* O nome das mámoas en Galicia e norte de Portugal

A profusión de enterramentos do Neolítico ao longo do territorio que abrangue a Galicia actual e o norte de Portugal ocasionou que, un mesmo tipo de enterramento, fora bautizado con distintos nomes. En moitos casos, son estes microtopónimos os que nos permiten localizar mámoas e antas non documentadas e, por outra banda, grazas á toponimia identificamos lugares nos que houbo monumentos funerarios prehistóricos pero que, por distintas causas, xa desapareceron.

 

Resulta nidio que, no presente caso (e noutros), entre a Arqueoloxía e a Filoloxía existe unha clara relación.

Temos un idioma impresionante, dubido que haxa un só país no mundo que para unha soa cousa utilice máis de 170 nomes.

A continuación achego a listaxe que, de seguro, non é definitiva. É, coma sempre, agradécense as novas contribucións.

 

Altar, Altar dos Mouros, Anta, Antão, Ante, Antela, Antella, Antiña, Antinha, Antões, Antuíña, Antunha, Antuña, Arca, Arcal, Arcapedriña, Arcela, Arcella, Arcón, Arcosa, ArcuñaArquela, Arqueta, Arquinta, Arquiña, Cabana, Capela dos Mouros, Capilla dos Mouros, Casa, Casa da Moura, Casa dos Mouros, Casarota, Casaupa, Casía, Casiña, Casinhas da Moura, Casota, Casoupa, Casouta, Celeiro dos Mouros, Celleiros dos Mouros, Coito, Cortella dos Mouros, Cortello dos Mouros, Cortelhos dos Mouros, Coto, Cotarelo, Couto, Cova, Cova da Moura, Cova dos Mouros, Dolmen, Formigueiro, Fornalla, Fornán, Fornela, Fornelo, Forniño, Forninhos dos Mouros, Forno, Forno dos Moiros, Forno dos Mouros, Furna, Gurita, Lombiño de Terra, Lombo, Madorna, Madorra, Madorriña, Madroa, Mama, Mamão, Mamila, Mámoa, Mâmoa, Mamoa, Mamôa, Mamoalta, Mamoela, Mamoella, Mamoíña, Mamoiña, Mamoinha, Mamola, Mamona, Mamona Petrosa, Mamouros, Mamua, Mámua, Mamuela, Mamuiña, Mamuinha, Mamula, Mámula, Mamuña, Mamunha, Mandorra, Maniola, Matorra, Matueiro, Mauma, Meda, Medal, Medela, Mediña, Medo, Medona, Medoña, Medoño, Medorna, Medorra, Mesa das Bruxas, Mesa dos Mouros, Mochueiro, Módea, Moderna, Modia, Modorna, Modorno, Modorra, Modorrão, Modorro, Modorrões, Moduña, Moela, Mogões, Mogote, Moita, Mojós, Montilhão, Montillón, Montiño, Morea, Morroda, Mota, Motagueiro, Motillón, Mouta, Mouteira, Moutillón, Múdara, Mudia, Múdula, Mudurra, Paa, Pala, Pala da Moura, Paleira, Palla, Pardaucha (Pedra Ucha), Pedra Cabalaria, Pedra Cabalgada, Pedra Cobertoira, Pedra da Arca, Pedra da Moura, Pedra dos Mouros, Pedra Moura, Pena da Moura, Pena dos Mouros, Poza, Tarañeira, Taraños, Tarreira, Tesouro, Tesouro dos Mouros, Tomba, Tómbaro, Tombeirinho, Tumba, Tumbadura, Tumbaeiro, Tumbeiriña, Túmulo, Ucha, Urna.