CASTROS DE GALIZA/GALICIA (PROVINCIA DE PONTEVEDRA)

CASTROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

AGOLADA
Buxel e Vil (Artoño); Basadre ou Eira Vella (Basadre); Goiás, Logares e Vilela (Borraxeiros); Brocos (Brocos); Pazos (Carmoega); Os Castros (Galegos-Eidián); Os Castros (Esperante); Aldea Vella (Ferreiroa); Marcelín (Merlín); Santa Comba (Santa Comba); Gurobela (Sexo); Couto dos Mouros (Trabancas); O Val (Val de Sangorza); Tras do Castro (Ventosa). 
Castro da Aldea Vella: No blog de Aquam Latam faise alusión á existencia deste castro no lugar do Brollo, parroquia de Ferreiroa, situado nunha zona elevada e de gran visibilidade e fácil defensa. Non resulta difícil adiviñar as ruínas das murallas e os foxos colmatados. Os veciños lembran a croa do castro e da aparición de muíños de man. Non está catalogado.
Castro de Buxel: Segundo a lenda, no castro vivían os mouros.
Castro de Carmoega; A 360 metros de altitude, nas estribacións do Monte de Paradela. Consta dunha croa tendente a circular delimitada por unha muralla. 
Castro de Marcelín: No ano 2006, a Dirección Xeral do Patrimonio abriu un expediente sancionador polas obras de explanación e movemento de terras executadas na contorna do castro, ademais dunha posible apropiación de terreos da Xunta de Galicia. Segundo a lenda, o castro agocha un tesouro. Tamén se di que o nome veulle dunha raíña que chamaban Marcela. 
Castro do Val: A 445 metros de altitude. Conta con dous recintos de forma diferenciada, con croa case circular defendida en todo o seu perímetro por unha muralla. 
Tesouro de Agolada: Atopado no ano 1920 cando se estaba a facer a estrada Lalín-Agolada, nas proximidades do castro de Goiás. Datado no terceiro milenio a.C., consta de tres pezas: dúas pulseiras e un colar, todo en ouro. Depositado no Museo de Pontevedra.


ARBO
A Cidá (Arbo); A Cividá (Barcela); O Crasto (Monte do Crasto-Cequeliños); Coto de Mourentán, Covas e Trabazos (Mourentán); Valouta (A Valouta-Mourentán); Coto do Galo, As Croas e San Martiño (Sela); A Croa dos Castelos, Monte Policarpio.
Castro de San Martiño: No castro hai unha rocha con gravuras de cazoletas, algunhas comunicadas por sucos.

BAIONA
Monterreal, Baíña, Carabela ou da Penisa e Santa Marta (Baíña); Belesar (Belesar); Morade (Morade-Santa Cristina da Ramallosa); Morade (Morade-Santa Cristina da Ramallosa); O Cresto (Sabarís-Santa Cristina da Ramallosa).
Castro de Belesar: Coñecido tamén como Coto do Castro. Moi alterado pola construción de vivendas.
Castro Carabela: Situado nun outeiro, vense restos da muralla que o circundaba. Moi alterado.
Castro de Morade: Consta dun recinto fortificado situado nun outeiro. Consérvanse algúns restos da muralla perimetral. Neste castro hai unha rocha cunha gravura dun axedrezado de 63 cuadrículas, alfabetiformes e unha inscrición en latín.
Castro de Santa Marta: Situado nunha península xunta a praia de Santa Marta que constitúe unha defensa natural. Está organizado mediante aterrazamentos. Só se aprecia o terraplén da coroa. Moi alterado por distintas obras. Nel érguese a capela de orixe medieval posta baixo o padroado de Santa Marta. 
 
 
 

BARRO
Castelo e Chan do Monte Güimil (Agudelo); Castelo de Casas (Casas-Agudelo); Barosa (Barro); Monte do Castro (San Breixo-Barro); Curro (Curro); Outeiro do Codeso, Parada e Randufe (Perdecanai); Loureiro (A Costa-Portela); Monte Redondo(Vilaverde-Portela); Pedra Mirtada. 
Castro da Chan do Monte Güimil: Segundo información de Novas de Barro do mes de abril de 2015, no último pleno o que daquelas era alcalde dixo sobre o castro: "Alí non hai nada de interese. Cando os da Universidade fixeron uns buratos só apareceron unhas pedras sen importancia e volveron tapar os buratos, por iso non lle pagamos". Unha mintira tal como demostra  o informe técnico da USC do ano 2008 onde se resalta o altísimo valor do xácigo, tanto polo seu tamaño como pola importancia histórica e estratéxica. Dende o castro observábase unha ampla visibililade da entrada da Ría de Arousa e un tramo da desembocadura do río Ulla. A presenza de materiais cerámicos de importación parecen indicar que o castro se atopaba nun circuíto comercial amplo. O seu gran tamaño, entre 5 e 6 hectáreas, fai pensar que tivese unha función como lugar central a partires do cal poderían distribuírse de maneira equidistante unha serie de castros máis pequenos. O poboado xurdiría arredor do século I a.C., non desbotándose que tivera ocupacións anteriores. Espero que a nova alcaldesa, xurdida das eleccións do mes de maio, poña en valor o castro, cando así cumprimento ao expresado pola súa organización políticia, o BNG, que se comprometeu a estudalo, protexelo e divulgalo. 
Sobre a existencia dos castros de Barosa, Loureiro, Outeiro do Codeso e Pedra Mirtada achegoumo Rafael Ruibal.
 

 

BUEU
Casa de Bon (Bon-Beluso); Liboreiro (A Portela-Bueu); Castrillón (Meiro-Bueu); O Alto e Castelo dos Mouros (A Illa de Ons).

CALDAS DE REIS
BadoucosOuteiro ou dos Tres Picos ou Paradela e Santa María (Arcos da Condesa); Follente (Follente-Bemil); Bemil e Tres Picos (Bemil); Eirín (Monte de Santa María-Caldas de Reis); A Roda (Carracedo); Xaiba (Saiar); Asar ou Monte Castelo e César (San Clemente de César); Porreiro (Porreiro-Santo André de César); Segade (Segade-Santo André de César). O Castelo e Xiros da Vila. 
Castro de Badoucos: Situado nun pequeno outeiro. Alterado en boa parte polos labores agrícolas, a pista de acceso a Badoucos, dúas casas e un transformador de media tensión. O castro ten forma ovoidal e unhas dimensións de 100 x 75 metros. Mal estado de conservción. 
Castro de Asar: Situado nun escarpe do monte da Armada. Está constituído por unha croa de 70 x 87 metros cunha suave pendente en todo o seu perímetro e un parapeito interno de altura variable. Rodeando a croa en case todo o seu perímetro temos unha serie de muros, algúns semella que actuaban como reforzo da muralla. Ao N-O vese un gran foxo duns 15 metros de ancho e 10 de profundidade.  
Castro de César: Forma ovalada, con croa de 90 metros no eixo norte-sur e 70 metros no leste-oeste, arrodeado por unha muralla só visible no S-O e N-O. A croa ten un parapeito interno duns catro metros de altura e foxo. Semella que a entrada era polo sur, onde o foxo desaparece á altura da croa e é menor en relación ao exterior; este foxo foi convertido en camiño.  
Castro de Follente: Nas estribacións do Monte Xiabre, nun pequeno outeiro. Consta de recinto de forma oval, arrodeado en todo o seu perímetro por un parapeito e un foxo. Documentáronse estrutruras relacionadas coa agricultura.  
Castro Porreiro: No cume hai unha pedra simbólica e ritual coñecida como a Pedra da Lanzada.

 
 

CAMBADOS
A Pastora (Cambados); Castrelo (O Adro-Castrelo); A Revolta (A Revolta-Castrelo); Valada (Valada-Castrelo); Tragove (Corvillón); A Grenla (Ouviaña); Con das Sete Pías (Vilariño); Monte do Rei e Mourellón. 
Castro Con das Sete Pías: O primeiro en dar conta do castro foi Fariña Jamardo no Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología de la Universidad de Valladolid. Foi escavado por Bouza Brey, quen xa constatou a existencia de construcións circulares. No recinto hai uinha rocha con cazoletas comunicadas entre si por trazos. Segundo a lenda, unha longa cadea de ouro soterrada une o castro co Monte Lobeira. Outra cadea ía cara o Con da Moura, en Covas de Lobos, onde vivía unha moura e ao seu pé había un pozo do que viña unha cadea de ouro; quen turraba dela acababa no fondo. Cando nacían meniños, eran derramadas unhas pingas do seu sangue para favoreceren o crecemento. Había unha aldea onde vivían os mouros. (Algunhas lendas foron extraídas de Gumersindo Mosteiro Díaz). 
Castro da Grenla: O recinto está formado por un espazo principal onde se ven uns aterrazamentos. As primeiras noticias escritas deste xacemento son do ano 1940, nun artigo asinado por un tal L. F., e outro de Bouza Brey no ano 1956. A escavación foi realizada polo daquelas xuíz de Cambados, Manuel Lojo Tato. As escavacións leváronse a cabo no ano 1939, afectando á croa próxima ao con e a dous dos achanzamentos. O tipo de construcións e o material atopados en xeral levan á época de romanización do castro, ao contrato do que afirman Bouza Brey quen di que está pouco romanizado, documentando unha construción de planta rectangular coas esquinas arredondadas, outra de planta rectangular, unha fíbula anular de bronce, cerámica con distinta decoración, fragmentos de ánforas romanas, parte dun molde de fundición realizado en esteatita e dous amarradoiros de pedra, estes atopados fóra de contexto que presentan unha decoración de espiña de peixe. Atópase en estado de abandono. (Información de Gumersindo Mosteiro Díaz). 
Castro da Pastora: Recibe o nome porque no antecastro atópase a ermida da Pastora. Na croa hai unha cruz por riba dunha pena. 
Castro da Valada: De forma ovalada, cunhas medidas de 250 por 300 metros. Obsérvanse varios aterrazamentos. 
Illote de San Sadurniño: Segundo noticia aparecida a primeiros de febreiro de 2015, no illote onde se ergue a arruinada torre medieval, houbo presenza humana na Prehistoria. O equipo dirixido polo arqueólogo Ángel Acuña descubriu varias pezas de cerámica que poden datar da primeira Idade do Ferro, entre o 800-600 a.C.


 

CAMPO LAMEIRO
Devesiña (Cascaneda-O Campo); Coto da Cerca (Praderrei-O Campo); Coto de Penalba e A Lagoa (O Campo); Castriño, Cimadevila e Orto (Couso); Cardeiras e Redonde (Fragas); Coto do Castro (Montes); Coto do Castro (Painceiros-Muimenta); Casa do Castro e Morillas (Morillas).
Castro do Coto de Penalba: Dende o castro domínase unha ampla panorámica. Datado na fase máis antiga da cultura castrexa, presenta murallas pétreas e restos de habitacións circulares. Apareceron muíños de man naviformes destinados á moenda de millo miúdo, trigo e landras tal como delatan os restos atopados polo xacemento. Tamén se recuperaron un machado de cubo, un puñal de bronce con lingüeta calada e nervadura central e unha punta de lanza e regatón (parte inferior da lanza), ambos os dous de bronce, datados no século VIII a.C. Nunha gran laxe granítica vese a inscultura de dúas grandes serpes. Verbo desta peneda, había a tradición de, na Noite de San Xoán, copularen as parellas xunto dela para teren descendencia; mais denantes o acto, tiñan que agasallar aos ofidios cun púcaro con leite. Proposto como Ben de Interese Cultural.
 

 

CANGAS
Aldán (Aldán); Erbello (Erbello-Aldán); Aviases, Liboreiro e Pedralán (Coiro); O Castelo e Montealegre (Darbo); Facho de Donón (Costa da Vela-O Hío); Hío, A Igrexiña, Monte do Castro (O Hío); Os Castros (Nerga-O Hío); O Facho (O Hío).
Facho de Donón: Nun dos cantís da Costa da Vela, a 157 metros de altitude sobre o nivel do mar. Nunha das abas do monte existiu un poboado do Bronce Final (900-700 a.C.). Na parte oposta hai un gran castro da Idade do Ferro, fundado no século VI a.C. e que foi abandonado pouco antes da conquista romana, arredor do ano 100 a.C. Na croa descubriuse un santuario, do que non hai exemplo na Península, adicado a un deus do panteón galaicorromano Bero Breo, descoñecido polos investigadores ata os anos sesenta do pasado século grazas ás prospeccións levadas a cabo por Bouza Brey e Álvarez Blázquez. O santuario, do que xa se atoparon máis de 175 aras-estelas, estivo en activo entre os séculos II e IV d.C. No mes de agosto de 2014, o arqueólogo José Suárez denunciou a agresión ao Santuario; os visitantes crean torres amontoando pedras, algunhas procedentes das antigas construcións, lamentable "moda" que pode afectar gravemente ao xacemento. No mes de xullo de 2015 historiadores e visitantes denunciaron publicamente o estado de abando no que se atopa. 
Castro Liboreiro (Coiro): Neste castro apareceron varios obxectos de época romana e fragmentos ilexibles de inscricións, entre elas un epígrafe que di "AERT(...)?". Filgueira e D´Ors atribúen a dedicatoria a Verore, deus coñecido por catro inscricións atopadas en Lucus Augusti. Outros autores prefiren ver nesta peza unha ofrenda a Aernus, divindade da área de Bragança á que adicaron un altar os membros do Ordo Zoelarum. 
Castro de Montealegre: Dende mediados do mes de maio de 2016, un equipo de persoas, dirixidas polo arqueólogo Miguel Ángel Vidal Lojo, comezaron a escavar o castro e para protexelo das obras de ampliación do Corredor do Morrazo. Este xacemento xa se salvou da destrución hai dez anos coa construción dun túnel. Daquelas xa se documentaran oito cabanas.
 

 

 

 

A CAÑIZA
A Cidade (Chan de Bouzas-As Achas); A Cerquiña (Deva de Abaixo-As Achas); Alto da Veiguiña (As Achas); Grades (As Grades-As Achas); Coto das Cavadas (As Cavadas-Oroso); Guntín (Guntín-Oroso); Barreiros, Cavadas, Coto do Castro (Valeixe). 
A Cidade das Achas: Situado entre os ríos Deva e Senande. Na actualidade está cuberto pola maleza, pero tense constancia dunha dobre muralla e algunha outra construción. Asociado ao xacemento da Cerquiña. A lenda di que estaba habitado polos mouros. 
Castro da Cerquiña: De forma elíptica, rodeado por unha muralla de terra e pedra. Segundo a lenda, aquí houbo unha fortaleza feita polos cristiáns para vixiar aos mouros que habitaban no castro das Grades. 

CATOIRA
Tarrío (Dimo); As Torres (Oeste).

CERDEDO
Arén (Cerdedo); Segón (Monte Chamadoira-Cerdedo); Castrodiz (entre as parroquias de Castro e Figueiroa); Vilar (Figueiroa); As Cercas (Vilariño-Folgoso); A Mouteira (Mouteira-Parada; Da Cerca e do Pego (Parada); Castro de Abaixo e Roda do Castro (Os Castros-Quireza); San Cibrán (Vilalén-Tomonde); Castro Grande (Monte Seixo, linda cos concellos de Cerdedo e Cotobade); Coto do Castro, entre as aldeas de Laxoso (Quireza) e A Devesa (Tomonde).
Castro de Arén: No cotarelo de San Miguel. Sobre o castro érguese unha capela posta baixo o padroado de San Miguel, o cemiterio e outras construcións. Apareceron muíños circulares de man, unha arquiña de pedra, escouras de ferro e ata un posible ídolo, hoxe desaparecido, representando un cuadrúpede. Asociado a varias lendas.
Castro de Abaixo: Século I a.C. No ano 2008, por mor das obras de ensanchamento da estrada Cerdedo-Quireza, descubríronse unhas estruturas habitacionais. 
No mes de marzo de 2015, os incansables de Capitán Gosende deron a coñecer seis novos castros no concello. Para máis información ver: "Capitán Gosende descobre seis castros en Cerdedo", no blogue de Calros Solla oembigodobecho.blogspot.com.


COTOBADE
Coto do Castro e Famelga (Augasantas); Coto de Paraños (Paraños-Carballedo); Carballedo e Cruz do Castro (A Igrexa-Carballedo); Os Castros (Santa María de Sacos); A Cividá ou Eira dos Mouros (Cutián-San Xurxo de Sacos); Fontán (Fontán-San Xurxo de Sacos); Os Castros (Santa María de Sacos); O Cávado (O Cávado-Santa María de Sacos); Loureiro (Loureiro-Santa María de Sacos); Eira dos Mouros (Arcelas-San Xurxo de Sacos); O Castro, Coto das Rodelas, e Tenorio (Tenorio); Coto das Rodelas (Parada-Tenorio); Valongo (Valongo); Coto do Castro (Viascón).
Castro da Cividá: Conserva unha serie de liñas defensivas con parapeito, foxo e os restos dunha muralla pétrea na croa. Dentro do recinto pódese ver unha laxe con petroglifos con cadrados, cazoletas e cruciformes.
Coto do Castro: É o de maior dimensións do concello.
Castro Eira dos Mouros: Con muralla granítica que arrodea a croa..
Castro de Fontán: Completamente arrasado polo cemiterio e un campo de fútbol.
Castro de Paraños: Conserva restos da muralla defensiva que arrodeaba a croa.
Castro de Rodelas: Situado nun meandro sobre o río Lérez.
Cruz do Castro: Semella que foi reocupado nos séculos IV e V d.C. Apareceron estruturas produtivas (un forno e unha habitación) ligadas á expansión da cercana villa romana de Silvela polo que todo o conxunto formaría un mesmo asentamento entre os séculos II e V, a explotación rural propiedade dun terratenente.
 

 

 


COVELO
Santa Mariña (Covelo); A Cividade (Maceira); Piñeiro (O Piñeiro); Monte do Castro (Santiago de Covelo).
Castro da Cividade: Érguese nunha ladeira da serra do Suído. De pequenas dimensións, presenta un dobre recinto. No interior atópase a coñecida como Cama da Virxe, unha especie de sártego formado por catro lousas graníticas, unha delas chamada a Pedra da Ferradura pola figura desa forma que hai gravada nela.
Monte do Castro: No seu interior atópase a coñecida como Pena do Ruído, onde ás veces se escoitan os golpes dun martelo. Tamén hai petroglifo con coviñas e sucos dentro dunha figura oval.
Castro de Piñeiro: No Monte da Guía. Sobre o castro edificouse unha capela posta baixo a advocación da Virxe da Guía. Apareceu un machado da Idade do Bronce, custodiado no Museo Municipal de Ponteareas.

CRECENTE
As Bouzas (As Bouzas-A Ameixeira); Monte do Cerco (Alto da Porteliña-A Ameixeira); O Crasto (Crecente); A Cidá (A Sabanle-Quintela); Coto de San Sebastián e Coropelo dos Leiros (Rebordechán); Coto Furado (Parada-Rebordechán); Sendelle (As Quintas-Sendelle).
Castro da Cidá: Emprazado nunha pequena elevación do terreo, no val situado na marxe dereita do río Miño.
Castro de Coto Furado: Sobre o castro erueuse a capela de San Sebastián.
Castro Monte do Cerco: Restos de muros, material cerámico e un muíño de man barquiforme. Tamén apareceron estruturas de época romana. No interior hai unha pena coa gravura dunha serpe.
Guerreiro de Sabanle: Atopado no castro da Cidá. Presenta un torso de pequenas dimensións, con escudo con umbo central e co brazo dereito dobrado, característica que levou a Calo Lourido a definir a súa pose como "máis romana". 
 

 

CUNTIS
Arcos e Loureiro (Arcos); Entrecastros, Sebil e Vilar de Mato (Cequeril); Castrogudín, Castrolandín, Meira e Xinzo (Cuntis); Alto Castro (Laxos-Cuntis); A Bragaña (Estacas); Loureiro ou da Aurela, Montesandau e San Mamede (Piñeiro); Alto da Cruz e Portela (Portela); Hervés e Sobrada (Troáns).
Alto do Castro: Situado nun outeiro sobre o río Gallo, con pronunciadas pendentes que arrodean case todo xacemento. Apareceron gran cantidade de fragmentos cerámicos de distintos tipos. Escavado no ano 1993 cando o gasoducto Vigo-A Coruña. Moi alterado polas obras.
Castro de Arcos: Castro do século VII a. C.
Castrolandín: Pequeno poboado fortificado habitado entre os séculos IV a.C. e I d.C., situado nun outeiro sobre o val do río Gallo, defendido por unha muralla pétrea e un parapeito de terra. Nunha das vivendas, de forma rectangular, apareceu unha gran lareira. Noutra vivenda atopouse unha vasilla fundacional da casa, feito pouco frecuente. Tamén hai estruturas habitacionais de tradición romana. A entrada orixinal ao castro está ser escavada, pódese ver a escalinata, e as fiadas as trs murallas escalonadas que defendían o acceso.
Arracada de Castrolandín: Atopada no ano 2005. Recuperouse tamén un obxecto fabricado cunha aliaxe de ouro e prata incompleto con decoración de filigrana.



DOZÓN
O Castro (O Castro); Mosteiro (O Mosteiro-Dozón); Arnedo (Arnedo (Saa); San Breixo (Sanguiñedo); A O (Vilarello).

A ESTRADA
Coto dos Castros (Aguións); Aguións (preto do pazo de Preguecido-Aguións); Perroño (Arca); Coto dos Castros e Moimenta (Arnois); Barbude e Trasmonte (Barbude); Valente (Barcala); Aldea Grande e Friamonde (Callobre); Codeseda (Codeseda); Outeiro Grande (Marcenlos-Codeseda); Cercas (As Quintas-Codeseda); Couso (O Castro-Couso); Guimarei (Rial-Guimarei); Lóbrigo (entre Loimil e Dornelas); Loimil (Loimil); Matalobos (Matalobos); Vilagude (Moreira); Castrotión (Oca); Viladefonso (Olives); Castrovite ou Santa Mariña (Orazo); Ouzande (O Castro-Ouzande); Castrelo e O Castro (Pardemarín); Remesar (xunto a igrexa-Remesar); Aldea Grande e Entrecastelos (Ribela); Coto do Castro (O Castro-San Miguel de Castro); Santa Cristina (A Casa do Monte-Santa Cristina de Vea); San Bartolomeu (Santo André de Vea); Igrexa (preto da igrexa-Santo Tomé de Ancorados); San Bartolomeu (San Xián de Vea); Outeiro de San Xurxo (O Souto-San Xurxo de Vea); Trascastro (San Xurxo de Vea); Pearo e Renda (Santeles); Ramiro (Castro Ramiro-A Somoza); Tabeirós (O Outeiro-Tabeirós); Toedo (Toedo).
Castro de Aguións: Houbo unha canteira cuxas pedras se utilizaron para construír o pazo de Preguecido. Segundo a lenda hai unha galiña con pitos de ouro.
Castro Barbude: Estivo habitado, aínda que non de forma continuada, en época castrexa, romana e xermánica. De época romana consérvase no Museo de Pontevedra a estela de Colupata, con remate antropomorfo; tamén se atopou unha culleriña e un bidente (garfo de dous pinchos) de tradición romana pero que presentan unha decoración máis avanzada, tipo xermánico. Segundo a lenda recibiu o nome porque nel vivía un xigante de longa barba que atemorizaba aos veciños. A asociación Amigos do castro de Barbude ten solicitado a súa posta en valor, ademais de que sexa declarado BIC.
Castro de Castrovite ou Santa Mariña: Apareceron restos de cerámica fenicia que fornece a idea de que o leito do río Ulla achegou a ese pobo á comarca na procura de estaño dos vales do Arnego, Deza e Ulla onde se documentan a maioría das minas de estaño de época romana en Galiza. As alteracións padecidas ao longo do tempo fan moi difícil recoñecer a súa extensión. Xulio Carballo Arceo realizou varias sondaxes que constataron unha continuidade no poboamento dende os séculos VIII-V a.C. ata polo menos o século I d.C. Sobre el ergueurse a capela de Santa Mariña.
Castro de Entrecastelos: Habitado entre os séculos VI a.C. e I d.C. Aprécianse tres recintos de murallas.
Castro de Ouzande: No castro construíuse un depósito de auga. Castelao recolleu unha estela antropomorfa que levou para o Museo de Pontevedra.
Castro Valente: Segundo a lenda, no castro vivían os mouros ata que foron expulsados polos veciños. Tamén se di que baixo o camiño que vai ao castro hai unha trabe de ouro.
Castro de Friamonde: Segundo a lenda nunha pías que hai no castro degolaban aos años como sacrificio; tamén eran utilizadas polos mouros para daren de beber aos cabalos.
Castro de Viladefonso: Situado nun promontorio a media ladeira. Ata non hai moito estivo en uso unha canteira na croa que estragou parte do xacemento. Atopáronse tres fragmentos de pulseiras de bronce e anacos cerámicos. 
Investigación de varios castros da Estrada sen catalogar: O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico, vencellado á facultade de Historia da USC, e o Concello da Estrada xuntáronse con varias asociacións para colaborar no estudo preliminar sobre os xacementos do municipio e poñelos en valor. Patrimonio ten catalogados 28 castros, pero un deles, o Castro Valente, en San Miguel da Barcala é en realidade unha estrutura medieval, aínda que na área podería haber restos anteriores. Outro, o castro Lóbrigo, entre Loimil e Dornelas, está vinculado ao concello de Silleda. Aínda que se da por boa a cifra de 26 castros catalogados, existen outros tres non recollidos por Patrimonio. Son os de Friamonde (Callobre), Trascastro (San Xurxo de Vea) e Aldea Grande (Ribela). A maiores hai tres máis dos que se ten noticia por referencias bibliográficas de Reimóndez Portela e Bouza Brey que hai que investigar. Un estaría en Castroramiro (A Somoza), aínda que se sospeita que foi arrasado ao construírse a aldea; outro sería en Tabeirós e o terceiro castro Lóbrigo en Loimil, pero probablemente se trate do catalogado en Silleda. As visitas de campo e a tecnoloxía LIDAR permitirán comprobar os xácigos para completar a listaxe definitiva.




FORCAREI
Filloi (Aciveiro); A Mota (Castrelo); Dúas Igrexas (Dúas Igrexas); Loureiro (Loureiro-Dúas Igrexas); A Madanela e Sanguñedo (A Madanela de Montes); Agrela e Millarada (Millarada); Mouteira (Fixó-Millarada); Rodeiras (Garellas-Millarada); As Mouteiras (Pardesoa); Muras (Pereira); Montes (Presqueiras).
Castro de Loureiro: Datado aproximadamente no século VI a.C. Presenta un recinto amurallado e un complexo sistema de foxo, parapeito, foxo. Asociado a varias lendas recollidas por Buenaventura Aparicio. Alterado por camiños e os labores agrícolas. 
Castro de Montes: Sobre o castro construíuse unha ermida.
Castro da Mouteira: Segundo a lenda hai dúas trabes, unha de ouro e outra de alcatrán. 
Castro de Rodeiras:  Apareceron enterramentos de laxas, probablemente tardorromanos. Ten importantes defensas e torreóns vixiando o paso dunha vía romana.

 

FORNELOS DE MONTES
Castelo (Calvos); Torre de Alemparte (Fornelos); A Airoa (A Airoa-A Laxe); A Laxe (Monte Castrove-A Laxe); Monte Cividade (Oitavén); O Cerquedo (Freaza-Traspielas). 
Castro da Airoa: A 653 metros de altitude sobre o nivel do mar, entre os ríos Fonte, Valdohome e Ortigas. Conserva restos da muralla e un foxo na parte máis vulnerable. O resto está protexido polo forte desnivel do terreo. No interior construíuse unha capela moderna. Agradézolle a Galo do Souto Souto o permiso para utilizar unha súa foto.

 

GONDOMAR
Pedra Moura (Monte Picheira-Borreiros); Chaín, Coto do Castro e Coto Teixugueiras (Chaín); Espiñeira (Regodauga-Chaín); A Barcalla e O Outeiriño (Donas); Pinceiras (As Pinceiras-Donas); O Crasto (Mañufe); Curuto do Castro (Pieiteiros); Monte do Castro (Xián-Vincios).
Curuto do Castro: O castro foi cristianizado cunha ermida, desaparecida, posta baixo o padroado de Nosa Señora do Castro.
Monte do Castro (Xián): Atopáronse restos cerámicos, muíños de man e tallas antropomorfas. No cume hai unha rochas con gravuras de cadrados concéntricos cos centros e os vértices dos lados unidos e un diagrama de alquerque IX.
Castro Pedra Moura: Conserva parte das murallas, dos foxos e das estruturas habitacionais. Orixe na Idade do Bronce.
Castro de Pinceiras: Segundo a lenda estivo habitado polos mouros.
  
O GROVE
Cantodoxordo e A Siradella (O Grove); A Lanzada (Praia da Lanzada-San Vicente do Grove); Punta Castriño (O Carreiro-San Vicente do Grove); Monteloureiro.
Punta Castriño: Asentado sobre un curuto sobre o mar, preto da praia do Carreiro.

A GUARDA
Saa (Camposancos); A Forca (A Guarda); Santa Tegra (Monte Santa Trega-A Guarda); Cividáns e A Proba (Salcidos); Zamar (O Castro-Salcidos); Monte Bandeira (Pintán-Salcidos); Museo Arqueolóxico de Santa Tegra. 
Castro de Cividáns: O seu interior está completamente urbanizado.  
Castro da Forca: Con terraplén de terra exteriores e delimitado cara o interior por un paramento de terra ou muralla. Esquinas arredondadas tanto nas edificacións de plantas cadradas como rectangulares. 
Castro do Monte Bandeira: Entre os concellos da Guarda e do Rosal. Castro de pequenas dimensións onde se poden ver os restos dos muros defensivos e dalgunha vivenda circular. Restos cerámicos de época castrexa  e tégula romana.   
Castro de Santa Tegra: Sen ben non fai mención ao castro, cando á súa viaxe á Guarda no ano 1745, frei Martiño Sarmiento cita o monte, a ermida e a romaría que se celebra no lugar. O primeiro descubrimento data do ano 1862, unha escultura en bronce de Hércules que logo foi roubada do museo na década dos setenta. As primeiras referencias ao castro son da segunda metade do século XIX, da man de Ramón López García no ano 1864, e de Manuel Murguía na súa Historia de Galicia. Mais sería coa construción no ano 1912 dunha estrada para subir á ermida e o acondicionamento dos seus arredores, promovida por unha sociedade a prol do monte Santa Tegra, cando saian á luz muros de vivendas e parte da muralla exterior. No ano 1914 autorízase ao arqueólogo Ignacio Calvo Rodríguez o comezo das escavacións que, en distintas fases, duraron ata o 1933. Logo dun período de abandono, no ano 1983 o equipo dirixido polo arqueólogo Antonio de la Peña Santos retoma as investigacións. Entre os abundantes achados, temos dous remates de torques con decoración xeométrica e un tríscele na base do extremo, colgantes de bronce, anacos de pulseiras e brazaletes tamén de bronce, fibelas, anzois, trisqueis ou a colección de esvásticas que podemos ver no Museo do Castro. Ten unha superficie de 20 ha. Tanto no interior como no exterior do recinto castrexo atópanse multitude de rochas con petroglifos. No ano 2016, o equipo de arqueólogos dirixido por Rafael Rodríguez descubriron unha gruta do século IV a.C. As intervencións realizadas ata o momento no barrio descuberto por Cayetano de Mergelina nas escavacións efectuadas entre o 1928 e 1933 confirman que non hai nada semellante en todo o noroeste peninsular. Trátase dunha gruta duns cinco metros de longo e 2,20 de profundidade onde se atoparon anacos de ánforas púnicas e figuras de bronce. Os arqueólogos recoñecen que esta escavación lles está a xerar máis interrogantes que respostas. Rodríguez tamén apunta a que en todo o monte había un sistema de canles e drenaxe de auga. Outra das incógnitas é o uso das cistas que apareceron en varios puntos, perfectamente distribuído sobre unha superficie de 2.000 metros cadrados con 45 estruturas. 
Castro de Zamar: Situado na subida do monte Torroso. En pésimo estado de conservación, afectado por obras como unha depuradora de auga. Os terreos están á vedan para a edificación de vivendas. 
Cabeza antropomorfa de Santa Trega: Descuberta o 23 de outubro de 2015. Trátase dunha cabeza antropomorfa que presenta como rasgos máis salientables unha realista representación das dúas orellas e unha liña que ben pode delimitar un casco ou o cabelo. Foron testemuñas do achádego un grupo de alumnos do IES A Sangriña que participaba nun programa de visitas guiadas.

 

 

 

A ILLA DE AROUSA
Os Bufos e sitio arqueolóxico de Guidoiro Areoso.

LALÍN
Anzo (Castro-Anzo); Barcia (xunto o cemiterio-Barcia); O Castriño (O Castro-Bendoiro); Aurela do Castro e Sestelo (Botos); A Croa (O Castelo-Cadrón); Monte Carrio (A Goleta-Camposancos); Cabras e Pena do Castro (Castro de Cabras); Catasós (Alto do Castro-Catasós); Quintela (Quintela-Catasós); Coveliño (Cristimil); Doade (Taín-Doade); Aurela do Castro (O Penedo-Doade); Monserrat (Donramiro); Pena do Coto e Pena da Cunca (Filgueira); A Croa (Galegos); Cotarelo (Goiás); Gresande (Gresande); Lebozán (Lebozán); Lodeiro (Lodeiro); Brenzos (Brenzos-Losón); Monte do Castro (O Corpiño-Losón); A Pena das Cruces (Losón); Maceira (Maceira); Aurela do Campo (O Pazo-Madriñán); O Castro (Méixome); Couto da Aurela (Noceda); Agro do Castro (Palmou); Parada (Parada); Palio (Rodís); Vilar (Soutolongo); Ponte (A Ponte da Veiga-A Veiga); Agro do Castro (Santiso); Coto do Castro (San Tomé-Vilanova); O Castro (Castro de Arriba (Vilatuxe); A Barreira ou A Pena (Xaxán). 
Aurela do Castro (Doade): Ten un só recinto de forma tirando a circular protexido por unha muralla parcialmente destruída. Alterado polos labores agrícolas. A finais do mes de xuño de 2015 concluíron as catas no castro. Apareceu un tramo de muralla cun muro de reforzo, anacos cerámicos, restos de vivendas moi derruídas e unha gran vivenda de seis metros de diámetro exterior. Os restos aparecidos permiten datar unha ocupación que vai dende o século IV ao I a.C. A zona tapouse cunha cobertura de fibrotéxtil e terra para preservalo ao máximo. O Museo da Casa do Patrón prevé retomar as escavacións no ano 2016.   
Castro de Catasós: Presenta un recinto central de forma tendente a ovalada protexido por unha muralla e foxo. Unha segunda muralla protexía un segundo recinto que foi alterada polos labores agrícolas. 
O Castriño de Bendoiro: No ano 2007 atopouse unha necrópole pertencente á Idade do Ferro composta por dúas estruturas, unha delas formada por dúas gabias lineais onde se atoparon pezas metálicas. O castro presenta un recinto de forma tirando a ovalada cortado no interior por un muro que o divide en dúas partes. O recinto está protexido por unha muralla, reforzado na parte máis accesible por un foxo. Parte dos foxos foron destruídos para facer un camiño. No mes de marzo de 2014, o Concello de Lalín requiriu información a Patrimonio para saber do paradoiro dos materiais achados no lugar, xa que nada se volveu a saber dende as escavacións realizadas nos anos 2007 e 2008 onde apareceron milleiros de fragmentos cerámicos, algún obxecto de bronce e un anel de ouro. O Castriño de Bendoiro é un xacemento singular pola súa configuración e pola presenza de varias sepulturas de inhumación, cuxa explotación supuxo un fito revelador sobre os ritos dos habitantes do castro na que se cría que os cadáveres eran incinerados. 
O Castro (Vilatuxe): Presenta forma case circular defendido por unha muralla e foxo que bordea o recinto, reforzado por un segundo foxo separado do primeiro por un parapeito. Apareceron muíños circulares de man. 
Castro de Cristimil: No ano 2013, o xeógrafo de Lalín Antonio Presas deu a coñecer un novo castro na parroquia de Cristimil. Pendente de seren visitado polos técnicos de Patrimonio. 
Castro de Palio: Hai uns anos varias persoas foron condenadas por un delito contra o patrimonio histórico por arar o xacemento para plantar árbores, conxuntura que aproveitaron para espoliar o xacemento utilizando un detector de metais. O castro mantivo a súa ocupación entre os século IV a.C. e I d.C. 
Castro de Parada: Con recinto central de forma ovalada. Defendido por unha muralla con foxo e parapeito. Asociado a lendas de tesouros agochados.   
Castro de A Pena (Xaxán): Tamén coñecido como Castriño da Barreira. Presenta un recinto de forma circular protexido por unha muralla e foxo. Destruído por unha excavadora. Segundo a lenda foi construído polos mouros, e que aquí enterraban os seus mortos. 
Castro Pena da Cunca: Moi achandado. Está atravesado por unha liña de alta tensión. 
Castro de Sestelo: Ten un recinto de forma ovalada que aproveita o emprazamento nun meandro do río Asneiro para a súa defensa. Na parte máis vulnerable está defendido por dúas murallas.

 

 

A LAMA
Monte do Castro (Gaxate); Monte do Castro e A Pedreira (A Lama); Verducido (Verducido); Xende (Xende).
Castro de Gaxate e Verducido: Atopáronse varios machados da Idade do Bronce.
Monte do Castro: A penas se conservan restos. No último terzo do século XIX ergueuse unha capela posta baixo a advocación do Sagrado Corazón de Xesús.

MARÍN
Illa do Santo do Mar (Ardán); Castelo (Ardán); Monte Pidreiras (O Campo); Coto das Penizas (As Penizas-Marín); Monte Castelo e Outeiro (Marín); A Suvidá (Mogor); Castelo de Gago (Seixo); Loira (Loira-Seixo); Monte de Brea (Seixo).
Castelo de Ardán: Situado nun outeiro granítico de pronunciados flancos, cun amplo dominio visual. No primitivo asentamento castrexo ergueuse una torre de vixiancia medieval. Apareceron restos cerámicos e tégulas.
Castro de Pidreiras: No PXOM en vigor dende o ano 2012, ademais de erros de vulto como a desaparición do dolme de Pedralonga ou da ubicación da necrópole de Chan de Armada e do petroglifo de Pinal de Caeira no medio dunha estrada, nos castros da Suvidá e de Pidreiras só se clasifica como zona de especial protección a croa no canto de todo o recinto, mesmo no caso do da Suvidá clasifícase como de especial protección forestal o que quere dicir que se poderían facer plantacións forestais.
Castro de A Suvidá: Asentamento castrexo situado sobre un outeiro coñecido como Coto ou Monte das Sete Espadas. Presenta un recinto superior de planta oval. Non hai moito aínda se conservaban parte das murallas de dobre recinto. Apareceu cerámica castrexa e común romana, ánfora, moedas, alfinetes, fíbulas, pendentes, machados puídos e muíños circulares e barquiformes. Varios colectivos teñen denunciado agresións por parte de Fenosa no interior recinto.

 

MEAÑO
Bara (Vista Alegre-Covas); A Igrexa (A Igrexa-Covas); Monte do Castro (Dena); Lores (Lores); Pedriños (Lores); Seixomil (Seixomil-Lores); Xil (Xil).
Castro de Lores: Sobre o castro ergueuse unha ermida.
Monte do Castro: Moi humanizado por vivendas, unha estrada e terras de cultirvo. Apareceu un molde de pedra de forma navicular cun oco de molde centrado en ambas as dúas caras.

MEIS
Covas, Gondes e San Cibrán (A Armenteira); O Gordo (Castiñeiras-A Armenteira); O Castro (Paradela); Cativocas (Caticovas-San Martiño de Meis); Caxín (Caxín-San Martiño de Meis); Perredondo (Nogueira de Arriba-San Tomé de Nogueira); Arcos, Monte da Caseta, San Paio e San Tomé (San Tomé de Nogueira).

MOAÑA
Chan do Carrís, Montalegre (Domaio); As Cividades (Devesa do Rei-Meira); Chao de Caeiro (Meira); O Rosal (Redondo); Monte do Castro ou San Martiño (O Cruceiro-San Martiño de Moaña); Os Ladrados (Quintela-Moaña); Devesa do Mouro (A Seara-Virxe do Carme de Moaña); Os Remedios e Santa María do Castro (Tirán). 
Castro As Cividades: Atopouse un puñal e material cerámico. Segundo a lenda, unha peneda que agocha un petroglifo que hai no castro está encantada e que só se pode desenfeitizar na Noite de San Xoán. 
Castro de Chan dos Carrís: Atopouse material cerámico, un puñal de bronce e un posible fogar, todos da Idade do Bronce. 
Castro de Montalegre: Situado a uns 100 metros de altitude, sobre a Ría de Vigo, está protexido por unha muralla na parte máis accesible e, no resto, polas defensas naturais que lle proporciona o propio desnivel do terreo. Nas escavacións, efectuadas por Losada Diéguez nos anos 1925 e 1926 (a memoria publicouse no 1975), saíron á luz estruturas habitacionais redondas e ovaladas, ademais de fíbulas e moedas de época romana. Nas escavacións dos anos 2003-2004 atopouse un cuncheiro e útiles de pesca. Canto aos restos faunísticos, os ovicápridos e bóvidos son os máis numerosos. O seu emprazamento amosa unha orientación cara a explotación do medio mariño (pesca e marisqueo). Presenza de materias alóctonos de procedencia mediterránea, de mediados do s. II a.C. ao I d.C. (ánforas tardopúnicas, ibéricas e itálicas e cerámica común). O castro está situado por riba dun túnel da vía rápida do Morrazo. Lamentablemente (un laio máis polo noso patrimonio), coas obras de desdobramento do corredor só quedará protexida a croa do castro, unha mínima parte se temos en conta que ten unhas dimensións coma os do Trega ou Las. En resumo, a meirande parte do castro quedará irrecuperable, e iso que é BIC. Parella sorte que poden correr os petroglifos que hai no lugar.    
Castro de Os Remedios: Sobre o castro levantouse unha capela; todos os anos celébrase unha concorrida procesión. Apareceron fragmentos de ánforas, cerámica e sigillata. No castro hai unha peneda, xunto a ermida, coa gravura dun ofidio. 
Castro de San Martiño: Planta tirando a circular, cunha pequena croa. Protexido por terrapléns e foxo. Daquí saíu a pedra para construír a reitoral que se atopa nas inmediacións.



 

MONDARIZ-BALNEARIO
Coto da Cividade.

MONDARIZ
Monte do Castro (Mourelle-Gargamala); A Croa (Santa Baia do Mato-Lougares); Coto do Castro (Meirol); Castromao, Corte dos Cabalos, Coutorredondo e Teitixón (Mondariz); Coto do Santo (Campo do Mouro-Mouriscados); Mouriscados (Mouriscados); Riofrío (Riofrío); O Castro (Monte do Castro-Toutón); As Croas (Vilar); As Chans (Vilasobroso).
Castro Corte dos Cabalos: Segundo noticia aparecida a mediados de xullo de 2012, os arqueólogos localizaron este castro que non estaba catalogado. O castro, situado xunto o regueiro de Ferres, ocuparía unha superficie de unha hectárea.

MORAÑA
O Castriño ou Monte Castelo e A Chan (Amil); Monte Castelo (Cosoirado); Monte Ardegán (A Espedregueira-Gargantáns); Pena da Auga (Monte Ardegán-Gargantáns); Paraños ou Monte da Mena (Paraños-Gargantáns); A Portela (Gargantáns); Santa Cruz  ou Monte do Castro (Igrexa-Lamas); Cernadas (O Souto-Lamas); Queguizo (Laxe); Monte do Castro (O Castro-Rebón); Moraña (San Lourenzo). 
Castro de Cernadas: Formado por tres aterrazamentos. No recinto superior vense restos dunha defensa polo lado norte.  
Castro da Chan (Amil): Sobre o castro, Verea y Aguiar construíu unha capela, e logo, Pedro Belay erixiu o actual santuario dos Milagres. 
Castro de Paraños: Posúe un recinto tirando a circular, con muralla defensiva e foxo no lado sur-surleste.  
Castro de Santa Cruz: Con camiño de acceso coñecido como a Corredoira do Castro. Atopáronse restos cerámicos, tégulas e un muíño de man. 
Monte do Castro (Rebón): Recinto en terrazas e en forma de coroa circular organizado arredor un afloramento. Consérvase parte dunha muralla. Alterado pola construción de camiños, unha caseta e actividades forestais.


 

MOS
Erville (Cela); Guizán (Rexomil-Guizán); A Cividade (Louredo); Petelos (Monte do Castro-Petelos); Torroso (Torroso); Couso.
Castro de A Cividade: Elíptico arrodeado por un foxo; fragmentos cerámicos galaico-romanos.
Castro de Erville: Cunha acrópole rochosa con dúas plataformas.
Castro de O Torroso: Descuberto no ano 1983 de forma casual, foi escavado entre o 1984 e o 1990 por Antonio de la Peña Santos quen, ademais de restos cerámicos e muíños de vaivén, atopou unha fibela de cinto con bronce, unhas pezas de bronce relacionadas con cabalos e damasquinados de prata e pasadores de ferro, datados no s. VII a.C. Tamén saíu á luz un puñal de bronce con lingüeta calada e nervadura central. Considerado uns dos castros máis antigos, foi abandonado a mediados do milenio. O castro está defendido por tres foxos concéntricos e parapeitos. Algunhas pedras con gravuras de cazoletas foron reutilizadas para a construción do castro.


AS NEVES
O Castro (Lentille-Batalláns); Coto do Facho (As Neves); O Castelo, O Crasto e Rocha (Rubiós); A Cividá e Coto do Conde (San Pedro de Batalláns); Fonte das Barbas (Santiago de Ribarteme); Bocas e A Cividá (San Xosé de Ribarteme); Aspra, Setados e Vilariño (Setados); Coto de Altamira e Píos (Taboexa); A Cividá e Reguengo (Totoreos); Coto do Galo (Monte de San Martiño-Vide); Requeixo (Vide).
Castro de Altamira: Castro de pequenas dimensións moi romanizado. Conserva restos de muralla e foxo. As primeiras escavacións son do ano 1929, saíndo á luz lucernas, fíbulas, coitelos de ferro, un peite de cobre, etc. No ano 1953, Filgueira Valverde e García Alén atoparon máis obxectos, entre outros unha figura de vaca, a cabeza dun can e outra dun porco, moedas... Entre os anos 1973 e 1976, nas escavacións dirixidas por García Alén e Acuña, atopáronse varias pezas de ouro e prata, fíbulas, aneis e lingotes de chumbo; un veciño que participaba nas escavacións localizou unha figura en bronce que representa ao deus Mercurio, na actualidade depositado no Museo de Pontevedra. Nos últimos traballos do ano 1999 descubrironse figuras de bronce, un pedestal e un togado.  Tamén saíu á luz parte dun casco cónico de bronce. Nas inmediacións apareceron útiles do Paleolítico e do Neolítico. No castro tamén hai algunhas penas con petroglifos.
Castro de Bocas: Restos de muralla e foxos. Apareceron anacos cerámicos, machadas e un muíño circular de época romana.
Castro de A Cividá: Apareceu unha labra de fundición decorada polas dúas partes. Neste castro hai unha rocha con pías e cazoletas colocadas simetricamente, coñecidas como "Pías do Bautismo".

 



NIGRÁN
Monte da Cividá e Tarela (Camos); Monte do Crasto (Chandebrito); Panxón (Panxón); O Castelo (Parada); Monte do Castro (Navás-Priegue); Castro das Medoñas (Priegue); Maúxo (Montes do Maúxo, entre Nigrán e Vigo).
Castro de O Castelo (Parada): Penas con gravuras de cazoletas e ferraduras; segundo a lenda, estas últimas foron feitas polo cabalo do Apóstolo Santiago.
Monte do Castro (Chandebrito): Situado a 360 metros de altitude sobre o nivel do mar, domínase parte da ría de Vigo. Presenta unhas boas condicións defensivas. Entre outros materiais, saíron á luz fragmentos cerámicos de varios tipos, doas de pasta vítrea e un fragmento de aríbalos púnico.
Monte do Castro (Navás): Érguese sobre un outeiro a media ladeira que domina unha ampla zona da costa e a entrada á ría de Vigo. Circular, aproveitando as características físicas do outeiro. Consta dun recinto máis elevado delimitado por un socalco que apenas se conserva. O segundo recinto está delimitado por unha muralla terreira e un foxo defensivo cun aterrazamento de pequenas dimensións na zona norte.
Castro de Tarela: Segundo información feita pública o día 14 de maio de 2014, un xulgado de Vigo sobreseu a causa contra a empresa "Maderas y Transportes Rafael Costas SL" ao crer inexistente un delicto contra a ordenación do territorio por estar emprazada no castro. O aserradoiro carece aínda de licencia municipal.


OIA
Cividade da Burgueira (Burgueira); O Castelo e Chavella (Loureza); Bouza Fariña, As Chans, A Cabeciña, Igrexa, Monte dos Mouros e Vela Grande (Mougás); O Bosque (Oia); O Cresto (Vilar-Pedornes); A Cividá, Cano dos Mouros e A Curucha (Viladesuso).
Castro de A Cabeciña: Dende o outeiro controlábase o acceso polo norte ao litoral de Oia. Aprécianse restos da muralla, un foxo e aterrazamentos. Localizáronse tres cabanas de planta circular e unha estrutura elíptica. A cronoloxía sitúase entre finais do Bronce e inicios do Ferro ((séculos VIII-V a.C.). Da Idade do Bronce apareceron restos cerámicos e un machado de talón. Parece ser que este asentamento foi reutilizado posteriormente, tal como se salienta na páxina da Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia, para a construción dunha fortaleza coñecida como Cabestán. Aquí tamén se atopan os petroglifos coñecidos como da Cabeciña. O complexo arqueolóxico foi descuberto polo arqueólogo Javier Costas Goberna na década dos noventa. No mes de marzo de 2015, o equipo dirixido por María Jesús Iglesia Darriba confirmou cinco construcións de tres ocupacións entre o século VIII a.C. e o I d.C. Entre os achados identificaron unha cabana completa da Idade do Ferro. As murallas, de case dous metros de ancho, están case na superficie. Unha das espectativas é poder chegar a constatar se había comercio no século VIII a.C. cos fenicios, ou se hai forma de relacionar o castro cos petroglifos que hai no lugar.
Castro do Cano dos Mouros: Coñecido tamén como Coto dos Mouros. Atópase no monte Cubelas. Obsérvase un sistema desfensivo composto por unha muralla de pedra cunha altura que nalgúns tramos acada os dez metros e polo forte desnivel do terreo polo sur. Apareceron restos cerámicos. Na croa hai unha rocha coñecida como a Cadeira do Rei. Lendas  relacionadas cos mouros.  
Castro Chavella: Conserva restos da muralla exterior, un recinto cuadrangular na acrópole, terrazas e parapeitos.
Castro de Vela Grande: No ano 1973 apareceu un depósito de machados da Idade do Bronce; atópanse no Museo de Pontevedra. 
Cividade da Burgueira: Asentamento ocupado durante a Idade do Ferro, polos romanos e na Idade Media. Sitúase nunha pequena elevación entre dous regueiros tributarios do río Tamuxe.

PAZOS DE BORBÉN
Amoedo (Amoedo); Monte Buxel (Cepeda); Monte do Cristo (Monte do Castro-Pazos). 
Castro de Amoedo: Forma oval cun recinto principal de 105 metros de longo e 60 metros de ancho. Polo norte ten unha terraza de 10 metros de ancho.  
Castro de Monte Buxel: Xacemento da Idade do Bronce. Foi obxecto dunha escavación no ano 1998, dirixida por César Parcero Oubiña. Asentamento situado a 410 metros de altitude. Un sector atópase bastantes alterado polas obras dun gaseoducto. Descubríronse unhas estruturas de planta circular para almacenaxe de cereais. Apareceron útiles líticos, restos cerámicos da Idade do Bronce (cuncas, olas) e algúns de época medieval. 
Castro de Monte do Cristo: Habitado entre os séculos VI a.C. e I a.C. Forma oval cun recinto principal de 80 metros de longo e 65 de ancho. O foxo perimetral está parcialmente destruído por unha estrada.

 
 

POIO
Monte do Castro (O Lourido-San Salvador de Poio); Campelo (Campelo-San Xoán de Poio); A Cividá (O Pereiro-San Xoán de Poio); Outeiro da Choqueira (Liñares-San Xoán de Poio).
Castro de Campelo: Moi alterado polos labores agrícolas.
Monte do Castro (Lourido): Castro sen confirmar. Saíu á luz un anaco dunha ánfora e fragmentos cerámicos modernos.

PONTEAREAS
As Searas (Angoares); Coto do Castro (Arcos); Couto do Castro, Pardellas, As Rabadeiras (Areas); Monte Castrelos (Arnoso); Bugarín (Bugarín); A Igrexa (Celeiros); Busgueiros e Cacharanda (Cristiñade); A Cidade e Outeiro (Caneiro-Fozara); Castromao (Guillade); A Cividade, O Castelo, Guláns e San Cibrán (Guláns); O Castelo (Nogueira); A Capela e San Amaro (Oliveira); O Castro ou O Crasto (Padróns); Troña (Pías); Monte do Castro (Prado); A Croa ou Ribadetea, O Castelo, Castromao, Lomba do Mouro e Sarmagoso (Ribadetea); A Cividade (Xinzo); nos montes da Picaraña están os castros do Alto das Rabadas, Couto dos Mouros e Picaraña. Museo municipal de Ponteareas. 
Castro de A Croa ou Ribadetea: No mes de setembro de 2013, escavadoras e outro tipo de maquinaria destruíron parte do sistema defensivo do castros segundo denunciu o grupo ecoloxista Adenco. No mes de xuño de 2016, a Dirección Xeral do Patrimonio impuxo unha multa de 6.000 euros ao Concello, ademais de restituír as cousas ao seu estado. Durante o procedemento sancionador o Concello tentou alegar descoñecemento sobre a existencia do castro a pesares de figurar no PXOM e estar catalogado como BIC. 
Monte do Castro: En perigo polo avance incontrolado dunha canteira. 
Castro de Troña: Ocupado entre os séculos VI a.C. e II d.C. Foi escavado por Luis Pericot e Florentino Cuevillas, e logo nos anos 1982 e 1992 por Hidalgo Cuñarro. Ten unha superficie de 2 ha. Conserva un sistema defensivo formado por dúas murallas, foxo e parapeito. A maioría das estruturas habitacionais teñen forma circular. Atopáronse restos cerámicos, unhas tenaces para traballar o ferro, un fragmento dun torque de ouro e un engarce que posúe a representación iconográfica dunha divindade alada do panteón romano. Ambas as dúas pezas atópanse no Museo Municipal de Ponteareas. Nunha rocha hai insculpida unha serpe. O castro tamén é coñecido como o Monte Doce Nome de Xesús pola ermida que se ergue sobre a croa. Segundo a lenda, do castro parte un túnel que vai dar ao río Tea, nel agocharon os mouros un tesouro. Declarado Ben de Interese Cultural.
Jhonatan Zúñiga informoume da existencia dos castros da Croa, O Castelo, Castromao, Lomba do Mouro, Sarmagoso, O Crasto, A Cividade, Monte Castrelos, O Castro, San Cibrán, Couto do Castro, As Rabadeiras, A Picaraña, Couto dos Mouros e Alto das Rabadas.


PONTE CALDELAS
O Castro (Castro Barbudo); Chan de Pipas (Caritel-Forzáns); Pena Redonda (Forzáns); Monte Castelo (Parada-Ponte Caldelas); A Cidade (Tourón).

PONTECESURES
Finca do Castro (Infesta-Pontecesures): Microtopónimo nidio, mais descoñecemos vestixios que certifiquen a existencia dun xacemento castrexo. Trátase dunha finca pechada cun muro que acolle unha gran riqueza botánica. O Concello de Pontecesures estaba en conversas co dono da propiedade para facerse con ela e convertela nun parque e lugar de esparexemento.
Castro Cesuris (Requeixo):  Situado nun pequeno outeiro que domina todo o val. Alterado por algunhas construcións.
Castro de Monte do Porto: Atopouse un machado de pedra durante unha escavación de urxencia realizado por Beatriz Comendador Rey, pertencente, posiblemente, á Idade do Bronce. A súa adscrición como castro é dubidosa.


PONTEVEDRA
A Cividade (Bora); Monte do Castro (Cacheiro-A Canicouva); Mourente (Mourente); Monte das Croas (Monte das Croas-Salcedo); Maúnzo (Maúnzo-Xeve); San Cibrán (Tomeza); Verducido (O Gabián-Verducido).
Castro do Monte das Croas: Castro de comezos da Idade do Ferro. Foi alterado pola extracción de pedra e por unha estrada. Malia iso é o mellor conservado do concello. A mediados do mes de agosto de 2014 o Concello de Pontevedra anunciou o inicio dunha campaña de escavacións para estudalo e poñelo en valor. A actuación concentrarase na muralla e os restos dunha cabana, traballo que comezara De la Peña Santos na década dos anos noventa do pasado século XX. No ano 2013 xa se levaron a cabo labores de desbroce o que permitiu visualizar o asentamento e facilitar o acceso.
Castro de Maúnzo: Segundo a lenda hai un túnel onde os mouros agocharon un tesouro.
Castro de San Cibrán: Atopouse unha moeda de época romana de Vespasiano.
Castro de Verducido: No Monte do Castro. Non se observan restos. Sobre o castro construíuse un miradoiro e un monumento aos canteiros. 
Monte do Castro (Cacheiro): Atopáronse fragmenos de tégulas e cerámicos.
 

O PORRIÑO
Castrelos (Atios); O Castro (A Torre-Atios); A Serra (A Graña-Cans); Pontellas (Pontellas); O Castro (Seixo Branco-San Salvador de Budiño); Monte de Budiño ou Faro de Budiño (San Salvador de Budiño); A Xaiba.
Castro do Monte de Budiño ou Faro de Budiño: De forma elíptica, conserva parte da muralla pétrea cun grosor de dous metros. Parece que foi reocupado na Alta Idade Media. Trátase dun gran recinto de 3,3 ha en cuxo interior aprécianse edificacións rectangulares e restos de cerámica e tégula romana. Polos fragmentos de tégula e pola súa ubicación preto do bispado de Tude, nunha posible orixe tardoantiga. Podería ser parte dun máis amplo sistema de puntos de vixiancia e sinais en torno ao paso da vía XIX e o Baixo Val do Miño.
Castro de Pontellas: Segundo a lenda, no castro vivían os mouros.
 

PORTAS
Rial (Rial-Lantaño); Monte do Castro (Piñeiro-Portas); Monte do Castro (Romai Vello-Romai).
Monte do Castro (Piñeiro): Conserva restos dun recinto murado defendido por un terraplén natual. Atopáronse un forno, fragmentos cerámicos e muíños de man
Monte do Castro (Romai Vello): Cun recinto arrodeado por un terraplén. Atopáronse restos cerámicos, muíños de man circulares e naviformes e ánforas romanas.

REDONDELA
Ferreiro (Negros); Coto de Negros (Monte do Castro-Negros); Couto dos Lobios (Trasmañó); Coto dos Castros (Ventosela); Castricán (A Nogueira-O Viso); Castriño, Eido da Moura e Eido da Raíña (Soutoxuste-O Viso); A Peneda e Viso (O Viso).
Castro do Coto de Negros: No monte Mirallo, domina todo o val do río Maceiras. Acrópole defendida por unha muralla, moi deteriorada pola plantación de eucaliptos. Presenta un forte desnivel que actuaba como defensa natural. Apareceron tégulas e restos de ánforas de época romana. Dominaba a calzada romana que viña de Tui.
Castro de A Peneda: Entre Redondela e Soutomaior; nas ladeiras hai varios petroglifos con combinacións circulares. Apareceron coitelos e machados de bronce, percutores, machados pulimentados, restos de ánforas, moedas, restos cerámicos, muíños circulares e naviformes. 
Castro do Viso: Situado a 325 metros de altitude sobre o nivel do mar, domínase unha ampla panorámica. Aínda que moi modificado, pódense ver restos de muralla pétrea e das vivendas. Atopáronse un caldeiro, un alfinete, un coitelo, unha agulla e unha fibela, todos en bronce. Tamén apareceron machados pulimentados, muíños circulares e naviformes e cerámica de tradición indíxena e romana, ademais de moedas de bronce pertencentes a varios emperadores. Cóntase que no ano 823, Afonso II deulle terras ao moro Mahmud, de Mérida, que se rebelara contra Abderramán II. No ano 830, Mahmud fortificouse neste castro. Afonso II cercouno, matando ao moro e acoitelando a todos os demais.

RIBADUMIA
A Bouza (A Bouza-Besomaño); Leiro (Lameán de Arriba-Leiro); Monte do Castro (entre Leiro e Besomaño); Con das Sete Pías (A Grenla-Vilariño).
Castro de Leiro: Forma elítica alongada e irregular, alterado por unha canteira abandonada, camiños e un vertedoiro incontrolado de lixo.
Monte do Castro: Pódense ver restos das murallas, unhas escaleiras, vivendas de forma circular e cadrada e un forno comunal. O sector central era unha zona artesanal, adicada aos traballos metalúrxicos, con restos dun forno de fundición e un alfar. Nos labores de recuperación apareceron 5.700 pezas cerámicas, a maioría castrexas, pero tamén de época romana. Tamén saíron á luz 36 pezas de bronce, 132 líticas e 5 de ferro. En abril de 2011 a Deputación Provincial denunciou o roubo de parte do material empregado nas escavacións que se prolongarán ata finais de maio. A segunda fase das escavacións, na que no ano 2011 participaron arqueólogos do CSIC e da Deputación Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Rafael Rodríguez, levaron ao achádego de máis de 6.000 pezas arqueolóxicas que van dende o século IX a.C. ao I d.C. Nos traballos atopáronse pezas de orixe mediterránea o que permite crer que os seus poboadores comerciaban con esa rexión. Tamén se descubriu que a maioría das estruturas estaban danadas por un incendio, posiblemente provocado, o que obrigou ao abandono do castro no século I d.C. A aparición dunha dolabra, arma ferramenta que formaba parte do equipo dos soldados romanos e que ata o de agora só se atopara en campamentos militares, fai sospeitar que foron os romanos os que obrigaron aos habitantes do castro a abandonalo despois de seren queimado. O castro atopábase bastante estragado por canteiras e a estracción de area.


 

RODEIRO
Castrillón (Camba); Coto dos Mouros (Abroldón-Camba); Baroncelle (Carboentes); Chousa dos Castros (Pedroso); O Fabal ou A Penela (Pedroso); Casasoa (Río); Riobó (Riobó); A Devesa (Rodeiro); Vence (Vence-Rodeiro); Castro Pequeno e Castro Grande (Casares-O Salto); Cantelle (Vilela).
Castro de Baroncelle: Recinto superior de forma ovalada defendido por foxo e terraplén. Asociado a unha lenda dunha moza e dunha serpe.
Castro de Cantelle: Presenta un recinto superior de forma circular defendido por unha muralla, foxo e parapeito. Posúe un antecastro defendido por unha muralla. Asociado a varias lendas.
Castro de Casasoa: Domina o val do río Camba. Forma ovalada arrodeado por unha muralla. O sistema defensivo complétase cun foxo e un parapeito que envolven a muralla.
Castro do Coto dos Mouros: Recinto tirando a circular defendido por unha muralla pétrea en todo o seu perímetro e reforzada en parte por un foxo.
Castro Grande: Recinto tirando a circular, defendido por unha muralla terreira. Conta cun antecastro. Por un dos lados, o conxunto aparece reforzado por tres foxos e tres parapeitos.
Castro Pequeno: Recinto ovalado con penedos que ocupan gran parte da superficie, defendido por muralla, foxo e parapeito.
Fíbula de Rodeiro: Séculos III-II a.C. Procede do Coto dos Castros, nun achádego fortuíto. Trátase dun tipo de fíbula característico da cultura dos castros do NO. O maior interese destas pezas está no emprego dunha técnica decorativa como é o nielado (aplicación de fío de prata sobre outro metal) formando diversos motivos.
 

 

O ROSAL
As Eiras ou da Madalena (As Eiras); Parada (Parada-O Rosal); O Picón (O Picón-O Rosal); Castro de Francia (O Calvario-O Rosal); Monte Bandeira (Monte Bandeira-O Rosal); Martín e Portecelo (O Rosal); Portela (Pinar do Castelo-A Portela-O Rosal); O Pombal (A Portela-Tabagón).
Castro do Calvario: Situado nun pequeno outeiro. Ten forma ovoidal, está defendido por un parapeito terreiro e cachotes graníticos. Atopáronse unhas esvásticas de granito, moedas, fragmentos cerámicos e un colar de bronce.
Castro das Eiras ou da Madalena: Croa de forma circular. Alterado pola construción da capela da Madalena, muros e camiños de acceso.
Castro de Martín: Saíu á luz unha esvástica, atopada por don Francisco Carrera Portela. 
Castro do Monte Bandeira: Castro de pequenas dimensións onde aínda se poden ver os muros defensivos e os restos dalgunha vivenda. Apareceron restos cerámicos castrexos e tégula romana.   
Castro de Parada: De reducidas dimensións, presenta unha forma ovalada.
Castro de Picón: Presenta un pequeno recinto arrodeado por unha muralla. Alterado por un camiño.
Castro de Portela: Forma circular cun só recinto. Restos de muralla defensiva.


 

SALCEDA DE CASELAS
Pías dos Mouros, Monte Faro ou Castelo de Entenza (Castelo-Entenza); Coto Caldeiriñas (Pedrabuxiña-Entenza); Coto do Castro (A Presa-Parderrubias); O Castro (A Picoña); Alto de San Cibrán (Loureiro-A Picoña); Eido Vello (San Estevo de Budiño); Coto de Condide (Condide-San Xurxo de Salceda); Monte Abeiró (O Cruceiro-Santa María de Salceda); O Castelo e As Coruxeiras (Pegullal-Santa María de Salceda).
Castro do Alto de San Cibrán: A 430 metros de altitude. Varias pistas que dan ao cumio do monte produciron cortes nas murallas. A muralla que delimita o espazo interior, de 280 por 240 metros, combina mampostería con pedras fincadas e bolos de rochas que se integran na traza. No interior do recinto construíuse unha ermida (século XVIII) posta baixo a advocación de San Cibrán e un cruceiro de grandes dimensións construído no ao 1900 con motivo do cambio de século e na súa construción participaron catorce parroquias; tamén se instalaron mesas e bancos de pedra e parrillas.
O Castro (A Picoña): De forma elíptica e cun recinto, situado nun outeiro sobre a marxe dereita do río Caselas. Manuel Prego atopou restos cerámicos de posible orixe calcolítica publicados nun seu libro Unha ollada á historia de Salceda de Caselas (2007). Hai tempo, Manuel xa descubrira no Monte da Picoña a gravura dun sol realizada nun soporte granítico.
Castro Coto Caldeiriñas: Sobre un outeiro, presenta un recinto de forma elíptica con foxos e parapeitos. Parte do xacemento desapareceu por mor dunha canteira. Un cortalumes atravesa o castro.
Castro Coto de Condide: Sobre un outeiro, presenta forma elíptica cun recinto arrodeado por unha terraza e defendido por un foxo e dous parapeitos. Moi alterado por unha pista de terra. Practicáronse escavacións furtivas. No lugar hai restos do que se cre unha torre medieval.
Castro de Monte Abeiró: Nun outeiro, presenta forma elíptica. Non se aprecian estruturas defensivas artificiais. Alterado pola construción de varias pistas.
Castro Pías dos Mouros: Sobre un outeiro, defendido polas pendentes naturais do terreo, un foxo e parapeitos. Apareceu material cerámico. Alterado pola extracción de pedra. Varias escavacións furtivas, unha das cales deixou ao descuberto os restos dun muro.

 

SALVATERRA DE MIÑO
Fiolledo (Fiolledo); A Cidá (Os Medóns-Leirado); Lira e San Amaro (Lira); Lourido (Monte do Castro-Lourido); Monte Castelo (Pesqueiras); Alegre e Monte Castelo (Salvaterra); Finzáns (Uma).
Castro de Lourido: Pódense ver restos de muros de vivendas circulares. Apareceron obxectos de bronce, cravos, restos cerámicos e muíños circulares.
Castro de San Amaro: Sobre el construíuse unha capela posta baixo a advocación de San Amaro. Apareceron restos cerámicos e tégulas. Xunto a ermida hai varias pías que durante a festa, celebrada o 15 de xaneiro, bótase auga para bendicir os campos. Segundo a lenda hai un túnel que o comunica co de Altamira, en Taboexa (As Neves).

 

SANXENXO
Adina (Monte Faro-Adina); Punta Elmo (Paxariñas-Adina); Portonovo (Portonovo-Adina); Dorrón (O Castro-Dorrón); Nantes (Seixomil-Nantes); Castro da Lanzada (Noalla); Outeiro das Lapas (A Lanzada-Noalla); Portonovo (Portonovo); Vilalonga (Vilalonga).
A información sobre os castros de Adina, Nantes, Outeiro das Lapas, Punta Elmo e Vilalonga achegóunola a Asociación Cultural Andarela, de Sanxenxo. 
Castro de Adina: Moi alterado. Na croa levantouse a igrexa e do campo da feira nunha terraza.  
Catro de Dorrón: Planta tirando a ovalada. A croa ten unhas dimensións de 34 x 30 metros. Está arrodeado por outro recinto aterrado. Polo oeste vense trazas do que puído ser un foxo.  
Castro da Lanzada: Despois de tanscorridos sesenta anos dende as primeiras escavacións levadas a cabo polo Museo de Pontevedra e dirixidas por Filgueira Valverde, no mes de xuño do 2010 encomezaron os novos traballo grazas ao financiamento que o Ministerio de Administracións Públicas lle concedeu no ano 2008 á Deputación de Pontevedra. Baixo a dirección de Rafael Rodríguez, o equipo formado por profesionais da talla de Xurxo Ayán, Roberto Aboal, Cristina Cancela, Virginia Castro... recuperarán e poñerán en valor restos da Idade do Bronce, o castro da Idade do Ferro, a necrópole... 
Castro de Portonovo: O poboamento continuado no tempo borrou calquera evidencia arqueolóxica que resulte perceptiva. 
Castro de Punta Elmo: Presenta dous recintos principais. Ao oeste da croa pequena levantaron un obelisco de cemento duns catro metros de alto.


SILLEDA
Breixa, Breixiña e As Penas (Breixa); San Mamede ou Copa do Castro (O Outeiriño-O Castro); Agro de Ouzande (Cervaña); Chapa (Chapa); Vilar (Vilar-Cira); A Croa, Do Cura e Montaz (Cortegada); Cascaxide (Cascaxide-Escuadro); Coto do Castro de Sestelo (Sestelo-Escuadro); Coto de Torrón (Torrón-Escuadro); Lóbrigo (Santa Mariña-Graba); Coto do Castro (Lapa); Coto do Castro (Laro); Manduas (Manduas); Pena Negra (Margaride); Moalde (Moalde); Devesa (Oleiros); Orelas (Marza-Oleiros); Pena Castelo (Piñeiro); As Mamuelas (Refoxos); Cartimil (Cartimil-Siador); O Marco (O Marco-Siador); Toiriz (Silleda); Eira dos Mouros (Xestoso).
Castro Agro de Ouzande: Apareceron abundantes fragmentos cerámicos.
Castro de Cartimil: Presenta dous recintos defendidos por cadansúa muralla, reforzadas na parte máis vulnerable con dous foxos e un parapeito. Apareceron restos cerámicos. Escavado no ano 1985. 
Castro do Coto de Torrón: Pequeno outeiro que sobresae nunha ladeira, a 495 metros de altitude, no que non se observan estruturas defensivas e polo tanto non se poden precisar as súas dimensións. No lugar apareceron restos de cerámica castrexa cando as obras dunha edifcación. Nas Fichas Arqueolóxicas dos castros de Silleda elaboradas pola Deputación de Pontevedra no ano 2012, descríbese como exemplo de difícil catalogación xa que non existe a certeza de que sexa un castro. Neste traballo pódese ler: "Só temos un topónimo, aínda que hai abundantes indicios (folclóricos, arqueolóxicos, toponímicos) que nos poden facer pensar na existencia dun xacemento arqueolóxico, non necesariamente castrexo". No Pxom de Silleda do ano 2012, noutra ficha que se corresponde coa contorna suroeste deste outeiro, localízase o asentamento chamado Chousas da Latiza, e dá conta do ahcado de pezas dun muíño circular de man. O asentamento está moi degradado por explotacións gandeiras, extraccións de minerais, lixo e entullo colmatando a superficie mineira e construcións. (Información achegada por Elixio Vieites, publicada en patrimoniogalego.net).   
Castro da Devesa: Sobre o río Deza. Posúe un só recinto no que se aprecia un parapeito cuberto de terra e un foxo. O río actúa como defensa natural. 
Castro Lóbrigo: Aínda que figura catalogado por Patrimonio no concello de Silleda, en realidade atópase entre Loimil e Dornelas, no concello da Estrada.    
Castro de O Marco: Presenta un recinto de forma ovalada defendido en todo o seu perímetro por unha muralla aterraplanada. Apareceron restos cerámicos. Escavado no ano 1985.     
Castro de Montaz: Cóntase que debaixo do castro hai unha catedral. 
Castro de Toiriz: Consta de dous recintos amurallados, un practicamente circular na parte da croa (Eira dos Mouros), situado nun outeiro. Cara o segundo recinto aparece en paralelo un sistema defensivo formado por foxo e parapeito. Polos restos cerámicos que apareceron pode datarse entre os séculos IV a.C. e I d.C.  O conxunto foi acondicionado no ano 2010. 
A Copa do Castro, Castro de San Mamede ou Croa do Castro: A 460 metros de altitude. Descubriuse no ano 1946 ao aparecer varias pezas cando a construción dunha estrada. A súa recuperación xurdiu por iniciativa dos veciños no ano 2008. Consta dun recinto arrodeado por unha muralla que nalgúns tramos acada os dous metros de altura. Apareceron fragmentos cerámicos decorados, unha fusaiola, un proxectil de pedra e a coñecida como Cabeza do Castro de San Mamede. Asociado a lendas de pasadizos secretos con vigas de ouro e de alcatrán que levan dende o castro ata a fonte do Regueiro e o río Deza, tesouros agochados custodiados por mouros e mouras que habitan baixo a terra ou míticos encantamentos en forma de animais, lendas que foron alimentadas pola tradición cristiá que sitúan na cima do castro a igrexa románica de San Mamede que despois sería trasladada para o lugar actual tras o asasinato do cura mentres oficaba a misa.  
Coto do Castro de Sestelo: Outeiro de forma cónica bordeado de fortes pendentes que puido ter unha función defensiva, e no terzo leste observaríanse restos dun posbile foxo. Nas Fichas Arqueolóxicas dos castros de Silleda elaborado pola Deputación de Pontevedra no ano 2012, lese: "Pequeno outeiro duns 45 metros de diámetro, no que non se aprecian estruturas defensivas nin superficies niveladas artificialmente. No voo americano de 1956-57 tampouco se observan restos de estruturas nin recintos. Só temos o topónimo e a referencia nun antigo achado". O que se pode engadir é que estaría nun contexto onde existen outros asentamento medievais catalogados, coa función de vixilancia e control, como o Coto do Castelo de Rellas na aldea de Torrevedra e ao carón do río toxa, e o Castelo no lugar de Férveda, nun esporón sobre a zona onde se xuntan os regueiros de Escuadro e Férveda. Taméns se dubida na catalogación de outros asentamentos en pequenos cotos como pertencentes á Idade do Ferro e que serían por esta zona o existente en Torrón (ao norte do pazo de Cascaxide). Existe, segundo os mapas, un topónimo Cubela (este topónimo significaría torre de vixilancia) e estaría na contorna do castro de Cascaxide. (Información achegada por Elixio Vieites e publicada en patrimoniogalego.net).          
Cabeza do castro de San Mamede: Datada no século I a.C.-século I d.C. Atopada no ano 1946 por uns obreiros cando estaban a traballar nunha estrada a carón do castro. Crese que pode ser a representación dun morto. De rasgos sinxelos, con alto colo nunha peana de arestas redondeadas, está realizada en esteatita de cor gris. A peza foi rescatada dun muro dunha finca por Bouza Brey. Atópase no Museo de Pontevedra.
 


 
 
 

 

SOUTOMAIOR
Castro da Peneda (Alxán-Soutomaior): Dende a súa cima domínase a ría de Vigo e o val do río Verdugo, ademais do paso da vía XIX. Ocupado dende finais da Idade do Bronce ata época romana, e posteriormente na baixa idade media. Atopouse un tesouriño de moedas de bronce de emperadores dos séculos III e IV. Apareceron, entre outros materiais, numerosos fragmentos cerámicos decorados e lisos e cerámica pintada. No ano 1477, o arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca, mandou construír un castelo que sería destruído polo señor de Soutomaior, Pedro Madruga. Posteriormente levantaríase a capela que podemos ver hoxe en día adicada á Nosa Señora das Neves. 
 

 

TOMIÑO
Cristelos, Outeiro do Castro e Sardiñeira (Barrantes); Monte Pedrada (Vilachán do Monte-Barrantes); Outeiro do Castro (Currás); A Atalaia, O Castro, Soutelo e Tollo (Goián); Casiña do Mouro (Pinzás); O Cresto (Tebra); O Castro (Vilameán). 
O Castro (Vilameán): Sobre este castro levantouse unha fortaleza medieval.  
Castro de Monte Pedrada: Coñecido tamén como Monte Madalena xa que aquí existiu unha ermida posta baixo a advocación de María Madalena. Quedan algúns restos dunha antiga fortificación medieval. 
Castro da Sardiñeira: De grandes dimensións. Na croa aprécianse restos dunha vivenda. Apareceron anacos cerámicos.
 

TUI
Monte do Outeiro (A Bouza Valada-Areas); Caldelas de Tui (Caldelas de Tui); A Cruz, Outeiro do Xudeu (Malvas); Alto do Mariño (O Souto-Pexegueiro); Cabeza de Francos ou dos Cubos (Monte Aloia-Pazos de Reis); Frinxo (Frinxo-Pazos de Reis); Monte Cutarel (Guía-Randufe); O Arraial e A Granxa (Rebordáns); O Costal, Ribadelouro (Ribadeloro); Pedras Brancas.
Casco de Caldelas de Tui: De bronce, atopado no ano 1976 no río Miño; aínda que en principio se datou no s. VI a.C., algúns autores cren que é de época romana. Trátase dun casco cónico de bronce dourado feito mediante o martelado dunha soa peza con gardacaluga. Tamén no Miño atopáronse cinco machados do Bronce Final datados entre os séculos IX-VIII a.C. Pódense ver no Museo Diocesano.
Castro dos Cubos: Coñecido tamén como Cabeza de Francos. A primeira escavación data do ano 1933, logo no 1954 e no 1997. Habitado entre os séculos III a.C. e III d.C., ocupa unha superficie de 10.000 metros cadrados.
Castro Monte Cutarel: Escavado nos anos trinta do pasado século por Álvarez Blázquez; sobre o castro construíuse o cemiterio parroquial e unha torre de transmisión.


VALGA
Balleas (Balleas-Cordeiro); Agro do Castro (Carracido-Cordeiro); Castrove (Os Cotriños-Cordeiro); O Castro (Vilar-Cordeiro);  Mercado dos Mouros (Laxes-Cordeiro); O Pombal e O Socastro (Cordeiro); O Castro e Roda do Castro (Cernadas-Setecoros); O Castro e Eira dos Mouros (Cerneira-Setecoros); Monte Castelo da Medela (A Medela-Valga); Viña do Castro (Raxoi-Valga); Vilares (Os Vilares-Valga). 
Castro de Balleas: Forma ovalada con aterrazamentos a un nivel inferior. Fortes pendentes que actuaban como defensas naturais. G. Álvarez Limeses (1936) di que se atoparon sepulturas de ladrillo e dous machados que están no Museo de Pontevedra. Segundo información de Chusa Rodríguez, tamén fala disto Couselo Bouzas, tío de Ferro Couselo, ambos os dous naturais de Cordeiro. Chusa tamén me di que Balleas cítase como Valellas na documentación antiga. 
O Castro (Cerneira-Setecoros): Composto por un recinto central, case circular, rodeado por un parapeito e foxo exterior. Atopáronse fragmentos cerámicos dos séculos I-II d.C., entre eles un pivote de ánfora. 
O Castro (Setecoros): Atopouse un machado de cobre e unha ánfora. Na croa, coñecida como a Pedra do Castro, aínda se poden ver restos de construcións circulares. 
Mercado dos Mouros ou Agro do Xaz: Xunto o río Ulla. Localizáronse máis de 5.000 pezas, entre outras un colar de bronce, cerámica decorada, ánforas, ferros..., moitais de importanción como as cerámicas púnicas o que confirman o carácter comercial do poboado. As escavacións do ano 2016 permitiron amploiar o período de ocupación. En principio críase que estivera habitado entre os séculos I a.C. e IV d.C., pero agora demostrouse que tería unha antigüidade de tres séculos antes, como demostran os materiais do s. IV a.C. aparecidos nunha gabia de vivenda elaborada con materiais perecedoiros. Os arqueólogos cren que é posible que baixo esta vivenda se atope outro nivel de ocupación anterior. 
Monte do Castelo da Medela: No PXOM do Concello do ano 2010 dise que aquí non se atoparon vestixios de estruturas que permitiran definir de que tipo de xacemento se trata, se ben a toponimia fala de "castelo". En apuntes de García Alén gardados no Museo de Pontevedra, di que se trata dun castro no que se documentaron restos de ímbrices, ánforas e cerámica castrexa sen decorar. Malia o anterior, cando Elixio Vieites e Xurxo Salgado visitaron o sitio, puideron apreciar unha pequena superficie elevada sobre unha estrutura de forma cónica feita de acumulación de terra e cachotería. Ten unha ampla visión cara o val onde se atopa a igrexa de San Miguel de Valga, e por onde discorre a ruta xacobea cara Santiago. Posúe dous marcados foxos circulares que arrodean a base do recinto, agás polo leste con acusadas pendente dara o río Valga. A superficie cimeira e chan mide uns 15 metros de diámetro polo que permite deducir que se trataría do emprazamento dun pequeno castelo de control do territorio para o que se aproveitaría un primitivo castro.

 

 

VIGO
Punta do Muíño do Vento (Alcabre); Monte Avieiro (Bembrive); Os Castros (Xestoso-Bembrive); Carballal e Castriño de Cabral (Cabral); A Madroa (Candeán); Piricoto (Castrelos); Coruxo (Monte das Medoñas-Coruxo); O Pendo e O Castro (Illa de Toralla-Coruxo); San Lourenzo (Coruxo); Illa de Faro (Illas Cíes); Areeiro (Lavadores); Beirán e Matamá (Matamá); Redondo do Muíño (Navia); A Estea (Oia); Comesaña (Santo André de Comesaña); A Guía (Monte da Guía-Teis); Sino (Teis); Torres de Padín (Torres de Padín-Teis); Alba, Os Castros e Sobreira (Valadares), O Castro (Monte do Castro-Vigo). A Horta (Illas Cíes). Punta do Muíño do Vento.
Castro de Alcabre: En relación cos cultos realizados no castro estaría o achado de catro cipos pétreos, tres chantados dentro dunha estrutura cuadrangular formada por un pequeno muro de pedras.
O Castro: Situado no emblemático Monte do Castro. No ano 1929 apareceron de xeito fortuíto restos cerámicos, mais a primeiras escavacións non comezaron ata o ano 1952 baixo a dirección de Álvarez Blázquez e logo de Hidalgo Cuñarro. Saíron á luz case medio cento de construcións circulares, ovoidais e rectangulares. Hai unha construción elíptica con compartimentos que, segundo algunhas investigacións, podería corresponder a un monumento con forno. No xacemento documentouse o consumo de bóvidos, cápridos, peixe e mariscos. As pezas atopadas están custodiadas no Museo "Quiñones de León".  
Castro de Estea: Ten forma ovoidal, arrodeado por un enorme foxo e dúas terrazas en socalcos descendentes dende a croa. Atopáronse 27 machados pertencentes ao período final da Idade do Bronce.
Castro de A Horta: Conserva restos de materiais e estruturas en superficie dende o Bronce Final ata a Época Moderna, pasando pola Idade do Ferro, a romanización e o medievo.  
Castro de Muíño do Vento: Xunto o Museo do Mar de Vigo, situado nun pequeno promontorio costeiro que separa as praias de Mourisco e do Cocho. Ata o de agora saíron á luz máis de 20.000 pezas que permitiron identificar unha tipoloxía de peza cerámica batizada como "Potiño Alcabre". Estivo habitado entre o s. VII a.C. ata o cambio de era. Durante os séculos III a V d.C. foi utilizado como necrópole de inhumación.
Castro Redondo do Muíño: Catalogado no ano 1986, a 350 metros da praia de Samil, foi destruído por vivendas construídas posteriormente.
Toralla: Como no caso de Alcabre atopáronse dous cipos pétreos, posiblemente relacionados co culto.
Torres de Padín: Lugar que amosa o desleixo polo noso patrimonio. Ademais do castelo do século XIV, atopáronse vestixios da ocupación humana da Idade do Bronce, da época dos castros e da romanización. Mais de dous mil anos de historia arrasada polos espoliadores da memoria, encarnados, neste caso, polos que planificaron a construción dunha autoestrada e unha nave industrial sancionada por danar os poucos restos que se conservan. 
 





VILA DE CRUCES
Añobre (Añobre); Arnego (Arnego); Asorei (Asorei); Brandariz (Brandariz); Lamego (Lamego-Camanzo); Carbia e Pastoriza (Carbia); Cumeiro (Cumeiro); Ferreirós (Ferreirós); Croa de Castromouzo (Cirela-Gres); Caxide (Caxide-Larazo); Cedelle (Cedelle-Larazo); Contiña (A Contiña-Larazo); Monte Castelo e San Paio (A Moa-Merza); Castelo de Sulago (Sulago-Merza); Obra (Obra); A Medorra do Cura (Oirós); Alcobre (Alcobre-Piloño); Arbián (Arbián-Piloño); Portodemouros (Portodemouros); Barral (Barral-Sabrexo); Lareo (Lareo-Salgueiros); Eira dos Mouros (Salgueiros); Loño (Loño-Sobradelo).
Castelo de Sulago: No lugar levantouse unha torre ou un castelo en época medieval; apareceron pedras e tellas. Trátase dun recinto tirando a circular de reducidas dimensións, arrodeado por terrapléns moi pronunciados. Non está abondo testemuñado que houbera un castro, quizais romanizado pola aparición de tégulas. 
Castro de San Paio: Segundo Antonio Presas e Xoán Carlos García Portal, no seu libro O mundo dos castros, este de San Paio recibe tamén os nomes de Tras do Castro e Monte de San Pedro. Está situado a unha altitude de 280 metros e dende aquí vese a fermosa fervenza do río Toxa. Érguese nun esporón sobre o río Deza. Consta de dous recintos, o maior tirando a circular duns 100 metros de diámetro, defendido por fortes terrapléns. A croa está protexida por unha muralla de terra e peddra. Posúe un antecastro. Ao seu pé está a capela de San Paio. 
A Croa de Castromouzo: No lugar ergueuse unha torre en época medieval. (Ver o apartado adicado aos castelos).


 

 

VILABOA
Castro Monte da Croa (Santo Adrao de Cobres): Presenta restos de muralla. Apareceron útiles domésticos.

VILAGARCÍA DE AROUSA
Alobre e Pereira (Arealonga); Boreza (A Torre-Arealonga); O Curuto (Trabanca Badiña-Arealonga); San Xes (Bamio); Carril (O Castro-O Carril); Trabanca (O Carril); A Xaiba (O Pousadoiro-Cea); Castrogudín (Cea); Loureiro (Cornazo); Aralde (Aralde-Sobrán); Monte Lobeira (Vilagarcía).
Castro de Alobre: Situado na parte alta dun monte coñecido como O Montiño, sobre a ría de Vilagarcía. Consta de tres recintos que se adaptan ao terreo. Restos que datan dos séculos VIII-VI a.C. Bouza Brey e Florentino Cuevillas atoparon trinta tumbas de época romana e unha ara adicada a Neptuno custodiada na actualidade no Museo de Pontevedra. Tamén se atopou un adorno etrusco con forma de nave invertida, coñecido como Fibula de Navicellas. que chegou a Vilagarcía a través de comerciantes cartaxineses. Recuperáronse así mesmo 15.000 pezas de cerámica e 25 fíbulas, entre outros materiais. Tamén saíu á luz un forno de época romana; o achádego, unido ao feito de que as antigas estruturas do castro foron enterradas baixo un vertedoiro de cunchas e ósos, permite establecer como hipótese que o novo espazo resultante deste proceso foi ocuado no seu día con fins produtivos.   
Castro da Xaiba: Situado a 275 metros de altitude. Unha primeira liña de defensa está composta por unha muralla de terra e pedras reforzada polo desnivel do terreo. Na parte sur do recinto vese unha acrópole rodeada por muralla e terraplén. No ano 2008, a Asociación Cultural Xesús González Aboi alertou dunha repoboación forestal no monte Xiabre que podería afectar ao castro e a varias mámoas catalogadas o que propiciou que Patrimonio oredeara paralizar as repoboacións. As roturacións mesmo estaban a facerse sobre os aterramentos do castro.

 

VILANOVA DE AROUSA
Monte Lobeira (András); Roda do Castro (O Castro-Baión); Fontela e Mozorín (Baión); San Xoán (Monte do Castro-Baión); Paderne (Paderne-Baión); Cálago (Cálago); Monte Lobeira (A Manga-Caleiro); Tremoedo (O Monte-Tremoedo); A Braña (Vilanova).
Castro de Monte Lobeira: Sobre o castro construíuse un castelo en época medieval. Para máis información, ver a entrada adicada aos castelos.


Xabier Moure
Castros de Galiza/Galicia II
o noso patrimonio