MÁMOAS DE GALIZA/GALICIA (PROVINCIA DA CORUÑA)

A pesares dos avances das últimas décadas, sobre o fenómeno Megalítico (longo período onde perviviron diversas culturas) aínda contamos cunha imaxe incompleta xa que case a totalidade dos túmulos conservados foron violados ou alterados dende antigo, como é a súa reutilización dende época romana como posto de vixiancia (Medorra de Fanegas, Vilasantar) ou, no 1609, pola real cédula outorgada a Vázquez de Orxas para escavar, a cambio dunha parte, as mámoas na procura de supostos tesouros. Logo a desfeita continuou, e continúa.

Cómpre salientar que da etapa megalítica o que mellor se coñece é o referente ao mundo funerario e espiritual, mais pouco sobre o seu hábitat (que non estaría lonxe dos túmulos) o que impide coñecer os seus costumes. Semella que os megaliteiros concedían máis importancia á morte, ao Máis Alá, que á vida. Do que non cabe dúbida é que a construción destes enterramentos vai a significar a primeira humanización da paixaxe de Galiza, asistindo a unhas transformacións non vistas ata entón co desenvolvemento da agricultura e a gandería, a sedentarización, o aumento da poboación e a especialización, adaptando o Medio ao Home (no Paleolítico era o home o que se adaptaba ao seu entorno).

A profusión destes enterramentos ao longo do territorio fixo que reciban distintos nomes. Nós temos documentados máis de setenta.

Na recompilación, ademais dos enterramentos, inclúense os posibles asentamentos neolíticos e materiais adscritos a este período. Aínda que polo de agora non se documentaron poboados, si hai constancia de asentamentos carentes de estruturas construtivas, situados ao aire libre, en abrigos ou covas.

Aclaración: Tamén inclúo as cistas adscritas cronoloxicamente á Idade do Bronce.



MÁMOAS E ANTAS DA PROVINCIA DA CORUÑA


ABEGONDO
Crendes (Crendes); Vilar (Vilar-Crendes); San Bartolomeu (San Bartolomeu-Folgoso); Truz (no Centro de Interpretación Agraria de Mabegondo); Mabegondo (Mabegondo); A Medorra (A Xilda-Meangos); O Coruxo (Adrán-Vizoño); Borducedo Pequeno (Borducedo Pequeno-Vizoño); Campeáns (Braña-Vizoño); O Campo (O Campo-Vizoño); O Abelar (A Malata-Vizoño); Granxa de Abegondo (Vizoño); A Brea (Ribela-Vizoño).
Mámoas da Granxa de Abegondo: Necrópole formada por dúas mámoas.


AMES
Agrón (Agrón); Montouto (Sandar-Agrón); Agro da Mámoa (Sandar-Agrón); As Medorras (Cortegada-Ameixenda); O Picón (Buceleiras-Bugallido); Firminstáns (Firminstáns-Bugallido); Fontenla (Lens); Anduriña (A Anduriña-Piñeiro); Salgueiro ouTrasmonte (Trasmonte). 
As Medorras (Cortegada): Necrópole con dous túmulos.  Unha das mámoas ten un diámetro aproximado de 18 metros e 0,90 de altura; ten cráter de violación; afectada por unha plantación de eucaliptos.
Mámoas da Anduriña: A 325 metros de altitude. A mámoa número 1 ten un diámetro de 30 metros e unha altura aproximada de 1,70; funil de violación. O túmulo número 2 ten uns 15 metros de diámetro; cuberto pola maleza. 
Mámoas de Firmistáns: Necrópole con dous enterramentos. 
Mámoas de Fontenla: Necrópole con dous túmulos. 
Mámoas de Montouto: Necrópole formada por tres enterramentos. Unha mámoa foi cortada por unha estrada e afectada por unha plantación de árbores. 
Mámoas do Picón: Necrópole con dúas mámoas. 
Mámoas de Salgueiro: Dúas mámoas de 20 e 18 metros de diámetro e unha altura aproximada de 2 metros. Presentan conos de violación e entre a mesta vexetación non se observan restos de cámara.  
Mámoas da Serra de Rañalonga: Entre os concellos de Ames e Brión. Necrópole composta por 21 mámoas, todas violadas, das que só tres pertencen ao concello de Ames. Nalgunhas aínda se aprecian restos da cámara megalítica. 
Machados de Lens: Trátase de oito machados de factura neolítica facilitados por Gustavo Varela a Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza para o seu estudo a mediados do século pasado, atopados en distintos lugares da parroquia. 
Machados de Labanquiños (Tapia): Atopados por Óscar Lojo Baralla a finais dos anos cincoenta do pasado século.  
Xacemento do Monte do Cereixo (Tarrío-Bugallido): Apareceron 76 fragmentos cerámicos e 25 líticos datados no Neolítico Final.
 
 
 

ARANGA
Ar da Medorra, Braña Pena da Moura, As Carreiras, A Corvilleira, Cruceiro da Loba, Ferreira, Fraga do Vello, O Francés, A Mámoa, Marco do Buño, A Medoña da Retorta, Monte Balsas, Outeiro Queimado, Reborica, San Paio, Serra das Medoñas de Galiñeiro e Vilares (Aranga); Mámoas do Galiñeiro, Caínzos (Os Caínzos-Cambás); Baltar, Cambás, Campo da Ermida, Costa da Vide, A Insua, Leiras, Mámoas do Galiñeiro, Monte da Pedreira, Monte de Buño, Pena do Toxo, Pena da Vela, Pena Moura (Cambás); O Maragato (Boade-Cambás); San Vitoiro (Serra da Loba-Os Caínzos-Cambás); Braña de Porto Moeiro, Monte Salgueiro, Pedra Chantadaa (Muniferral); Finca das Medoñas, As Penas, Portomeiro, Torrelavandeira, As Trapelas e Vallo (San Vicente de Fervenzas); Carballosa (A Carballosa-Vilarraso); A Carbona, A Formiga, Leboreiro Queimado, A Mámoa, As Medoñas, Monte de Orosa, As Penas, O Petón (Os Ferreiros-Vilarraso). 
Mámoa da Carballosa: Situada baixo o tendido eléctrico As Travesas-Teixeiro. Mide 18 metros de diámetro e 1,8 de altura. Presenta cráter de violación.  
Mámoas da Castellana: A dous quilómetros da Castellana, na estrada que vai a Sobrado, hai unha necrópole composta por oito mámoas. 
Finca das Medoñas: Formada por varias mámoas, todas con cono de violación. 
Mámoas do Galiñeiro (Os Caínzos-Cambás): Necrópole formada por 10 túmulos. As roturacións do monte no ano 2000 afectaron gravemente á necrópole. 
Monte Salgueiro: Hai unha mámoa de 17 metros de diámetro e 1,5 m de altura; no cráter de profanación pódese ver unha laxe de granito. Había dous túmulos máis que foron desfeitos ao contruír a estrada. 
Necrópole de San Vitoiro: Composta por trece mámoas, tres das cales foron escavadas por X. María Luengo no ano 1944. 
Mámoas da Penas: Necrópole formada por 15 mámoas. 
Mámoas do Petón: Formada por 11 mámoas. 
Mámoas de Portomeiro: Consérvanse oito mámoas. 
Mámoas de Vallo: Necrópole formada por cinco túmulos, moi afectados por camiños e repoboacións forestais. As medidas oscilan entre os 14 e 18 metros de diámetro e unha altura de entre 0,75 e 1,2 metros. O túmulo número 1 foi danado nos anos 80 ao facer unha cata.
   


 

ARES 
Entre San Xiao de Mugardos e San Xosé de Ares foron localizados catro túmulos no linde entre os dous concellos, dous deles referenciaods nun preito do ano 1625 pola xurisdición do mar entre o conde de Lemos e o mosteiro de Santa Catarina de Montefaro. As outras dúas foron localizadas preto das anteriores, son as coñecidas como Mámoa da Seaña, Muíño do Vento e as dúas do Marañón.
(Información extraída de Túmulos prehistóricos dos concellos de Neda, Fene, Mugardos e Ares (A Coruña), publicado no Anuario Brigantino no ano 2014 polo Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos).  

ARTEIXO
Monte Cambás (Uxes-Morás); A Canteria (Vilarrodís-Oseiro); Monticaño (Pastoriza); Punta Langosteira (Suevos); Cabo Cociñadoiro e O Puntido, na pista a Punta Langosteira.

 
 
 

ARZÚA 
Casal de Arriba, O Pinar e Raxeiraa (Brandeso); Monte da Pedreira (Burres); Calvos, O Carducho, Os Cuartos e Monte da Costa (Calvos de Sobrecamiño); A Mota (Campo); O Couso (Dodro); Finca do Castro (Lema); Monte de Salceda e Monte de Suso (Oíns); O Carducho, Monte da Gándra e A Trapa (Viladavil); San Migueliño (Vilantime).
Mámoas do Casal de Arriba (Brandeso): Necrópole formada por tres túmulos.
Mámoas da Raxeira (Brandeso): Necrópole composta por catro mámoas.
Mámoas dos Cuartos (Calvos de Sobrecamiño): Composta por tres mámoas.
Mámoas da Mota (Campo): Formada por cinco túmulos.
Mámoas da Finca do Castro (Lema): Tres enterramentos.
Mámoas de Monte de Suso (Oíns): Composta por tres mámoas.
Mámoas do Carducho (Viladavil): Necrópole formada por catro túmulos.
Mámoas do Monte da Gándara (Viladavil): Composta por 7 mámoas.
 

A BAÑA
Chan da Baña (A Baña); Alto de Emes (Emes-Barcala); Pedra Alba (Seoane-Barcala); Tarroeira (Tarroeira-Barcala); Cotón Grande (Sino-O Barro); Campo do Pozo (Cabanas); Lagoa (Ferraces-Corneira); Edreira (Edreira-A Ermida); Mina do Rodado e Pasos do Río (Gosende-A Ermida); A Revolta Vella (Lañas); A Turrisqueira (Valiña-Lañas); Vilar (Marcelle); Falide (Falide-Marcelle); Campo Redondo e Cruceiro Grande (Outeiro-Marcelle); Curros Vellos (Busto-Ordoeste); Monte Agudo (Paraxó-Ordoeste); Chan da Baña (Ordoeste); Costolla e Ventureira (Bafadoira-A Riba); Brañas e Campo da Tilla (Campelo-A Riba); Barreiros, Campo da Feira e Carballeira (Carballeira-A Riba); Castelo e Mina dos Mouros (Vigobó-A Riba); As Brañas de Ferreiros, Campo da Tilla e Ferreiros (A Riba); Chamiseiras e Purrubelo (San Mamede do Monte); Mina da Mosqueira (Monte-San Mamede do Monte); Monte da Medorra (Bugalleiras-Troitosende); Eira dos Mouros (Vilacova-Troitosende); Salgueiros (Troitosende); Mámoa do Agro de Méndez.
Mámoas de Barreiros: Necrópole composta por cinco mámoas.
Mámoas do Campo da Feira: Necrópole de cinco mámoas.
Mámoas da Chan da Baña: Formada por cinco túmulos.
Mámoas de Pedra Alba. Necrópole formada por seis túmulos.
Mámoa da Turrisqueira: A mámoa acolle un só esteo e restos dun corredor.
As distintan necrópoles do municipio acollen máis de sesenta mámoas.
 

 

BOIMORTO
O Pinar (Boimorto); As Medorras (Corneda); Crollos Brancos (Rozadas-Corneda); Monte da Cabrita (Mercurín). 
Mámoa de Crollos Brancos: Mide 24 metros no eixo N-S e 26 metros no L-O, e unha altura de dous metros. Ben conservada.  
Mámoas do Monte da Cabrita: Necrópole formada por tres mámoas. 
Mámoa do Pinar: De 20 metros de diámetro e 1,30 de altura. Ben conservada.
   
BOIRO
Confurco e Granxa Nova (San Ramón-Bealo); A Amañecida (Amañecida-Bealo); Espiñeira, Vilariño (Boiro); Outeiro Redondo (Brañas de Prado-Cures); Anta da Cavada, Antas das Chans do Irioite, Outeiriño do Pan, Porto Traveso e Pozas da Lagoa (Chans da Barbanza-Cures); O Armadoiro, Casota do Páramo e Pedra da Xesta (Graña-Cures); Chan de Sabuceda (Sabuceda-Cures); Arca da Barbanza (Serra da Barbanza-Cures); Chan de Figueira, A Tendeira da Graña (Cures); Casarota do Fusiño, MontañaOuteiro das Coroas, A Portela (Outeiro de Curros-Lampón).
Anta da Cavada: Inserida nunha mámoa que se conserva en bo estado.
Arca do Barbanza: Atópase na zona coñecida como As Chans do Iroite, na Serra do Barbanza, onde se conservan un bo número de enterramentos. Anta inserida nunha mámoa con restos de coiraza pétrea ao que lle falta o esteo da cabeceira. A tampa, lixeiramente desprazada, calcúlaselle un peso aproximado de sete toneladas. Declarada BIC.
Casarota do Fusiño: Anta de cámara poligonal con sete esteos e tampa, e un corredor de dous esteos con tampa. Proposta como Ben de Interese Cultural.
Casota do Páramo: Parcialmente destruída, presenta cámara poligonal e corredor con sete esteos e tampa partida pola metade. Nunha das pedras do corredor presenta unha figura antropomorza moi esquematizada e sobre ela un círculo coas diagonais vertical e horizontal que o cruzan a xeito dun disco solar. Declarada BIC.
Confurco e Granxa Nova: Dúas mámoas situadas non moi lonxe da ermida de San Ramón. No lugar tamén se atoparon uns conxuntos de petroglifos. 
Mámoas da Amañecida: Necrópole con nove enterramentos. A mellor conservada é a catalogada como M-5. Citadas por Frei Martín Sarmiento no ano 1745.  
Mámoa no Neixón: No decurso dun campo de traballo no que participaron estudantes, voluntarios e arqueólogos, localizouse un túmulo de época megalítica na liña de costa, moi preto do castro do Neixón Pequeno. Se ben Andrés Bonilla, responsable do proxecto que desenvolve o Neixón, adiantou que podería datar dende uns 6.000 ou 7.000 anos, puntualizou que cómpren estudos máis precisos para establecer a súa cronoloxía. 
Machados de Goiáns (Lampón): Dous machados líticos, posiblemente Neolíticos, atopados na Torre de Goiáns. Citados Por Cuevillas e Bouza Brey.   
Pedra da Xesta: Cista formada por seis esteos. A mámoa, estragada, conserva restos da coiraza e anel pétreo.
No mes de agosto de 2010, a Asociación de Amigos do Centro Arqueolóxico do Neixón adecentaron o entorno das mámoas da Serra do Barbanza, abandonadas dende as escavacións do ano 1983. 
Necrópole da Serra do Barbanza: Proposta como Ben de Interese Cultural.



BOQUEIXÓN
As Peniñas (Pontillón-Boqueixón); A Medorra (A Eirexe-Gastrar); A Costa e A Cruz (Ardilleiro-A Granxa); A Medorra (Granxa); Medorra do Castro (O Pico Sacro-Lestedo); A Pena (A Pena-Loureda); A Medorra de Midón (Zanca dos Campos-Loureda); Tras da Agra (Monte do Vilar-Sergude). 
Mámoa da Costa: De 20 metros de diámetro e 0,30 de altura. Moi alterada. 
Mámoa da Cruz: De 18 metros de diámetro e 0,70 de altura. Moi alterada.  
Mámoa da Pena: De 16 metros de diámetro e 0,40 de altura. Moi deteriorada polas actividades forestais e movementos de terra. 
Mámoa de Tras da Agra: De 20 metros de diámetro e 0,70 de altura. Cráter de violación. Moi alterada.  
A Medorra (A Eirexe-Gastrar): De 17 x 15 metros e unha altura de 0,80 metros. Cortada por un valado. 
A Medorra (A Granxa): Moi alterada. 
A Medorra do Castro (O Pico Sacro): Desaparecida.  
Medorra de Midón: Duns 26 metros de diámetro e 1,25 de altura. Cráter de violación. Moi alterada.

 

BRIÓN
Rañalonga (entre as parroquias de Brión e O Viceso); O Foxo (O Rial-Brión).
Mámoas da Serra de Rañalonga: Entre os concellos de Ames e Brión. Necrópole composta por 21 mámoas, todas violadas, das qeu 18 pertencen a Brión e 3 a Ames. Nalgunhas aínda se aprecian restos da cámara megalítica.
Mámoa do Foxo: Túmulo de 24 metros de diámetro e 2 de altura. No seu interior agocha unha cámara megalítica.


CABANA DE BERGANTIÑOS
A Medoña e Necrópole de Eirita (Anos); Agramonte (Cruceiro da Portela-Borneiro); A Agra Nova e Dombate (Dombate-Borneiro); Borneiro, Cista da Insua e A Gándara (Borneiro); Pico de Sinde (Sinde-Canduas); Bouza Cova (Bouza Cova-Corcoesto); A Cama do Mouro (Corcoesto); Necrópole da Piolla (A Piolla-Nantón); Costa Grande (Camafreita-Riobó); Monte Perrol (A Silvarredonda).
Anta de Dombate: Inmortalizada por Eduardo Pondal, é a máis coñecida das antas galegas. Foi escavada por Xosé María Bello entre 1987 e 1989. Trátase dunha anta de cámara poligonal formada por sete chantas cun corredor de tres tramos que acada unha lonxitude de máis de catro metros que decrece en tamaño e altura cara o exterior do monumento. Atopáronse restos de pintura (das que xa dera conta Murguía) na cámara e no corredor, vinte idoliños de apariencia antropomórfica (algúns con escotaduras) situados fronte ao corredor e varias pezas de material lítico e cerámico. Logo de máis de dúas décadas submida nun total abandono, con proxectos e contraproxectos, decisións técnicas lamentables e unha morea de despropósitos, en marzo de 2011 déronse practicamente por rematados os traballos levados a cabo para poñer en valor o megalito e a súa contorna. Debemos felicitarnos? Sen dúbida. Mais tamén queremos deixar claro que, por mor da incompetencia duns persoeiros que cren o Patrimonio é da súa propiedade, a súa rehabilitación custounos aos galegos 3.000.000 de euros. 
Un estudo con xeorradar encargado pola Deputación da Coruña revelou a existencia dun asentamento acaroado á anta de Dombate. Podería tratarse dun poboado da Idade do Bronce ata comezos da Idade do Ferro, período no que o famoso dolme xa non cumpriría o seu papel funerario.   
Cista da Insua: Os esteos atópanse no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón da Coruña. Do Bronce Inicial, conserva catro lousas con motivos insculpidos con distintas figuras: motivos triangulares e unha ringleira de cazoletas, figuras inacabadas e axiométricas e fileiras de triángulos. 
Dolme de Bouza Cova: Parte da masa tumular e da coiraza foi destruída por unha plantación de eucaliptos. Apréciase o corredor e a lousa da cuberta case intacta. A finca onde se atopa ten na entrada unha pedrafita. 
Dolme da Cama do Mouro: Aa primeiros de agosto de 2016, integrantes da asociación Petón do Lobo localizaron un posible dolme nos prados do Batán, no lugar coñecido como A Cama do Mouro. O achado xa o comunicaron a Patrimonio para que os seus técnicos certifiquen a descuberta. 
Mámoa da Gándara: Restos dunha mámoa duns quince metrós de diámetro e dous de altura. Moi afectada polos labores agrícolas, só se conserva un esteo da cámara megalítica. Dada a coñecer polo Seminario de Estudos Galegos no ano 1924. 
Necrópole da Eirita: Dos oito túmulos que había, catro (un con cámara megalítica) foron destruídos; un quinto foi atravesado por unha pista. 
Necrópole da Piolla: Por mor dunha repoboación de eucaliptos, foron arrasadas tres mámoas das catorce que compoñían a necrópole. 
Parque eólico de Silvarredonda: Localizáronse cinco túmulos.     
Machado: Machado bifacial do Neolítico atopado no ano 1994 no lugar da Margarida cando a realización de labores agrícolas.


 

 

CABANAS
Monte dos Golpes ou Couto dos Golpes (Salto de Abaixo-Irís); Lamestra (Laraxe); A Braña Moura, A Serra e A Serra do Sumeiro (Regoela); Painceira (Baladós-Santa Cruz do Salto); Punxeiro (Porcar-Santa Cruz do Salto); O Bogallo e Pena Longa (Soaserrra); Cadabal, Cal da Serra (Lavandeira-Soaserra). 
Mámoas do Bogallo: Dous enterramentos. O primeiro túmulo mide 13 por 15 metros e unha altura de 0,30 metros. O segundo atópase a uns 100 metros do anterior e ten un diámetro aproximado de 11 metros e unha altura de 0,50.  
Mámoa de Cadabal: De 15 por 19 metos e unha altura de 1,4. Cono de violación de 0,70 metros.  
Mámoa do Cal da Serra: Situada a uns 400 metros dirección norte das mámoas do Bogallo. Ten unha medidas de 15 por 18 metros e unha altura de 1,5. Pódese ver un ortostato da cámara feito en lousa xistosa, cunha dimensións de 110 cm de ancho 3 25 de grosor; sobresae 80 cm do chan. Cráter de violación de 0,50 metros.    
Mámoas do Couto dos Golpes: Necrópole formada por sete mámoas, a maioría con cono de violación e tamén con restos de esteos da cámara megalítica. No interior da mámoa sinalada como a número 5, de vinte e tres metros de diámetro, vese un esteo cunha cruz gravada. 
Mámoas do Monte Punxeiro: Necrópoles da Braña, O Pelao e A Uceira que suman un total de dezaseis túmulos, todos en deficiente estado de conservación. Existe coñecemento doutras seis mámoas, dúas destruídas cando as obras de clausura do vertedoiro do lixo, as catro restantes atópanse practicamente achandadas. 
Mámoas de Painceira: O primeiro túmulo ten unhas medidas de 20 metros de diámetro e unha altura de dous metros. Do cráter de violación saen dous ortostatos. Coiraza de granito e cuarzo. O segundo túmulo ten unhas medidas de 17 por 16 metros e unha altura de 1,3. Cráter dun metros de profundidade.  
Mámoas da Serra: Formada por dous enterramentos. Un túmulo ten unhas medidas de 20 por 23 metros e dous de altura. Cono de violación dun metro de profundidade. Aprécianse restos da coiraza. A outra mámoa ten 13 por 15 metros e 1,6 de altura. Cráter de violación de 0,50 cm de profundidade. Situada a uns 200 metros da mámoa anterior, está atravesada por un muro. Restos de coiraza. Os continuos traballos agrícolas (plantación de millo) están a degradalas ano tras ano.
 

 

CAMARIÑAS
Mámoa do Foxo (Praia da Balsa-Camariñas); Reira (Camariñas); Casas Vellas (Lazo-Camelle); Cruz da Carballa (Lexas-Ponte do Porto). 
Antas de Casas Vellas: Recibo o nome porque segundo os veciños aquí había "tres casas vellas con antas nas paredes". Ao parecer as pedras foron reutilizadas, en tempo indeterminado, noutras construcións.  
Mámoas da Cruz da Carballa: Necrópole formada por dúas mámoas. Unha, duns nove metros de diámetro, está alterada por un camiño e un pequeno muro. 
Mámoa do Foxo: Situada na zona terminal do Monte Foxo, non moi lonxe da costa. Ten uns 10 metros de diámetro. Cráter de violación. Restos de coiraza pétrea.   
Mámoa de Reira: Xunto a praia de Reira. Carece de protección. 
Parque eólico de Vilán: Documentouse un túmulo.


CAMBRE
Mámoa no castro de Gosende (Andeiro); Nosa Señora da Laxe (Armental-Pravío); Monte do Castro e Cacheira (Vigo).

A CAPELA 
Alto da Serra (Fornelos-Cabalar); Pena da Lama (Formariz-Cabalar); Monte da Armada (Pena da Lama- Cabalar);  A Grula (Vilardemouros-Cabalar); Fonte da Lebre (Ameneiro-Caaveiro); Castro Pepín, Louseira Alta; Pena Escaleira, Pico das Troitas (Ameneiro-Caaveiro); Pico Ventoso (Carboeiro-Caaveiro); Alto da Serra, Pena Grande e A Serra (Serra-A Capela). 
Mámoas do Alto da Serra (Cabalar): Necrópole con tres túmulos que oscilan entre os 13 e 22 metros de diámetro e unha altura entre 0,40 e 1,20 metros. Dúas teñen cráter de violación e restos de coiraza. 
Mámoas do Alto da Serra (A Capela): Necrópole con tres enterramentos cunhas medidas aproximadas que van dos 18 aos 25 metros e unha altura entre 0,60 e 1,20 metros. Todas presentan cono de violación.  
Mámoas do Castro Pepín: Necrópole con tres enterramentos. A mámoa máis grande ten unhas medidas de 27 metros de diámetro e 1,70 de altura. Outra mámos, de 15 por 17 metros e 0,30 de altura, no cráter fixeron un bebedoiro para o gando. O terceiro túmulo está situado xunto o curro; no cráter plantaron un piñeiro. 
Mámoas da Fonte da Lebre: Composta por catro mámoas. A maior ten unhas medidas de 16 metros de diámetro e 1,30 de altura; na cuberta vense uns chanzos que puideron formar parte da cámara. Do cono de violación dun dos túmulos, de 11 por 13 metros, sobresaen tres ortostatos e ten restos de coiraza pétrea. De regular a mal estado de conservación. 
Mámoas da Grula: Necrópole formada por catro túmulos. Mámoas cun diámetro que oscilan entre os 9 e 19 metros de diámetro e unha altura de entre 0,40 e 0,85 metros. Todas presentan cono de violación.   
Mámoa do Monte da Armada: 17 por 14 metros. Cráter de violación. Situada nun pinar e cuberta de maleza. 
Mámoas da Pena Grande: Necrópole con dous túmulos.    
Mámoa Pena Escaleira: De 17 metros de diámetro e 0,80 de altura. Dous ortostatos saen do cono de violación.   
Mámoa da Pena da Lama: 19 por 17 metros. Cráter de violación.     
Mámoas do Pico das Troitas: Necrópole composta por dous túmulos. O número un mide 16 por 14 metros e un de altura; ten cráter de violación; foi obxecto dunha agresión que afectou á masa tumular. A segunda mámoa ten 12 metros de diámetro e 0,60 de altura; cráter de violación. 
Mámoas de Pico Ventoso: Necrópole con dous túmulos. Nun aprécianse actuacións furtivas.   

 
 
 

CARBALLO
Pedra Moura (Brañas do Carrexal-Aldemunde); A Pena ou Peniqueira (Ardaña); Moa da Zapateira (O Vilar-Artes); O Couto e Queixeiro (Bértoa); Medoña do Francés e Pedrarrubia (Restrebeiras-Bértoa); Agra das Moas (Cances da Vila-Cances); Rego da Bandeira (Cances); Entrecruces (Entrecruces); Monte da Pena, Monte da Vixía (A Chamusqueira-Lema); Carballedo (As Chanceiras-Noicela); Os Canedos, Couto da Pedra Rubia, Cruceiro de Arriba, Pena, Seixo, Monte Vixía (Oza); Os Chan (O Rodo-Oza); Pinar do Canteiro (Vilar do Carballo-Oza); A Medoña (Rebordelos); Castrillón de Outón (Outón-Rus); Medoña de San Sadurniño (Rus); Os Vilares (Os Vilares-Sísamo); Vixía (Vilela).
Pedra Moura de Aldemunde: Anta composta por sete esteos e tampa. As pedras foron removidas do seu emprazamento orixinal e a tampa apoia nun lateral. Carece de mámoa. Formará parte do Parque do Megalitismo da Costa da Morte.
Machado: Nos anos oitenta, Ramiro Calvelo traballaba unha leira no lugar coñecido como a Pedra Branca (Alta de Entrecruces) cando atopou unha rocha puída. Tanto lle chamou a atención que a levou para o seu bar en Piñeira onde a colocou nun estante. A pedra resultou ser un machado neolítico cunha antigüidade duns 5.000 anos. 
Mámoas de Carballedo: Necrópole con tres túmulos duns 20 metros de diámetro. 
Mámoa dos Chans: Debido ás actividades agrícolas e forestais perdeu gran parte da masa tumular. 
Mámoa do Cruceiro de Arriba: Os continuos procesos agrícolas alteraron gravemente a masa tumular. 
Mámoa Medoña do Francés: De 25 metros de diámetro e 1,5 de altura. Presenta cono de violación. Alterada pola repoboación de piñeiros. 
Mámoa do Monte da Pena: De 16 metros de diámetro e 1,2 de altura. Escavacións furtivas. 
Mámoa do Monte da Vixía: De 15 metros de diámetro e 0,80 de altura. Presenta cono de violación.
Mámoa da Peniqueira: Duns 20 metros de diámetro e dous de altura.  
Mámoas dos Vilares: Necrópole formada por catro túmulos inventariados, dous foron arrasados cando a construción da AG-55. Os outros dous están moi alterados polas repoboacións forestais. 
Mámoas da Vixía: Necrópole formada por dous túmulos.
 
 

CARIÑO 
Cistas da Capelada (Serra da Capelada-Cariño); Monte do Limo (A Vacariza-Cariño); Vixía Herbeira (Serra da Capelada-Cariño); Coto da Zarza (Landoi); Chan de Lodeiro, Coto Lodeiro e Croa da Fornela (Lodeiro-A Pedra); Campos da Zarza (A Pedra); Candales, Chao de Lamas e Pedra Chantada (Reboredo-A Pedra). Pena da Aguia.  
Mámoas do Chao de Lamas: Necrópole composta por tres enterramentos situada a 500 metros de altitude. Unha mámoa foi escavada no ano 1897 por Federico Maciñeira, con coiraza pétrea, un esteo da cámara e vestixios de cremación. Outra, cun grande cono de violación, conserva tres esteos. A terceira está moi arrasada.
Mámoa da Croa da Fornela: Moi arrasada, presenta coiraza pétrea e un esteo da cámara. 
Mámoa de Lodeiro: Sobre un pequeno outeiro, case sobre un cantil da Capelada, presenta cono de violación do que sobresaen dous esteos.  
Pedra Chantada: A 500 metros de altitude sobre o nivel do mar. Necrópole formada por tres mámoas moi achandadas. 
Pena da Aguia: Destruída a finais do século XIX, foi investigada por F. Maciñeira no 1899. Aínda se poden ver algúns restos. (Información recollida do blogue de Moncho Boga, Dolmenes). 
Parque eólico da Capelada: Na zona de afección localizouse un túmulo e na zona de mostraxe dezaeis.
 

 

CARNOTA
Cima da Arca (Cornido-San Mamede de Carnota); Cista de Mallou (Mallou-Santa Columba de Carnota); Cista de Pedramarrada (Pedramarrada-Santa Columba de Carnota); Monte Pindo; Pedra Figueira.
Cista de Pedramarrada: A necrópole estaba formada por tres cistas. Nunha apareceu un puñal de lingüeta de cobre e un brazal de arqueiro de pedra. 
 

CARRAL
As Salgueiras (Tabeaio); Monte Paleo e Necrópole do Monte Xalo (Paleo); Busoares, na zona de Cabrois.
Mámoa de Busoares: Mámoa afectada por unha canteira.
Mámoas das Salgueiras: No límite entre os concellos de Cambre, Carral e Culleredo. Necrópole formada por tres enterramentos, salientando a coñecida como mámoa de Arteaga onde se observan algunhas pedras da cámara megalítica. Asociada a lendas de mouros.

CEDEIRA
Monte Candieira (Cervo); Cal de Liñares (Liñares-Montoxo); Pena da Guía (Montoxo); Necrópole de Régoa (Régoa); Candales, Lamas (Régoa); Coroa Escura, Cova Escura e Pedra Chantada (Reboredo-Régoa); Chao de Lamas (Lamelas-Santo André de Teixido); Chan da Armada (Meizoso-Santo André de Teixido).
Mámoas da Cova Escura (Reboredo-Régoa): Necrópole formada por dous túmulos. 
Mámoas do Chao de Lamas (Lamelas-Teixido): Necrópole con nove túmulos. 
Mámoas de Lamas: Necrópole con tres túmulos. Na número 37 da catalogación de Federico Maciñeira fíxose unha escavación no ano 1897, documentándose unha coiraza de cantos rodados e vestixios de cremación.  
Mámoas da Chan de Armada (Meizoso-Teixido): Necrópole formada por catro mámoas. 
Mámoas da Pedra Chantada: Necrópole composta por seis mámoas. 
Parque eólico da Capelada: Na zona de afección localizouse un túmulo e na zona de mostraxe dezaeis. 
 

 

CEE
Alto de Montemaior, Campo Valado, Fonte da Pedra e Pedra Alta (Ameixenda); San Pedro (Cee); O Couto, Monte Vela e Prado das Fontes (Lires); As Pedras Negras (Bermún-A Pereiriña); Alto de San Pedro Mártir (Campo de San Pedro-A Pereiriña), Fonsemao e Fonte da Pedra (A Pereiriña); Camporredondo (Sembra-Toba).
Mámoa de Meás: Lindeira entre os concellos de Cee e Dumbría.
A Pedra Alta: Anta que conserva seis esteos na cámara e dous no corredor inseridos nos restos dunha mámoa con coiraza pétrea.

CERCEDA
A Lagoa e O Ramalliño (Polígono empresarial do Acevedo-Cerceda); Meirama (Meirama); Rodís (Rodís). 
Mámoas da Lagoa e do Ramalliño: No mes de xullo de 2017 iniciáronse uns sondeos en dúas mámoas ubicadas no polígono empresarial para, nun futuro, poñelas en valor. Os túmulos atópanse a uns 200 metros de distancia. O enclave atópase case intacto. Nun documentaron un anel peristalítico e anacos dunha vasilla campaniforme decorada, peza que estaría datada entre o 2700-2500 a.C., xa no Calcolítico.  
Cando a construción da Central Térmica de Meirama foi arrasado un campo de mámoas. Masús, da Laracha, informounos que na parroquia de Rodís tamén había unha necrópole, arrasada cando a concentración parcelaria. 
 

CERDIDO
Mámoas do Tesouro: No ano 1943 cando Federico Maciñeira explorou a zona sur da Serra da Capelada, no concello de Cerdido só fai alusión a dúas mámoas. O túmulo 92, localizado no lugar coñecido como O Tesouro, desapareceu; estaba asociado a unha lenda de mouros que agochaban unhas moedas de ouro. O outro túmulo, o 91, está preto do anterior, e foi descrito por Maciñeira como un "montón de pedruscos" duns 15 metros de diámetro, considerándoo como un exemplar único na zona ao estar unicamente formado por pedras. Juan A. Carneiro Rey e Javier Serrano Otero, de quen recollemos a noticia (Cerdido: Patrimonio arqueolóxico-etnográfico), din que localizaron o devandito túmulo, que está cortado pola súa parte central por mor dos labores de repoboación de eucaliptos, nunha penichaira que discorre en dirección NO-SL e que separa o val de Montoxo (Cedeira) do val de Cerdido; ten unhas medidas N-S de 13 metros e E-O de 11 metos, a altura é de 0,60 metros. Os investigadores tamén localizaron varios topónimos: A Medoña e As Medoñas.   

CESURAS (Forma parte do concello de nova creación Oza-Cesuras)
No Monte Medela ou Coto de San Xoán, entre as freguesías de Paderne, Probaos, Figueiredo e Loureda, a 397 metros de altitude, érguese unha ermida construída, segundo figura sobre a porta principal, no ano 1793, onde se celebra unha romaría na honra do San Xoán Bautista. Ao seu carón consérvanse dúas laxes provenientes dunha anta, unha a ras do chan e practicamente tapada, e a outra fincada, segundo deixou escrito don Francisco Vales Villamarín, por térense considerado un marco divisorio entre as parroquias de Loureda e Paderne. Ao parecer, outros esteos fron reutilizados no adro, e a tampa crese que pasou a enlousar o piso do palco da música próximo, pechado na actualidade e convertido nunha caseta. O marco foi utilizado como obxecto de culto ao que se lle atribuían propiedades milagreiras, práctica que levou á Igrexa a erixir a ermida.
 

COIRÓS
Costa da Sal, A Lomba, Monte de Xora, Monte do Gato e Parada Revoltas Longas (Santa María de Oís); Necrópole de Pedra Partida (Figueiras-Santa Mariña de Lesa); A Lapela, Marco do Azivro e Monte das Moas (Santa Mariña de Lesa); Chousa de Soutelo; Monte Retorta.
Necrópole da Lomba: Con tres mámoas.
Necrópole do Monte Retorta: Consta de nove túmulos.
Necrópole do Monte de Xora: Formada por tres mámoas.
Necrópole de Parada: Con dous túmulos.
Mámoa de Revoltas Longas: Practicamente destruía por un vello camiño e un valado de pedras.
 


CORCUBIÓN
A Granda e Monte Lousada (Carballido). 

CORISTANCO
Monte da Brañeira (Brañeira-A Agualada); Porto do Batán e Cova do Mouro (Vilaverde-Cereo); Chao das Embarradas (Bieite de Abaixo-Coristanco); Costa do Carrizal (Carrizal-Coristanco); A Granxa (-Midón-Coristanco); Monte do Marco (Bormoxoio-Couso); Fonte da Cova, Monte da Brañeira, Monte das Medoñas, O Rato, Tras de Bustelo e Xirameira (Couso); Ribela (A Ribela-Couso); A Moa da Zapateira (O Vilar-Couso); Cuns, Pazo de Trabe (Cuns); Río de Mira (A Abelenda-Erboedo); Monte Bustelo (Cereixa-Erboedo); Chao das Embarradas (Vieites de Abaixo-Ferreira); A Cuca e Muíño do Rei (Rececinde-San Xusto); As Medorras (San Xusto); Monte Lume de Suso (Monte Lume-Santa Baia de Castro); Cista de Pedra Marrada, Monte Campelo e Rabadeira (Seavia); A Braña Rubia (Lagoa de Alcaián-Seavia); Río de Mira (Seavia); O Calvario (Traba); Pedrabranca (A Varela-Traba); Bustelo e As Medoñas (Valenza); Finca das Madorras (Castro de Insua-Valenza); Chousas Grandes, Costa Redonda e A Porcariza (A Porcariza-Xaviña). 
Mámoa do Monte da Brañeira: Cortada por unha pista.  
Mámoas do Chao das Embarradas: Necrópole formada por 10 mámoas. 
Mámoas de Chousas Grandes: Necrópole composta por oito túmulos. 
Mámoas da Costa do Carrizal: Necrópole con dous túmulos.  
Mámoa de Cuca: A masa tumular está afectada por unha estrada.  
Mámoa de Midón: Ten 15 metros de diámetro e 0,70 de altura. 
Mámoa da Moa do Zapateiro: Con 23 metros de diámetro e 2,20 de altura. Cono de violación.  
Mámoa do Monte do Marco: Moi afectada por gabias para a repoboación forestal. 
Mámoas do Monte das Medoñas: Necrópole con tres túmulos.  
Mámoas do Muíño do Rei: Necrópole formada por tres mámoas. 
Mámoa da Pedrabranca: Con 29 metros de diámetro e 2 de altura. Cráter de violación.
Mámoas da Rabadeira: Necrópole de dous túmulos. 
Mámoas do Río da Mina: Necrópole composta por dous túmulos. 
Necrópole do Monte Lume de Suso: Composta por catro mámoas. 
Cistas de Pedramarrada: Tres cistas de forma rectangular feitas con granito, coas caras internas alisadas. No exterior apareceron cinsas, restos humanos, un puñal de bronce e un brazal de arqueiro. 
 

A CORUÑA
Fonte do Ouro, Monte da Arca, Monte Aberto, Monte de Orro e Montes da Zapateira (Elviña); Someso (Someso-San Cristovo das Viñas).
Necrópole da Zapateira: Os primeiros estudos datan do ano 1935, levados a cabo pola sociedade Amantes do Campo da que era membro Monteagudo quen localizou 33 mámoas. Nunha das mámoas atopou un machado de anfibolita, cinco puntas de frecha en seixo cristalizado, un anaco dun coitelo de sílex, dous pelouros rolados en gneis, dous fragmentos de seixo, un prisma de seixo critalizado e varios anacos cerámicos. No ano 1976, unha mámoa do Monte da Arca foi sometida a unha escavación de urxencia por mor da construción dun campo de golf. No ano 2010, a Dirección Xeral do Patrimonio impuxo unha serie de condicións á execución da urbanización As Medoñas que afectan a varios enterramentos.


CULLEREDO
Chan do Castelo, Igrexa dos Mouros, Monte Xalo e Pedras Galladas, Pedra da Cadea de Ouro, Pedra Laxeira; Pedra do Tesouro, Porta do Inferno (Necrópole do Monte Xalo-Celas); A Granxa (Gobia-Meangos); Monte das Arcas (Rutis); Fonte de Ouro, Leira de Cachafeiro, Monte Aberto, Monte da Arca, Monte de Cambás (Necrópole da Zapateira). 
Mámoa da Chan do Castelo: O día 2 de setembro de 2015, Luis S. Seoane, que xa leva denunciado un bo número de agresións, comunicoume un novo atentado contra o noso patrimonio. Nesta ocasión trátase da medoña da Chan do Castelo, un enterramento duns trinta metros de diámetro catalogado no Monte Xalo, concello de Culleredo. Debido a unha tala masiva de piñeiros (como di Luis, o monte está en mán común pero na cabeza de ninguén) talaron unha ducia de árbores que había sobre a mámoa, pasando maquinaria forestal pesada por riba do túmulo sobre o que quedaron marcadas as rodeiras. Parte dos tocóns dos piñeiros foron arrincados, levantando a terra por todas partes. Xa postos, mesmo arrincaron e derrubaron o cartel que se ve na foto, colocado no lugar este mesmo ano, anunciando a mámoa. O feito xa o puxemos en coñecemento do Servizo de Patrimonio na Coruña e no do Concello de Culleredo. 
Mámoas da Granxa: Necrópole formada por dous túmulos. 
Necrópole da Zapateira: Os primeiros estudos datan do ano 1935, levados a cabo pola sociedade "Amantes do Campo" da que era membro Monteagudo quen localizou 33 túmulos, 19 no termo municipal de Culleredo. Todas foron violadas e espoliadas.
 

 

CURTIS
O Abelar (O Abelar-Curtis); Outeiro e A Ponte (A Ponte-Curtis); Arrescalvo, Baiúca, Cóbrega, A Espiñeira, A Froula, Recareo (Curtis); Chousa das Penas (Estremil-Fisteus); San Roque (A Graña-Fisteus); Boilouro, Godulfes, Medoña de Cabana, Monte Enxameado, Monte Souteiras, Pardiñeiro (Fisteus); Buraca do Carbón, Camiño de Espiñeira, O Campo, Canteira de León, Castelo, Cruceiro, Edrada, Estraviz, Foxado, Gándara, As Lamas, Medoña da Croa, A Medorra, Medorra do Raposo, Monte de Arita, Muradela, Paradela, Pena da Lousa, Samel, San Cristobo, Tras da Croa, Uceiras, Vilar, Zarra (Foxado).
Mámoas do Abelar: Necrópole composta por tres túmulos.
Mámoas de Arrescalvo: Necrópoles formada por catro túmulos.
Mámoas da Baiúca: Necrópole de seis mámoas 14 enterramentos.
Medoña de Boilouro: Necrópole con tres mámoas.
Medoña da Croa: Necrópole con cinco túmulos.
Medorras da Zarra: Necrópole con tres mámoas.
Mámoa do Monte das Souteiras: Túmulo con cráter de violación do que sobresaen dous esteos da cámara megalítica. Recollido de dolmensedemaisfamilia, de Moncho Boga, en información do arqueólogo Tito Concheiro. 
Mámoas do Raposo: Necrópole formada por tres mámoas.
Mámoas de Samel: Necrópole de varias mámoas, dúas delas foron destruídas.
Mámoa de San Cristobo: Unha mámoa actúa como divisoria entre dúas herdades. Foi achandada polos labores agrícolas e colmatouse o funil de violación. Conserva dous esteos, un desprazado. Información e foto do arqueólogo Tito Concheiro, recollida de dolmensedemaisfamilia, de Moncho Boga.
Mámoa de San Roque: Preto da ermida, presenta cono de violación.
Mámoas de Vilar: Ao parecer as dúas mámoas que había no lugar foron destruídas hai anos.


 

DODRO
Monte de San Xián (Dodro); A Mina de Balouta e Monte Picoto (Laíño); Paradegua (Monte de Paradegua-San Xoán de Laíño); Monte Bexo (Bexo-San Xoán de Laíño).
Mámoas do Monte Picoto: Necrópole formada por nove túmulos, no linde entre os concellos de Dodro e Rianxo. Ao concello de Dodro pertence unha mámoa.
Mámoas de Paradegua: Necrópole formada por catro mámoas. A simple vista non presentan signos de violación.

DUMBRÍA
Alto da Cruz, Cruceiro de Farrapa, Marco Lobeiro, Monte Lousada, Pedra Mama, Rego dos Cortadoiros e Sábade (Berdeogas); Campo das Cruces e Cerván (Cerván-Buxantes); Fontefría (A Pelexa-Buxantes); Alto das Maias, Alto de Cabarnalde, As Areeiras, Brañas de Fonte Romeu, Campo das Pulgas, Fonte das Maias, Marco Lobeiro, Pedra dos Mouros, Pedras Canteiras, Pedras Rubias e Rego do Can (Buxantes); Alto da Besteira (Vilarcovo-Colúns); Alto das Touzas, Alto do Casteliño, Caforra, Campo das Mallas, As Canselas, Casa Vella, Figueiroa, Hospital, Pedregal, Prado do Rei (Dumbría); Casa dos Mouros, Chan das Lagoas, Os Forniños, Pedra dos Mouros, Rego do Can e Vila Fernández (Olveira); Pedra da Arca (Regoelle-Olveira); Touzas (Olveira); Monte Sino (Olveiroa); Bustelo, Lagoa da Trabe, Prado do Boi (Salgueiros). As distintas necrópoles esparexidas polas parroquias do concello suman máis de oitenta enterramentos. Pedra Labatoña.
Mámoas do Campo das Pulgas (O Brazal-Buxantes): Necrópole composta por catro mámoas.
Mámoa do Marco Lobeiro (Castro-Buxantes): Necrópole formada por dous túmulos.
Mámoas do Campo das Cruces (Cerván-Buxantes): Necrópole de dúas mámoas.
Mámoas de Fontefría (A Pelexa-Buxantes): Necrópole composta por dous túmulos.
Mámoas do Alto da Besteira (Vilarcovo-Colúns): Necrópole de dúas mámoas.
Mámoas da Chan das Lagoas (Regoelle-Olveira): Necrópole con dous enterramentos.
Mámoas do Sino (Monte do Sino-Olveiroa): Necrópole de seis túmulos.
Necrópole do Prado do Rei: Estaba formada por seis mámoas, só unha con restos dunha cámara poligonal. Unha foi destruíada cando a construción dunha estrada.
Necrópole do Prado do Boi: Composta por tres túmulos, todos sen cámara e con cono de violación.
Pedra da Arca: Anta con cámara formada por tres ortostatos e corredor de dous tramos parcialmente cuberto pola mámoa. Presenta gravuras de liñas onduladas e restos de pintura. Declarada BIC. 
Parque eólico de Ponte Rebordelo-Castrallón: Documentáronse once túmulos.  
Parque eólico de Valsagueiro: Atopáronse cinco túmulos.


FENE
Campo da Arca, Rego da Moa e Vilar de Colo (Barallobre); Marco de San Lourenzo (Fene); Campo das Mámoas (Sillobre); Monte Marraxón e Coto do Rei (Monte Marraxón-Sillobre).
Campo da Arca: No monte da Capacheira. A uns 150 metros do novo cemiterio municipal localicei unha mámoa moi afectada pola matogueira e a plantación de eucaliptos. A necrópole estaba formada por outros enterramentos, un dos cales, ao menos, foi destruído cando a construción dun depósito de auga, e outro na década dos oitenta cando a construción do cemiterio. Unha pedrafita que hai no lugar conseguiu salvarse da desfeita, iso si, despois de seren desprazada do sitio orixinal. 
Mámoas do Monte Marraxón: Formado por dous conxuntos de mámoas (Coto do Rei e Carreira) que suman 19 túmulos de pequenas dimensións.
 

 


FERROL
Coto do Gato, Monte da Chá, Monte da Cheira, Monte do Coto, Monte Teixugueiras, Pena do Cabrón e Pena dos Canteiros (Liñares-Brión); Picos da Ponte (Montes de Brión-Doniños); Coto do Ouro, As Lamas, Monte Campaíñas, Monte Pedroso e Mougá (Doniños); Os Campiños (As Lamas-Doniños); Agro de Leixa (Leixa); Manteiguiñas e Piqueira (Mougá-Serantes). 
Mámoas das Lamas: Unha das mámoas mide 18 metros de diámetro e unha altura de 1,5 metros, con cráter de violacióon de 3 metros. Está situada nun cruce de camiños xunto outras tres de tamaños semellantes. Outra mide 22 metros e 1,6 de altura, con cono de violación de 4 metros   
Mámoas do Agro de Leixa: Conxunto de catro túmulos situados no límite con Narón. Están dispostos en liña sobre unha chaira convertida en prado. As súas dimensións oscilan entre 16 e 21 metros de diámetro e unha altura entre 0,3 e 05 metros. Debido as traballos agrícolas perderon gran parte da masa tumular. 
Mámoa de Espadanido: Pertencente á necrópole do Monte Campaíñas. No mes de maio de 2017 a mámoa número 1 sufriu outra agresión pola plantación de eucaliptos. O feito xa foi denunciado no Servizo do Patrimonio Cultural e no Concello. 
Mámoas das Manteiguiñas: Dúas mámoas de 26 metros de diámetro e unha altura de 0,8 e 1,8 metros respectivamente. As dúas atópanse dentro do polvorín militar de Mougá. 
Mámoa dos montes de Mougá: Unha vez máis, Luis S. Seoane achegoume, o día 5 de febreiro de 2015, un novo atentado contra o noso patrimonio Unha mámoa foi arrasada por unha desbrozadora de cadeas que a achandou case na súa totalidade, ao acondicionar o terreo para unha plantación de eucaliptos. Ao día seguinte xa se presentou denuncia ante o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia na Coruña. A principios domes de abril de 2016, Luis comunicoume a agresión a dúas novas mámoas desta necrópole, tamén debido a unha tala de eucaliptos. O día 7 de marzo de 2017 volvemos a presentar outra denuncia por un novo atentado, tamén ao acondicionar o terreo con maquinaria pesada para plantar eucaliptos. (Ver o apartado Apéndices). 
Mámoa do Pico da Ponte: Situada a uns 250 metros de altitude sobre o nivel do mar. Duns 20 metros de diámetro e unha altura de 1,8 metros. Cráter de violación duns 6 metros.  
Parroquia de Doniños: Hai contabilizadas 38 mámoas, máis da metade das existentes no concello. 
Coto do Gato: No ano 2006, a Plataforma en Defensa dos Montes de Brión denunciou ante o Seprona o verquido de áridos extraídos das obras da estación depuradora de Cabo Prioriño. 
Zona de Brión: Contabilízanse 37 túmulos. 
Necrópole da Pena do Cabrón: Formada por dez túmulos.        
Zona de Leixa: 4 mámoas. 
Zona de Mougá: 21 mámoas. 
Segundo comprobou o Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos, na zona Mougá-Monte Pedroso hai máis mámoas, situadas no interior ou nas inmediacións das instalacións militares que ocupan máis do 80% desta subzona.


 

 

FISTERRA
A Mámoa (Denle-Duio); Casal da Moura, Monte dos Caudales, Monte Seoane e Mámoa da Rapadoira (San Salvador-Sardiñeiro).
Mámoa da Rapadoira: Situada a carón dun interesante cruceiro con gravuras de cruciformes na súa base; ao parecer facíannas para curar o “mal de ollo”. 
 

FRADES
Peneda de Guntín (Anellas-Aiazo); Couto de San Nicolau (Frades); Couto da Medorra (Castiñeiro-Moar); Vilarello (Vilarello de Abaixo-Moar); Queirís e Vista Alegre (Moar).
Peneda de Guntín: Destruída cando a concentración parcelaria de 1995, os esteos foron amontoados fóra do seu emprazamento orixinal.
Mámoa de Queirís: No ano 2004 a mámoa de Queirís foi destruída parcialmente.
San Nicolau: Apareceron fragmentos cerámicos. No ano 2003 abríuselle un expediente sancionador á empresa Finsa pola destrución dunha mámoa. O atentado foi denunciado pola asociación Obradoiro da Historia.
 

 

 

IRIXOA
A Chaeira, Cobelos, Monte do Pico, Pena Airoa e A Torre (Ambroa); O Forno/Monte Tourao e O Tesouro (Churio); O Cordal, Mourente e Porriños (Irixoa); Airoa do Rei, Casagrande, Monte de San Antón, Oural, Mántaras, Mascoto (Mántaras); Alto da Mámoa, Campo da Boleca, Cruz da Mámoa, Mámoas de Abaixo, Ferreiros, Lagoa Vella, Monte Tourao, Paraños, Revolta da Carreira, So Pena Moura, Veigas (Verís); Meimón (A Viña); Mámoa do Castelo.
Mámoas do Monte de San Antón: Necrópole con 22 túmulos cun diámetro que oscila entre os 24 e 12 metros, e unha altura entre 2 e 0,50 metros. Todas presentan cráter de violación, algunhas con coiraza e restos de cámara e afectadas polos labores agrícolas e gandeiros. Un dos túmulos está atravesado por un peche con postes de madeira e arame.
Parroquia de Ambroa: Tres necrópoles formadas por nove túmulos bastante alterados. Tamén hai referencias a varias mámoas destruídas. A necrópole da Chaeira está formada por seis mámoas; a do Monte do Pico por dúas. No lugar de A Torre, Vales Vilamarín cita un mapa do ano 1936, feito por un mestre da zona no que di: "Dolmen con insculturas policromadas: está xa destruído". Outra noticia do mesmo autor, tamén do 1936, que lle facilita un veciño de Arcas: "Dolmen con figuras rupestres (caballo y carnero) en la Pena da Pomba deshecha por los obreros al construir el canal"; A Pena da Pomba está preto da aldea de Lambre.  
Parroquia de Mántaras: Seis necróples formadas por 29 mámoas. Unha das necrópoles atópase nas inmediacións da ermida románica de San Cosme, no monte de San Antón. Nun privilexio dado por Afonso VII acoutando o couto xurisdicional do mosteiro de Monfero no ano 1135 lese: "... por cima de Santaya de Viña, dealli en dereito a las Mamoas de Montes de Jural y Seixas d´Aural..." que pode facer referencia á necrópole de Oural. A mámoa de Airoa do Rei está cortada por unha estrada. A necrópole de Mascoto está formada por dúas mámoas.  No arquivo de Vales Vilamarín existe unha referencia do ano 1994 a unha mámoa localizada "En el sitio de Batán hai una mámoa deshecha con restos de dolmen".
Parroquia de Verís: Sete necrópoles formadas por doce túmulos. A necrópole da Cruz da Mámoa está formada por catro túmulos, un cortado por unha gabia e outro por un camiño. No linde coa parroquia de Santa Xía de Monfero hai unha referencia documental a un túmulo destruído nos anos noventa do pasado século. No límite co concello de Aranga hai tres túmulos que servían de linde.  
Parroquia da Viña: Está a necrópole de Meimón, con catro mámoas todas violadas; un túmulo está cortado por unha gabia e outro por unha estrada.  
Mámoas da Torre: Necrópole situada nas inmediacións do castro de Casal do Mouro. Todas violadas, unha foi totalmente achandada polos labores agrícolas. 
As mámoas de Irixoa teñen un diámetro que oscila entre os 14 e 30 metros. Só oito túmulos conservan restos de cámara.
A información foi recollida principalmente do traballo Túmulos prehistóricos no concello de Irioxoa (2010), do Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos. 
 

 

 

A LARACHA
A Medoña (A Medoña-Coiro); Carboeiro e Pedra da Auga (A Portela-Erboedo); As Reboceiras (O Ramo-Lemaio); O Cruceiro e A Fraga (Lendo); Fofelle (Fofelle-Lestón); Fonte do Ouro e As Medorras (A Ferreira-Montemaior); O Coto do Outeiro e A Medorra do Codeso (Vilariño-Montemaior); Forno dos Mouros do Coto de Altamira e Forno dos Mouros das Brañas de Espindro (Soandres); Forno dos Mouros (Silvoso-Soandres). 
Mámoa de Fofelle: Citada por Antón Rodríguez Casal no ano 1975, na Carta Arqueológica del Partido Judicial de Carballo de Bergantiños (Coruña).  
Mámoa da Fonte do Ouro: Duns 20 metros de diámetro e 1,40 de altura. Cráter de violación do que sobresaen algunhas pedras da cámara megalítica. Alterada por unha plantación de piñeiros.  
Mámoa do Forno dos Mouros: Duns 35 metros de diámetro e 0,75 de altura. Do cráter de violación sobresaen unhas pedras que formaban parte da cámara megalítica. 
Mámoa do Forno dos Mouros do Coto de Altamira: Duns 25 metros de diámetro e 1,40 de altura. Do cráter de violación sobresaen varias pedras que formaban parte da cámara megalítica.  
Mámoa da Fraga: Citada por Antón Rodríguez Casal no ano 1975, na Carta Arqueológica del Partido Judicial de Carballo de Bergantiños (Coruña).  
Mámoa da Pedra da Auga: Entre as parroquias de Erboedo e Soandres. Ten 25 metros de diámetro e 1,75 de altura. Cráter de violación. Coiraza pétrea. Atravesada por un muro.  
Mámoa das Reboceiras: De 16 metros de diámetro e 0,65 de altura. Plantáronse eucaliptos. Perdeu gran parte da masa tumular. 
A Medoña (Coiro): Trátase de dúas mámoas referenciadas por Antón Rodríguez Casal no ano 1975, na Carta Arqueológica del Partido Judicial de Carballo de Bergantiños (Coruña). 
Medorra do Codeso: Desaparecida pola construción de pistas forestais. Situábase entre os concellos de Cerceda e A Laracha.   
Medorra Coto do Outeiro de Montemaior: Duns 16 metros de diámetro e 0,50 de altura. Moi arrasado.
 

 

LAXE
Cista Fornela dos Mouros (O Aprazadoiro-Nande); Forno de Vales e O Aprazadoiro (O Aprazadoiro); Cruz de Furco (Lourido-Serantes); Mámoas de Leixoso, preto da Viqueira, en Vimianzo.
Cista Fornela dos Mouros: Planta rectangular formada por tres esteos e unha tampa de gran tamaño, característica da fase final do Megalitismo galego. Formará parte do Parque do Megalitismo da Costa da Morte.

LOUSAME
Chan de Casameá, Monte Iroite e Pedra da Cana (Camboño).
Mámoas da Chan de Casameá: Formada por cinco mámoas.
Mámoa da Pedra da Cana: Mámoa destruída case na súa totalidade, apenas conserva masa tumular na periferia. Na parte central, con cono de violación, vense restos dos chantos da cámara e cachotes de coiraza.

MALPICA DE BERGANTIÑOS
Barizo e Lamas (Barizo); Pedra da Mina e Tormeán (Cerqueda); Pedra da Arca (Filgueira-Cerqueda); Cista de Taraio (Cerqueda), hoxe en día no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón; Fuso da Moura (Asalo-Mens); Casas do Monte (As Casas do Monte-Vilanova); Agra da Medorra (Vilanova); Quente (Santiso-Vilanova).
Cista de Taraio: Na actualidade atópase no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón da Coruña.
Mámoa de Tormeán: A anta foi despoxada da tampa, e o túmulo foi atravesado por un muro de bloques de cemento.
Pedra da Arca: Nos restos do túmulo insírese a anta de seis esteos cun corredor apenas visible. A tampa, da que só se conserva a metade, tiña unhas proporcións colosais, calcúlase que pesaba unhas nove toneladas. Formará parte do Parque Megalítico da Costa da Morte. No ano 2005, Evaristo Dominguez e Xosé Manuel Varela atoparon dúas mámoas moi deterioradas preto da Pedra da Arca, unha practicamente arrasada pola estrada que leva a Limiñoa.
 

 

 

MAÑÓN 
As Mamoelas, Pena Abelleira ou Pena do Oso (Campelo-Bares); Chan do Bidueiro ou Chan da Costeira (As Grañas do Sor); Coto Teixido e A Panda da Serra (Abeledo-As Grañas do Sor); A Corva (A Aguieira-As Grañas do Sor); Alto da Faladoira (A Igrexa-As Grañas do Sor); Cruz da Faladoira (Lombo do Medio-As Grañas do Sor); A Faladoira (Monte Caldeira-As Grañas do Sor); O Pedrón (Pedrón-Grañas do Sor); Campo do Vidueiro (O Vidueiro-AS Grañas do Sor); Xuncos de Mouraz (San Martiño-Grañas do Sor); A Pena Grande (A Aniversaria-Mañón); A Pena Grande (Os Murados da Barcia-Mañón); Alto da Coriscada ou Coto dos Mouros (Fuxín-Mañón); Chao da Panda (Horta da Costa-Mañón); Cruz de San Pedro (Capela de San Pedro-Mañón); Malvide (Malvide-Mañón); Os Murados (Mañón); A Casa dos Mouros (A Ponte do Porto-Mañón); Chao do Pico ou Carabelote (Troitín-Mañón); O Chao do Porco (Mañón); Maeda (O Barqueiro-Mogor); Pico Galiñeiro (A Torre-Mogor); A Pena Branca (Serra de Solleiros-Miramar de Riba/A Penabranca-As Ribeiras do Sor); Forno dos Mouros, A Pena Moura e O Preguntoiro (As Ribeiras do Sor). 
Anta das Mamoelas: Escavada por Federico Maciñeira, medía 16 metros de diámetro. Os esteos foron utilizados nunha construción a pesar do aviso que Maciñeira dera ás autoridades. Atopáronse dous machados de pedra puída, un coitelo, unha lasca de pedernal e varios anacos de cacharros cerámicos. 
Necrópole da Pena Branca: O enterramento número 1 está formado por sete ortostatos de cuarcita na cámara e dous no corredor. Nas inmediacións atópanse cinco mámoas, catro sen restos de cámara, e outra con dous chantos que sobresaen do cono de violación. Tamén se poden ver dúas curiosas construcións circulares que, segundo Federico Maciñeira, trataríase de sitios dispostos para erixir outros túmulos. 
Parque eólico da Pena da Loba (Mañón e Ortigueira): Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentáronse oito túmulos. 
Parque eólico Coto Teixido (Mañón e Ortigueira): Dez túmulos que constitúen os grupos de Campo do Bidueiro, A Panda da Serra e Coto Teixido. 
Coto Teixido (Abeledo-As Grañs do Sor): Necrópole composta por dúas mámoas. 
A Panda da Serra (Abeledo-As Grañas do Sor): Necrópole con catro túmulos. 
Necrópole da Cruz da Faladoira (Lombo do Medio-As Grañas do Sor): Necrópole con oito enterramentos. Unha mámoa ten 15 metros de diámetro e 1,60 de altura; restos de cámara con catro ortostatos; cráter de violación. Outra ten 22 metros de diámetro e 2 de altura; cono de violación; restos de coiraza. 
Alto da Faladoira (A Igrexa-As Grañas do Sor): Necrópole formada por seis túmulos. Unha das mámoas foi cortada cando se fixo o muro do peche de antenas de telefonía, e outro atópase moi achandado polo que semellan escavacións furtivas. 
Mámoas do Alto da Coriscada (Fuxín-Mañón): Necrópole con catro túmulos. A medoña número 1 ten 17 metros de diámetro e 1,5 de altura; cráter de violación. A coñecida como Coto dos Mouros ou Forno dos Mouros ten 21 metros de diámetro e 1,80 de altura; cráter de violación. A catalogada co número 3 está cortada por unha pista. 
Mámoa do Alto da Faladoira: A mámoa número un ten 14 metros de diámetro e un de altura; coiraza de laxes de lousa; cráter de violación. A medoña número 3 ten 16 metros de diámetro e 1,60 de altura; son visibles dous ortostatos. A mámoa número cinco ten 24 metros de diámetro e 1,90 de altura; son visibles numerosos seixos que poderían corresponden á coiraza; cortada polo peche que acollen antenas de comunicación. 
Mámoas do Campo do Vidueiro: Necrópole con dúas mámoas.    
Mámoas de Carabelote: Unha ten 18 metros de diámetro e 1,30 de altura; cráter de violación. Outra ten 11 metros de diámetro e 0,50 de altura; cráter de violación.  
Mámoas do Chao do Porco (Mañón): Necrópole con dous enterramentos. 
Mámoas da Corva (A Aguieira-As Grañas do Sor): Necrópole con tres enterramentos. 
moa da Cruz de San Pedro: De 18 metros de diámetro e un de altura. Cono de violación. 
Mámoas de Maeda: Necrópole formada por nove enterramentos. Unha medorra ten 15 metros de diámetro e 1,10 de altura; cráter de violación; afectada por camiños que a circundan. 
Mámoa da Pena do Oso: Cortada por un camiño e con eucaliptos plantados sobre o túmulo.   
Mámoa do Pico Galiñeiro: De 17 metros de diámetro e 0,80 de altura. Cráter de violación. Restos de coiraza. 
Mámoas dos Xuncos de Mouraz: Necrópole con catro mámoas. Unha ten 20 metros de diámetro e 1,70 de altura; cráter de violación; vese un ortostato de seixo. A catalogada co número tres ten 26 metros de diámetro e 2 de altura; cráter de violación.  

 
  
 

   
 

MAZARICOS
Grille (Grille-Antes); Cima da Arca (Cabanude-Arcos); Bao das Bestas (Comes-Arcos); A Chan do Fieiro (O Fieiro-Arcos); Alto do Castro (O Furiño-Arcos); Monte da Ruña (Arcos); Pedra de Boilouro (O Señorío-Arcos); O Pedredo (Outeiro-Chacín); Casa dos Mouros e Pedra do Ouro (Pino do Val-Chacín); Pedra do Ouro, Riba do Campo (Chacín); Camiño Traveso e Monte de Embaixo e Porto do Coído (Val-Chacín); Cabreira (Loureiro-Coiro); Morousa do Vao do Corvo (A Manda-Coiro); O Seixo (A Manda-Coiro); Casa dos Mouros (Vilar de Costa-Coiro); A Pedra Cabalgada (Xestoso-Coiro); Colúns (Colúns); A Casoliña e A Costeira (Cives-Colúns); Chan de Antela, Chao do Fieiro e Cova de Antela (Monteagudo-Colúns); Alto da Basteira (Vilarcabo-Colúns); O Castelo (Busto-Corzón); Casa dos Mouros, Estivada Vella (Corveira-Eirón); Cuíña (Cuíña-Eirón); Pedroso (Outeiro-Eirón); Alto da Besteira (Vilarcobo-Colúns); Mina da Parxubeira e Portocoiro (Eirón); Porto do Coído (Corveira-Eirón); Pedroso (Outeiro-Eirón); As Mámoas, As Morosas e Rego do Chan (Maroñas); O Prado Novo (A Picota-Mazaricos); Encoro da Fervenza (Os Vaos).
Mámoas do Pedredo (Outeiro-Chacín): Necrópole formada por oito túmulos.
Mámoas da Pedra do Ouro (Chacín): Necrópole con dúas mámoas. 
Mámoas do Porto do Coído (Corveira-Eirón): Necrópole con cinco túmulos.
Mina da Parxubeira: Forma parte duha necrópole composta por catro mámoas. Foi escavada por Rodríguez Casal entre os anos 1977 e 1984 quen atopou un betilo, anacos de cerámica, contas de colar, útiles líticos pulimentados, puntas de frecha, láminas de sílex, unha aixola e unha gubia. No límite exterior apareceron catro estelas antropomórficas en granito e varios ídolos-betilo sobre canto rodado, un deles cunha serie de incisións. Pódense ver no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón da Coruña. Formará parte do Parque Megalítico da Costa da Morte. Declarada BIC. Din os veciños que as pedras foron feitas por cristiáns porque os animais non as puideron facer. 
Parque Eólico de Paxareiras (Mazaricos, Muros e Carnota): Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documjentáronse tres túmulos así como que as obras provocaron a sección dunha mámoa.
 

 

 

MELIDE
O Coto, Cuturelo, A Martagona e Zarimil (Abeancos); Penacova e Teixín (Os Ánxeles); Barreiro (preto do castro de O Barreiro); Campos (Campos); Pilar (Folladela); Furelos (Furelos); Cotarelo de Vilariño (Gondollín); Penalonga (Maceda); O Losoiro (O Meire); Monte Madalena e Pena do Raposo (San Pedro-O Meire); Gándara e Monte Lagoa (Melide); Monte de Melide (Melide); Rechinal (Moldes); Abeancos e Segade (San Cosme de Abeancos); Cruz do Bocelo (Xubial); Crollos Brancos, A Mámoa e Pedrouzos (Montes do Bocelo).
Mámoa do Losoiro: Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz, do Museo da Terra de Melide, achéganme esta mámoa situada no monte do Castro, na divisoria das parroquias do Meire (Melide) e Orosa (Palas de Rei). O túmulo sitúase no punto máis alto do cume máis meridional da Serra do Careón, a 704 metros de altitude, cun impresionante dominio visual de toda a contorna, divisándose as vilas de Melide e Arzúa cara o norte, e Palas de Rei e Monterroso cara o leste. A pesares de estar a sete quilómetros de Melide, esta pode verrse dende a vila. O túmulo destaca tanto que o xeógrafo e matemático Domingo Fontán sinalouna na súa Carta Xeométrica de Galicia (1845), sendo seguro que se valeu dela como vértice xeodésico natural para facer as triangulacións. A mámoa ten un diámetro de 20 metros e unha altura de 1,60 metros.
Mámoa da Martagona: Debido aos traballos agrícolas, foi desfeita. Ao parecer, no interior agochaba unha cámara megalítica cuxos esteos foron reutilizados na construción dunha ponte. Apareceron varios anacos cerámicos e unha rodela lítica decorada. A 500 metros desta mámoa foi destruído outro túmulo pola acción dunha escavadora. (Fonte: Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez, 2011).
Mámoas do Monte Madalena: Necrópole formada por nove mámoas.
Penacova: Apareceu unha espada de bronce.
Pena do Raposo: Citada por Otero Pedrayo na súa Historia de Galiza. Aínda que Cuevillas lle dá o nome de Pena do Raposo, o lugar coñécese como Pena do Carbón. Segundo información achegada por Cristina Vázquez e Xurxo Broz, aínda que adoita situarse na parroquia de O Meire, en realidade atópase na de San Martiño de Oleiros, no concello de Toques (Ver Toques).



MESÍA
Lagares (Castro-Boado); Revolta de Bandeira (O Cruceiro-Cabrui); Alto de Picoi (Picoi-Cabrui); As Modorras (Castrillón-Cumbraos); Medorra dos Catro Cregos (Gasalla-Mesía); Mámoas do Francés (Albixoi-Pereira); A Medorra, Monte de Campelo e Revolta da Modorra (Xanceda).
Mámoas do Francés: Necrópole composta por tres mámoas.
Mámoas do Monte de Campelo: Necrópole formada por dúas mámoas.
Mámoas da Revolta de Bandeira: Formada por cinco mámoas.
Mámoas da Revolta da Modorra: Composta por tres mámoas.

MIÑO
Mámoas da Fraga ou de Vilanova (Entre Vilanova e Perbes): Entre o río Vidreiro e unha fraga. Afectadas pola construción dunha urbanización e dun campo de golf. Segundo me contaron un veciño e unha veciña de Vilanova e Perbes, un dos túmulos agochaba unha cámara megalítica cuxas pedras foron levadas do lugar. No ano 2015 o Concello desbrozou os túmulos con maquinaria pesada sen autorización de Patrimonio. Na actualidade (decembro de 2016) o letreiro que anunciaba unha das medorras está roto e agochado entre a maleza, ao igual cas mámoas. Onde construíron parte da urbanización recibe o nome da Modia, ao parecer alí había, ao menos, outras dúas mámoas. A finais de 2016 solicitei a súa protección ao Servizo do Patrimonio Cultural na Coruña e ao Concello.
 
 

MOECHE
Os Caneiros, A Madoña, A Mámoa e Ventoeiro (Labacengos).
Unha das mámoas sufriu alteracións por procesos do aplanamento do terro e as repoboacións forestais levadas a cabo na contorna.
 

MONFERO
Parroquia O Alto do Xestoxo: 31 mámoas distribuídas nos grupos do Marco, Vilachá, Serrón do Lobo, Portela da Abelleira, Campo da Uceira, Cruz de Brais, Xan Rei, Rego Sanxan, Fonte Dola, Pena Furada, A Armada, Pena da Egua, Pico da Meda, Fonte Verde, Cal das Chousas, Penedo Xoquín, A Torre, Pena Medoña e Cal de Gatelle. Parroquia de Queixeiro: 13 mámoas distribuídas nos grupos de A Anta, Castelida, Cemiterio e Vite. Parroquia de San Fiz de Monfero: 40 túmulos distribuídos nos grupos de A Medoña da Mámoa, Serra Vella, Cal da Lagoa, Castelo da Pluma, Medoña dos Mouros, Lamelas, O Coto, Campo da Mama, Monte da Cota, O Francés, Pena Faladora, Mascoto, Pena da Leña, A Marola, Os Caneiros, Mámoa da Cruz e O Xestal. Parroquia San Xiá de Monfero: 5 mámoas distribuídas nos grupos de Moncoso,Monte de Novás, Penedo Mouro e Carballido. Parroquia de Taboada: Había unha mámoa, hoxe en día desaparecida. Parroquia do Val do Xestoso: 13 mámoas distribuídas nos grupos de Pena Vella, A Cerca, Pena Feixa, Cruceiro da Lobeta, Canedo, Mal de Clemente, Serra da Loba, Pena dos Nenos, Ferreiro da Loba, A Ortiga e Casacamiño. Parroquia de Vilachá: 16 mámoas distribuídas nos grupos de Campo Muniz, Xunqueira da Serra, Cal da Serra, O Tesouro, Edreiros-Naveira, Pena da Cadea e Cal da Gafa.
No ano 1962 foron destruídas varias mámoas nos lugares das Ucheiras, A Chousa e Lago.
Preto do castro das Medoñas había unha necrópole composta por media ducia de mámoas, destruídas a principios dos anos oitenta do pasado século. Na parroquia de San Fiz de Monfero desapareceron dúas no Campo das Pendellas, dúas na Pena do Cuco e dúas na serra de Queixeiro, estas últimas por atoparse dentro dun circuíto improvisado de autocrós.
 

 

 

MUGARDOS
Parroquia de Franza: Localizados dous túmulos. Un xa figura no Catastro de Ensenada, entre as parroquias de Piñeiro e Franza.
Medoña de Don Nicolás Piñeiro ou Monte do Pazo (Franza): Bo estado a pesares de estar cortado por un camiño.
Entre San Xiao de Mugardos e San Xosé de Ares foron localizados catro túmulos no linde entre os dous concellos, dous deles referenciaods nun preito do ano 1625 pola xurisdición do mar entre o conde de Lemos e o mosteiro de Santa Catarina de Montefaro. As outras dúas foron localizadas preto das anteriores, son as coñecidas como Mámoa da Seaña, Muíño do Vento e as dúas do Marañón.
(Información extraída de Túmulos prehistóricos dos concellos de Neda, Fene, Mugardos e Ares (A Coruña), publicado no Anuario Brigantino no ano 2014 polo Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos).
    
MUROS
Bouza da Grisa e Cista dos Castriños (Abelleira); Alto da Medoña (Vistavós-Torea); Bico do Lago.
Cista do Bico do Lago: Cista situada nun pequeno outeiro que se ergue sobre o mar.
 

MUXÍA
Bardullas (Bardullas); Montesiños (Caberta); Fonte Fieiro, Lagoa e Monte de San Miguel (Coucieiro); Frixe (Frixe); Alto da Mina de Armear, Alto das Pedras Miúdas, Campo da Forca, Casas Novas e Prado do Castro (Moraime); Aferroas, Lagoela, Monte Facho de Lourido, Morquintián e Vilela (Morquintián); Cruceiro de Alonso (Nemiña); Pedra do Frade (A O); Prado da Fariña; Casa do Monte, Prado das Minas de Tras da Pedra, Monte Agranzón, Monte de Álvaro e O Sanguiñal (Ozón); Monte Cardosa e Monte Seixo (Touriñán); Baltar, Cruz de Santos, Fumiñeo, Minas de Vilastote, Montecelo de Senande, Prado das Minas e Senande (Vilastote). 
Mámoas de Bardullas: Necrópole formada por tres túmulos. 
Cruceiro de Alonso: Necrópole con tres enterramentos. 
Mámoas das Minas de Vilastote: Necrópole con catro enterramentos. 
Mámoas do Monte Agranzón: Necrópole formada por cinco túmulos. 
Mámoas dos Montesiños: Necrópole con dous enterramentos.  
Mámoas do Prado das Minas de Tras da Pedra: Necrópole con tres mámoas. 
Mámoas de Senande: Entre Castelo e Senande, no mes de xaneiro de 2015, o diario dixital Que pasa na Costa achega un artigo onde fala do perigo que corren tres túmulos localizados por Carme Toba Trillo, afectados por unha plantación de eucaliptos e que ao parecer están sen catalogar.  Necrópole con dúas mámoas. 
Mamoíñas da Lagoa: Necrópole con dous enterramentos.  
Parque eólico de Muxía: Inventariáronse catroce túmulos. 
Parque eólico de Touriñán: Atopáronse seis túmulos. 
 

 

NARÓN
Monte da Marola e Monte Pedroso (Pedroso); Alto de Pedroso (Monte Pedroso-Pedroso); Monte do Seixo, Montiños da Moura (Monte dos Nenos-Sedes); San Mateo (Trasancos); Alto do Pedroso, Arca de Vespasante, Arcosa, Auga Apozada, Campo da Arca, Os Canteiros, Fonteboa, Moimentos, Monte do Seixo, Montes da Marola, Pegateiras, As Penas, Poza das Lagoas, Santa Margarida, Seixo (O Val); A Lagoa (O Vilar-O Val). 
A Arca de Vespasante: Mencionada no Tombo II do mosteiro de Sobrado dos Monxes no ano 1173, delimitando unha doazón de terras, e no Catastro de Ensenada de mediados do século XVIII. Só se conserva o túmulo, os esteos que formaban a cámara megalítica foron roubados. 
Mámoa do Monte da Marola: De 22 metros de diámetro e 0,80 de altura. Restos de coiraza. Sobre el hai plantados varios eucaliptos. (Información de Luis S. Seoane).  
Montiños da Moura: No límite entre os concellos de San Sadurniño e Valdoviño. Necrópole formada por unha ducia de enterramentos. Hai unha pena con gravuras. 
Parque eólico de Novo (Narón e Valdoviño): Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentáronse 21 túmulos megalíticos pertencentes ás necrópoles de Monte dos Nenos, Monte do Seixo e Monte da Pena Moura. 
Mámoa de Monte Pedroso: Mide uns 20 metros de diámetro, cunha altura de 0,80 metros. Achandada polos labores forestais. 
Mámoa de Santa Margarida: Túmulo duns 30 metros de diámetro situado no medio dunha finca e a carón da estrada que vai do Val a Narón. Parte da mámoa foi destruída ao construír un galpón.
A maioría das mámoas atópanse bastante deterioradas, ben debido a espoliacións, labores agrícolas, movemento de terras ou cortadas por valados.


 

NEDA 
Guntriz e Marraxón (Santa María de Neda); Rabadeña (A Rabadeña-Santa María de Neda); A Cortella e O Inglés ou Pena Uzal (Viladonelle). 
Mámoa da Cortella: Túmulo cunhas medidas de 18 x 16 metros e 0,60 de altura. Burato de violación. 
Mámoa de Guntriz: En perigo por estar nunha zona urbanizable. Atópase entre dúas casas.   
Mámoa do Inglés: Recibe o nome porque, ao parecer, nos anos cincoenta do pasado século XX, un home desa nacionalidade andaba a buscar minerais pola zona. Este túmulo non está no Chao da Aldea nin nas proximidades do Camiño de peregrinación como figura na maioría das noticias da internet. 
Mámoa no Monte Marraxón: Situada a uns 330 metros de altitude, en monte baixo. Ten un diámetro aproximado de 10 metros e unha altura de 0,60 metros. Cráter de violación duns 2 metros de diámetro. Non se aprecian restos de cámara. 
Mámoa do Monte Marraxón: A principios da década dos noventa, o Instituto Geográfico Nacional colocou un vértice xeodésico que rompeu parte dun túmulo que tamén foi cortado por un camiño.
   
 

NEGREIRA
Vilar (Aro); Liñaio (Liñaio); Logrosa (Logrosa); Espiñaredo (Monte Corzán-Lueiro); Vilachán (Vilachán-Negreira); Castrelo, Pedregal e Piaxe (Piaxe-A Pena); Agro dos Valados (O Gordal-Xallas); Xallas (Xallas); Alto do Cume, Alto da Mina, Campo de Enriba, Canle Branca, Forno da Tella, Fornos, Mina do Lagarto, Monte das Covas, Monte das Mámoas, Outeiros, Pedra Miñota, Pedra Vella, Portescuro, Portocarreiro, Poza das Andias, Serra da Pena, Tras das Carniceiras.
Espiñaredo: A mámoa acollía unha cámara megalítica formada por oito esteos, algúns deles con gravuras e pinturas das que xa fala Manuel Murguía no ano 1901.
Mámoas do Monte Corzán: Necrópole con, alomenos, trece mámoas.
Monte das Mámoas: Necrópole composta por seis túmulos.
Mámoas da Pedra Miñota: Necrópole formada por cinco túmulos.
Mámoas de Piaxe: Necrópole con dous enterramentos.

NOIA
Cova da Moura (Monte Páramo-Argalo); Montes de Obre (Obre); Roo (Roo); Vilaverde (Vilaverde-Roo).
Cova da Moura: Conserva restos da mámoa. A tampa desapareceu a principios do século XX. Está formada por unha cámara poligonal con sete ortostatos e un curto corredor. Na escavación feita por Rodríguez Martínez no 1980 quedou ao descuberto un anel pétreo que arrodeaba o túmulo, atopándose, ademais, restos de cerámica, puntas de frecha, un coitelo de sílex, machados e cantos rodados, algúns de tendencia antropomórfica (ídolos). Declarada BIC. 
 

 

ORDES
A Brea (O Mesón do Vento-Ardemil); Canteira Pequena (O Porto-Ardemil); A Medorra (Mandaio-Barbeiros); Cercedo e As Medorras (O Cercedo-Beán); A Modorra (Aldea de Baixo-Beán); A Medorra (Faramilláns-Buscás); As Medorras (A Igrexa-Leira); A Medorra (Meitufe-Leira); As Medorras (Pedreira-Leira); Monte da Medorra (O Cruceiro-Mercurín), Coto da Medorra (Castaños-Parada); A Medorra (Castende-Parada); As Medorras (A Carballeira-Parada); A Medorra (O Castro-Parada); A Medorra do Gavián (Parada); As Medorras (Fosado-Santa Cruz de Montaos); As Medorras (A Porta dos Condes-Santa Cruz de Montaos); A Medorra (Adrán-Vilamaior).
Xacemento do Seixo (Ardemil): Atopáronse varios fragmentos líticos e cerámicos do Neolítico Inicial/Medio.

OROSO
Xarrape (Carollo-Cardama); Agra Boa, Coto da Medorra, Tras da Chousa (Bouzalonga-Deixebre); Tras da Santiña (Vilar de Abaixo-Deixebre); A Medorra e Vilar de Arriba (Vilar de Arriba-Deixebre); Alto do Mouro (Deixebre); O Coto do Lobo (Recouso-Marzoa); O Cadaval, As Lamestras, Prado da Figueira (Marzoa); Cancela de Penedos (Paxareiros); Medorra do Petón (Senra); A Costa (Trasmonte); A Medorra de Gadamil (Vilarromariz).
Machado de Grabanxa (Calvente): Útil de pedra pulimentada duns 10 cm de longo e de fío ondulado atopado no val do Mazuzo.
Mámoa da Agra Boa: Moi achandada, tiña unhas medidas de 17 por 21 metros e unha altura de 2 metros.
moa da Cancela dos Penedos: Duns 18 metros de diámetro e 0,5 de alto; dividida por un valado. Posuía cámara funeraria que foi destruída polo propietario. 
Mámoas da Costa: Necrópole con tres túmulos. Unha mámoa ten unhas medidas duns 15 metros de diámetro. Outra atópase moi arrasada polos labores agrícolas. 
Mámoas do Coto do Lobo: Necrópole de dous túmulos. O lugar foi posto en valor polos veciños de Marzoa. Un túmulo ten uns 25 metros de diámetro e 2 de altura. A outra mámoa ten 17 metros de diámetro e un de alto; estivo con eucaliptos.
Mámoa do Coto da Medorra: Duns 18 metros de diámetro e unha altura de 1,5 metros. Cortada por un camiño.
Mámoas das Lamestras: Necrópole formada por tres mámoas. Un túmulo ten 16 metros de diámetro e 0,60 de altura; ao parecer apareceu sobre el unha laxa plana á que lle fixeron lume por riba para rompela. Outra mámoa ten uns 17 metros de diámetro 3 0,60 de altura.
Mámoa da Medorra (Deixebre): Moi arrasada, estivo plantada con piñeiros.
Mámoas do O Petón: Necrópole de tres túmulos. Unha das mámoas ten uns 23 metros de diámetro e non semella estar violada. Sobre outra emprazouse un vértice xeodésico.
Mámoa de Tras da Chousa: Ten unhas medidas aproximadas de 20 por 17 metros e unha altura de 2 metros. Cortada pola caixa de estrada que vai de Deixebre a Recouso.
Mámoa de Tras da Santiña: Ten unhas medidas de 17 por 22 metros. Alterada, está cuberta de piñeiros.
Mámoa de Xarrape: Ten unhas medidas de 17 por 19 metros e altura dun metro. Créter de violación.
A Medorra de Gadamil: Cortada por unha cuneta e un valado. 

 

ORTIGUEIRA
Forno dos Mouros e Mámoa da Cruz (Montecalvelo-Couzadoiro); Cruz da Faladoira e Vilalbas (Bidueiros-Couzadoiro); As Granxas (Biduído de Arriba-Couzadoiro); Serra da Panda e Xuncos de Mouraz (Devesos); Espasante (Espasante); A Penabranca (A Penabraca-Loiba); Coucepenido (Monte Coucepenido-Mera); Chao da Panda, Chao do Pico, Xuncos de Mouraz, Pico Galiñeiro, Penabranca, O Bincato, Pena Grande, Alto da Coriscada, Penas Longas e Coto Lodeiro (Mera); Muro do Vasco (As Neves); Forno dos Mouros (Serra da Panda-As Neves); O Bíncalo (Rande-San Salvador do Couzadoiro); A Cruz, Pandae, Pastizal dos Catro Camiños e Penido do Medio (A Cruz-Veiga). Mámoa do Cristo da Faladoira. Centro Arqueolóxico Federico Maciñeira. 
Mámoas do Bincato: Necrópole formada por tres mámoas. 
Forno dos Mouros: Necrópole formada por varias mámoas. Unha presenta unha anta cun pequeno corredor inserida nun túmulo. Está situada a carón do camiño real que unía As Pontes con Bares. Foi descrita, xunto con outros 86 túmulos, por Federico Maciñeira. No ano 2201 foi obxecto dunha sondaxe arqueolóxica que permitiu establecer a non existencia dunha continuidade entre este e outro túmulo próximo, aínda que si é probable a existencia dun pavimento entre ambos. 
Mámoa do Cristo da Faladoira: No coñecido como Camiño dos Arrieiros. Sobre a mámoa érguese unha cruz monolítica de lousa. 
Mámoa das Granxas: Coñecida tamén como Cruz de Rosas ou Barreiros. Ten 27 metros de diámetro e 3 de altura; cráter de violación.  
Mámoas da Penabranca (Loiba): Unha medoña ten 11 metros de diámetro e 0,60 de altura; vense dous ortostatos. Outra, construída a carón dun gran afloramento, ten 12 metros de diámetro e 0,70 de altura. 
Mámoa dos Xuncos de Mouraz: De 27 metros de diámetro e 1,50 de altura; cráter de violación.   
Parque eólico da Pena da Loba (Mañón e Ortigueira): Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentáronse oito túmulos. 
Parque eólico Coto Teixido (Mañón e Ortigueira): Dez túmulos que constitúen os grupos de Campo do Bidueiro, A Panda da Serra e Coto Teixido. 
 

  
 
 

OUTES
Medoña do Cando (O Cando); Alto do Campo de Moullón, Campo da Corredoira, Campo Moullón, Chan de Albariza, Chan dos Pozos, Pedra Sancha, Pedra Vella, Prados de Banza, Rego Mouro (Entíns); Cova Casa da Moura (Arestiño-O Freixo de Sabardes); Porto Silvoso (Siavo-O Freixo de Sabardes); Boel (Outes); Chan das Eiras (A Carballa-Outes); Casiña dos Mouros e Monte Albelo (Lestaio-Valadares); Campo da Corredoira e Terelle (Terelle-Valadares); Capela de San Martiño, Chan das Eiras, Monte Albelo e Rego da Lagoa (Valadares); Xende (Xende). 
Mámoa da Casiña dos Mouros: Ten uns 18 metros de diámetro e unha altura dun metro. Do cráter de violación sobresaen restos da cámara de forma poligonal que conserva catro esteos. Consérvanse dúas  pedras do corredor. 
Mámoa do Rego da Lagoa: A pouco máis de 200 metros da anterior, non conserva restos da anta. Na súa contorna están as mámoas do Monte Albelo e do Campo da Corredoira. 
Parque eólico da Serra de Outes: Inventariáronse dezasete túmulos.
 

OZA DOS RÍOS (Forma parte do concello de nova creación Oza-Cesuras)
Monte das Moas (Oza); Vilar de Costoia (Vilar de Costoia-Porzomillos); Pena da Moura e Monte do Gato (Rodeiro); As Bidueiras, Braña de Brueiro, As Medoñas e Portomeiro (Brueiro-Rodeiro); Braña Queimada (Monte Salgueiros-Reboredo); Seselle (Seselle-A Regueira); Belén (Rodeiro); Codeseira (Muruxeses-Rodeiro); As Medronas, Cerro Martín (Martín-Rodeiro); Pena da Moura (Queimada-Rodeiro); Mazarelas e Montes do Gato (Rodeiro); Pena Moura (A Fraga-Salto); Os Castros, Cruz de Campo Xaneiro e Monte da Felga (Salto).  
Mámoas dos Castros: Necrópole con dous enterramentos.    
Mámoas de Cerro Martín: Necrópole formada por catro túmulos. A mámoa máis grande mide 26 metros de diámetro e dous de alto. Un segundo túmulo ten 22 metros de diámetro e 0,5 de altura; no ano 2016, esta e outra mámoa de similares dimensións foron aradas con maquinaria pesada.     
Mámoas de Mazarelas: Necrópole formada por unha ducia de mámoas.  A número 1 ten uns 25 metros de diámetro e dous de alto; cráter de violacion; danada por unha tala de eucaliptos. A número 2 ten 32 metros de diámetro e 2,5 de alto; cono de violación; situada no medio dunha plantación de eucaliptos. A nùmro 3 ten uns 19 metros de diámetro e 1,2 de alto, foi arada para plantar eucaliptos. 
As Medroñas: Necrópole composta por cinco túmulos. 
Mámoas dos Montes do Gato: Necrópole formada por quince túmulos. No ano 2002, o arqueólogo Antón Fernández Malde denunciou a agresión a varias mámoas da necrópole. No mes de abril de 2016, Luis S. Seoane avisoume da agresión a dúas mámoas durante a tala de eucaliptos realizada con maquinaria pesada. Sobre unha das mámoas mesmo pasaron unha desbrozadora de cadeas, afectando gravemente á masa tumular. O día 25 do mesmo mes xa o puxemos en coñecemento do Concello de Oza-Cesuras e do Servizo do Patrimonio Cultural na Coruña. O día 9 de novembro de 2017 volvemos a presentar unha denuncia por unha nova agresión a unha das mámoas citadas, unha máquina ocasionoulle profundos sucos.      
Mámoas de Seselle: Necrópole composta por cinco mámoas.


 

PADERNE
Túmulo da Medoña (Adragonte).  
Necrópole no monte de San Antón: Xunto a ermida de San Cosme, lindeira co concello de Irixoa (Ver Irixoa).
O Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos localizou ata 12 túmulos sen inventariar. Curiosamente, o único catalogado no PXOM do Concello foi destruído no ano 2009. A maior parte das mámoas presenta un mal estado de conservación. Tres están afectados por valados de fincas, dous por pistas ou estradas e un por unha canteira. Os túmulos foron atopados nas zonas de Souto, Velouzás, Adragonte e Vigo, sendo estes dous últimos as máis interesantes, con catro e cinco enterramentos respectivamente. O emprazamento maioritario dos xacementos é en terreo chanm (58%), seguidos de ladeiras (25%), e menos en cumes (17%).
No concello existen referencias toponímicas a varios túmulos: A Medoña (Areas), As Medorras (Adragonte), As Medorras (A Esperela-Vigo), As Mámoas (Montecelo-As Viñas) ou As Medorras (San Pedro-Obre). Por isto, dende o colectivo sospeitan que é moi probable a existencia de máis enterramentos.
 

PADRÓN
Castelo do Medio e Castelo Redondo (Cruxeiras-Carcacía); A Chansa (Pazos-Iria Flavia). 
Castelo do Medio: Neste outeiro onde puído haber unha fortificación altomedieval hai unha mámoa.  
Castelo Redondo: Na cima dun recheo do outeiro hai unha mámoa.  

O PINO
Catasol (entre as parroquias de Budiño e Castrofeito); Monte Penafita e Salceda (Ferreiros); Campo das Mamoíñas ou Monte das Medorras, Ponte Puñide (Gonzar); Os Medorros (Pastor).
Mámoas de Catasol: Necrópole de cinco túmulos moi alterados por prantacións de árbores. Preto discorre o Camiño Real a Sigüeiro. 
Campo das Mamoíñas: Necrópole formada por tres mámoas moi arrasadas. 
Mámoas dos Medorros: Unha mámoa ten 15 metros de diámetro e 1,5 de altura; cráter de violación. Outra mámoa ten unhas medidas de 20 metros de diámetro e 1,7 de altura. Nesta paraxe, denominada como Medorros, Meloas e Chouza as Areas Brancas hai un grupo de ao menos sete túmulos de similares dimensións. 
Mámoa do Monte Penafita: Túmulo duns 15 metros de diámetro e altura de pouco máis dun metro. Moi alterado. 
Mámoas de Ponte Puñide: Necrópole con dous enterramentos.   
Mámoas de Salceda: No límite entre O Pino e Arzúa. Cinco mámoas moi alteradas polos cultivos e repoboacións forestais.
 

A POBRA DO CARAMIÑAL
Cruceiro de Moldes e Moldes (O Caramiñal); Campo da Estivada (A Aldea Vella-Lesón); Alto dos Curros e A Cova dos Mouros (A Tomada-Lesón); Lesón (Lesón); A Forneira (Posmarcos). Alto das Brañas (Sampaio-Posmarcos). 
Mámoa do Alto das Brañas: Mide 8 x 5 metros. Vense dous ortostatos desprazados da posición orixinal. Mal estado de conservación pola remoción de terras que reduciron a masa tumular.  
Mámoa do Alto dos Curros: Ten unhas medidas de 15 x 9 metros, e 0,9 de altura. Sufriu remocións de terras por maquinaria pesada. 
Mámoa do Campo da Estivada: Mide 17 x 15 metros, e 0,75 de altura. Coiraza pétrea e posible anel peristalítico. Un ortostato aparece desprazado.  
Mámoa da Cova dos Mouros: Mide 17 metros de diámetro e unha altura de 1,2. Restos de coiraza. Cráter de violación. Moi alterada cando a construción do polígono industrial que foi cando se lle provocou un corte no túmulo.  
Mámoa de Lesón: Mide 11 metros no eixo N-S e 6 metros no L-O, e unha altura de 0,40 metros. Restos de coiraza e cono de violación.  
Mámoas de Moldes: Necrópole formada por cinco mámoas. A mámoa 1 ten unhas medidas de 22 metros de diámetro e un de altura. A número 2 22 x 24 metros e 1,5 de altura; cráter de violación.A catalogada co número 3 está situada nunha plantación de eucaliptos. A número 4 ten 20 metros de diámetro e 2 de altura; cráter de violación; mal estado de conservación, parte do túmulo foi cortado pola estrada que vai á Curota. A número 5 miede 11 metros de diámetro e un de altura; restos de coiraza; mal estado de conservación. 
Mámoa do Campo dos Doces: Arrasada polos madeireiros. 
 

 

PONTECESO
As Gándaras (Os Ánxeles-Brantuas); Cruceiro de Eiritas e Monte Faro (Brantuas); Os Torrados (Cores); Monte Faro e Vaqueiro (Corme Aldea); Monte Carballa (Cospindo); A Carrasqueira (Longueirón); As Modias (O Porto do Souto-Nemeño); Fuso da Moura (Niñóns); Monte Lamoso, Monte das Minas e Pinar Carril (A Bugalleira-Tallo); Pardiñas (Pardiñas-Tallo); Vilasuso (Vilasuso-Tallo); Monte Lamoso (Tallo); Monte das Regadas, Monte Espiño, A Retorta, San Amaro (Xornes). 
Mámoa da Carrasqueira: Parcialmente destruída por unha pista. 
Mámoa do Cruceiro de Eiritas: 10 metros de diámetro e 0,50 de altura. 
Mámoas das Gándaras: Unha ten 26 por 21 metros e 1,40 de altura. Cráter de violación. Cortada por un camiño asfaltado. A outra ten 22 metros de diámetro e posúe cono de violación. 
Mámoas do Monte Carballa: Necrópole con dous túmulos.  
Mámoa do Monte Espiño: 20 metros de diámetro e un de altura. Cono de violación. 
Mámoas de Monte Faro: Unha ten 13 metros de diámetro e un de altura. Parte do túmulo foi destruído por un camiño. Outra mámoa mide 12 metros de diámetro e 0,70 de altura; cráter de violación. Unha terceira mide 17 por 22 metros e 1,60 de altura, está cortada por un camiño e un valado e posúe cono de violación.   
Mámoas do Monte Lamoso: Unha ten 20 metros de diámetro e 1,80 de altura. Cortada pola división dunha finca. A segunda mámoa mide 14 por 17 metros e 0,90 de altura. Cono de violación. Cortada por unha pista asfaltada.  
Mámoas do Monte das Minas: A maior ten 22 metros de diámetro e un de altura. É visible un ortostato da cámara.  
Mámoa do Monte das Regadas: !9 metros de diámetro e un de altura. Cráter de violación. 
Mámoa de Pardiñas: 26 metros de diámetro e 2 de altura. Atravesada por un valado. Cono de violación. 
Mámoa do Pinar-Carril: 15 metros de diámetro e 0,50 de altura. Moi alterada. 
Mámoa da Retorta: 24 por 11 metros. Cono de violación. Cortada por unha estrada.  
Mámoa dos Torrados: 23 por 18 metros e un de altura. Cono de violación. Escavacións furtivas. 
Mámoas do Vaqueiro: Dous túmulos cortados pola estrada de Ponteceso a Malpica.  
Mámoa de Vilasuso: 28 metros de diámetro e 2 de altura. Cono de violación.
  
 

PONTEDEUME
As Seixas (Loureiros-Andrade); Os Carballós (Andrade); Os Lombiños e Pena Grande (Ombre); Campo Carreira e Pena Grande (A Regueira-Ombre).
Mámoas do Campo da Carreira (A Regueira-Ombre): Segundo información recollida no traballo de A. González Fernández e S. Ricart Guillot, A ordenación do territorio presente a través da afirmación do espacio pasado. O patrimonio arqueolóxico en Pontedeume (Cátedra. Revista eumesa de estudos, 1997), trátase dunha necrópole composta por tres túmulos (eu tiña dous), moi arrasados, de escasa altura e cunhas dimensións que oscilan entre os 12 e os 17 metros de diámetro. A mámoa número 1, segundo recollín de Túmulos prehistóricos no concello de Pontedeume, publicado no ano 2005 no Anuario Brigantino polo Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos, é coñecido polos veciños como Medoña do Turreiro.
Mámoas da Pena Grande: Necrópole con dúas mámoas.
Mámoas das Seixas: Necrópole composta por tres mámoas.
No ano 2013 localizáronse seis novas mámoas na parroquia de Ombre.
 

 

 

AS PONTES
A Mourela e O Novil (O Aparral); Monte Caxado (Caxado-Deveso); Mina de Espiñaredo (Espiñaredo); Veiga da Nata (O Bidueiral-O Freixo); Monte da Batuda ou Refuxio dos Mouros (O Freixo); Chan do Bidueiro ou Forno dos Mouros (O Freixo); Chan das Eiroás (As Eiroás-O Freixo); Alto de San Xoán e Furado da Néboa (San Mamede-O Freixo); O Pastizal (Penamoura-O Freixo); Penas Verdes ou Pena Moura (A Penamoura-O Freixo); Suapena (O Freixo); Buligueiras, Illade, Marraxón e Veiga dos Mouros (As Pontes); Campo da Meda e Costa dos Feros (Os Feros-Somede); Pena de Augas (A Valiña-Somede); Monte Grou (O Grou-Vilavella); Porto Roibo (O Porto Roibo-Vilavella); Chan de Reboredo (O Reboredo-Vilavella); Cista das Veigas e Cheibán (Vilavella); Serra do Forgoselo (preto das escombreiras de Endesa); Pena da Loba. Debido á actividade mineira desapareceron ou atópanse practicamente arrasadas preto de cen mámoas. 
Mámoas do Alto de San Xoán: Necrópole formada por dous túmulos. 
Mámoa da Chan de Vidueiro ou Forno dos Mouros: De 11 metros de diámetro e 1,50 de altura; cráter de violación. Son visibles dous ortostatos. Alterada por movementos de terra.  
Mina de Espiñaredo: Presenta un esteo con gravuras serpentiformes, motivos circulares, liñas verticais e un motivo interpretado como un puñal. 
Mámoas do Monte do Bidueiral (O Freixo): Necrópole formada por catro túmulos. 
Mámoas do Monte Grou: Tres mámoas foron arrasadas nuns traballos de repoboación forestal efectuados por Endesa, parte dun plano de autobombo titulado de "Ecoeficiencia". 
Necrópole da Mourela: A primeira referencia atopámola na obra de Saralegui Estudios sobre la época céltica en Galicia (1894) onde se fai eco das investigacións de Federico Maciñeira, citando a existencia de cinco mámoas e dous círculos líticos. No 1895 será o propio Maciñeira quen anuncie os seus achados na revista La Ilustración artística de Barcelona. No ano 1929 publícase Notable grupo de círculos líticos y túmulos dolménicos de la cuenca del Eume que recolle o froito da súa investigación. Nos anos noventa realízanse unha serie de escavacións, dirixidas por Eguileta Franco, antes de que se produza a destrución parcial do conxunto por mor da construción dun polígono industrial. Hoxe en día, do conxunto da Mourela só se conservan tres mámoas. 
Mámoa de Néboa (O Freixo): Necrópole con dous túmulos. 
Mámoa de Suapena: Desaparecida. Debe corresponderse co túmulo número 26 citado por Federico Maciñeira no ano 1948.  
Parque eólico de Caxado: Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentáronse sete túmulos. 
Pena de Augas (A Valiña-Somede): Necrópole con dous enterramentos.. 
Penas Verdes (O Freixo): Necrópole con dúas mámoas. Unha ten uns 13 metros de diámetro e 1,20 de altura; cono de saqueo; restos de coiraza; alterada polos labores agrícolas. 
Mámoas da Veiga dos Mouros: Nunha das mámoas da necrópole saíron á luz unha diadema de ouro e varias puntas tipo palmela de cobre e unha de bronce. 
Mámoas da Veiga da Nata: Algunhas mámoas están afectadas polo impacto dun parque eólico. Un túmulo atópase moi alterado, a anta que asoma do cono de violación está totalmente destruída. 
A Veiga de Vilavella: A. de la Iglesia atopou dous vasos cerámicos, publicados por Luis Pericot no ano 1927. Nunha mámoa de pequenas dimensións, ao parecer sen cámara pétrea, atopou a finais do século XIX un puñal sinxelo con espigo para o mango, catro puntas de frecha de forma lanceolada e espigo para a súa ensambladura ao vástago de madeira e unha diadema realizada sobre unha fina cinta de ouro, datados na transicións entre o Calcolítico e a Idade do Bronce. 
Mámoas de Vilavella: Bouza Brey e López Cuevillas citan catro mámoas, sen cámara, nas que apareceron puntas de frecha, un puñal e a cabeza dun machado plano, todos de cobre. 

 

 

 

PORTO DO SON
Agro das Cartas, Arca de Enxa, Raña (Baroña); Monemuíño e Pedras Negras (Montemuíño-Baroña); Mámoa da Lagoa (Caamaño); Pafito (Valcunqueiro-Goiáns); Agro da Cova (A Gafa-Miñortos); Pedregueiras (Beneso-Nebra); Alto da Fieira (O Catadoiro-Nebra); Outeiro Gordo (Basoñas-San Pedro de Muro); Chan das Patas (O Campo das Patas-San Pedro de Muro); Parada (Carballosa-San Pedro de Muro); Lagoa de Cabrais (Xuño); Parada (Parada-Xuño); Cacharelas (Ventoso-Xuño); Outeiro das Castañas. 
Mámoa do Agro das Cartas: Ten unhas medidas de 15 metros de diámetro e 1,20 de altura. Cono de violación. 
Mámoas do Agro da Cova: Necrópole con dúas mámoas con cráter de violación. 
Mámoa do Alto da Fieira: De 14 metros de diámetro e un de altura. Cono de violación. 
Mámoa das Cacharelas: Ten unhas medidas aproximadas de 13 metros de diámetro e 1,5 de altura; cono de violación.     
Mámoas da Chan das Patas: Necrópole composta por catro mámoas, tres delas en grave risco de desaparición. Un dos túmulos ten 19 metros de diámetro e restos de dous ortostatos. Outra, moi estragada polos labores agrícolas, ten uns 10 metros de diámetro e 0,30 de altura. Unha terceira está atravesada por un valado. 
Mámoa da Lagoa: Presenta cono de violación. Conserva restos de cámara. 
Mámoas de Montemuíño: Necrópole formada por tres enterramentos. Unha mámoa atópase no recinto onde se celebra a romaxe da Virxe do Leite, as outras dúas están nunha explotación de porcos celtas, pechadas por un valado electrificado.  Un dos túmulos ten 21 metros de diámetro e 1,70 de altura; do cráter de violación sobresae un ortostato; coirza pétrea. 
Mámoa do Outeiro Gordo: No fondo do cono de violación vese un ortostato. 
Mámoa de Parada: Unha mámoa en perigo de desaparición, moi afectada polos labores forestais. 
Mámoas de Pedras Negras: A necrópole foi catalogada polo arqueólogo Tito Concheiro no ano 1996. Un dos enterramentos é o coñecido como Anta da Enxa que se atopaba inserida nunha mámoa duns doce metros de diámetro e un de altura e cuberta por unha coiraza pétrea. Cando Concheiro volveu polo lugar no ano 2012 atopouse cunha enorme desfeita, unha repoboación forestal destrozou a coiraza pétrea e moveu todos os esteos, desaparecendo un deles. 
Mámoa de Pedregueiras: Sobre o túmulo vese un ortostato. 
Mámoas da Raña: A mámoa número 1, moi visible na paisaxe, ten cráter de violación e coiraza pétrea. A número 2 tamén ten cono de violación e restos de coiraza. 
Machado lítico: A finais dos anos corenta do pasado século, Rafael Areses atopou un machado puído, posiblemente neolítico, na praia de Baroña.
 


 

RIANXO
Asados e Mina de Burés (Burés-Asados); Mourelles (Mourelles-Asados); A Cova dos Mouros (Burés-Asados); A Vacariza (Isorna); Necrópole de Bexo (Leiro); Cuncha Vieira (Os Campiños-Leiro); Necrópole dos Campiños (Monte Lioira-Leiro); Monte da Pena (O Barral-Rianxo); Monte Picoto (Alto de Paradegua). 
A Cova dos Mouros: Enterramento megalítico localizado no mes de marzo de 2015. Trátase dunha anta megalítica rodeada dunha estrutura tumular duns catro metros de altura. A cámara conserva en pé parte dos esteos, aínda que perdeu a tampa. 
Mámoa de Mourelles: Entre a aldea de Burés e Castiñeiriña, no cumio do monte Mourelles pertencente a Asados. Ten 22 metros de diámetro e 1,5 de altura. Cráter de violación. Limpada e sinalizada pola Comunidade de Montes de Asado en abril de 2017. 
Mina de Burés: Ten planta poligonal e corredor curto.  
Necrópole dos Campiños: Formada por seis mámoas, parte da necrópole foi arrasada na década dos oitenta pola construción dunha pista forestal. Na escavación realizada no ano 1984 por Fábregas e De la Fuente na mámoa número seis saíu á luz un anel perimetral; formada por unha cámara con sete esteos e un corredor con catro ortostatos e tampa, case todas as pedras foron roubadas hai máis de vinte anos. Na actualidade está totalmente desprotexida. 
Necrópole do Monte Picoto: Formada por oito túmulos, todos violados, un no concello de Dodro. Nunha das mámoas pódese ver a cámara, sen tampa, composta por sete esteos. Unha pista forestal estragou algúns enterramentos.


 

 

RIBEIRA
Monte da Cidá (Artes); A Mámoa (Fieiteira-Carreira); Monte da Cidade (Carreira); Monte Facho e Pipín (Corrubedo); Anta de Axeitos (Oleiros); Moldes, Parrugas, Pedras Vermellas e Sobrido (Oleiros); Lixó e Ventín (Palmeira); Coroso e San Alberte (Ribeira).
Monte da Cidá: Na contorna do Monte San Roque. Necrópole formada por cinco túmulos escavados parcialmente nos anos vinte do pasado século.
A Mámoa: En bo estado de conservación, ten 16 metros de diámetro.
Anta de Axeitos: Tamén coñecida como Pedra do Mouro. Ten cámara poligonal formada por sete esteos e tampa de forma case ovalada. Nun dos ortostatos presenta unha inscultura cruciforme. No ano 1997 sufriu unha brutal agresión coa gravación dun peixe nunha das laxes exteriores.
Mámoas de Moldes: Grupo de mámoas situadas no límite entre os concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal. Un dos túmulos foi achandado por unha estrada que sobe ao monte da Curota.
Mámoas de San Alberte: Necrópole composta por tres mámoas, situada preto da ermida de San Alberte. Todas presentan conos de violación.

 

 

ROIS

A Chisca (Buxán); O Marco e Martelo (Ermedelo); Mina da Medela (Oín); Tamén nas parroquias de Augasantas, Costa, Herbogo, Leroño e Urdilde. 
Mámoa da Chisca: Ten uns vinte metros de diámetro e tres de altura. Cono de violación. Afectada por unha pista. Sen catalogar. Dise que no Campo da Chisca había un tesouro que aparecía cando unha ovella tocaba cunha pata a pedra que a cubría. (Iformación recollida de Elixio Vieites).  
Mámoa do Marco: Entre os concellos de Rois e Lousame. Cortada por unha pista e unha estrada. Está plantada con eucaliptos.  
Necrópole do Martelo: Citada por Murguía na súa Historia de Galicia (1865). Formada por sete mámoas, todas con cono de violación.
 

SAN SADURNIÑO
Pena Escrita (A Seara-Ferreira); Pena do Cabalo (O Outeiro-Igrexafeita); Pena Escrita (Seara-Lamas); Moimentos (Moimentos-Santa Mariña do Monte).
Mámoas de Moimentos: Necrópole con dúas mámoas situadas a carón da igrexa de Santa Mariña.
 

SANTA COMBA
Sabaceda ou Castro da Medoña (Bazar); Os Calvetes (Padreiro-Castriz); Alto da Mina e Sanguiñeira (Boaña de Abaixo-Castriz); Pena Silveira (Barbeira-Fontecada); Abeleiras e Alto da Espra (Abeleiras-Freixeiro); Monte Moreiras (Amarelle-Montouto); Castiñeira (A Pereira); A Medoña (Vilaboa-A Pereira); A Medoña (As Caselas-Santa Comba); Cista de Fariñas (As Fariñas-Santa Comba); A Pedra Branca (O Busto-Santa Sabiña).
Cista de Fariñas: Atopouse un puñal de cobre (2500-1500 a.C.), custodiado no Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Necrópole dos Calvetes: Composta por cinco mámoas. No ano 2006, cando a ampliación dunha estrada por parte da Deputación da Coruña, foron danados dous túmulos, feito que os responsables provinciais, a pesar das evidencias, aínda ousaron negar. Patrimonio abriulle un expediente ao Concello pola construción dun depósito de auga entre os túmulos 2 e 3 da necrópole.
 

 

SANTIAGO

Coto da Medorra (Capelán de Afora-Bando); Cámara de Lamas (Bando); Coto da Medorra (Zaramacedo-Bando); A Barciela (A Barciela); Budiño (O Carballal); Finca das Medorras (Sionlla-A Enfesta); Alto da Medorra (Roán-Fecha); Gatoferro (Fecha); Monte Castromaior (Vilar do Rei-Fecha); Agro da Tabernal, Brañas de Vrins, Fontecova e Laxas (Figueiras); A Granxa (Monte Maxistral-Figueiras); Chan de Figueiras e Chan de Vrins (Vrins-Figueiras); Finca das Medorras (Chorente-Nemenzo); Vilariño (Vilariño-Nemenzo); Agro da Medorra (O Bargo-A Peregrina); San Miguel (A Peregrina); A Canteira (Monte Maxistral-A Peregrina); Pardaces (Pardaces-A Peregrina); As Derramadas (Neiro-Sabugueira); Boisaca (San Caetano); Finca da Medorra (Escarabuña-San Caetano); Boca do Lobo (Rebordaos-San Caetano); Son (Son de Abaixo-San Caetano); Rebordaos (Rebordaos-San Caetano); Monte da Costa Negra (Lobra-Verdía); 
Anta de Zarramacedo: Presenta unha cámara megalítica que perdeu a masa tumular; conserva oito dos nove esteos da cámara poligonal. As pedras que se conservan vense ameazadas pola preparación do terreo para plantar eucaliptos. 
Coto da Medorra (Bando): De 35 metros de diámetro e 3 de altura, presenta un gran cráter de violación. 
Coto da Medorra (Zamaracedo): Con cámara de reducidas dimensións. Formando parte da necrópole había outras mámoas, hoxe en día desaparecidas.
 

 

SANTISO
Monte Barazón (Barazón); Monte de Lamas, San Cristovo (Pezobre); Mámoas do Castro de Rairiz, Parafita, Pena Queixeira, A Queiroa (Chaín-Rairiz); Ribadulla (Ribadulla); Alverde, Pedrouzo, Penamaior, Quintela e Riazón (San Román); Serantes (preto do Castro de Serantes); Monte de Vimianzo (Vimianzo); Monte do Ribeiro (Ribeiro-Visantoña); Visantoña (Visantoña). 
Chanto da Ponte Nova (Ponte de Arcediago): O día 18 de xaneiro de 2015, Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez, do Museo da Terra de Melide, achéganme información dun ortostato proveniente posiblemente dunha anta, realizado en gneis, de feitura amendoada, caras aplanadas, base redondeada e remate apuntado. Ten unha altura de 2,50 metros de altura e 1,75 de ancho máximo. Na superficie presenta estrías pararelas motivadas polo seu labrado. 
Mámoa do Castro de Rairiz: Necrópole con tres túmulos moi alterados. 
Mámoas do Monte Barazón: Necrópole formada por sete túmulos. 
Mámoa do Monte de Lamas: Moi alterada polos traballos forestais e pola apertura de dúas pistas que a cortan en parte. 
Mámoas do Monte do Ribeiro: Necrópole con seis túmulos.  
Mámoa do Monte de Vimianzo: Tiña unhas medidas duns 16 por 10 metros e unha altura de 040 metros. Ao parecer foi destruída. 
Mámoa de Parafita: Tiña uns 18 metros de diámetro. Desaparecida. 
Mámoa da Queiroa: De 17 metros de diámetro e 0,90 de altura. Bastante arrasada.  
Mámoas de Serantes: A mámoa 1, situada na divisoria dos concellos de Melide e Santiso, entre as parroquias de Moldes e Serantes, a 144 metros do castro de Serantes e a 52 metros dunha mámoa practicamente arrasada por unha pista da parcelaria, da que só se conserva o arco tumular leste (sería a mámoa número 2 da necrópole). A mámoa número 1 ten un diámetro duns 40 metros e unha altura que ronda os cinco metros, converténdose nunha das máis grandes da Terra de Melide. Presenta un amplo cono de violación central e recentemente foi roturada para plantar eucaliptos, incluído o interior do cráter. As roturacións para a plantación de eucaliptos está a afectar tanto á mámoa coma ao castro. Hai unha soposta mámoa número 3, inventariada, pero da que na actualidade nada se sabe.


 

SOBRADO DOS MONXES
Corda da Arca, Fanegas, Medorras da Ciadella, Monte da Mámoa (A Ciadella); Adro das Sete Medas, O Aguillón, A Lagoa, Forno dos Mouros, Monte Vilariño e Pena Moura (Codesoso); Pereiro (O Pereiro-Cumbraos); Folgoso (Folgoso); O Aguillón, Alto do Cordal, Chousa da Mama, O Cordeiro, O Golpe, A Lagoa, Lousado, Monte do Burgo, Monte da Estrela, Monte Lombao, Monte Vello, Outeiro das Pedras, Paraños, Pena Gallada, Pena Moura, Vilarchá, Vilasuso, Pena Serrón, San Vicente, Tras da Chousa (Grixalba); A Gándara (Costoia-Grixalba); Brixaria e Rañón (Serra da Cova da Serpe-Grixalba); Mámoa do Golpe (Rañón-Grixalba); Pena da Silva (A Uceira-Grixalba); Camiño Real (Vallo-Nogueira); Forno de Varela (Nogueira); A Mina (Albariza-A Porta); Campo do Viño e Forno dos Mouros (Porta); Campo das Antas, Cimadevila, Grandameá, Pena Moura, Pousada, Torre dos Mouros (Pousada); Roade (Roade); Fraga de Frades (Sobrado). 
Mámoas do Aguillón: Necrópole con seis túmulos.  
Mámoas da Ciadella: Necrópole con dúas mámoas. 
Mámoas de Cimadevila: Necrópole con dous túmulos.   
Mámoa das Cruces: Destruída, tiña cámara dolménica. 
Mámoas da Gándara: Necrópole con catro túmulos. 
Mámoa do Golpe: Cóntase que sobre ela comeron os bispos de Ferrol, Mondoñedo e Santiago para establecer os lindes dos seus bispados. 
Mámoas do Monte da Estrela: Necrópole con catro túmulos.  
Mámoas do Monte do Lombao: Necrópole con oito túmulos. 
Mámoas do Monte Vello: Necrópole formada por once mámoas. 
Mámoas do Outeiro das Pedras: Necrópole con cinco túmulos.  
Mámoas da Pena Gallada: Necrópole formada por tres mámoas, unha delas en terreos da parroquia de As Negradas (Guitiriz-Lugo). 
Mámoas da Pena da Silva: Necrópole con tres enterramentos.  
Mámoa Pena Serrón: Da mámoa sobresae un ortostato de lousa. 
Mámoas do Rañón: Nécropole de tres mámoas destruídas polos labores agrícolas. 
Mámoas de Tras da Chousa: Necrópole con dous túmulos.


 
 

AS SOMOZAS
Cheibán e Tafornelas (Recemel); Monte de Batefa (Batefa-Seixas); Bustavade (Bustavade-Seixas); Monte da Serra (Comparado-Seixas); Monte Castelo (A Esfarrapa-Seixas); Lagoa das Curuxas (Pena do Pazo-Seixas); Alto da Cruz de Tato e Alto de Ramisquido, Foxo do Fonzal (Seixas); A Medoña (Requeixo-Seixas); Forno dos Mouros e A Medoña (A Serra-Seixas); Monte da Vilalvesa (Montecalvo-As Somozas); Pena dos Ladróns.
Forno dos Mouros e Monte de Batefa: Necrópoles formadas por catro e tres mámoas respectivamente. 
Mámoas do Alto de Remisquido: Necrópole con dous enterramentos. 
Mámoas da Lagoa das Curuxas: Formada por tres túmulos. 
Mámoas do Monte Castelo: Necrópole con dous enterramentos.  
Mámoas do Monte da Serra: Necrópole formada por oito túmulos.
Parque Eólico do monte Vilalvesa: Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentouse o impacto sobre oito túmulos. 
Parque eólico do Requeixo: Apareceron doce túmulos.
 

 

TEO
Cornide, Montouto, Mouromorto e Vilar de Calo (Cacheiras); Casa dos Corvos (A Agrela-Lampai); Petouto da Gándara (Lampai); O Fondao, Loureiro, Monte do Casal, Monte Espasande, Monte Monteiro, Monte Piquiños, Seixos e Trasellas (Luou); Agro do Muíño, Agro dos Calvos, As Barreiras, Cerradura, Chao de Senín, Chan do Pouso, A Costa, Coto de Miáns, Cruz de Cabanelas, Cruz do Xastre, A Estivada, Garamelo. 
Anta Casa dos Corvos: No monte de A Agrela. Citada na revista do Órgano oficial de las Sociedades Agrarias de Teo y Vedra. Dise que recibe o nome porque alí aniñaban os corvos. 
Mámoas de Loureiro: Necrópole composta por tres túmulos.
Mámoas do Monte Piquiños: Formada por 25 mámoas.
Mámoas de Montouto: Hai tres mámoas.   
Mámoas do Petouto da Gándara: Composta por tres túmulos. 
Mámoas de Vilar de Calo: Consta de 8 mámoas. A catalogada co número 1 está situada na parte máis alta do monte de Busía, cuns 20 metros de diámetro e 2 de altura; cráter de violación.
 

 

TOQUES
As Antas, Lombao, Mirallos (Brañas); Campo das Antas e Forno Varela (A Capela); Leira das Modias e Monte da Arca (Souto-A Capela); Cista Agro da Nogueira (Mangoeiro); Rego de Portocorvo (Piñeiro-Mangoeiro); Fondevila, Oleiros, Pena do Raposo (Oleiros); Montelén (Montelén-Paradela); Camposa do Viño e Forno dos Mouros (A Moruxosa-Paradela); Alto, Carretas, Curros, Donelle, Pastizal e Capela de San Cidre (Paradela); As Modias e Pena do Raposo (San Martiño de Oleiros); Monte da Arca (San Xiao do Monte); As Antas, Couso Vello, Lombao, Mirallos (Santa Mariña de Brañas); O Foxo do Cabrito (O Foxo do Cabrito-Santa Mariña de Brañas); Fonte da Pedra (Vilamor); Finca do Groso (Vilouriz); Avieiro, Monte de Fira e Medorras do Cribeiro (Arnade-Vilouriz).
Campo das Antas: Necrópole formada por varias mámoas, a máis coñecida é a de Forno Varela, con cráter de violación, que conserva só un esteo.
Forno dos Mouros: Atópase na serra do Bocelo, a unha altitude de 713 metros. Foi obxecto de varias escavacións realizadas pola Universidade de Santiago entre os anos 1987 e 1989. Datado no terceiro milenio a. C., é unha estrutura megalítica con cámara poligonal formada por unha pedra horizontal (fracturada) sostida en sete esteos Está formada por sete esteos. Ten un corredor de acceso de dous tramos e representacións pictóricas no interior, nas que destacan motivos en zigue-zague en cores vermella e negra dispostas sobre fondo branco. Apareceu material lítico e cerámico, salientando os restos dun vaso campaniforme cordado. No verán do ano 2009 foi obxecto dunha actuación realizada polo CSIC, no que se acondicionou o contorno e deter a deterioración das pinturas, para o cal se levou a cabo o soterramento preventivo destas; tamén se reforzou a estabilidade do conxunto. 
Mámoa da Camposa do Viño: Duns 20 metros de diámetro e unha altura de 1,7 metros. Posúe cono de violación, non apreciándose restos de cámara nin de coiraza. Afectada por un valado de terra. 
Mámoa da Capela de San Cidre: Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz, do Museo da Terra de Melide, achéganme, unha vez máis, un deses sitios arqueolóxicos que se non for por investigadores coma eles tamén pasarían a formar parte desa longa listaxe de xácigos galegos "desaparecidos". A mámoa, situada no alto de San Cidre, está moi arrasada xa que arredor do século XVIII edificouse sobre ela a antiga capela, derruída na actualidade, posta baixo o padroado do santo que lle dá nome ao sitio (a nova capela, situada a 35 metros ao leste, é dos anos noventa do pasado século). Hoxe só se ven os alicerces dos muros e un vello cruceiro asentado sobre os restos do muro leste da ermida. Aínda que do túmulo apenas queda nada, o lugar amósanos outro claro exemplo da cristianización dun elemento "pagano", edificando a capela xusto enriba do enterramento. Conta a tradición que aquí apareceu a imaxe de San Cidre, feito que orixinou a construción da ermida.  
Mámoa do Foxo do Cabrito: Trátase dunha anta que aínda conserva sete chantos pero non a tampa. Na parte sur-surleste hai un oco bastante grande entre os esteos que pode corresponderse coa entrada do monumento. Segundo a lenda, do seu interior saía unha galiña con pitos. O topónimo Foxo do Cabrito está relacionado cun foxo para cazar lobos que hai nas inmedicacións e do que aínda quedan restos. (Achegado por Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez, do Museo da Terra de Melide).   
Mámoas de Lombao: Formada por nove mámoas. 
Medorras do Cribeiro: Necrópole formada por dous túmulos. 
Mámoas do Monte da Arca: Necrópole con trece mámoas. 
Mámoas da Ponte da Pedra: Necrópole con catro enterramentos. 
Mámoas da Serra do Bocelo: Foron catalogadas 32 mámoas, a maioría aliñados co Camiño Real que cruza a crista da serra. 
Pena do Raposo: Citada por Otero Pedrayo na súa Historia de Galiza. Aínda que Cuevillas lle dá o nome de Pena do Raposo, o lugar coñécese como Pena do Carbón. Segundo información achegada por Cristina Vázquez e Xurxo Broz, do Museo da Terra de Melide, aínda que adoita situarse na parroquia de O Meire (Melide), en realidade atópase na de San Martiño de Oleiros (Toques). Trátase dunha anta de grandes dimensións, en mal estado de conservación á que lle falta a tampa. Conserva nove chantos, dous deitados, e unha gran laxe que se podería corresponder cunha cuberta do corredor, situada no surleste. O interior da cámara mide 4 metros (norte-sur) e 3,25 metros (leste-oeste).  
 

 

 
 

 

TORDOIA
Fornelos (Rabo de Lobo-Andoio); Rechaba (Andoio); Rabo de Lobo (Bardaos); Riba do Campo (Satiavedra-Bardaos); Carballadrade (Cabaleiros); Casa da Moura (Pontepedra-Cabaleiros); Tarroeira e Vilar (Castenda); As Medorras e Quenlla Grande (Arcai-Gorgullos); Arca Branca, Casaldabade, Guillolfe, Medorra do Castro e Reboredo (Gorgullos); Painza (Numide); Braña da Carballa Rasa (Ambía-Viladabade); Monte da Anta (Piñeiro-Viladabade); Carballal e Raposeira (Carballal-Viladabade), Tenzas de Muta (Viladabade).
Casa da Moura: Trátase dunha anta poligonal formada por seisesteos graníticos e cuberta por unha tampa. Consérvanse restos da mámoa arrodeando a cámara. Declarada Ben de Interese Cultural. 
 

 

TOURO
Cotón da Raíña, Pazo de Andeade (Andeade); A Zanca (Bama); O Cotiño (Loxo); As Medorras (Abelenda-Quión); A Carpaceira, A Casilla, Coto da Medorra, Medorra do Sucoto, Medorra da Toxa (Quión); Medorras do Coto, As Medorras (Abelenda-Quión); Croa de Pereiro e Cruz de Méndez (Mourelos de Arriba-Touro).
Mámoas do Cotiño: Necrópole con oito mámoas.
Mámoas do Cotón da Raíña: Necrópole con dous túmulos.
Mámoas da Cruz de Méndez: Necrópole formada por cinco mámoas. Na mámoa sinalada co número cinco son visíbeis dous ortostatos da cámara.
As Medorras: Necrópole con cinco túmulos.
Medorras do Coto: Necrópole con seis mámoas.
Medorras do Sucoto: Necrópole con dous túmulos.
Mámoas da Zanca: Necrópole con dous enterramentos.
 

TRAZO
Alto da Medorra e A Medorra (Alto da Medorra-Alto); Alto da Medorra (Brea-Benza); A Medorra (Viaño Grande-Campo); A Foca (A Foca-Chaián). 
Mámoa na Foca: Mámoa duns 15 metros de diámetro e 2 metros de altura. Presenta cono de violación. Di Elixio Vieites que nos planos Lidar obsérvase que a uns 300 metros en liña recta, cara o oeste, hai unhas elevación no terreo que poderían corresponderse cun grupo de tres túmulos. 
 

VAL DO DUBRA
Monte Capón (Bembibre); O Faxón (O Faxón-Bembibre); Costa do Marco (O Vilar-Buxán); Pedra Pasadoira (Coucieiro); Marco Grande (Vilalba-Coucieiro); Paramos (Paramos); A Taberna Vella (A Cavada-Paramos); O Castelo (Portomeiro); Mato Grande e Paraños (Vilardoa-Portomeiro); A Mámoa (Malvares-Rial); Bugalleiras (Vilar-San Román); Pazos (Insua-San Román); Porto Rabeiro (Xermil-San Román); Alto de Vilariño (Vilariño). 
Mámoa do Monte Capón: De 30 metros de diámetro e 3 de altura. Cráter central, non observándose restos de cámara. A masa tumular foi rebaixada polas actividades agrícolas. 
Mámoa da Pedra Pasadoira: De 22 metros de diámetro e 0,6 de altura. Cráter de violación. 
Necrópole do Alto de Vilariño: Formada por dúas mámoas.  
Necrópole da Costa do Marco: Composta por dúas mámoas, de 13 e 16 metros de diámetro respectivamente. Obsérvanse actividades furtivas. 
Necrópole do Marco Grande: Formada por dous túmulos.  
Necrópole do Mato Grande: A primeira mámoa, de pequenas dimensións, ten cráter de violación e restos de coiraza; practicáronse escavacións furtivas. O segundo túmulo ten un diámetro de 21 metros e presenta cono de violación e restos de coiraza.  
Necrópole de Paramos: Formada por dúas mámoas de pequenas dimensións con cráter de violación e restos de coiraza pétrea. 
Necrópole de Porto Rabeiro: Formada por dúas mámoas.  
Necrópole da Taberna Vella: Composta por dúas mámoas. A primeira, duns 13 metros de diámetro e 0,60 de altura, presenta cono de violación; un camiño seccionou parte do túmulo. A segunda ten un diámetro duns 22 metros e 1,5 de altura, con cráter de violación. 
 

 

 

 

 

VALDOVIÑO
Mámoa do Castro (O Castro-Lago); O Canteiro (O Canteiro-Lago); Mámoa de Loira (Loira); Necrópole de Riobó (Meirás); Chamorro (O Chamorro-Valdoviño); A Pena Moura (Pena-Valdoviño); Necrópole do Porto Novo, A Vacariza (Rocha-Valdoviño); A Pena Moura (Folgueiras-Vilarrube); Liñeiro (Vilarrube). 
Mámoa de Liñeiro: Situada xunto o camiño que vai a Santo André de Teixido. Ten uns 11 metros de diámetro. Afectada por unha plantación de eucaliptos.  
Mámoas da Pena Moura: Necrópole composta por tres mámoas; unha agocha a única cámara megalítica do municipio. 
Mámoas de Porto Novo: Necrópole formada por dous túmulos. 
Mámoa en Riobó: Unha mámoa estaba plantada de eucaliptos. Cando serviron para a venda, taláronnos e arrincaron as raíces con maquinaria. Despois volveron a plantar eucaliptos. Sobre o cráter de violación (sería para deixar constancia da desfeita) colocaron unha "bandeira".
 

 

 

VEDRA
Monte San Roque (Merín); O Croto (Sales); Cimadevila e Lixeles (Sarandón); As Lagoas (Bazar-Trobe); Paizás (preto de Cruz de Lamas-Trobe); Penas Pardas, Quenlla das Medas (Vilanova); A Lomba (Vilar-Vilanova).
Mámoa das Lagoas: Mámoa de trinta metros de diámetro con cono de violación.
Mámoa de Paizás: Vinte e oito metros de diámetro con cráter de violación. Cruzada por un carreiro. Un poste do tendido eléctrico afecta ao túmulo.
Mámoa de Penas Pardas: Túmulo de quince metros de diámetro con cráter de violación. Presenta restos de coiraza formada por seixos.

 

VILARMAIOR
Goimil (Goimil); Alto do Catasol e Alvite (Grandal); Belsar, Monte do Seixo, Monte Grande, Pataqueiras, Poza Grande, Revolta Pequena (Torres); Os Cheiños, Chousa do Campo, Chousa do Monte, Cotela, Espeldoña, Pataqueiras, As Pollosas, Regueira, Serrón (Vilamateo).
Necrópole de Alvite: Formada por dúas mámoas.
Necrópole de Catasol: Composta por catro túmulos.
Necrópole de Espeldoña: Formada por seis mámoas.
Necrópole de Monte Grande: Composta por trece túmulos.
Necrópole de Pataqueiras: Tres mámoas.
Necropole da Poza Grande: Tres túmulos.
Necrópole do Seixo: Dúas mámoas.
O diámetro das mámoas do concello de Vilarmaior vai dos 13 aos 28 metros, e unha altura entre os 0,60 e 2 metros. A maioría presentas burato de violación, e as que non o teñen é por atoparse moi achandadas polos labores agrícolas. Outros túmulos están atravesados por valos de pedra ao actuar como lindes de fincas. Algunhas mámoas perderon a metade da masa tumular cortadas por pistas forestais.
Información recollida do traballo do Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (2013).
 

 

VILASANTAR
A Revolta (Armental); Guillade (Meilá-Barbeito); Ponte do Sapo (Présaras); Mourengos (San Vicenzo de Curtis); Monte da Corda (Dias-Vilariño); Lagoaceiras, Medorra de Fanegas, Monte da Gándara, Monte Vilariño e Pedriño (Vilariño). 
Mámoa de Guillade: Mámoa situada entre os concellos de Mesía e Vilasantar, preto do de Curtis. Ten uns 15 metros de diámetro e unha altura de 0,5 metros. Segundo información que me achegou Luis S. Seoane, por riba do túmulo pasaron unha desbrozadora de cadeas para quitar os toxos, feito que non é a primeira vez que acontece. 
Mámoas deo Monte da Corda: Divisorio entre os concellos de Sobrado dos Monxes e Vilasantar. Necrópole composta por 15 mámoas. 
Mámoas de Fanegas: Necrópole composta por nove mámoas, todas con cráter de violación. O díametro oscila entre os 13 e 28 metros.    
Medorra de Fanegas: Sobre o túmulo construíuse unha pequena edificación en época romana relacionada coa organización do campamento de Cidadela, en Sobrado dos Monxes. Apareceron restos de tégula. 
Mámoa de Lagoaceiras: Situada no monte do Corvo. Ten unhas medidas de 15 por 14 metros e unha altura de un metro. 
Mámoa do Monte da Gándara: Ten un diámetro de 15 metros e unha altura dun metro. Presenta cono de violación.   
Mámoas do Pedriño: Nécrópole con dous túmuos con cráter de violación e alterados polos labores agrícolas. 
Mámoa da Ponte do Sapo: Emprazada nun outeiro situado na confluenza dos ríos Tambre e Cabalar. Ten uns 11 metros de diámetro e unha altura de 0,5 metros. Presenta cono de violación. Plantada de eucaliptos. 
Mámoas da Revolta: Necrópole con tres túmulos.

 

 

VIMIANZO 
Casa dos Mouros e Monte Martelo (Baíñas); Rabós (Chan de Cabral-Baíñas); Anta do Alteiro (A Gándara-Baíñas); Monte do Castro (Manlle-Baíñas); Encoro da Fervenza, Pedra da Arca (O Orbellido-Baíñas); As Fontiñas (Baíñas); Casota de Berdoias (Berdoias); Gándara da Barca (O Penedo-Calo); Caxadas (Caxadas-Cambeda); Ogás (Ogás-Cambeda); Braño (Braño-Carantoña); Mina de Recesinde (Carantoña); Mina de Folías e Mourelo (A Casa do Prado-Carantoña); Daquela Banda e Os Seixiños (Carantoña); Castrelo (Castrelo); Arquiña de Vilaseco (Vilaseco-Castrelo); Tufións (Tufións-Cereixo); Mosquetín (O Mosquetín-Salto); Monte da Mula (Reparada-Salto); Pedra da Lebre (Serramo); Pedra da Moura (Monte Carneo-Serramo); Pedra Cuberta (O Arxomil-Treos); Loureiro, Monte Pedroso e Serra do Croado. 
A Arquiña de Vilaseco: Unha plantación de eucaliptos afectou ao túmulo, a coiraza a cámara e o corredor. 
Casa dos Mouros: Anta inserida nunha mámoa. Dos sete esteos que tiña a cámara, cuberta cunha tampa, falta o da cabeceira. O corredor, de case catro metros, está cuberto por dúas pedras. Presenta restos de gravuras de liñas rectas, curvas e onduladas. 
Casota de Berdoias ou de Freáns: Con cámara rectangular formada por tres esteos e tampa, presenta varias cazoletas e gravuras cruciformes. Trátase dunha cista característica da fase final do Megalitismo. Un dos esteos presenta gravuras con coviñas e cruciformes. Declarada BIC. 
Mámoas das Caxadas: Necrópole formada por catro túmulos, unha coa anta visible. No mes de agosto de 2016, nunha finca próxima ao vello camiño entre Caxadas e Sanfins, localizaron unha nova mámoa coa anta no interior; do cono de violación asoman media ducia de esteos.  O túmulo número un, situado a carón do camiño da Brea, foi profanado, levantándose moitas das súas pedras. Presente cámara poligonal e corredor, con seis pezas visibles, tres da cámara e outras tres do corredor. Aínda que tamén se coñece como Arca de Ogas, non está claro que sexa este túmulo que realmente atópase en Caxadas.   
Mámoa no encoro da Fervenza: Debido á prolongada escaseza de choivas, no outono de 2016 saíu á luz unha mámoa asulagada polo encoro da Fervenza, situado entre os concellos de Dumbría, Mazaricos e Vimianzo. Fronte ao Orbellido, na parroquia de Baíñas, pode verse restos da coiraza pétrea e parte da cámara. Na Gándara, tamén na parroquia de Baíñas, hai outra mámoa baixo o encoro; conserva parte da coiraza e un esteo da cámara.       
Mámoas das Fontiñas: Necrópole con tres mámoas. 
Mina de Folías: Forma parte dunha necrópole con tres enterramentos. A anta está formada por seis esteos que conforman unha cámara poligonal con corredor. 
Mina de Recesinde: A mámoa agocha unha anta con seis esteos. Foi escavada furtivamente no ano 1936, na procura dun suposto tesouro. 
Mámoas do Mosquetín: Necrópole formada por sete mámoas, a simple vista non presentan signos de violación. 
Mámoas de Ogas: Noecrópole con catro enterramentos. Escavouse a coñecida como Arca de Ogás. 
Prado Garrido: En mal estado de conservarción, aprécianse restos da cámara megalítica. 
Pedra da Arca: Ten cámara poligonal cunha enorme lousa como cuberta. O gran corrredor, de dous tramos, está cuberto por dúas tampas. Conserva unha gravura con liñas onduladas e manchas vermellas. Declarada BIC. 
Pedra Cuberta: Dada a coñecer polo alemán Leisner no 1934. Faltan varios esteos e a tampa da cámara. Conserva a tampa no corredor e restos da mámoa. Pouco queda das pinturas con representacións de serpentiformes, ondulados, idiliformes e círculos que adornaban os esteos. Declarada BIC. 
Pedra da Lebre: Anta poligonal formada por cinco esteos e corredor. Declarada BIC. 
Pedra Moura do Monte Carneo: Foi removido da súa posición orixinal. Anta de planta poligonal e curto corredor. Declarada BIC. 
Penedos de Pasarela: Anta de tamaño medio que conserva algúns esteos no interior. 
Parque Megalítico da Costa da Morte: De Vimianzo formarán parte do parque as necrópoles de Rabós, Mina de Recesinde, Pedra Moura do Monte Carneo, Pedra Cuberta, Arquiña de Vilaseco, Casota de Berdoias, Pedra da Lebre e Pedra da Arca.


 

 

 

 

 
 
 

ZAS
O Allo ( O Allo); Chousa do Monte dos Mouros, Monte da Mina, Monte do Pedroso, Pedra Vixía, Tras da Senra, Valouco (Baio); Fonte do Retorno (O Chamberín-Baio); Couso do Monte, Suacosta (Fornelos-Baio); Brandomil, Brañas Fiallas, Castro de Atrás, Confurca, Costa do Limideiro (Brandomil); Brandoñas, Braña de Fialles, Cerqueira, Mina do Cotón, Pedra da Vasixa, Porto Carreiro, Prado de Trillo, Senande (Brandoñas); Pedra da Xesta (Pedramaior-Carreira); As Avenelas, O Bico da Cruz, O Cedreiro, Chousa do Crego, Gándara, Máquina Vella, Pedras Grandes (Gándara); Mamoela (O Nordés-Gándara); A Mina (Parga-Gándara); Cruceiro de Caión, Minas de Vilaestévez, Picón Vello e Seixo Branco (Vilaestévez-Gándara); Pedra da Lebre, Picón de Doeña (O Sisto-Gándara); Os Mouchos, Vermello (Lamas); Cruceiro do Regueiro, Pedra da Arca (Meanos); Ermida de San Roque (Mira); Baixada do Monte Pedreira, Camiño da Santa, Canle do Marco, Fonte Seca, As Laxas, Monte Maior, Monte Pedreira, Pedra Chan, Pedra Cubela, Pedra da Moura, A Piña, Ponte do Vao (Muíño); Necrópole da Piosa (Muíños-Muíño); Brañas das Feallas, Costa do Oreiro, As Madoñas (A Santa-Muíño); Fonte Sendón, Landeiras (Pazos); O Freixo (Santa Sía de Roma); Mina de Saconde (Vilar); Cista da Toxa (Zas); Gomarís, Monte do Penedo, Pedra Branca, Pedrouzos, O Picoto, Vilar de Mato (Zas). 
Mámoa de Brañas Fiallas: No ano 1994 uns tractores levaron a terra do túmulo.     
Mámoa da Chousa do Crego: Destruída. 
Arca da Piosa: Conserva catro esteos dos cinco que tiña na cámara, e dous no corredor, ambos cubertos por dúas enormes tampas. Presenta gravuras de serpentiformes. Formará parte do Parque Megalítico da Costa da Morte. 
Cista da Toxa: Destruída durante a realización de labores agrícolas. 
Mámoa do Allo: Destruída. No seu interior agochaba unha cámara megalítica. 
Mámoa de Braña Fiallas: Destruída no ano 1994. 
Mámoas da Pedra e Sobreira (Gándara): Catro mámoas foron arrasadas, unha por unha pista forestal. 
Necrópole da Piosa: Preto da famosa Arca foron arrasadas dúas mámoas. 
Pedra da Arca: Declarada BIC. 
Pedra Vixía: Moi alterada, nove dos once esteos foron desprazados por un veciño nos anos cincoenta que aproveitou as pedras para a cimentación da súa vivenda. Conserva dous fragmentos na cuberta. Formará parte do Parque do Megalismo da Costa da Morte. 
Parque eólico de Pico de Meda: Na zona de afección apareceron dous túmulos e unha punta de frecha, na zona de incidencia dous túmulos, e na de mostraxe un túmulo.



Xabier Moure
Mámoas e antas de Galiza/Galicia (Provincia da Coruña)
o noso patrimonio