoviño), no límite con O Val (Narón), estaba plantada de eucaliptos. Cando serviron para a venda, taláronnos, arrincaron as raíces con maquinaria e volveron a plantar eucaliptos.

Para celebrar a fazaña da desfeita, colocaron unha "bandeira" no cráter de violación.