PETROGLIFOS DE GALICIA (PROVINCIA DE PONTEVEDRA)

ACLARACIÓN: Ademais das gravuras prehistóricas, tamén fago mención a algunhas de época romana, medieval e moderna. Tamén achego outros gravados singulares de época medieval como, por exemplo, os xogos de alquerque.

Nas relacións por concellos indico o nome da estación que en ocasións pode estar formada por varios grupos de pedras con petroglifos (por exemplo, Outeiro dos Lameiros, en Baiona, está composta por varias penas con gravuras).

PETROGLIFOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

AGOLADA
Pena Cabaleira (Agolada); Os Gorgullóns ou Pena do Couso (entre Agolada e Couso, parroquia de Borraxeiros); Alto de San Miguel e A Ermida (Borraxeiros); Ramil (Edián); Campo do Xastre (Ferreiroa); Tras Outeiro (Laxosa-Gurgueiro); A Picurela (Amil e Val-Trabancas); Monte Laxido, Trabancas (Trabancas); Monte das Fontelas e Monte Farelo (Ventosa); Coto Caldeiro, Coto Cornellal, Coto da Aspra, Monte Axiaz, Namelas e O Turubelo (Axiaz-Ventosa). 
Petroglifos do Coto da Aspra: Forma parte dunha das 25 estacións existentes no Coto Cornellal. Aquí están representadas sete alabardas, sete puñais, unha combinación circular e outros motivos de difícil interpretación. A representación de armas na arte rupestre galega está relacionada coas actividades rituais vencelladas a grupos humanos para os cales a posesión destas armas e o prestixio xogarían un papel moi importante na súa organización social. Gustavo Pascual Hermida achega unha interesante hipótese no artigo Los Carros de Guerra en los Petroglifos del Noroeste Peninsular, publicado no seu blogue Más que Petroglifos. Defende que os petroglifos de forma triangular asociados a espadas, puñais e alabardas representan "carros de guerra". Ademais deste do Coto da Aspra, nomea os da Auga da Laxe, Coto das Laxes, Moguelos e Castriño de Conxo. 
Petroglifos da Ermida: Círculos concéntricos, algúns con coviña central. 
Petroglifos dos Gorgullóns: Descubertos no ano 1989. Círculos concéntricos, coviñas e cruciformes. 
Petroglifos do Monte Laxido: Localizado polo xeógrafo Antonio Presas no ano 2014. Trátase de dús pías naturais comunicadas por unha canle, no fondo dunha hai gravado un cadrado con coviña central.
Petroglifos da Picurela: Un dos dous grupos de gravados foi arrasado pola concentración parcelaria. 
Petroglifo de Trabancas: Presenta motivos antropomorfos e cruces. 
Petroglifos de Tras Outeiro: Círculos concéntricos e coviñas unidas por sucos. 
Petroglifos do Turubelo: No límite con Rodeiro.      
Ángel Luis Utrera Baza achega no seu muro de facebook interesantes fotos e información sobre varios petroglifos de Agolada. Dende aquí o meu agradecemento por permitirme utilizar as súas fotos.
 
  
 



ARBO 
Baixada da Barca, Candido, Eira de Ramos, Eira dos Mouros e O Fentiño Verde (Arbo); A Chan (Barcela); Eira de Ramos (San Xoán-Barcela); Pedradas (Cequeliños); Cavada do Rei, Coto da Moura, Coto de Sande, Coto Grande, As Ladeiras, Monte Miranda, Monte Mirandeiro, Pedra Pousadeira e As Regas (Mourentán); San Martiño (Monte de San Fins-Castro de San Martiño-Sela); Castelos e As Croas (Sela); Os Castelos. 
Petroglifos da Baixada da Barca: O día 11 de xullo de 2016, a páxina Historia de Galicia informa do seu lamentable estado de conservación. Ademais, en parte está tapado polo asfalto. Trátase dunhas gravuras de gran singularidade xa que presenta uns cuadrúpedes asociados a combinacións circulares, caso que só se da tamén no da Poza da Lagoa, en Redondela. 
Petroglifo de Candido: Laxe cunha coviña.    
Petroglifos da Cavada do Rei: No lugar coñecido como O Coto da Moura. Destaca unha combinación de tres círculos concéntricos con cazoleta central e suco radial que mide 0,40 cm de diámetro. 
Petroglifos do Coto da Moura: Catro rochas con cazoletas redondas e cuadangulares e círculos concéntricos, con e sen coviña central. Esta zona conta con exemplos das distintas etapas da prehistoria, dende o Paleolítico, pasando polo megalitismo e Idade do Bronce, ata representacións de cruciformes de época medieval. 
Petroglifos do Fentiño Verde: Combinación circulares e cuadrúpedes.     
Petroglifos das Regas: Localizados polo guarda Cándido Verde. Círculos concéntricos, cazoletas, un reticulado, seis espirais destroxiras de gran tamaño, e outros motivos de tipoloxía non determinada. 
Petroglifos de San Martiño: Cazoletas, algunhas comunicadas por sucos. 
A maioría das gravuras do concello de Arbo foron localizadas polo investigador Manuel Certal quen di que corren grave risco de desaparecer polo abandono en que se atopan.
 

 



 

BAIONA
Alto de Quenlle, Costa de Quenlle, Os Campos, Outeiro dos Lameiros, San Cosme ou Os Eidos e Santa Marta (Baíña); O Castro (Morade-Baíña); Fonte das Vacas, Outeiro das Pereiras (Baredo); Alto do Mato e Cova da Moura (A Granxa-Belesar); Belesar, Corno Ladredo e Pedra do Acordo (Belesar); Castro, Costa de Quenlle, O Grichouso e A Puexa/As Abeas (Medialdea-Belesar); A Meixona, Outeiro dos Lameiros (Sabarís-Santa Cristina da Ramallosa); Castro de Morade, Pouso do Bico, Regueiro do Grilo, Regueiro da Meixona e Regueira da Retruca (Santa Cristina da Ramallosa); As Insuas, Monte do Boi.
Belesar: No ano 2010 localizouse unha rocha con tres muíños naviculares da Idade do Bronce.
Petroglifos dos Campos: Dez grupos formados por círculos concéntricos, coviñas, reticulados, zoomorfos e figuras cuadrangulares con cadradiños ou cazoletas no interior interpretados como taboleiros de xogos. No museo do castro de Santa Trega, procedente de Baíña, gárdase unha pedra cun gravado interpretado como un taboleiro de xogo.
Petroglifos do Castro de Morade: Nas estribacións do Monte do Castro hai unha laxe granítica cun axedrezado de 63 cuadrículas, un motivo cuadrangular, alfabetiformes e unha inscrición en latín. 
Petroglifos do Outeiro dos Lameiros: Estación con máis dunha vintena de rochas con gravuras situada na Serra da Groba, a 180 metros de altitude, posta en valor pola comunidade de montes en man común de Santa Cristina da Ramallosa. Destaca un gran panel vertical de 15 x 5 metros onde se ven 78 cudrúpedes; na parte central hai unha figura abstracta de grandes dimensións que semella un peixe. Na dereita unha estrela destroxira de seis raios curvos.  
Petroglifos da Puexa: Círculos concéntricos con cazoleta central unidos por sucos e liñas e unha escea de monta. 
Petroglifos da Regueira da Retruca: Estación formada por catro penas con gravuras. Un par de penas están exentas. 
   
 

 

BARRO
A Barosa (A Maquieira-Barro); Freixas (Triabá-Perdecanai); Pedra Mirtada (Outeiro-Perdecanai); Campodeira (Perdecanai); O Loural (San Antoniño-Perdecanai); Outeiro do Codeso (Portela); Castro Loureiro (A Costa-Portela); Outeiro (entre as parroquias de Portela e Perdecanai). 
Petroglifos da Barosa: Cinco penas con gravuras situadas preto dunha área recreativa. 
Petroglifos do Castro Loureiro: O lugar foi utilizado como canteira. A apertura dun cortalumes afectou ás pedras acaroadas aos petroglifos. Trátase de tres penedas con gravuras de círculos concéntricos, semicírculos e o que semella un labirinto.   
Petroglifos do Outeiro do Codeso: Presenta combinacións circulares. Utilizado como canteira polo que se atopan bantante estragados. 
Petroglifos da Pedra Mirtada: Catro rochas con cinco coviñas soltas, un grupo de cinco coviñas, outra cunha circular e unha curiosa rectangular e unha pía.


 



BUEU 
Castro Casas de Bon, As CachopasA Cuverna, Muíño da Abilleira (Bon-Beluso); Casas Vellas (Bon de Abaixo-Beluso); Laxes do Lixo (Beluso); Punta Escandiña (Beluso); Meáns (Meáns-Bueu); Castro Liboreiro (Bueu); Os Abelaires e Marco da Portela (A Portela-Bueu); A Bufúa (Alto da Telleira-Cela); Pegada dos Bois (Cela); Pegada do Boi (Ermelo); Canexol, Chan da Pólvora e A Laxe (Illa de Ons). 
Petroglifos da Bufúa: Coviñas sobre pedra exenta. 
Petroglifos de As Cachopas e o Muíño da Abilleira: As gravuras foron incluídas no inventario da Xunta de Galicia a finais do ano 2013 por solicitude do Concello de Bueu. 
Petroglifos de Casas Vellas: Cazoletas illadas, círculos concéntricos con coviña central e pseudo podomorfos. 
Petroglifos do Castro Casas de Bon: Petroglifos con cazoletas e restos de círculos. 
Petroglifo do Marco da Portela: Cruz histórica. 
Petroglifos da Illa de Ons: Gravuras de coviñas, círculos e restos de círculos concéntricos, algúns realizados sobre rochas metamórficas laminadas (xisto). 
Petroglifos das Laxes do Lixo: Dúas rochas con máis de 50 coviñas.  
Petroglifos do Monte Liboreiro: No castro Liboreiro. Podomorfo. A súa interpretación non resulta doada. Para uns formarían parte de ritos de investidura céltica onde se iniciaban os xoves guerreiros, para outros estes lugares estarían relacionados co mundo da curación, a xeito de exvotos para a petición ou como agradecemento dunha cura, e tamén como representación dun xuramento ou calquera outra promesa. Tamén apareceon coviñas soltas, cadrados con coviñas e cruciformes, estes de posible orixe histórico. 
Petroglifos da Pegada do Boi: Podomorfos.  
Petroglifo de Punta Escandiña: Círculo ou trazo curvo indeterminado. 
 
 
 
CALDAS DE REIS
Monte Xiabre (Bemil); Cortiñas (As Cortiñas-Carracedo); Monte Alboriz (O Gorgullón-Carracedo); Godos ou San Simón (San Simón-Godos); Chan do Corno e Laxe dos Bolos (Monte Xiabre-Saiar).
Cortiñas e Monte Alboriz: Gravuras medievais.
Petroglifos da Laxe dos Bolos: Gravuras cargadas de simbolismo. Zoomorfos, pegadas, cazoletas, combinacións circulares, motivos cuadrangulares con divisións internas, etc.
Petroglifos no Monte Xiabre: Dado a coñecer en maio de 2021 por Umiavivo. Coviñas, círculos e liñas radiais.
Petroglifo da Pedra da Grada: Entre os concellos de Caldas de Reis, Moraña e Portas. (Ver Portas). 
Petroglifos da Pena Bicuda: Na parroquia de Briallos, no límite con Arcos da Condesa, en Caldas de Reis. 
Petroglifo de San Simón: Gravada cunha cruz medieval ou moderna.

 

CAMBADOS
Monte Castrelo (Sartaxes-Castrelo); A Igrexa (Corvillón); Castro Cons das Sete Pías (Vilariño); Sameiro (Sameiro-Vilariño).
Petroglifos do Castro das Sete Pías (Vilariño): Laxe con cazoletas unidas entre si por trazos. 

CAMPO LAMEIRO
Costa da Vila e Rotea de Mendo (O Campo); Pedra da Serpe (Castro de Penalba-O Campo); Carballeira da Lagoa, Escorregadeira da Raposeira e O Pombal (A Lagoa-O Campo); Praderrei (Praderrei-O Campo); Outeiro das Pías (Saídos das Rozas-O Couso); Alba Túnez, Cachada das Tremesas, Fontela, Gargallós e As Martizas (Fragas); Cachada de Pedro (Fontela-Fragas); Pedra da Boullosa (Cachada da Xaveira-Fragas); Pedra de San Francisco (preto da igrexa parroquial-Fragas); Chan de Carballeiras (Armonda-Paincieiros-Moimenta); Arriba de Alondo, A Cachada e Regato dos Salgueiriños (Paincieiros-Moimenta); Os Carballos, A Forneiriña, Fonte da Pena Furada, Laxe dos Cabalos, Outeiro do Cogoludo, Outeiro das Ventaniñas, Pena do Outeiro Furado e Rega de Vales (Paredes-Moimenta); Chan do Carbón, Chan da Lagoa, Chan de Salgueiriños e A Trincheira (Paredes-Montes); Fonte do Piollo (Fornelos-San Isidro de Montes); O Soutiño (San Isidro-Montes); Campo de Matabois, As Canles, Chan da Abelleira, Monte Calvo, Outeiro do Carballiño, Outeiro de Pantrigo, Pena Furada, O Ramallal, Tras Regoiro e Tras da Veigas (Caneda-Morillas). Centro de Interpretación da Arte Rupestre (Paredes).
Petroglifos dos Carballos: Destaca o gran cervo astado cun gran número de frechas ou lanzas cravadas no lombo e cunha corda atada ao colo. Chama a atención a expresión chacoteira do animal a pesares do castigo ao que está a ser sometido. Tamén presenta motivos de cervos, combinacións circulares, cazoletas, etc. Atopáronse restos de fogueiras e un chan que pode ser contemporáneo das gravuras. Tamén apareceu unha canle de desaugue para evitar que o petroglifo se inundara no caso de choivas.
Petroglifos da Chan da Lagoa: Pódense ver dous cuadrúpedes cunhas figuras antropomorfas que exhiben nunha man un instrumento alongado mentres que coa outra suxeitan a cabeza do animal. Os xinetes galopan entre os cérvidos no que semella unha escea de caza. Tamén hai insculpidos dous peseudolabirintos.
Petroglifos da Fonte da Pena Furada: Nunha peneda con representacións de cervos e círculos concéntricos destaca un cervo astado ao que se lle representou a boca e os ollos nun mesmo plano. 
Petroglifos da Fonte do Piollo: Documentados polo Colectivo Capitán Gosende en maio de 2022. Nun afloramento granítico, 65 coviñas e 12 coviñas tipo bacilo, cun diámetro que oscila entre os 3 e 10 centímetros. 
Petroglifo do Outeiro da Chan da Isca: Dado a coñecer a principios do mes de xullo de 2016. Atopáronno preto do centro de interpretación. Trátase dunha espada de grandes dimensións (80 cm de lonxitude), arrodeada de diferentes animais, cervos maiormente. Tamén hai combinacións circulares e coviñas. O que o fai único é que a espada só estea asociada a animais.   
Petroglifos do Outeiro do Cogoludo: Sobre un outeiro granítico vense gravuras de cabalos cos seus xinetes á garupa, círculos concéntricos e simples con coviña no medio, cérvidos e un reticulado. 
Petroglifos da Pedra da Boullosa: Salienta a gran serpe sen cabeza e con escamas de máis de catro metros de lonxitude que semella estar a reptar pola pedra. Sobre o mesmo soporte pódese ver unha figura humana cunha arma na man dereita que acosa ou caza a un rabaño de cervos.  Segundo a lenda, hai unha galiña que pon ovos de ouro, pero está gardada por unha serpe que en realidade é unha moura encantada que todas as mañás sae ao exterior cunha folor na boca. Quen se arrisque a darlle un bico na boca devolverá á moura o seu aspecto humano e recibirá como premio ao seu valor a galiña dos ovos de ouro, e mostraráselle tamén o camiño para chegar ao apousento do castro da Anduriña no que hai unha viga de ouro. 
Petroglifo da Pedra da Serpe: No castro de Penalba, trátase de dous serpentiformes, un de 2,06 m. e o outro de 1,94 metros de lonxitude. Verbo desta peneda, había a tradición de, na Noite de San Xoán, copularen as parellas xunto dela para teren descendencia; mais denantes o acto, tiñan que agasallar aos ofidios cun púcaro con leite. 
Petroglifos da Pedra de San Francisco: Con combinacións circulares, cervos e dous ofidios.
Petroglifos do Ramallal: Presenta un coxunto dunha ducia de puñais ou espadas xunto cun escutiforme. 
Petroglifos da Rotea de Mendo: Presenta un enorme cervo con desproporcionada cornamenta no momento da berra. No seu redor outros cervos de menor tamaño, combinacións circulares e outros trazos.
Novos petroglifos: A finais do mes de novembro de 2023, integrantes da asociación O Eido do Cervo atoparon uns novos petroglifos entre Alende, Lamosa e Painceiros. Nunha das penas localizaron a gravura dun cervo co pescozo totalmente ergueito, en actitude de brama, e noutra laxe catro círculos concéntricos.
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre: Inaugurouse o día 6 de xullo de 2011. 
Aclaración: Os resaltes con xiz non son obra do autor do blogue.

 






 

 

 
 
CANGAS
As Abelaires e Gandón (Aldán); Outeiro do Río Loureiro, Monte Peralta e Monte Pereiro (Ervello-Aldán); Pinal do Rei (Monte das Fontiñas-Cangas); Monte Liboreiro (Coiro); Pedra de Gondarán (Monte do Prado-Gondarán-Coiro); Salgueirón (Darbo); Anguieiro (Anguieiro-Darbo); Camiño do Castelo, Cristo da Laxe, Gorgullón, O Lago, O Loureiro e Monte Carrasco, Monte da Garita, Pinal do Rei (Darbo); Chan do Rei (Bispo-Cimadevila-Darbo); Monte da Vixía (Serra da Madalena-Darbo); Castro das Eiras (Eirexiña-O Hío); A Laxe da Chan, Mogüelos, Olleiros e Tombo dos Visos (Donón-O Hío); Coto Rapado, Monte Facho, Outeiro do Mouro e Punta Corveira (O Hío); O Castro e As Cruces (Nerga-O Hío); Gomesende (Vilanova-O Hío); Alto da Serra (O Hío); O Lago (Piñeiro-Lago); A Alada (Vilanova); Eirexiña; A Fontemila; Punta dos Patos; A Sinllosa. 
Petroglifo en Anguieiro ou Forno de Anguiero: Documentado no ano 2017 por Benito Vilas, Alia Vázquez e Miguel Carrero. Exento, formaba parte dun forno do ano 1928 que estivo en funcionamento ata o 1978. Foi descuberto polo dono do forno cando o demoleu para utilizar as pedras noutra construción. Vense combinacións circulares. 
Petroglifo do Castro das Eiras: Laxe con cazoletas. 
Petroglifos do Cristo da Laxe: No mes de setembro de 2013, o veciño José Paz denunciou unha agresión con pintura de cor branca ás gravuras. A pena atópase en mal estado, cuberta pola matogueira e sen ningunha protección. 
Petroglifos de Gondarán: Despois dunha morea de anos "xubilado", foi devolto á vida laboral activa por mor das obras do Corredor do Morrazo. E que mellor que seren trasladado a unha escola de canteiros de Cangas para servir de soporte ao mazo dos alumnos. 
Petroglifoso do Gorgullón: Motivos de espadas e cazoletas. 
Petroglifos da Laxe da Chan: A principios dos anos oitenta do pasado século construíuse un muro cun enreixado para protexer os petroglifos, obra que merecería os máximos parabéns se non se levantara por riba do soporte granítico que acolle as gravuras. Na parte interior vense paletas, alabardas e unha figura humana de factura moderna. Fóra do recinto murado temos círculos simples e con coviña central e unha figura humana con arco e escudo. 
Petroglifos do Monte Facho: Nos castros das Cortes e Os Cortellos atopáronse laxes con insculturas de cazoletas, combinacións circulares, cadrados, cruciformes e alfabetiformes. Nunha pena do Facho de Donón pódense ver uns deseños cuadrangulares concéntricos, probables taboleiros de xogo modernos.
Petroglifos dos Olleiros: Descubertos no ano 1979 por José Suárez Mariño. Estación distribuída en varios grupos con combinacións de círculos concéntricos e círculos simples, e coviñas.
Petroglifos do Outeiro do Río Loureiro: Descuberto polo investigar Antonio Costa Iglesias no ano 1974. Ademais das coviñas e círculos concéntricos con coviña central e apéndice radial, no conxunto destaca un deseño antropomorfo pouco claro coñecido como "o guerreiro", con espada, escudo e casco con cornos que, de se verificar os motivos, introduciría un novo elemento no armamento dos petroglifos galegos: o casco con cornos. 
Petroglifo da Punta Balea: Descuberto no 2010 polo veciño Cholo Cordeiro, ten a particularidade de seren a primeira gravura rupestre que só se pode ver cando a marea baixa.


 

 


A CAÑIZA 
Chan de Bouzas (As Achas); Laxiña das Cruces (Deva-As Achas); Coto da Vella (A Franqueira); A Ferradura (Cernadela-Godóns); Casiñas dos Mouros (Luneda); Laxiña das Cruces e Outeiro das Cruces (Casancho-Petán); A Ferradura (Petán); Os Castelos; As Cortes; Coto do Regueiro da Valiña, Gomesende; Gondarán; As Eiras; Eiriña; O Outeiriño; O Pereiro; A Xesteira. 
Petroglifos da Laxiña das Cruces: Laxe granítica con gravados de distintas épocas: coviñas, cruces, motivos con forma de ferradura e sucos entrecruzados. (Información recollida de Óscar Franco en patrimoniogalego.net). 
Petroglifos do Outeiro das Cruces: Coviñas. 
 

 
CATOIRA
Pedra das Tixolas (Cores-Abalo); Abalo, Aglobada (Abalo); Preto do Campo de Fútbol (Catoira); As Lombas e Monte de San Miguel (Catoira); Taleiriña (Aragunde-Catoira); Outeiro do Barral (Barral-Catoira); As Lagoas (As Lagoas-Catoira); A Busta (Dimo); Muíño dos Portugueses (Portocanles-Dimo); Pinar do Rei ou Corredoira das Lombas, Santa Baia (Oeste).
Petroglifos en Abalo: Localizados o 30 de setembro de 2023, nunha zona onde van instalar un aeroxenerador eólico. Cazoletas aliñadas, reticulados con liñas e cazoleta e círculos.
Petroglifos de Aglobada: Combinación de círculos concéntricos.
Petroglifos de Aragunde ou Taleiriña: Na actualidade forman parte do muro dunha casa. Foron atopados na coñecida como Finca Taleiriña. Presenta círculos concéntricos e cazoletas.
Petroglifo de Dimo: Reutilizado nun muro, no mes de abril de 2023 foi trasladado para o Centro de Activación Cultural Torres do Oeste.
Petroglifos das Lagoas: Círculos concéntricos con coviñas no interior.
Petroglifos da Pedra das Tixolas: Círculos concéntricos, cazoletas e cruciformes. Parte da laxe granítica foi destruída.
Petroglifos de Pinar do Rei: Localizado por Peña Santos a principios dos anos setenta do século XX. Círculos concéntricos con sucos moi erosionados. Parte da pena desapareceu debido á actividade dos canteiros.
 



 
 
 
CERDEDO
Castro do Cobo (Castro); Muíño de Herdeiros de Baixo (Abelaíndo-Cerdedo); O Cotadoiro (Biduido-Cerdedo); Laxa do Castro (Arén-Cerdedo); Outeiro Aciveiral e Outeiro de Riba (Biduído-Cerdedo); Carballás (Cerdedo); A Cavadosa (A Cavadosa-Cerdedo); A Cerqueira, Fonte Mosqueira (Chamadoira-Cerdedo); Outeiro do Coto (Cerdedo); Monte Baixo (Limeres-Cerdedo); As Brañas (Monte de Lourido-Cerdedo); Laxa do Almanaque e Maraminghez (Outeiro da Chamadoira-Cerdedo); Laxa do Sangal, O Meixón (Cerdedo); Coto Laceiras (Loureiro-Figueiroa); Outeiro do Alto do Monte (Monte de Deán-Figueiroa); Outeiro do Mestre (Monte de Deán-Figueiroa); Chaira do Coto (Figueiroa); Torre dos Mouros (Folgoso); Rotea-Castro do Corvo (Parada); Daquelcabo, Laxa das Filloeiras, Outeiro da Corva (Pedre); A Granxa do Hospital (Fondós-Quireza); Monte Laxoso e Vilarchán ou As Mámoas (Quireza); A Laxa da Veiga da Pedra ou Laxe da Veiga do Chan (Tomonde).
Petroglifo de Carballás: Descuberto a mediados do mes de xaneiro de 2015 polos do colectivo Capitán Gosende. 
Petroglifos do Castro do Cobo: Localizado polo Colectivo Capitán Gosende o 13 de xaneiro de 2019. Trátase de cinco paneis con coviñas, dalgunhas parten sucos e outras están unidas por estes.
Petroglifo da Cavadosa: Localizado polo colectivo Capitán Gosende o 19 de marzo de 2021 nunha pena granítica que forma parte dos alicerces dunha casa, compostos por cinco coviñas de 5, 7, 9, 10 e 15 centímetros de diámetro.
Petroglifos da Chaira do Coto: Laxa situada a uns 500 metros de altitude. Coviñas. Localizados por Capitán Gosende no mes de setembro de 2021.
Petroglifos do Coto Laceiras: Laxe con coviñas, algunhas unidas por sucos, localizadas polo Colectivo Capitán Gosende o 31 de xullo de 2016.
Petroglifos Daquelcabo: Localizados por Capitán Gosende en abril de 2021. Dezasete coviñas prehistóricas e dezaoito cruciformes históricos.
Petroglifos da Granxa do Hospital: Descuberto no mes de agosto de 2015 polo membro do Colectivo Capitán Gosende Anjo Torres. Vense catro círculos concéntricos con coviña central, un deles con apéndice, e un círculo simple con coviña central.      
Petroglifo da Laxa do Castro (Arén): Ou Porta do castro de Arén. De época histórica. Dado a coñecer por Calros Solla. 
Petroglifo da Laxa das Filloeiras: Sen catalogar, foi redescuberto en marzo de 2012 polo colectivo Capitán Gosende, que limpou e balizou a zona do achado. O panel compóñenno 44 pías que van dende os 23 aos 4 centímetros de diámetro. Temendo que as autoridades non fagan nada pola súa divulgación, o 28 de xullo organizaron unha visita guiada ao depósito arqueolóxico dos Castelos. 
Petroglifo da Laxa do Sangal: A principios do mes de febreiro de 2014, o colectivo Capitán Gosende localizaron un novo petroglifo nos montes de Cerdedo, formado por media ducia de cazoletas, denunciando que está exposto ao tránsito de maquinaria agrícola, forestal e quads.    
Petroglifo da Laxa da Veiga do Chan: Petroglifo redescuberto no ano 2007 polo grupo de investigación arqueolóxica A Laxa da Irena, de Pontecaldelas. Atópase nun galiñeiro. Xa fora documentado polo cronista da Terra de Montes Antonio Rodríguez Fraíz quen o describiu con gravuras de coviñas, unha esvástica, un puñal, unha cruz e outras figuras indeterminadas. Unha das paredes do alpendre asenta sobre a rocha o que impede ver se aínda se consevan o puñal e a esvástica. Segundo me comunicou Calros Solla en xullo de 2012, a gravura foi espunteirada por algún irresponsable. 
Petroglifo de Maraminghez: Descuberto polo colectivo Capitán Gosende o día 21 de setembro de 2014. Pena con trinta coviñas e riscos curvos e rectos. 
Petroglifo do Monte Laxoso. O día 12 de abril de 2015, os de Capitán Gosende volveron a dar unha nova campanada no concello coa descuberta dun novo petroglifo situado no cume dun outarelo. Trátase dunha pedra con gravuras de coviñas cun diámetro de entre 12 e 5 centímetros. 
Petroglifo do Muíño de Herdeiros de Baixo: No Faro de Vigo do día 20 de xullo de 2014, Calros Solla dá conta, noutro estupendo artigo, dun novo achado dos incansables do colectivo Capitán Gosende. Trátase dun petroglifo situado fronte o Muíño de Herdeiros de Baixo, en Abelaíndo, probablemente medieval, con signos circulares, lenticulares e cruciformes pometados. 
Petroglifos do Outeiro da Corva: Os días 3 e 10 de maio de 2015, os do colectivo Capitán Gosende localizaron dúas novas penas inéditas con gravuras, a primeira con seis coviñas, unha delas contida nun círculo, a outra ten dúas coviñas. Bautizáronnas como Outeiro da Corva I e Outeiro da Corva II. 
Petroglifo do Outeiro de Riba: Descuberto polo colectivo Capitán Gosende no mes de setembro de 2014. 
Petroglifo de Vilarchán ou das Mámoas: O día 30 de agosto de 2015, integrantes do Colectivo Capitán Gosende localizaron un outro petroglifo entre as aldeas de Vilarchán e de Fondós, na parroquia de Quireza, no lugar coñecido como As Mámoas. Esta zona é unha pequena prominencia rochosa cuberta na súa meirande parte pola vexetación. O conxunto componse dunhas 13 coviñas de distintos tamaños, dous círculos concéntricos con foquiña central e apéndice, e no recanto inferior dereito vese outra coviña con apéndice contida nun círculo.        
Xacemento do Coto das Insuas (O Serrapio-Pedre): Forma parte dun santuario prehistórico ao aire libre, situado na confluenza dos ríos Lérez e Quireza. A antropomorfización da pedra data, probablemente, da Idade do Bronce. As tres cruces que figuran insculpidas pode que se realizaran na Idade Media para cristianizar o lugar. Foi descuberto polo colectivo Capitán Gosende, que logo de acondicionar o lugar, procederon a balizalo e sinalizalo. 
Novo petroglifo en Parada: O día 25 de xuño de 2016, integrantes do Colectivo Capitán Gosende localizaron unha rocha con 25 coviñas. 
A Serpe do Monte de Baixo (Limeres): Impresionante gravura dunha serpe descuberta polos integrantes do Colectivo Capitán Gosende a mediados de xullo de 2017. Labrada no frontal inclinado dunha rocha granítica, moi erosionada, orientada cara o sudoeste. O seu realismo impresiona, enrodelándose en actitude ameazante. Estarricado, o ofidio acadaría os 190 centímetros de lonxitude. A cabeza, de 20 centímetros de longo e 16 de ancho, ten na parte anterior un risco en forma de V que salienta a súa boca ou a lingua bífida; a continuación da cabeza hai gravadas dúas coviñas, como se de ovos se tratase.Nas inmediación tamén atoparon unha pena con dúas coviñas e unha cruz de termo. Di a lenda que no Monte Baixo adoita aparecer un encanto en forma de serpe que asubía polos homes. Se houber algún valente que a bicase, a cóbrega deviría nunha muller fermosa. A moura-serpe acostumaba aparecérselle aos homes (canteiros), non quería que lle destruísen a súa casa. 
 










 


 
COTOBADE
Chan do Muíño, Illa Rociña, Porteliña da Corte e Sucastro (Augasantas); A Coutada (A Coutada-Augasantas); Chan das Latas (Monte Coirego-Carballedo); Cuadras dos Mouros (Monte Churrumel-Carballedo); Cova da Serpe, Monte Castelo,  A Pedreira e Val da Pereira (Carballedo); Pedra Redonda (Monte Churumel-Carballedo); O Campiño das Pías e Os Carreiros (Carballedo); Campo de Santa Mariña (A Cima de Vila-Caroi); A Redonda (Corredoira); Monte Pedreira (As Barreiras-Loureiro); A Portela (A Portela-Loureiro); Coto da Cerca e Castro Eira dos Mouros (Castro da Cividá-San Xurxo de Sacos); Cutián (Cutián-San Xurxo de Sacos); Boca das Canles, Coto da Braña, Coto da Casa Vella, Coto das Porras, Coto do Rapadoiro, Laxe dos Cebros, Laxe das Rodas, Lixó, Outeiro da Besta, Outeiro do Lombo da Costa, Outeiro da Mó, Outeiro do Morcego, Pedra das Ferraduras, Quenxa do Lixo, Rozas Vellas e Tras a Rasa (Fentáns-San Xurxo de Sacos); Laxe do Cuco (Outeiro do Cuco-San Xurxo de Sacos); Chan de Balboa e Laxe da Portela da Cruz (San Xurxo de Sacos); A Guiela (Tenorio); Fonte do Lagarto (Parada-Tenorio); Outeiral e Portoval (A Casanova-Tenorio); Coto do Outeiriño (Tenorio); Chan das Arcas e As Laxas (Partoval-Valongo); Portela da Laxe e Laxe das Coutadas (A Costa-Viascón); Chan das Rozas e Monte da Rocha (Mallo-Viascón). Illa Rociña e Regato da Raposeira.
Petroglifo da Boca das Canles: Tres combinacións circulares e outros motivos de difícil lectura.
Petroglifo do Castro da Eira dos Mouros: Nunha ladeira do castro pódense ver cazoletas, cadrados e cruciformes. 
Petroglifos da Coutada: No mes de xullo de 2020, a raíz da información facilitada por Pedro Eiras Adán, os do colectivo Capitán Gosende documentaron nunha pedra exenta dun valado dúas combinacións de círculos concéntricos. 
Petroglifos da Guiela: Aínda que foron publicados en Vida Gallega por López Cuevillas no ano 1928, estaban esquecidos e sen catalogar, pero a xente do Colectivo Capitán Gosende, nunha ardua busca, localizáronnos o día 19 de xullo de 2020. Trátase de tres combinacións de círculos concéntricos con coviña central (a maior de 64 cm de diámetro) e un agrupamento de coviñas.     
Petroglifos da Laxe dos Cebros: Exento. Representa unha escea de caza. No Museo de Pontevedra. 
Petroglifos da Laxe das Chaves de San Pedro: Gravuras recollidas por Fr. Martín Sarmiento na súa Viaxe a Galicia do ano 1745. De factura moderna actuaba como marco entre as parroquias de Tenorio e Viascón. 
Petroglifos da Laxe das Rodas: Cuadrúpedes, cérvidos, círculos concéntricos e outros motivos. 
Petroglifos do Outeiro do Lombo da Costa: Varias rochas con círculos concéntricos, esceas de monta, antropomorfos, un zigue-zague, cuadrúpedes e círculos simples. Segundo Sobrino (1952), entre as gretas do petroglifo apareceu un machado. 
Petroglifos da Pedra das Ferraduras: A rocha presenta na súa parte superior unha combinación de círculos concéntricos e pegadas de cérvidos ou bóvidos. Na cara sur, de forte pendente, represéntanse figuras zoomórficas, unha delas con cornamenta, tres motivos idiliformes (ídolos-cilindro) e cinco figuras antropomórficas, posiblemente armadas, que arrodean os animais. Unha das figuras antropomórficas empuña na man dereita unha gran espada, moi desproporcionada con respecto da figura humana, e sostendo un escudo circular co outro brazo. Varios animais presentan unhas frechas cravadas no lombo polo que estariamos a asistir a unha representación dunha escea de caza. Canto á súa interpretación existen varias teorías que van dende un lugar relacionado con ritos iniciáticos a marcas delimitadoras dun territorio. 
Petroglifos da Portela da Laxe: Orixinariamente estaba formada por seis grupos inscultóricos, catro foron destruídos cando a ampliación da estrada Pontevedra-Ourense. Nunha gran laxe granítica plana presenta combinacións circulares, cazoletas, cadrados, soliformes, paletas, cruciformes e esvásticas. Citado por Sobrino Buhígas no ano 1935 no seu Corpus Petroglyphorum Galaeciae. Abandonada polas administracións públicas. 
Petroglifos do Rapadoiro: Dúas rochas con cuadrúpedes, cérvidos e combinacións circulares. 
Rodeiras de Campo Xuncal: Gravura histórica. 
Petroglifos de Rozas Vellas: Presenta oito cuadrúpedes, unha espiral, tres combinacións circulares, cazoletas e cruces. 
Alquerque da Ermida de San Xusto e Pastor: Situada na Carballeira de San Xusto. Posible taboleiro de xogo cuadrangular de "alquerque de tres" gravado na bancada do adro.



 

 


 

 


 
COVELO
Camporredondo (Barcia de Mera); Bridos de Arriba (Bustelo-Campo); Chan de Pazos (entre Casteláns e Covelo); Cernadela e A Ferradura (Cernadela-Godóns); Santa Mariña (castro de Santa Mariña-Covelo); Porto da Arca (Salcedo-A Graña); Serra da Xesteira (A Graña); Chan da Toxeira (Maceira e Santiago de Covelo); Coallos (Carballda-Maceira); Pena Cabalaria (Castro de A Cividade-Maceira); Castroregueiro (Castroregueiro-Maceira); Cotos da Guía, Outeiro do Sino (Maceira); Aradelas e Piñeiro de Areas (Piñeiro); Monte do Castro (O Castro-Santiago de Covelo). 
Petroglifos de Aradelas: Tres penas con gravuras.  
Petroglifos de Bridos de Arriba: A 700 metros de altitude, no monte das Lameiras.
Petroglifos do Castro Monte do Castro: Rocha situada na croa do Monte do Castro  con cinco cazoletas dentro dun círculo gravadas ao pé dunha cruz que formaba parte dun Vía Crucis. Pola pena vense outras coviñas illadas e dúas pías.
Petroglifos da Chan de Pazos: Unha pena con gravuras atópase na parroquia de Casteláns, e outas cinco na parroquia de Santa Mariña de Covelo. 
Petroglifos da Chan da Toxeira: A 500 metros de altitude. Dúas penas con gravuras, unha na parroquia de Maceira e outra na de Santiago de Covelo.   
Petroglifo da Ferradura: Medieval. 
Petroglifos da Pena Cabalaria: Tres penas con gravuras. 
Petroglifos de Pazos: A 400 metros de altitude. Cinco penas con gravuras.  
Petroglifos da Serra da Xesteira: A 926 metros de altitude, entre as parroquias da Graña (Covelo) e Nieva (Avión).


CRECENTE
Cerraque, Fonteliña e Paradela (Albeos); Castro de Cerco (A Ameixeira); Sinada (O Freixo).
Petroglifo do Castro de Cerco: No interior do castro hai a gravura dunha serpe. 

CUNTIS
Castro de Arcos (Arcos); Monte do Moucho, Montes de Cequeril, Outeiriño da Costa de Vales, Outeiro das Campás, Outeiro de Vales, Outeiro do Forno da Tella ou Outeiro da Ran (Cequeril); Laxe dos Homes (Sebil-Cequeril); Outeiro dos Campiños e Outeiro do Casal (Cequeril); Monte de Calvos (Calvos-Cuntis); Cartas de Fóra e Outeiro do Pereiriño (Laxos-Cuntis); O Castelo, Outeiro de Cartas, Outeiro de Cardecide (Cardecide-Cuntis); Monte do Barro (Rebordelo-Cuntis); Sobresouto (Xinzo-Cuntis); Mesego (Mesego); Outeiro do Galiñeiro (Portela).
Petroglifos do Castro de Arcos: Círculos que forman un pseudolabirinto. Consérvase na Casa da Cultura de Cuntis. 
Petroglifos de Cequeril: Descubrtos por Sobrino Buhigas nos anos vinte do pasado século. Apareceron tres estacións próximas entre si que conforman os grupos do Outeiro dos Campiños, o Outeiro deo Galiñeiro e a Laxe dos Homes (a gravura máis simbólica da zona). No Outeiros do Campiños podermos ver doce combinacións circulares de desño atípico dentro da iconografía da arte rupestre galega, pois en lugar de coviña central hai cruces inseridas nos círculos. Dentro do grupo do Outeiro do Galiñeiro obsérvanse deseños cuadrangulares e cruces. A Laxe dos Homes é o grupo máis característico por tratarse de figuras antropomorfas de cabeza redonda con cunz inscrita.
Petroglifos dos Montes de Cequeril: A principios do mes de decembro de 2015, Jorge Fernández Guerra, do colectivo Codesesa Viva, localizou cinco novas estacións con gravuras nos montes de Cequeril: Unha pena con 65 cazoletas, o posible antropomorfo dun guerreiro, un antropomorfo dentro dun círculo, cruces punteadas e antropomorfos, un cadrado cunha cruz inscrita e un muíño esculpido na pedra.  
Petroglifos do Forno da Tella (Troáns-Cequeril): Salientan un grupo de cérvidos en actitude de fuxida, outros berrando e outros na procura de alimentos. Tamén se poden ver combinacións circulares.
Petroglifos do Outeiro de Vales: Presenta combinacións circulares e un pseudolabirinto relacionado con outros motivos xeométricos.




DOZÓN
Porgán (Monte Abeledo-O Castro); Pena da Ferradura, Pena do Somedeiro (Sanguiñedo); Guldrigáns (Guldrigáns-Troáns). 
Petroglifos da Pena do Somedeiro: Dúas penas no límite con O Castro, en San Cosmede de Cusanca (O Irixo).
 
A ESTRADA
Castro de Codeseda, Castro de Entrecastrelos e Marcenlos (Codeseda); Couso (Couso); Penedo do Lagarto (Monte da Rocha-Curantes); As Caneiras e Fiáns (Casalpaio-Frades); Monte Parada e Monte Picáns (Parada); O Curuto, Outeiro da Pena e Trono da Moura (Sabucedo); Castro de Trasmonte (Trasmonte); Camporredondo (San Tomé de Ancorados); Pena dos Cabalos, Quenlla dos Carballos, Quenlla dos Castiñeiros e A Pedra Santeira (San Xurxo de Vea); Souto (Souto). 
Petroglifo do Castro de Codeseda: Un petroglifo foi reaproveitado como material de construción do castro. Foi atopado no ano 1932 por don Jesús Romai no interior do castro mentres realizaba labores agrícolas. A rocha debeu formar parte doutra maior. Presenta combinacións circulares. Custodiado no Museo de Pontevedra. 
Petroglifos do Castro de Entrecastelos: Jorge Fernández e Carlos da Barreira, de Codeseda Viva, localizaron no ano 2016 dez penas con coviñas, o de maior tamaño ten gravadas 150 coviñas. Estes petroglifos foron citados por Bouza Brey.  
Petroglifo no castro de Trasmonte: Rocha con cazoletas moi deteriorada documentada por Bouza Brey e Fraguas Fraguas. 
Petroglifo do Monte Picáns: Unha pena de arenisca, custodiada no Museo de Pontevedra, presenta uns signos de difícil interpretación realizados cun instrumento metálico. Hai varias teorías, atribuíndolles algúns o carácter de signos protoibéricos, mentres que outros redúcennos a simples riscos sen intención de reproducir unha mensaxe. 
Petroglifo do Outeiro da Pena (Sabucedo): Descuberto polo colectivo Capitán Gosende o día 14 de decembro de 2014. 
Petroglifo Pena dos Cabalos: Descuberto no ano 1988 por J. Andrés Fernández Castro. Varios paneis con liñas concéntricas discontinuas, círculos concéntricos e cazoletas. Unha das rochas presenta, ademais de sucos lineais e coviñas, varios cruciformes de época moderna. 
Petroglifo Pena Santeira: Rocha granítica cunha gravura moderna.
Petroglifo da Quenlla dos Carballos: Localizado polo Colectivo A Rula, preto do río Ulla. Combinacións circulares, unha de nove aneis, coviñas e unha embarcación, e tamén cruciformes históricos.
Petroglifos de Souto: Cuadrúpede localizado por Jorge Fenández Guerra, no límite co concello de Cerdedo-Cotobade, pretoda Pena Cebral.


 
 
FORCAREI
O Vieiro (Castrelo); Laxa do Monte Penide (Quintelas-Dúas Igrexas); A Pedreira e O Revoltón (Pereira); San Miguel (San Miguel de Presqueiras); Campo das Cruces e Laxa das Buratas (Santa Mariña de Presqueiras); Campo das Antas (A Mámoa). 
Campo das Antas (A Mámoa): Calros Solla, no Faro de Vigo do día 28 de decembro de 2013, fala, entre outros sitios arqueolóxicos, dun petroglifo que o colectivo Capitán Gosende tentou localizar no monte da aldea da Mámoa segundo referencias achegadas polos veciños. Despois de ardua pescuda non foi posible a súa localización, temendo que foi destruído. Tratábase dunha laxe xistosa con dezanove coviñas que arrodeaban a outra situada no centro. 
Petroglifo da Laxa das Buratas: Localizado polo colectivo Capitán Gosende en xuño de 2013 quen utilizaron o mapa de Bouza Brey, publicado no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Ourense a comezos do ano 1940, no artigo Insculturas cruciformes de Presqueiras. 
Petroglifo da Laxa do Monte Penide: Cruces de posible orixe medieval, unha inscrita dentro dun círculo, e coviñas. 
Petroglifos da Pedreira: Seis grupos con coviñas e combinacións de círculos descubertos polo colectivo Capitán Gosende no ano 2018. As gravuras da Pedreira VI son as únicas combinacións circulares descubertas en Forcarei.
Petroglifos do Revoltón: Descubertos polo colectivo Capitán Gosende o 18 de febreiro de 2018. Trátase dunha pena con 38 coviñas cuns diámetros que oscilan entre os 17 e 8 centímetros de diámetro. Talláronse no banzo inferiro dunha peneda amoreada que coroa as lombas do Revoltón, tenza do monte veciñal dos lugares de Alende e Castro de Muras. 
Petroglifo do Vieiro: Nova descuberta do colectivo Capitán Gosende, dada a coñecer o día 10 de xullo de 2016. Localizáronno nun planalto da parroquia de Castrelo, a uns 150 metros da parroquia de Parada, en Cerdedo.



FORNELOS DE MONTES 
Xampardiño (Piñeiral-Calvos); Coto do Galo (Cerdeiras-Calvos); Alto do Carballal, Coto do Boi, Coto do Home de Pedra, Fonte da Carixa, Remende (Bustelos-Estacas); Xargo (Os Campeliños-As Estacas); Coto do Raposo, Val de María (Couñago-As Estacas); Cerdeira, Cruz de Vilariño (Fornelos); Cruz de Vilariño, Val do Empedro (Vilán-Fornelos); Pedra da Letra (A Laxe); Vilán (Vilán-Fornelos); Fonte Santa (Freaza-Traspielas); Cerdeira (Cerdeira-Ventín).  
Petroglifos de Cerdeira: A 395 metros de altitude. Unha pena con gravuras na parroquia de Fornelos e outra na de Ventín.   
Petroglifos do Coto do Galo (Cerdeiras-Calvos): Tapado por un recheo.  
Petroglifos do Coto do Home de Pedra: Dúas penas con petroglifos.   
Petroglifos da Cruz de Vilariño: Tres penas con gravuras.   
Petroglifo Pedra da Letra: Entre Fornelos de Montes e A Lama.  
Petroglifos de Remende: Antropomorfos, cruciformes, aspas inscritas nun círculo...  
Petroglifos do Val do Empedro: Tres penas con gravuras.  
Petroglifos de Xampardiño: A 405 metros de altitude, case no límite entre os concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Soutomaior. Coviñas, círculos concéntricos e cruces.  
Petroglifos do Xargo: Coñecidos tamén como Coto Ouoral ou Bico do Rilo. A 490 metros de altitude. 
  

GONDOMAR
Castro da Pedra Moura (Monte Picheiras-Borreiros); Chan do Outeiro (A Portela-Couso); Chan da Porreira e Monte de San Antoniño (Couso); Coto do Sobral (Vacarías-Couso); Coto da Moura (A Mourisca-Chaín); Pedra Cavada (Chaín); Coto do Castro de Espiñeira, Gándara, Regodauga, O Sacote (Regodauga-Chaín); Pedra da Moura (As Pincieiras-Donas); Outeiro das Campurras (Chan do Cereixo-Donas); Chan do Portugués (Donas); Outeiros de Gondomar (A Portavedra-Mañufe); Alto da Cruz do Morto (Prado-Morgadáns); Seixiños Brancos e Tomada do Xacobe (Vilas-Morgadáns); Fonte de Prata (Vilar-Morgadáns); Outeiro dos Mouros (Parada); Laxe da Presiña (A Área-Pieitieiros); Os Pociños (A Cividá-Vilaza); As Presas (Monte Castelo-Vilaza); Monte do Castro (Casás-Vincios); Os Bromús ou Os Vermús (A Estoca-Vincios); A Rotea (Filgueiró-Vincios); A Gándara (A Pasaxe-Vincios); Castro Mendes, Cova de Rais, Donín, A Fervenza, Monte dos Pozos, Valverde de Arriba (Vincios); Estación da Auga da Laxe, Pedra das Procesións, Raíz (Serra do Galiñeiro-Vincios); Santa Lucía (xunto a capela de Santa Lucía-Vincios); Coto do Corazón (Vincios); Muíños naviculares no Monte Galiñeiro (Vincios). Cascalleira, Cotros, Dorne, Castro Monte do Castro, Peibó (Xián-Vincios); Laxe do Couso. 
Petroglifos da Auga da Laxe: Estación formada por varios grupos de petroglifos onde destaca a chamada Pedra das Procesións, unha gran rocha granítica insculturada con armas: puñais ou espadas, alabardas e escutiformes de distintos tamaños. No grupo das espadas salienta unha con folla de 2 metros cun mango de 0,33 cm. A lonxitude das alabardas (figura formada por un suco longo a modo de mango que presenta nun extremo un deseño triangular figurando unha folla) vai dende o metro ao 1,60 m. No mes de xullo de 2010, traballos de canalización de augas da Consellería de Medio Rural danaron o soporte do conxunto coñecido como Os Vermús. As obras foron feitas sen o preceptivo informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. 
Petroglifos dos Bromús ou dos Vermús: Alabardas.   
Petroglifos do Castro da Pedra Moura: Na ladeira do castro hai unha rocha con podomorfos humanos, cazoletas e cruciformes. 
Petroglifos do Castro Mendes: Catro rochas con petroglifos.  
Petroglifo da Chan do Cereixo: No xacemento atopouse unha gravura ao aire libre que ten a particularidade de seren a primeira de Galiza datada no Neolítico. 
Petroglifos da Chan da Porreira: No mes de maio de 2019, integrantes do Instituto de Estudos Miñoráns descubriron 38 petroglifos inéditos, concentrados nunha superficie dun quilómetro cadrado. Algúns apareceron no sitio coñecido como O Gorgulliño despois dunha tala de eucaliptos: círculos concéntricos, espirais e ferraduras. Os máis interesantes atopáronnos no entorno da Portela con 17 figuras de équidos, unha caza sen humanos onde se percibe unha trampa, e unha escea de cópula. Ademas de cabalos pode que tamén haxa dous cans que acurralan cara a trampa. De época posterior son unhas letras e números que actuaban como deslinde entre Gondomar e Tomiño.   
Petroglifos do Coto da Moura: Rochas con muíños naviculares, coviñas e un serpentiforme.    
Petroglifos da Gándara: Nun pequeno batolito granítico de forma puntiaguda, círculos, coviñas e liñas. Noutra pena plana pódense ver gravuras moi erosionadas de círculos, coviñas e liñas. Nunha terceira laxe, tamén plana, círculos, coviñas e unha cruz de época máis moderna. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).   
Petroglifos da Laxe da Presiña: Redescuberto no 2015 polos veciños de Pieitieiros. Combinacións circulares, algunhas con coviña central, coviñas, cuadrúpedes e motivos modernos. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).   
Petroglifos do Monte de San Antoniño: Dúas rochas con petroglifos. 
Petroglifos de Santa Lucía: Seis rochas con gravuras de círculos e unha posible alabarda. 
Petroglifo de Seixiños Brancos: Coviñas. 
Petroglifos da Tomada do Xacobe: Coviñas. 
Muíño navicular no Monte Galiñeiro: Nun pequeno batolito que se completa con coviñas e sucos. (Recollido de Óscar Francos en PG). 
Outeiro dos Mouros: Nunha rocha situada no sitio onde se levantaba o castelo medieval de Santa Helena vense tres cruces medievais.  
Alquerques do Castro Monte do Castro (Xián): Na cima do castro, sobre unha rocha plana, vense dous diagramas de "alquerque IX" (tres cadrados concéntricos cos centros e os vértices dos lados unidos). Hai tres penas máis con gravuras.   
Gustavo Pascual Hermida achega unha interesante hipótese no artigo Los Carros de Guerra en los Petroglifos del Noroeste Peninsular, publicado no seu blogue Más que Petroglifos. Defende que os petroglifos de forma triangular asociados a espadas, puñais e alabardas representan "carros de guerra".        
Varias asociacións uníronse contra o proxecto de parque eólico que a empresa Terra de Vento S.L. ten para a Serra do Galiñeiro. Se ben os colectivos aclaran que non están contra deste tipo de enerxía, si o están contra a instalación indiscriminada dos muíños. Segundo explican dende o Instituto de Estudos Miñoranos "Industrializar a serra é unha auténtica barbaridade".
  
 



 

A GUARDA
Rúa Nandín Lomba (A Guarda); O Mapa de Pedra (Praia de Arealonga-A Guarda); Castro de Santa Trega (Santa Trega-A Guarda); Alto da Bandeira e Castro de Cividáns (Alto de Bandeira-Salcidos); Eira das Bruxas, Alto do Corniño, Pedra Redonda da Cuada dos Mouros e Pico do Facho (Salcidos); Monte Terroso (Salcidos).
Petroglifo do Alto da Bandeira: Reticulado enviado por Victor Fuggetto.
Petroglifos do Alto do Corniño: Muíños naviculares realizados sobre unha gran laxe granítica. Información e foto achegada por Victor Fuggetto.
Petroglifos do Castro de Cividáns: Hai unha laxe cunha figura cuadrangular axedrezada de 144 cuadrículas. 
Petroglifo da rúa Nandín Lomba: Situado no chan da rúa Nandín Lómba. Estivo protexido por un vidro que xa non ten na actualidade e os coches pasan sobre el. O feito xa foi denunciado no mes de novembro de 2013 polo grupo municipal Converxencia Galega.  
Petroglifos do Monte Terroso: Varias rochas con cadrados, liñas, espirais e muíños naviculares e pías. Información e fotos de Victor Fuggetto.
Monte Terroso: No mes de agosto de 2013, Victor Fuggetto achegoume o calco dunha impresionante figura antropomorfa que, a falla dun estudo máis en profundidade, semella a representación dunha divindade ou dunha persoa revestida de certos poderes, quizais adiviñatorios ou que está en contacto coa propia divindade.
Petroglifos de Santa Tegra: Petroglifos distribuídos por distintas zonas, tanto no interior como nas ladeiras do monte que constitúen o maior número de superficies con gravuras de Galiza nun xacemento castrexo. Hai coviñas illadas e unidas entre si, un serpentiforme, un axedrezado, espirais levoxiras e destroxiras, círculos concéntricos, motivos ovoidais e cruciformes. Tamén apareceron materiais do Bronce Final (machada, fouce, regatóns e puñais).





LALÍN
Fonte da Anella, O Regado (O Regado-Bermés); Monte do Castelo (Cadrón); Brenzo, O Carballo e A Pena das Cruces (Losón); Campo da Guerra, Coto das Casiñas e Pena Cantadoira (Serra do Carrio-Méixome); Monte da Costa (Moimenta); Monte Queimado (Palio-Rodís). 
Petroglifos de Brenzo e A Pena das Cruces: Danados cando a concentración parcelaria. 
Petroglifos do Coto das Casiñas: Sete combinacións circulares con coviña central; da maior parten varias canles. Descuberto por Daniel González Alén. 
Petroglifos da Fonte da Anella: Presenta círculos concéntricos.  Descubertos polo profesor Cristóbal Fernández Vázquez a principios dos anos noventa. 
Petroglifos do Monte do Castelo: A 572 metros de altitude, nunha pedreira que se salvou dunha canteira que hai nas proximidades, aínda que presenta pegadas de ter sido mutilada con barrenos e maquinaria. Mestúranse as gravuas prehistóricas con outras posteriores. Vense motivos circulares, cruciformes, coviñas, ferrraduras. Localizados no mes de xaneiro do 2016.    
Petroglifos do Monte da Costa: Tres estacións con gravuras localizadas por Daniel González Alén. Círculos con radios e coviñas, algunhas entrelazadas por sucos.       
Pedra das Anduriñas: Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958) fala dun altar druídico na parroquia de Barcia. 
Petroglifos da Pena Cantadoira: Media ducia de combinacións circulares. 
Petroglifos do Monte Queimado: Localizado por Manuel Rozas no mes de xaneiro de 2017. Trátase dunha combinación de círculos concéntricos con cazoleta central da que parte un radio que se perde cara a parte inferior da rocha. O círculo exterior mide uns 25 cm de diámetro. 
Petroglifos do Regado: Localizados en xaneiro de 2022 ao ampliar unha estrada que vai de Lalín a Vila de Cruces. En dúas rochas exentas vense máis dun cento de coviñas e liñas, destacando un círculo de 12 cm de diámetro con coviña central. Dos achados deron conta Norma Fernández Rodríguez e o seu marido  Salvador Lorenzo Silva, quen acompañados do pai da primeira, Manuel, víronnos ao pasar polo sitio. Foron visitados polo investigador Daniel González Alén. (Información achegada por Óscar Franco Barros).
Altar rupestre (Moimenta): Localizado no enclave de Cal-Tralaeirexe por Daniel González Alén.
 


 

 



A LAMA
Campo da Uz (Barcia); As Cerradas (O Peso/Carrizáns-Escuadra); San Antón (xunto a ermida de San Antón-Verducido); A Laxe da Fonte do Barnal (Cortegada-Verducido); Chan de Campo, A Ferradura, Laxe das Puzas, Monte Parada, Outeiro do Seixiño e Val do Gato (Verducido); Porto da Arca (Serra da Xesteira-Verducido); Chan das Mesas e Porto da Roca (Serra do Suído).
Campo da Uz: Cruz de termo. 
Petroglifos das Cerradas: Localizados a principios do ano 2020 por Xaquín Saurín Parra no monte das Cerradas pertencente ás aldeas de Carrizáns e O Peso, a 600 metros de altitude sobre o nivel do mar. Trátase dunha pena situada nun afloramento onde se ven, ao menos, dez coviñas de distintos tamaños.   
Petroglifos da Laxe da Fonte do Barnal: Gran laxe, dividida en tres paneis, con cazoletas, un reticulado, ferraduras e outros motivos. Catologado por Patrimonio co nome da Rabeixa, sitúao erradamente na parroquia de Gaxate. 
Petroglifos do Porto da Arca: Lindeiro entre as provincias de Ourense e Pontevedra. 
Petroglifos do Val do Gato: Presenta cazoletas e combinación circulares. 
 
 

  
 

MARÍN 
O Xuncal (Ardán); Piñeiral de Caeiro (O Caeiro-Marín); Cantoarea e Carrasca (Marín); Pedra dos Namorados (Bando do Río-Mogor); A Godalleira e Sete Espadas (Mogor); Os Campiños, Carrasca, O Labirinto, Pedra dos Mouros e castro da Suvidá (O Monte-Mogor); Pedra da Pereira e O Pereiro (Santo Tomé de Piñeiro); Cachada Grande, Carballeira, A Carrasca, Champás, Chan da Lagoa, A Laxe, Moreira, Pedrouzos, Pornedo, Sete Camiños (San Xián de Marín); Chan da Moura (Outeiro da Graña-San Xián de Marín); Bosque do Cadro e Monte das Penizas (Pardavila-San Xián de Marín); O Ciclista (Monte do Pituco).
Petroglifos do Alto de Pedrouzos: Localizados pola plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo. Rocha con círculos concéntricos. A zona do achádego foi afectada polo paso dun tendido eléctrico, plantacións de pinos e eucaliptos, e polos lumes dos anos 2006 e 2011.
Petroglifos dos Campiños: Presenta un labirinto moi desgastado. A rocha está fendida o que afectou ao suco superior. 
Petroglifos da Carrasca: No mes de marzo de 2017 Paulo Troitiño localizou tres novas estacións con petroglifos, no monte comunal de San Xulián. Salienta un dos elementos atopados, unha forma cuadrangular e reticular, a primeira destas características no Morrazo; ao seu carón identifícase o que semella ser unha figura zoomorfa e outros trazos. O terceiro grupo é unha combinación de círculos concéntricos nunha rocha que quedou ao descuberto trala caída dun eucalipto que lle medrara enriba.  Nesta zona xa había catalogados outros seis elementos arqueolóxicos, un deles resultou agredido a finais do ano 2016 como consecuencia duns desbroces realizados sen as preceptivas medidas de control arqueolóxico. 
Petroglifos de Champás: Descubertos por Ramón Sobrino Lorenzo Ruza a principios dos anos cincoenta do pasado século.  
Petroglifos do Castro da Suvidá: Laxes con cazoletas, restos dunha espiral. Preto, no lugar de Outeiro, baixo a capela das Sete Espadas, hai combinacións circulares, semicírculos, cazoletas e círculos sinxelos.
Petroglifo do Ciclista: As gravuras semellan a imaxe dun ciclista, de aí o nome. Trátase de dúas combinacións de círculos concéntricos con coviña central e apéndice e unha espiral, e unidos por trazos. Salvouse por pouco ao menos en dúas ocasións, nunha época en que do Monte Pituco se extraía pedra para a construción, e tamén cando abriron a vía de servizo á variante  Marín. O petroglifo foi rescatado pola plataforma Defende o Monte Pituco. No mes de agosto de 2015, a asociación Monte Pituco denunciou que as obras de instalación da nova rede de abastecemento de auga que está a realizar Acuaes, as tuberías xa están á altura do conxunto rupestre, incluído no Espazo Natural dos Sete Camiños. Aínda que as gravuras foron protexidas por un valado metálico, ao colectivo preocupálles que non sexa abondo porque o que cómpre non é protexer o panel informativo nin os accesos, senón as propias gravuras que quedan parcialmente desprotexidas dun posible accidente. Os do colectivo instaron ao Concello de Marín a visitar o xácigo para que coñeceran de primeira man como se están a desenvolver as obras, pero dende o Concello negáronse a realizar esa visita. 
Petroglifos de Moreira: O colectivo Defende o Monte Pituco denunciou no mes de agosto de 2018 que os petroglifos foron convertidos nunha entulleira. 
Petroglifos da Pedra do Labirinto: Hai quen o interpreta como a representación dos equinoccios tal como se representarían ao ollo humano da época que explicaría, ademais, o tempo que os seus construtores pasarían estudando a evolución dos astros e a súa interferencia na vida cotiá. Outros van máis alá e relaciónanno con Teseo, o heroe que deu morte ao minotauro no labirinto de Cnosos, por analoxía coa figura das moedas minoicas, ritos ocultistas, etc. 
Petroglifos da Pedra dos Mouros: Presenta 23 combinacións circulares unidas por liñas curvas, cazoletas, dúas combinacións pseudo-labirínticas, círculos sinxelos e un cérvido. Era coñecida como a Pedra da Moura Encantada. 
Petroglifo da Pedra da Pereira (Os Pedrouzos-Santo Tomé de Piñeiro): Descuberta no ano 2011 polo fotógrafo Antonio Costa. Trátase dunha rocha con gravuras de espadas e puñais. Destaca un puñal de espigo de 160 cm. de longo e 40 cm. de ancho na zona de unión co mango, un retrato real dunha peza da Idade do Bronce atopada na cista de Atios (O Porriño). É o primeiro petroglifo con armas aparecido no municipio. 
Petroglifos do Piñeiral de Caeiro: Formado por dous grupos con círculos concéntricos con cazoleta central e apéndice, círculo concéntrico con motivos radiais e unha espiral. Os motivos dunha das penedas foron zarrapicados non hai moito. 
Petroglifos do Xuncal: Localizados por Cándido Verde, do colectivo Luita Verde. Coviñas de distintos tamaños e coviñas unidas por sucos.   
Pepito Meijón: En varios sitios do concello de Marín pódense ver unhas gravuras realizadas no pasado século XX por Pepito Meijón. Ao parecer, o padecemento sufrido pola súa familia durante a Guerra Civil marcou profundamente a vida deste home cuxas gravuras soían facer referencia ao Franquismo. Eu estou de acordo en poñelas en valor xa que, quéirase ou non, forman parte da Historia de Marín. Información recollida da páxina de Defende o Monte Pituco.
Agresión aos petroglifos do Monte Pituco: No mes de xullo de 2013, a plataforma Defende o Monte Pituco denunciou ante o Seprona e Patrimonio unha nova agresión aos petroglfos do monte Pornedo que foron retocados cun xiz de gran grosor. En xuño do ano 2012 xa denunciaran unha agresión idéntica. No mes de maio de 2017, a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou favorablemente o recurso contencioso-administrativo interposto por Defende o Monte Pituco (Pornedo) contra a aprobación do plan sectorial de ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, que delimitaba unha área para a construción do Parque Empresarial Marín-Pornedo. O fallo determina que a Xunta debe excluílo ao considerar que a viabilidade ambiental da infraestrutura proxectada non está xustificada. Deste xeito, as estacións rupestres do Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro, xunto coa mámoa dos Sete Camiños, non se verán afectados por esta infraestrutura empresarial. Esta resolución, segundo Defende o Monte Pituco, supón un revés para a Xunta de Galicia, para o Concello de Marín e un grupo de empresas e asociacións afíns que, baixo criterios partidistas e intereses especulativos, alegaron incluír o Monte Pituco (Pornedo) no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, obviando as consecuencias irreparables que suporía consumar semellante aberración contra o medio ambiente e o patrimonio histórico catalogado nesa contorna. 
 

 


 


MEAÑO 
San Cibrao (Monte San Cibrao-Covas); Monte Penaguda (Dena); Monte Pé da Raposa (lugar da igrexa-Simes); A Sobreira (Broullón-Xil); O Castro (Valdamor-Xil). 
Petroglifos de Sobreira: Como ben di Antonio Prieto González, os petroglifos, pouco coñecidos, atópanse en moi bo estado de conservación por estar perdidos no medio do monte e a laxe descuberta de vexetación. 
Petroglifos de Valdamor: Aínda que se cre que foron destruídos pola ampliación da autovía ao seu paso por Xil, Antonio Prieto González aclara que non é certo xa que as gravuras atópanse dentro dunha valla de seguridade preto da autostrada. 
  

MEIS 
Outeiro do Cribo (O Busto-Vilar-A Armenteira); Castro de Gondes, Outeiro do Tronco e Pena de Queiro (A Armenteira); Pena Escrita (Paradela); Pedra das Pezuñas (San Lourenzo de Nogueira); Pedra de San Lourenzo (Ai-San Lourenzo de Nogueira).
Petroglifos do Outeiro do Cribo: Nunha laxe inclinada podemos ver, ademais do famoso labirinto, cérvidos, coviñas e unha escea de monta, posiblemente de factura posterior.
Pedra de San Lourenzo: Con coviñas na parte superior. Dise que cando o mar chegaba ata o lugar, arrivou a el San Lourenzo que utilizou a pedra para amarrar a súa barca. Os habitantes quixeron movela porque lles estorbaba para labrar a terra, mais enfermaron. Conta a lenda que no día de San Lourenzo (10 de agosto), antes de saír o sol, aparecen brasas arredor da pedra. Na parte superior ten insculpidas nove cazoletas. Hai quen a identifica cun idiliforme, unha especie de pedrafita que pola metade presenta unha fendedura artificial que a envolve. O estudo de impacto ambiental da autostrada entre Curro e Vilagarcía elaborado no ano 2008, recollía a salvagarda da Pedra de San Lourenzo e doutros xacementos da zona.
Novo petroglifo: No mes de setembro de 2021, o servizo de arqueoloxía da Deputación localizaron unha mámoa con dolmen e un petróglifo preto do Outeiro do Cribo.
  

 

MOAÑA
Biduído, Laxe das Bornas (Domaio); Pedra do Navío (O Calvar-Domaio); Montalegre (Monte do Castro-Domaio); As Vaqueiras (Verdeal-Domaio); A Laxe Negra (Couso-Meira); Castro das Cidades (Devesa do Rei-Meira); Borna (Praia de Borna-Meira); A Escada, Pegada de San Pedro, Pozo Garrido e Rega Pequena (Reibón-Meira); Bronlle, Chan do Caeiro, A Devesa do Rei, Gondarón, Torre de Meira, San Bartolomeu e O Vieiro (Meira); Castro dos Remedios (Tirán); A Graña de Pedreira (Tirán); Canabal, O Casal, Castro do Rosal, Devesa do Mouro, Fontenla; Forno da Tella; As Meáns; Outeiro de Cartas; Outeiro do Moucho, Pedra Furada, O Viveiro e A Xesteira.
Petroglifos de Borna: Cruciformes e "embarcacións" que malia as evidencias, incluso orais sobre a súa modernidade, continúa a ser citado como testemuñas atlánticas da Idade do Bronce.
Petroglifos do Castro das Cidades: Rocha con cazoletas e reticulados. 
Petroglifos do Castro de Montalegre: Varios grupos de petroglifos con combinacións circulares con cazoleta central e cazoletas, unha figura romboidal ateigada de coviñas unidas por un suco. Declarados BIC no ano 1974. En grave risco de desparición, xunto co castro, polo desdobramento da vía de alta capacidade. 
Petroglifos do Castro dos Remedios: Ao pé da capela que hai sobre o castro hai unha rocha coa representación dunha serpe e cazoletas. Dentro da arte rupestre galega non abundan este tipo de motivos. Na fronteira entre un serpentiforme e unha simple e zigzagueante liña ás veces é difusa. O seu significado tamén é complexo e cargado de simolismo relacionado coa caza, a virilidade, a fecundidade, os astros, etc. 
Devesa do Rei: Debido ás obras do "Corredor do Morrazo", desapareceu a parte superior do outeiro, volatilizando o conxunto rochoso. Un dos anacos pasou a durmir por baixo do alcatrán, o outro foi guindado na rotonda da Fraga. Mais alguén, compasivo, pensou que botaba de menos a sorte corrida polo seu irmán, así que, sen demora, ordenou que fose soterrado por milleiros de metros cúbicos de terra e cascallos. A Dirección Xeral do Patrimonio confirmou (setembro de 2010) a sanción de 42.000 euros á empresa de excavacións Excongal polo atentado, denunciado no seu momento polo colectivo Luita Verde, contra o petroglifo da Devesa do Rei. 
Petroglifo de Gondarón: O petroglifo, estragado polas obras do "Corredor", atópase abandonado na Granxa da Rúa. 
Petroglifos do Pozo Garrido: Excongal xa fora sancionada por verter terra e cascallos sobre este xacemento. Unha resolución da Xunta de Galicia de hai catro anos, logo da denuncia de Luita Verde e un particular, que obriga á empresa a pagar 130.000 euros de multa segue sen cumprirse. 
Petroglifos de San Bartolomeu: Cruciformes dentro de círculos e coviñas. 
O Viveiro: No Monte Faro. Afectado pola construción do Corredor do Morrazo. Máis ca un petroglifo propiamente dito hai que encadralo dentro dos denominados muíños rupestres. Logo da súa escavación entre setembro de 2003 e febreiro de 2004 realizáronse traballos de extracción e recolocación nas inmediacións. Tamén apareceron obxectos cerámicos e material lítico.
Pena de Nosa Señora do Carme (Meira): Segundo a lenda, trátase dunha pena que soa a oco porque dentro hai unha pita con ovos de outos. Non moi lonxe, en Couso hai unha pedra coñecida como A Laxe Negra que ten varias gravuras; contan que na noite do San Xoán aparécese unha galiña con pitos de ouro.
 



 

 

MONDARIZ BALNEARIO 
Na área recreativa coñecida como O Bosque, situada nas inmediacións do río Xabriña e preto da capela románica do século XIII posta baixo a advocación de San Pedro, atópase unha gran peneda granítica apoiada en dous chanzos do mesmo material que a simple vista semella a representación dun enorme dolme, en cuxa cima hai tres cruces sen imaxes, tamén de granito, que representan o Calvario. Xunto as cruces hai unha pía cadrada escavada na rocha e, en distintas partes da pena, obsérvanse dúas cruces e ao menos dúas pequenas cazoletas. Aínda que non conseguín saber se hai algún tipo de folclóre ao seu redor todo apunta a que se trata dun lugar de orixe pagán logo cristianizado.
Petroglifo da Chan da Gándara: Despois do seu descubrimento foi trasladado ao Museo Etno-Arqueolóxico que a familia Peinador posuía na Granxa de Sanmil (Pías, Ponteareas). Foi o primeiro da historia de Galicia en ser trasladado co fin de ser conservado. Publicado por Murguía no 1915 no Boletín da Real Academia Galega, onde di que se atopaba a uns 450 metros do Balneario de Mondariz. Na actualidade atópase no Museo de Pontevedra, e un anaco no Museo Municipal de Ponteareas doado por Julio Rodríguez Lledó.
 



MONDARIZ
Frades (Frades); O Campado, Campo Redondo, A Fochanca, Os Rochos (O Barral-Gargamala); Coto de Cabreiros, Escornabois, Pedraleirada e As Porreiras (Gargamala); O Escampado (Boente-Gargamala); Castro Monte do Castro (Gargamala); Laxe dos Esperóns (Monte do Castro-Mourelle-Gargamala); O Picoto (Meiroi); Castro Coto do Santo (O Campo do Mouro-Mouriscados); Oións (Mouriscados); Pedra das Nocellas (Monte Penalta-Queimadelos); Chan da Gándara, Chan de Lamas (Sabaxáns); Pé da Mula (O Costal-Sabaxáns); O Castro (Monte do Castro-Toutón). 
Petroglifos do Campado: Círculos concéntricos e coviñas. 
Petroglifos de Campo Redondo: Nunha laxe granítica case rente ao chan, combinacións circulares con coviñas e cazoletas, case todas unidas por sucos. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).     
Petroglifos de Escornabois: Presenta motivos circulares co interior cheo de coviñas. 
Petroglifos do Castro Coto do Santo: Peneda con cazoletas e ferraduras. 
Petroglifos do Castro Monte do Castro: Unha pena na acrópole do recinto castrexo con sucos rectos e ondulados que comezan ou rematan nunha cazoleta. 
Petroglifo histórico en Gargamala: Cruces e outros deseños conviven con figuras en phi que resultan ser ballestas.     
Petroglifos Laxe dos Esperóns: Situada no castro coñecido como Coto da Cidade ou Monte do Castro. Presenta coviñas illadas e asociadas e círculos concéntricos. Tamén se ven ferraduras e escutiformes de época histórica. Mostra restos de extración de pedra. 
Petroglifos da Fochanca: Unha das penas granítcas, que padeceu os lumes de outubro de 2018, perdeu os gravados. No alto do coto, a carón dunha pista, vense combinacións circulares con cazoletas no interior, e sucos que unen case todos os gravados. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net). 
Petroglifos do Pé da Mula: Ángel de Prado redescubriu dous labirintos de bo tamaño agochados entre outras gravuras xa coñecidas: zoomorfos, unha posible esvástica, coviñas, círculos concéntricos, círculos con cruz inscrita, labirintos (un con motivos superpostos), etc. O día 15 de abril de 2017 comprobei que varias gravuras foran agredidas ao resaltalas rascando cunha pedra. A cerca que instalaron no ano 2012 estaba cuberta de maleza o que dificultaba o acceso aos paneis. A única sinalización foi realizada hai anos pola asociación cultural Nova Xesta. O día 17 comuniquei os atentados ao Servizo do Patrimonio Cultural na Coruña e ao Concello de Mondariz.  No mes de decembro de 2018, por medio da Consellería de Cultura e Turismo, comezaron os traballos para acondicionar e sinalizar o conxunto. 
Petroglifos da Pedra das Nocellas: Descuberto por Manuel Ledo. As gravuras presentan a particularidade de que as combinacións circulares atópanse entrenzadas, aproveitando, ademais, os relevos da rocha para plasmar os debuxos e dotalos de maior realismo. No mes de novembro de 2011, o arqueólogo Alberte Reboreda fixo a ficha técnica do xacemento para presentala na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia xa que estaba sen catalogar. 
Petroglifos dos Rochos: Nunha laxe granítca case plane vense uns círculos concéntricos e sucos. Noutra pena había máis gravuras. O lugar sufriu as consecuencias do lume no mes de outubro de 2018 o que provocou a fragmentación das rochas, ocasionando que algúns petroglifos desapareceran pola termoclástia da pedra. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).
 
 
 
 

 
 
 


MORAÑA
Ramil (Amil); Monte Castelo (Cosoirado); Gargantáns (Gargantáns); Monte Ardegán, Pena da Auga (Monte Ardegán-Gargantáns); Silvoso (Lamas); O Deitadeiro (Chaián-Laxe); Chan de Deus (Conles-Laxe); Monte Laceira (Laxe); As Canceleiras (Moraña); Cotarelo e Outeiro das Pías (Longás-Santa Xusta de Moraña); Saídos das Rozas (Santa Xusta de Moraña). Couso; O Toural. 
Petroglifos da Chan de Deus: Combinacións circulares, un motivo xeométrico unido a unha gran combinación de círculos concéntricos, dous círculos concéntricos, coviñas e unha posible alabarda.  
Petroglifos de Cotarelo: Dúas combinación circulares e tres círculos concéntricos. 
Petroglifos de Gargantáns: Coviñas.  
Petroglifos do Monte Ardegán: Nove grupos inscultóricos con combinacións circulares e zoomorfos.
Petroglifo do Outeiro das Pías: Unhas 30 coviñas.  
Petroglifo da Pedra da Grada: Entre os concellos de Caldas de Reis, Moraña e Portas. (Ver Portas). 
Petroglifos de Ramil: A 506 metros de altitude, a uns 300 metros do límite coa parroquia de Rebón e As Fragas (Campo Lameiro). Aínda que aparecen nalgunha cartografía, non figuran recollidos nin no PBA nin Aproveitamentos Forestais.   
Petroglifos do Toural: Cazoletas.
 

 

 
MOS 
Alfacuca (Louredo); Chan e Pou (Chan das Maceiras-Louredo); Pedra dos Cuncos (Monte Salgueirón-Louredo); Pedra das Cruces e San Antoíño (Lourido); Cotarel (As Regadas-Mos); Santa Filomena (Tameiga); Catro do Torroso (Torroso).
Petroglifos de Alfacuca: A Asociación Cultural Festa da Prehistoria localizaron dúas penas con cazoletas durante as obras de rehabilitación da aldea de Alfacuca. 
Petroglifos do Castro do Torroso: Rochas con cazoletas reutilizadas na construción do castro arcaico de tradición Bronce-Ferro. 
Petroglifos de Chan de Pou: Coviñas sobre dúas laxes graníticas.   
Petroglifo de Cotarel: Localizado por integrantes da Asociación Cultural Festa da Prehistoria. Trátase dunha roca illada con coviñas.    
Petroglifo Pedra das Cruces: No monte Chan das Maceiras. Orixe medieval, danado polo paso continuado de motos. 
Petroglifos da Pedra dos Cuncos: Situados a 362 metros sobre o nivel do mar. Sobre un gran batolito granítico graváronse coviñas de varios tamáños, círculos simples e liñas sinxelas.  
Petroglifo de Santa Filomena: Reticulado sobre rocha granítica.     

 

 

 
AS NEVES
Monte das Carboeiras (Liñares); Bouzas, O Coto do Facho, Monte de Santa Bárbara, Os Pociños (As Neves); Fental Minada (O Fental-San Xosé de Ribarteme); Casa do Home, Casteliño, Fonte das Barbas, Porteira da Menora, Rioboura, Rocha (Rubiós); Pingadela (San Cibrán de Ribarteme); Pías do Bautismo (Castro de A Cividá-San Pedro de Batalláns); As Eiras (Setados); Castro de Altamira, A Coutada, Rego Novo (Taboexa); Morgallón (Morgallón-Taboexa); Laxe dos Penes e Pedra da Moura (O Mouro-Taboexa); Castro Coto do Galo (Monte de San Martiño-Vide). Monte Paradanta.
Petroglifos do Castro de Altamira: Dentro do recinto hai unha rocha con gravuras dun rectángulo con oito liñas en ziguezagues e outros trazos lonxitudinais. Outra pena presenta combinacións circulares e coviñas.
Petroglifos do Castro de A Cividá: Unha peneda con pías e cazoletas colocadas simetricamente, coñecida como "Pedra do Bautismo". Outra rocha presenta varias cazoletas.
Petroglifos do Castro de Coto do Galo: Pena con cazoletas e unha figura cuadrangular co interior dividido por liñas rectas e en ziguezagues.
Petroglifos da Coutada: Localizados despois dos lumes que asolaron o concello das Neves en outrubro de 2017. Foron descubertos polo director da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos Xosé Lois Vilar, o etnógrafo Xilberte Manso e os apaixoados polo patrimonio Cándido Verde e Xosé Álvarez. Pode tratarse dun dos achados máis importantes das últimas décadas "pola súa riqueza iconográfica, factura técnica, conservación e localización xeográfica". Vense máis de 25 cabalos, salientando un cuadrúpede esquemática dun metro de lonxitude, o máis grande atopado ata o de agora en Galicia, e posiblemente un dos máis grandes da Península. Tamén se ven uns cans, de colas espesas, orellas e a ausencia de cornos.
Petroglifos da Laxe dos Penes: Dúas incisións separadas por unha coviña e que segundo a versión popular semellan dous penes, daí o nome.   
Petroglifos do Morgallón: Círculos, serpentiformes e cruciformes. 
Petroglifos de Rubiós: O día 21 de decembro de 2019 soubemos do roubo de dúas penas con petroglifos en Rubiós, "unha aberración sen precedentes" laiouse o arqueólogo Xurxo Constenla. Florencio Méndez, secretario da comunidade de montes, foi quen deu a voz de alarma o día 13 do mesmo mes. O roubo, sen dúbida, foi planificado, sabían o que levaban. Cada pena pesa media tonelada polo que está claro que tiveron que utilizar un camión ou unha pa grúa para poder movelas. Tamén quixeron levarse a pena máis grande pero non puideron debido a que pesa máis dunha tonelada, o que non evitou que fora danada. Estes petroglifos foron documentados no ano 1991 por Vicente Caramés e Manuel Alfonsín.
Pías do Bautismo: No castro da Cividá. Rocha cunha especie de chanzos ata a cima con tres cazoletas. No mesmo castro tamén hai outra peneda con cazoletas.
  

 

 



 

NIGRÁN
As Chans (Monte A Cividá-Camos); Monte dos Mouros, Monte Verdiños (Camos); Outeiro das Campás (O Chouso-Camos); Outeiro do Corvo (A Lama-Camos); A Ghabacha (Piñeiros-Camos); Cervo do Soeido (Chandebrito); As Aléns, Castro Monte do Crasto, Chan do Rapadouro, As Chouciñas, Outeiro da Cañoteira, A Lapela, Outeiro Xiraldez, Preguntadouro, Socastro (Chandebrito); Chan das Tomadas, O Rabete (As Tomadas-Chandebrito); Outeiro da Leira (O Xestal-Chandebrito); Monte Meda e As Penisas Pequenas (O Monteferro-Panxón); O Duque (Panxón); Eira dos Concellos (Monte Eiró-Paredes); As Lagoas (Nabás-Priegue); Castro Monte do Castro, Chan do Petaco, Chans do Outeiro Grande, O Currelo e As Requeixadas (Priegue). 
Petroglifos da Chan do Outeiro Grande e Os Currelos: Nun espazo dun quilómetro cadrado concéntranse máis de vinte penas con petroglifos con círculos concéntricos, sucos e coviñas.   
Petroglifos da Chan das Tomadas: Cérvidos coa súa cornamenta e outro cuadrúpede, círculos concéntricos, sucos e cazoletas. Apunta Óscar Franco en patrimoniogalego.net que este lugar xa fora identificado polo inivestigador Xulio Fernández Pintos na década dos anos oitenta do pasado século. No mes de maio de 2017, despois de retirar a capa de terra que o cubría dende fai case trinta anos, os petroglifos volveron ver a luz. 
Petroglifos do Castro Monte do Crasto (Chandebrito): Laxe con cazoletas. 
Petroglifos do Castro Monte do Castro (Priegue): Nunha peneda hai unha gran cazoleta arrodeada doutras de menor tamaño. 
Petroglifo Cervo do Soeido: Inscultura na parede dunha antiga ferraría logo reutilizada como cortello. Trátase dun cervo que conserva perfectamente definida a figura e a cornamenta. Foi localizado a mediados dos anos oitenta polo arqueólogo Xulio Fernández Pintos pero, curiosamente, non foi catalogado ata o mes de maio de 2017 grazas á teima do Clube Espeleolóxico Maúxo e ao Instituto de Estudos Miñoranos. 
Petroglifo da Eira dos Concellos: Segundo información recollida de valminor.info no mes de abril de 2015, tras ser alertado por un veciño, o concelleiro do PSOE Juan González persoouse na Eira dos Concellos onde se sitúan as gravuras, comprobando signos claros de utilización de maquinaria pesada por riba mesmo do conxunto rupestre. Os petroglifos sufriron graves danos o que o fan irrecoñecible. O grupo está formado por diferentes motivos, destacando unhas combinacións circulares. Agora, o único que queda é o cartel informativo que fora colocado xunto os gravados. 
Petroglifos da Ghabacha: Espectacular petroglifo situado nun pequeno outeiro. Atópase nun batolito granítico a xeito de mural inclinado, con gravuras de círculos, liñas e coviñas e riscos asociados entre si. (Información recollida de Óscar Franco en patrimoniogalego.net). 
Petroglifos das Lagoas: Coviñas de diferentes tamaños. 
Petroglifos da Lapela: Círculo con cazoleta central da que parten unhas liñas de xeito radial. Na parte superior vense varias cazoletas circulares e ovais das que parten uns sucos que descenden pola cara inclinada da pedra.
Petroglifo do Monte Verdiños: Localizado no ano 2022 polo presidente da comunidade de montes de Camos Gerardo Ferreira. Trátase dunha combinación de círculos concéntricos de un metro de diámetro, ata o presente a máis grande do concello. 
Monte dos Mouros: Pódense ver uns rebaixes na laxe coñecidos como As pegadas do cabalo de Santiago e un grupo de cazoletas. 
Petroglifos do Outeiro das Campás: Dous grupos. Nun abrigo natural un muíño navicular exento. Na parte alta da pena, dous taboleiros de xogo modernos e unha cruz grega. 
Petroglifos do Outeiro do Corvo: Na área de cautela instalouse unha antena de telefonía. A empresa foi multada con 4.000 euros. 
Petroglifos das Penisas Pequenas: Sobre a superficie granítica conviven dous tipos de insculturas rupestres: petroglifos e un tipo especial de muíño de man, na área comprendida entre a Ría de Vigo e o norte de Portugal, coñecidos como Muíños Rupestres de Soporte fixo, empregados para a moenda de froitos duros. Ata o de agora trátase da maior concentración de muíños rupestres de Galicia, con 21 exemplares. Á beira destes hai representados un circo dobre irregular inzado de coviñas e varios podomorfos (representacións dos pés descalzos). 
Petroglifos do Rabete: Laxe granítica de grandes proporcións con gravuras de liñas e círculos.          
Petroglifos das Requeixadas: Círculos concéntricos e coviñas.
Gravuras de Punta Meda: Cinco gravuras formadas por letras e números entrenzados de época histórica. Foron estudadas por Gustavo Pascual Hermida.
 
 



 

 


OIA
Corrubelo (entre Burgueira e Pedornes); Alto do Lousado, A Maceira, Pedra Escrita (Burgueira); Boaventura (Alto do Sobral-Burgueira); Bouciña ou As Cruces (Os Eidos de Abaixo-Torroña-Burgueira); Bonaval, Mouta, Outeiro Negro e Regueiro do Breto (A Mouta de Abaixo-Burgueira); Marco do Castelo e A Portela (A Portela-Burgueira); Laxe Cruzada ou Pedra Escrita (Monte Lousada-Torroña-Burgueira); Cabanilla, Campo do Ceno (Torroña-Burgueira); O Feal, Pedra do AcordoPuxeiros (Torroña-Burgueira); Chan da Lebre, A CruciñaPinar de Porros, O Reló, Río da Cal (Loureza); Barrio Novo (O Barrio Novo-Loureza); As Fontiñas (O Castelo-Loureza); Ponte (Salgueiriños-Loureza); A Coruta (Santa Comba-Loureza); A Cabeciña (Barcelos-Mougás); Bouza Fariña (A Cova-Mougás); As Chans (A Igrexa-Mougás); Alto do Pousiño, As Cachadas, Campo do Calvo, Campo Maceira, Casa Forestal, A Cerradiña, Chan do Lobado, Goteiras, Monte dos Mouros ou Coto dos Mouros, A Pedra Lan, Pinar do Corvo, Senín, Vela Grande, As Veigas (Mougás); Coto de Barcelos (Barcelos-Mougás); A Chavella, Os Pintos (A Ermida-Mougás); As Pozas (As Pozas-Mougás); Marco do Castelo (A Cabrariza-Oia); Alto da Pedreira, Río do Vilar (A Riña-Oia); Alto da Oliveira, Castro do Bosque, e A Riña (Oia); O Vieiro (entre Oia e Pedornes); Pousadela (Cardorrío-Pedornes); Auga dos Cebros, Figueiredo, Monte Lousado, Pedornes, (Pedornes); O Visiño, A Xestosiña (Alto do Visiño-Perdornes); Cruz do Vieiro (O Piniño-Pedornes); Alto do Morouzo (Vilar-Pedornes); Areeiro, Couto dos Mouros, Pedra dos Chetos (Viladesuso); Pedra do Cazador (Alto do Morouzo-Viladesuso/Pedornes); Senín (entre Mougás e Viladesuso); As Fontes (Paxariños-Viladesuso). 
Petroglifos do Alto do Lousado: Tres penas con gravuras.   
Petroglifos do Alto do Morouzo: Cinco penas con gravuras. Nunha pena, círculos concéntricos, coviñas e reticulados; noutra pena dúas coviñas. 
Petroglifos do Alto da Pedreira: Once penas con gravuras.   
Petroglifos do Areeiro: Catro grupos con coviñas, sucos, combinacións ciruclares, cruciformes e outras figuras de difícil interpretación.      
Petroglifo da Auga dos Cebros: Por se o anterior nos bastara, o día 15 de xullo de 2010 un veciño denunciou un novo atentado contra o noso patrimonio. Trátase do petroglifo, descuberto no ano 1993 xunto o río Vilar, exemplar que, entre outros motivos, amosa a figura dun barco insculpido no II milenio antes de Cristo. Cuberto con xeso e outros produtos abrasivos, pode afectar gravemente o conxunto. No ano 2006, Costas Goberna descubriu, case por casualidade, un terceiro barco de similares características, feito que se pode considerar como definitivo canto a certificar a relación dos nosos antecesores cos pobos mediterráneos. No mes de setembro de 2015, o proxecto Costa dos Castros, unha iniciativa das comunidades costeiras do concello, iniciou varias actividades para poñer en valor o patrimonio histórico do municipio. Entre os elementos a protexer está o petroglifo da Auga dos Cebros.   
Petroglifos de Boaventura: Situado no Campo da Sobreira. Os traballos de preparación dunha plantación de kiwis destruíron os petroglifos. O Instituto de Estudos Miñoranos presentou unha denuncia ante o Seprona o que obrigou á Dirección Xeral do Patrimonio a ordenar ao Concello a paralización das obras, mandato do que o alcalde fixo caso omiso, dicindo (cita de La Voz de Galicia): "O único que pode paralizar a obra é o alcalde, e non o fixen porque Oia ten que mirar ao futuro, non ao pasado, e unhas pedras non poden ser obstáculo". Sen comentarios. Estas gravuras presentaban a singularidade de que estaban realizadas sobre xisto e en vertical. Ademais, as obras danaron unha vila romana. 
Petroglifos de Bonaval: Tres penas con gravuras.  
Petroglifos de Bouza Fariña: Catro penas con gravuras. 
Petroglifos da Cabeciña: Nos petroglifos aprécianse, ao menos, catro grupos de cazoletas, círculos e semicírculos concéntricos, algún con cazoleta central e liñas radiais, óvalos e outras figuras; uns deseños de forma curvilínea lembran as decoracións aparecidos nalgúns esteos de antas megalíticas. O conxunto arqueolóxico, formado por un castro de transición entre a Idade do Bronce e a Idade do Ferro, xunto coas gravuras, foi descuberto na década dos anos noventa por Javier Costas Goberna. 
Petroglifos da Casa Forestal: Dúas penas con gravuras.   
Petroglifos da Cerradiña: Tres penas con gravuras.   
Petroglifos da Chan da Lebre: Dous afloramentos graníticos con reticulados, círculos concéntricos, coviñas e un zoomorfo. 
Petroglifos de Corrubelo: Dez penas con gravuras, seis na parroquia de Burgueira e catro na de Pedornes.  
Petroglifos das Fontiñas: Seis penas con gravuras, unha cun axedrezado. 
Petroglifo do Monte Lousado: Atopado no ano 2021 por Bruno Novoa e Xurxo Salgado nunha das caras da Serra da Groba, non moi lonxe da Auga dos Cebros. Nunha laxe de granito inclinada localizaron a figura dun barco, de 654 cm de popa a proa, con mastil. 
Petroglifos do Outeiro Negro: Dúas penas con gravuras.        
Petroglifos da Pedra Lan: Combinacións de coviñas, e liñas rectas e curvas que definen unha figura circular radiada con trazos que saen fóra dela, asociada mediante sucos cun círculo simple con coviñas no interior; un suco conecta cunha figura triangular. Tamén se observan dous círculos concéntricos con coviña central e unha figura cuadrangular, en parte axedrezada. 
Petroglifos da Pedra do Cazador: Un xesuíta, o P. Jalhay, fala no 1926 dun carro tirado por dous animais montados por xinetes gravados no lugar coñecido como Outeiro do Morouzo, hipótese bastante arriscada. O conxunto complétase con figuras ecuestres e humanas. 
Petroglifos da Pedreira: O espazo arqueolóxico da Pedreira foi recuperado pola comunidade de Monte de Santa María de Oia. Poderíase definir como un templo-santuario onde se localizan unha ducia de superficies con gravuras. As composicións máis destacadas son dúas pedras da zona occidental con liñas e coviñas. A presenza dunha pía natural asociada con liñas fai pensar no seu uso en rituais con intervención de líquidos. Tamén se ven combinacións circulares e cuadrangulares. 
Petroglifos do Pinar dos Porros: Dúas rochas con cinco e dous cuadrúpedes respectivamente. 
Petroglifos da Portela: Dez penas con gravuras.         
Petroglifos de Pousadela: Repartidos en varias pedras graníticas podemos ver representacións de combinacións circulares, cazoletas, algunhas unidas entre si mediante sucos, e unha escea de monta. 
Petroglifos do Regueiro do Breto: Tres penas con gravuras. 
Peteroglifos de Senín: Dúas penas con gravuras, unha na parroquia de Mougás e outra na de Viladesuso. 
Petroglifos das Veigas: Localizados no ano 2008. Combinacións circualres e unha posible embarcación coa representación do casco, mastro e vela. 
Petroglifos do Vieiro: Quince penas con gravuras, dúas en Oia e trece en Pedornes. 
Petroglifos da Xestosiña: Presenta catorce cuadrúpedes moi esquemáticos. Xunto co petroglifo da Auga dos Cebros, é o que ten maior número de zoomorfos.          
Alquerque de IX da Portela: Hidalgo Cuñarro non dubida, pola súa situación, en prantexarse que foi realizado "en épocas remotas por pastores".            
Alquerque de IX (As Cerradiñas-Mougás).        
No ano 2006, os lumes e as riadas tiveron un efecto demoledor sobre os petroglifos dos montes de Oia. Cos lumes víronse afectadas, alomenos, 70 rochas con gravuras. O aumento brusco da temperatura desfixo as capas superficiais das rochas, feito que se agravou coas choivas posteriores que provocaron o desprazamento de toneladas de terra que tamén fixo desparecer moitos xacementos. Entre outros citamos o da Pedra Escrita ou Laxe Cruzada (Burgueira) que presenta un labirinto de 110 cm de diámetro, e a Pedra do Cazador (Viladesuso) con figuras de cérvidos e esceas de monta.            
No mes de xaneiro de 2011 o fiscal de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente non observou como delito a destrución dos petroglifos de Burgueira xa que, dixo, nin o Concello nin a empresa que realizou as obras coñecían a súa existencia. E o señor fiscal cre iso? O mesmo lle aconteceu, ao parecer e a pesares de estar inventariados, ao presidente da comunidade de montes de Burgueira que, mira que casualidade, tamén era o tenente de alcalde!
 

 
 

 
 
 



PAZOS DE BORBÉN
Carballo de Martiz, Coto da Matanza, Os Lavadores, Legua Seca, Pedra Sardiñeira, Pedroso, Pino Novo, Valongo, Volta do Rego Novo, Outeiro do Aio, Outeiro da Pía, Alargo dos Lobos, Alvedosa, Chans da Espiñeira, Fondo do Souto, Lamasusán, Lombo da Matanza, Masusán, Monte Rebordiño, A Reboleira, O Regueiriño (Amoedo); Outeiro do Aio (O Cabalo-Amoedo); Costa do Marco, Laxe das Cruces dos Carballiños, Monte Buxel (O Carballiño-Amoedo); Monte do Espiño (Monte do Espiño-Amoedo); Coutada da Rabadeira (Monte Martín-Amoedo); Pena das Tensiñas (Monte Rebordiño-Amoedo); Pociños da Rotea (Parada-Borbén); Chan das Tensiñas e O Santo Aparecido (O Pousiño-Borbén); Couto do Castro (Cepeda); Faipa Cavada (no Monte de Cepeda-Cepeda); Monte Ferreira (Cepeda); Monte da Serra (Valongo-Cepeda); Coto do Corno (A Ermida); Casa da Rapadoira e Chan de Lamas (Moscoso); Laxe Escorregadaeira da Lameira e Escorregadeira da Raposeira (Fraga do Rei-Moscoso); Gorgoreiro, A Peixeira, Outeiro do Mar (O Gorgueiro-Moscoso); San Paio (San Paio de Moscoso-Moscoso); Montecelo (Nespereira); Saramagoso(Monte Galleiro-Nespereira); Coto do Mouro (Alto do Faipe-Pazos); As Muras e Coto Romeo (Pazos); Pedra Raposeira (Monte Buxel-Pazos); Pedra da Moura (Monte do Castro-Pazos). 
Petroglifos de Alvedosa: Catro grupos de petroglifos con círculos simples con coviñas no interior, cazoletas, combinacións de círculos e algún cruciforme. 
Petroglifos Casa da Rapadoira: Presenta combinacións circulares e un posible pé humano. 
Petroglifos das Chans de Espiñeira e Pedra Sardiñeira ou da Matanza: Varias rochas con catorce antropomorfos cuxos brazos rematan en liñas verticais que semellan representar unha lanza. 
Petroglifos de Chan de Lamas: Coviñas e cruces. 
Petroglifos da Costa do Marco: Círculos concéntricos e varias coviñas. Afectado polos lumes de 2017. 
Petroglifo do Coto do Corno: Coviñas e círculos concéntricos. 
Petroglifos do Coto da Matanza: Pías e combinacións circulares moi esvaídas. 
Petroglifo Escorregadeira da Lameira: Coviñas, círculos e liñas figurativas. Declarado BIC no ano 1975.  
Petroglifos de Lamasusán: Nunha laxe plana, coviñas  e pequenas combinacións de círculos con coviña central. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net). 
Petroglifo da Laxe das Cruces dos Carballiños: Na parte plana, coviñas e liñas. Na parte baixa vense varios motivos xeométricos con cruces enmarcadas a xeito de taboleiro. Declarado BIC no ano 1975.   
Petroglifos da Legua Seca. Varias penas con combinacións circulares, coviñas, sucos, círculos con coviña central e unha cruz latina. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).   
Petroglifos do Lombo da Matanza: Dúas laxes con combinacións circulares e sucos. 
Petroglifos de Masusán: Catro grupos de petroglifos con coviñas, círculos e liñas. 
Petroglifos do Monte Buxel: Pedra con doce coviñas. 
Petroglifos do Monte do Espiño: Seis grupos de petroglifos con coviñas, circúlos simples e concéntricos e liñas. 
Petroglifo de Montecelo: Círculos e liñas figurativas indeterminadas. 
Petroglifo do Outeiro do Mar: Tres grupos con coviñas, círculos concéntricos e liñas. 
Petroglifos do Outeiro da Pía: Combinacións circulares, coviñas e sucos. 
Petroglifos da Peixeira: Pena con vinte coviñas de diferentes tamaños. 
Petroglifos da Pena das Tensiñas: Entre outros motivos, amosa unha escea de apareamento entre dous cérvidos de gran cornamenta. 
Petroglifos da Reboleira: Combinacións circulares, algunha con coviña central, e coviñas. 
Petroglifo do Santo Aparecido: Coviñas formando círculos. Nas inmediación celébrase a romaría do Santo Aparecido. 
Petroglifos de Valongo: Tres penas con coviñas, círculos simples e concéntricos. 
Petroglifos da Volta do Rego Novo: Dúas rochas graníticas con combinacións circulares e cazoletas. 
Novos achados: O veciño e afeccionado José Álvarez Rodríguez descubriu novas gravuras na parroquia de Amoedo. A sensibilidade de José verbo da conservación do Patrimonio levouno a pescudar nunha zona onde unha empresa pretende instalar unha canteira o que propiciou o achado das gravuras e dunha mámoa. Hai anos xa atopara uns petroglifos nas inmediacións do río Alvedosa, Outeiro do Aio e Pedroso.
  
 
 

 
 
 


 

POIO 

Combarro, Pedra da Tartaruga (Combarro); Raxó (Raxó); Laxe das Lebres, Laxe do Xugo, Laxe das Picadas, Monte da Tomba, A Ostreira, Outeiro de San Fins (A Caeira-San Salvador de Poio); Outeiro dos Carballiños (A Lagoa-San Salvador de Poio); Laxe Grande (Montecelo-San Salvador de Poio); A Igrexa (xunto a necrópole da igrexa-San Salvador de Poio); Monte do Bao (San Salvador de Poio); Outeiro da Burata e Monte do Cruxeiro (Monte do Cruxeiro-Pumar-Samieira); Pedra Escorregadeira (Outeiro da Pedra Furada-Samieira); Laxe do Xubiño (Outeiro do Subiño-Samieira); Monte Publicada (A Publicada-Samieira); Tomada da Miñota (Teixugueira-Samieira); Río de Bois e Tomada da Xirona (Teinogueira-Samieira); Laxe dos Cebros e Pedra Grande (Montecelo-San Xoán de Poio); Pozo Ventura e Outeiro da Choqueira (Monte da Tomba-Liñares-San Xoán de Poio); Monte do Curro (San Xoán de Poio); Monte Castrove (Vilar-San Xoán de Poio)

Petroglifo Laxe das Lebres: Agrupación de máis de corenta figuras de cérvidos. O motivo máis estudado é unha parella, posiblemente macho e femia, unidos polas patas que semellan dispostos en simetría de espello. 
Petroglifo da Laxe das Picadas: Presenta deseños xeométricos. No Museo de Pontevedra.
Petroglifo Outeiro dos Carballiños: Destruído. 
Petroglifos Pedra Grande de Montecelo: Presenta motivos zoomorfos, cazoletas e combinacións circulares. 
Petroglifos de Pozo Ventura: Situado á beira dun camiño no monte da Tomba, preto dun antigo pozo de regar coñecido como Pozo Ventura. As gravuras presentan distinto grao de conservación. Pódense ver armas, figuras xeométricas (algunha semellante a ídolos), cazoletas, figuras cuadrangulares, un serpentiforme e un escutiforme. Todos os motivos semellan estar unidos entre si. 
Alquerque da Ermida de Nosa Señora da Renda (Combarro): Taboleiro de xogo de "alquerque de nove" gravado nunha parede interior. 
Alquerque da Igrexa do Diviño Salvador: Taboleiro de xogo de "alquerque de nove" reutilizado nunha parede interior.

Redescuberta dun petroglifo na Caeira: No mes de setembro de 2018, Antonio Costa, presidente da Irmandade Illa de Tambo, mentres paseaba pola Caeira, preto dos petroglifos de Pozo Ventura, a uns vinte metros da praia da Ostreira, deu cunha pedra que moitos estudosos levaban buscando infrutuosamente dende hai décadas. O único que había era unha foto feita polo seu descubridor, Sobrino Lorenzo-Ruza, dos anos cincoenta do pasado século. Á súa morte perdeuse toda referencia de onde podía estar. Aparecen gravados armas e figuras cuadrangulares, ademais de tres animais rodeando un reticulado.
  







PONTEAREAS
Canteira, Carballas, Coro do Santo e Rega das Eiras (Cumiar); Basende e Coto do Santo(Guillade); A Vigaira (Guillade); Mallaferro (Guláns); O Chaco, Monte Aberto (Padróns); A Carreira (Pías); Pedra da Serpe (Castro de Troña-Pías); Eido da Burra (Chan de Gándara-Pías); A Picaraña (Ponteareas); Ponte de Gabriel (Ribadetea). 
Petroglifos da Carreira: No verán de 2016, a raíz dun incendio, saíron á luz unhas penas con gravuras de combinacións circulares e coviñas. Julio Fernández Pintos publicou un traballo sobre estas insculturas baixo o título Estación de Arte Rupestre da Carreira, Pías, Ponteareas. 
Petroglifo no Charco: Descuberto por Jhonathan Zúñiga. Trátase dunha combinación de dous círculos concéntricos. Di Jhonatan que está bastante erosionado.    
Petroglifos de Cumiar: A raíz dun incendio acontecido no ano 2010, saíron á luz varias rochas con gravuras das que xa dera noticia hai trinta anos Xoán Tamuxe e que permanecían ilocalizables por mor da matogueira. Unha das laxes presenta vinte e nove cadrados insculpidos dentro dun círculo. Ao parecer, algúns petroglifos foron soterrados pola construción dun camiño forestal. 
Petroglifos de Monte Aberto: Toda a información sobre estas gravuras pódese ver na interesante páxina de Jhonathan Zúñiga, Ponteareas Historia Viva. 
Petroglifo da Pedra da Serpe: No castro de Troña. As gravuras foron descubertas durante as primeiras escavacións realizadas por Luis Pericot García. Ofidio gravado na cara vertical dunha rocha. Outra pena presenta un óvalo con cazoleta central e catro liñas e unha figura cuadrangular coas esquinas arredondadas. Tamén se pode ver unha rocha cunha pía na parte superior.  
Outras serpes en Troña: No ano 1932, Xoaquín Lorenzo e López Cuevillas descubriron as gravuras dunhas serpes no camiño que conduce á ermida e que publicaron no Boletín da Real Academia Galegan en 1957.  O achado permaneceu no esquecemento ata o mes de agosto de 2018 en que o estudoso e fotógrafo Xoán Carnero "Perico" o redescubriu.
Outro petroglifo no castro de troña: No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1945, Xaquín Lorenzo Fernández achega a descuberta dunha pedra con gravuras exenta que apareceu nas escavacións do ano 1935 que se atopaba entre varias vivendas do castro. 
Petroglifos da Vigaira: Pedra exenta cunha coviña no centro e nunha esquina varias coviñas inscritas nun círculo.
 
 
 

 

 


PONTE CALDELAS
Barbudo (Castro Barbudo); Laxe do Barón (Forzáns); As Raposeiras (Roca-A Insua); Silvoso (Silvoso-A Insua); Campo das Cuñas, Pedra do Cervo (Cuñas-Pontecaldelas); Laxe da Irena (Parada-Pontecaldelas); Costa da Pedra Longa, Os Infernos, Paradela (Ponte Caldelas); Costa da Veiguiña, O Cotiño, Coto da Veiguiña, Coto Cubela, Coto das Sombriñas, Laxe das Cruces, Outeiro da Forcadela, Outeiro do Pío, Outeiro da Siribela, A Raña, O Rechán, O Recosto (Tourón); Nabal de Martiño (Monte Pedamúa-Tourón); Pedra dos Couselos (Tomada de Martínez-Xustáns); Porteliña da Corte. 
Petroglifos do Coto das Sombriñas: Descuberto no ano 1951 por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. Mostra combinacións de círculos, nun caso asociado a unha espiral. As de maior tamaño con trazos radiais que rematan en círculos con coviña central. Figuras de cérvidos, algúns presentan a particularidade de ter o corpo debuxado en plano rebaixado. 
Petroglifos de Cuñas: O desbroce no verán de 2011 pola Comunidade de Montes de Cuñas para preservar a Pedra do Cervo, permitiu a Manuel Ledo e Ángel de Prado descubrir unha nova figura. Trátase da representación dun cazador armado cun arco ou con outras armas arreboladizas que persegue a un cervo ferido. 
Petroglifos da Laxe da Irena: Coviñas, combinacións de círculos concéntricos e un grupo de cervos, entres eles uns que semellan representar un enfrontamento. Foi dado a coñecer por Buenaventura Aparicio e Antonio de la Peña no ano 2004.   
Petroglifos da Laxe do Barón: Polo de agora trátase da rocha con gravuras prehistóricas máis grande de Galiza, cunha superficie que acada os 180 metros cadrados. Presenta combinacións circulares, unha complexa rede de sucos, cuadrúpedes, pegadas de pés humanos e outros motivos moi desgastados pola erosión. De época máis recente serían as ferraduras, cruciformes e algúns cadrados. 
Petroglifos de Nabal de Martiño: A simple vista amosa unha escea de caza onde un grupo de cervos machos marchan na mesma dirección, agás un ferido cunha frecha que vai en dirección contraria, e unha figura humana armada moi esquemática. Interpretación, certamente, que vai máis alá xa que, ao non ser a caza a actividade principal daquela sociedade, non ten senso o investimento de tanto tempo en plasmar esceas dese tipo, a non ser que a representación de cérvidos, machos, fose a expresión figurada do masculino, da forza, realizados nun sentido ritual. 
Petroglifo do Outeiro da Siribela: Nunha pequena rocha da estación vese unha figura antropomorfa provista dun pene. 
Petroglifos da Pedra do Cervo: Sobre unha pena granítica, un gran cervo con tres lanzas cravadas no lombo, ademais de dúas figura humanas esquemáticas, unha con lanza. Na cornamenta do cervo vese a data de 1850.     
Petroglifo da Raña: O día 12 de xullo de 2012, o Diario Oficial de Galicia publicou a apertura dun expediente sancionador á empresa Áridos Ecológicos por verquidos de escombro na área de exclusión do petroglifo.
Petroglifos de Silvoso: Pedra reutilizada nun muro cunha combinación de círculos concéntricos incompleta.    
Alquerque nas Raposeiras: Xogo de alquerque de IX gravado nunha rocha localizado polo colectivo A Laxe da Irena




 



 
PONTEVEDRA
Bora (Bora); Pedra da Campá (Campañó); As Forcadas (Cabaleiro-Campañó); Pena Pinta (Piñeiro-Campañó); Monte do Vao (O Vao-Campañó); Casaldarado (Campañó); O Román ou Cruceiro (A Canicouva); Monte Castelo (Lérez); A Carballeira (xunto o colexio público-Os Praceres-Lourizán); Pedra do Casal, Pumariño e Sete Camiños (Lourizán); Outeiro da Edra e Pedra Escorregadeira (Lourizán); Cavada dos Regueiros (Monte da Francha-Marcón); Chan das Cruces (Monte Acevedo-O Rañadoiro-Ponte Sampaio); A Armada (Salcedo); Monte do Castro (Cabanas-Salcedo); Bouza da Raposeira e Penedo Cachada do Fondo (Salcedo); Cachada do Vello (Salcedo); Penedo Vilar de Matos (Cabanas-Salcedo); Laxe do Outeiro do Mato das Cruces e Penedo do Mato do Fondo (Lastra-A Esculca-Salcedo); Monte de San Martiño, Outeiro da Mina ou Regato dos Buratos (Salcedo); Monte Loureda (Tomeza); A Fontairiña (Verducido); Alto do Loural (Verducido), na confluenza dos concellos de Barro, Campo Lameiro, Moraña e Pontevedra); Penedo de Agroenxa (As Eiriñas-Xartán-Xeve).
Petroglifo na Armada (A Armada-Salcedo): Descuberto por Lukas Santiago, do Castro das Croas, en outubro de 2014 na parede de peche dunha finca. Mutilado e bastante desgastado, vense círculos concéntricos e coviñas. 
Petroglifo en Bora: No mes de febreiro de 2016, Antonio Costa localizou unha pedra reutilizada nun peche con grvuras dun puñal e cruces. Aínda que consta coñecía a existencia do petroglifo dende hai cinco anos, ata aquela só identificara as cruces, non o puñal.  
Petroglifos da Cachada do Vello: Citado por Murguía na súa Historia de Galicia. Este grupo de petroglifos tiñámolo situado, erradamente, en Marín, ademais dabámolo por desaparecido. Pescudas levadas a cabo recentemente por Rafael Quintía amosan que, a pesares do abandono no que se atopan, aínda se conservan, ao menos, dúas penedas con gravuras, unha con aliñamentos de cazoletas e a outra con círculos concéntricos. Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958), fala de que aquí había un altar druídico. Máis información na páxina de Rafa Quintía Á Sombra de Bouza Panda. 
Petroglifos das Forcadas: Dous conxuntos de tres círculos concéntricos e cazoletas. A pedra foi atopada nunha pista do Monte Castrove; na actualidade atópase na área recreativa. 
Petroglifos Monte do Castro (Cabanas-Salcedo): A principios do mes de maio de 2011, por mor dun deslinde dos montes en man común da Parroquia de Salcedo, o presidente da Comunidade de Montes, Fernando Pintos, puxo en coñecemento do antropólogo Rafael Quintía a localización dunha laxe no Monte do Castro. Rafael Quintía e Francisco Sutil, da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), desprazáronse ao lugar, comprobando que se trataba dunha laxe con petroglifos (cazoletas e círculos concéntricos). Logo de comprobar que non estaban catalogados, puxeron o descubrimento en coñecemento do Servizo Provincial de Patrimonio Cultural. 
Petroglifos Monte de San Martiño: No mes de marzo de 2012, Rafa Quintía da Sociedade Antropolóxica Galega localizou unha estación de petroglifos non catalogados. Está formada por un aliñamento dobre de cazoletas. 
Petroglifos  Outeiro da Mina: Varias rochas graníticas con círculos concéntricos, cazoletas e unha figura antropomorfa. O grupo V é coñecido como Pedra do Fundamento ou Pedra da Moura. 
Petroglifos da Pena Pinta: Dúas penas con círculos e cazoletas. Están no medio dunha pista forestal, as máquinas pasan sobre as gravuras. 
Petroglifos do Penedo de Vilar de Matos: Presenta combinación circulares, cazoletas e sucos diversos. 
Petroglifos de Pumariño: Presenta dúas figuras antropomorfas, unha delas con lanza, escudo e casco. Inscultura medieval situada dentro do campo de fútbol do Casal feita sobre unha rocha de xisto.
Novos achados no Espazo Natural dos Sete Camiños: Membros da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) atoparon dous novos grupos de petroglifos no Espazo Natural dos Sete Camiños. O denominado como Pedra Escorregadoiro, entre Lourizán e Salcedo, foi localizado por Rafael Quintía, e o outro, bautizado como Outeiro da Edra, na confluenza das parroquias de Lourizán, Salcedo e San Xulián, descubriuno Lukas Santiago. 
Alquerque do Monte Castelo (Lérez): Nunha rocha hai gravado un taboleiro de xogos de "alquerque de III".
 








PORTAS 
Petroglifo da Pedra da Grada ou dos Tres Curas: O día 8 de marzo de 2016, Isaac González García preguntounos que nos parecía esta gravura inédita situada entre os concellos de Caldas de Reis, Moraña e Portas, e as parroquias de Arcos da Condesa, Saiáns e Briallos. Conta Isaac que fai anos tentaron fendelo para os postes das viñas, mais impediuno a garda civil xa que a pena onde está a gravura actuaba como marco divisorio entre os municipios citados. Segundo o meu criterio, quizais reciba o nome pola forma de grada ou grade do coñecido aparello agrícola. Mais esas, a tipoloxía apunta a unha posible representación dunha figura antropomorfa, quizais un ídolo, a semellanza do ídolo-praca de Paredes (Paradela), datado entre o 1700 e 1400 a.C. Pablo Sanmartín di que, en principio, semella da mesma tipoloxía que o Peñatu (Llanes-Asturias) ou o Outeiro do Corno (Teo). Ao figurar a maioría a carón de puñais en actitude pasiva, é probable que sexan rochas panoplias e que esteamos diante dalgún tipo de escudo feito con materiais perecedoiros que, evidentemente, non constan no rexistro arqueolóxico. Outros autores relaciónanos coas estelas dos guerreiros e as de tipo alentexano. Nun documento dun traballo sobre un deslinde feito por don Jesús Vila entre o 1889 e 1890, Isaac sacou o seguinte: "...aberto cara Arcos ata dar na pedra chamada da Grada ou dos Tres Curas que dista cincocentos catro metros da anterior, e que se chama quizais así por ser un punto divisorio do que irradian os tres concellos de Caldas cara o norte, Portas contra o sur, e Moraña contra o leste. Por conseguinte aquí dáse por terminada a divisoria". Guiados por Isaac, integrantes do Colectivo A Rula visitaron o lugar, comprobando a excepcionalidade do achado, moi pouco frecuente en Galicia. Está sobre unha rocha granítica de 2,5 metros de altura, e a gravura mide 175 metros de altura e 102 de ancho. Caracterízase pola forma rectangular segmentada en oito franxas horizontais e un remate absidal na parte superior. Parabén a Isaac polo sensacional achádego. 
Petroglifos da Pena Bicuda: Na parroquia de Briallos, no límite con Arcos da Condesa, en Caldas de Reis.

REDONDELA
Monte do Castro (Caveiro); Chan da Cruz (Monte Penide-Cedeira); Coto do Corno (Monte Penide-Cedeira); Praia de Cesantes (Cesantes); Coto de Negros, Coto do Corno, Eira Pedriña, Monte do Castro e Monte Penide (Negros); Outeiro da Moscalleira (Reboreda); Coto da Fenteira, As Chans, Chan do Rato e A Fontiña (Trasmañó); Poza da Lagoa e Porteliña (Monte Penide-Trasmañó); O Campelo (Castiñeira-Ventosela); Monte Pedroso (Vilar de Mato-Ventosela); A Pedreira (Castiñeira-Ventosela); Pena das Rodiñas (Fonte do Allo-Ventosela); Eido do Vento (Ventosela); Castricán (Castricán-O Viso); A Pedra da Moura (A Lomba-O Viso); Monte da Peneda e A Nogueira (O Viso); Coto da Rola (Monte Penide).
Petroglifos do Alto da Portela: Muíños naviculares, combinacións circulares e cazoletas. En novembro de 2010, os veciños denunciaron ante Patrimonio un atentado con pintura contra as gravuras. 
Petroglifos do Campelo: A carón do regato Campelo. Coviñas e círculos concéntricos. Afectados polos lumes de outubro de 2017. 
Petroglifo de Castricán: Nunha pena granítica vese unha coviña.     
Petroglifo da Chan do Rato: Desaparecido a principios do 2000. 
Petroglifos do Castro do Coto de Negros: Rochas con liñas e cazoletas.  
Petroglifos da Chan da Cruz: No límite das parroquias de Trasmañó, Cedeira e Cabeiro. Combinacións circulares prehistóricas onde tamén se gravou un gran cruciforme na parte alta da rocha e outros cruciformes relativamente recentes que actuou como marco. O peche colocado no mes de agosto de 2013 para protexer as gravuras das motos de cross e das bicicletas de montaña xa foi destruído, ao menos, en dúas ocasións. A Asociación Alén Nos leva anos denunciando as agresións ao que é sometido.
Petroglifos do Coto do Corno: Dúas laxes, unha con coviñas e a outra cunha combinación de círculos concéntricos e unha espiral.
Petroglifos do Coto da Rola: Varias rochas con círculos concéntricos e coviñas. Hai un exento tirado no monte. 
Petroglifo do Eido do Vento: Atopado no mes de xaneiro de 2019 por Antonio M. Verdeal cando guiaba a Ruta das Pedras. Trátase dunha combinación circular moi erosionada situada no medio dun camiño.      
Petroglifos do Monte do Castro: Gravuras de cazoletas tanto no interior como fóra do recinto. 
Petroglifos do Monte Penide: Composto por varios grupos de penedas con coviñas, círculos de distintas tipoloxías, pías, etc. Un dos soportes graníticos sufriu graves alteracións dende o ano 1934 en que foi publicado por Bouza Brey: canteira, tendido eléctrico, pistas... o que ocasionou a desaparición de moitas das gravuras. Nos traballos realizados durante o ano 2013 no xacemento megalítico do Monte Penide para a súa promoción e posta en valor, catalogáronse cinco mámoas e seis petroglifos inéditos. O arqueólogo responsable do proxecto, Xurxo Constela, salientou entre os elementos máis singulares o achado dunha gran mámoa no Cabeiro, preto do monte Vixiador, que foi localizada por Xosé Couñago, e tamén unha espcie de pedrafita ou ídolo con gravuras da Idade do Bronce cuxa simboloxía se descoñece, situada preto do castro de Negros. As actuacións foron impulsadas pola Asociación Alén Nós e o Concello de Redondela e dispón dunha ruta sinalizada que facilita o seu percorrido. 
Petroglifos Nogueira: Combinacións circulares. 
Petroglifos do Outeiro da Moscalleira: Coviñas, sucos e círculos. (Información recollida de Óscar Franco e fotos de Ángel de Prado en patrimoniogalego.net). 
Petroglifos da Pedra da Moura: Situados nun pequeno promontorio composto por gravados de distintas épocas. Vense varias coviñas, unha cruz latian e unhas letras (SP), estas últimas de factura recente. (Información recollida de Óscar Franco en patrimoniogalego.net). 
Petroglifos da Pedreira: Varias penas con combinacións circulares, cuadrúpedes e unha escea de equitación onde se ve o animal con cornamenta ou un penacho, quizais un híbrido entre cabalo e cervo a xeito de animal mítico, ou un cabalo con cornamenta artificial. 
Petroglifos da Poza da Lagoa: Nesta estación destaca unha peneda granítica con insculturas de alabardas e puñais ou espadas curtas e outro tipo de armas, unha delas identificada por Costas Goberna como un posible mazo, representacións que por veces están asociadas a outros motivos. No mes de decembro de 2013, o arqueólogo Xurxo Constela informou de que as gravuras foran pintadas cun xiz. 
A Cama da Moura (O Viso): Perpiaño granítico cunha oquedade cadrada relacionada como Cama da Moura ou Bañeira da Moura. Ao seu carón hai un penedo cunha cruz latina e varias coviñas. (Recollido de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).
Castro da Peneda: Entre os concellos de Redondela e Soutomaior. Nas súas ladeiras hai varios petroglifos con combinacións circulares.      
No mes de xullo de 2011 o colectivo Alén Nós e a asociación ecoloxista Verdegaia denunciaron os movementos de terra que se realizaron nunha zona do monte de Cedeira con maquinaria pesada, un lugar próximo ás mámoas e petroglifos do Monte Penide. Xa no ano 2007, Alén Nós denunciou os danos causados por un tractor en dúas mámoas, así como o paso de motos de cros por unha pista que atravesa os petroglifos da Chan da Cruz.
 

 
 
  
 


 
RIBADUMIA 
Petroglifo do Muíño do Con (O Porto-Barrantes): Nunha pedra xunto o Muíño do Con vense cruciformes, un posible taboleiro de xogo e outros elementos xeométricos. Posible orixe altomedieval.
  
RODEIRO
Pegadas da Virxe (Pena Maior-Asperelo); Salgueiros (Auga Levada); Albodrón (Camba); Cima da Costa (Pena Raxada-Guillar); Guillar (Guillar); A Bouza (Casardixo-O Salto); Castro Pequeno (Quintas-O Salto); Costa das Mamoelas (San Cristovo do Az); Coto das Laxas (San Martiño de Asperelo). 
Petroglifos de Casardixo (O Salto): Varias rochas con coviñas, ameazadas polo movemento de terras para a plantación de eucaliptos. O día 26 de xullo de 2014 demos con estas gravuras. As máquinas están a amorear ducias de pedras polo monte, temémonos que algunhas poden conter máis motivos.
Petroglifos do Castro Pequeno: Pena con coviñas.
Petroglifos da Cima da Costa: Cazoletas e un cruciforme pechado por un círculo.
Petroglifos do Coto das Laxas: Petroglifos insculpidos en soporte granítico de mala calidade o que impide a súa conservación. Vense 16 alabardas, dous puñais de grandes dimensións, un motivo cuadrangular con dúas liñas transversais na parte superior interpretado como un idiliforme, e un posible escutiforme.
Petroglifos de Guillar: Cazoletas. 
Petroglifos da Costa das Mamoelas: Localizados por Daniel González Alén. Na aba da Serra do Farelo. Quedaron ao descuberto despois dos incendios do mes de setembro de 2015. Trátase de catro penas con gravuras de círculos concéntricos e coviñas.  
Petroglifos dos Salgueiros: Dúas rochas con cazoletas, cruciformes, ferraduras, a variante dun alquerque e gravuras en forma de U, posiblemente históricas. 
Pedrafita de Aboldrón (Camba): Trátase dunha pena chantada de case dous metros de altura situada no camiño de Cova de Barro. Dada a coñecer por Manuel Hermida "O Penedo". Vense gravadas 17 coviñas. (Información recollida no fb de A Tulla Fafián).
Pegadas da Virxe: Gravura histórica. 
Salgueiros (Auga Levada): Xunto con coviñas, cruciformes e ferraduras, podemos ver a variante do que se cre un posible alquerque.


 



O ROSAL
As Eiras, O Ghorgholado, Labaiñas e A Palloceia (As Eiras); Alto da Campana, Cruces do Picón, Monte Torroso (O Rosal); Escamudo, Fonte Seca e Pico Gamisalva (A Cachado-O Rosal); Fonte do Home (As Cortes-O Rosal); Regueiro do Cabalo (Martín-O Rosal); Chao do Picato e Chan do Rei (Marzán-O Rosal); Outeiro da Xesta (Navellos-O Rosal); Alto do Picouto e Parada de Novás (Novás-O Rosal); Monte Bandeira (Pancenteo-O Rosal); Pedra das Cruces e Poza da Area (Parada-O Rosal); Laxe do Lampón (Portocelo-O Rosal); O Marco (San Xián-O Rosal); Outeiro da Xesta (O Rosal); As Ladaíñas, Pedra das Cruces (A Portela-San Miguel de Tabagón); Cova do Sobreiro (San Xoán de Tabagón).
Gravura da Palloceira: Na actualidade forma parte do balaustre dunha finca.   
Petroglifos do Alto da Campana: Círculos, espirais e figuras rectangulares. Tamén se ven dous muíños naviculares. 
Petroglifos do Alto do Picouto: Espiral sobre soporte granítico. Información e foto achegada por Victor Fuggetto. Tamén se poden ver, ao menos, outras tres rochas con círculos e cazoletas. 
Petroglifos da Chan do Rei: Sobre soporte granítico atópase a inscultura dun dos escasos labirintos de Galiza. Tamén se poden ver insculturas de cervos, un con cornamenta.
Petroglifos da Cova do Sobreiro: Pena descuberta pola Asociación Xuliva de A Guarda a princpios de 2022. Círculos e coviñas.
Petroglifo das Eiras: Descuberto no mes de agosto do ano 2012 por Palmira Cristina Vázquez Gómez. Ten máis de 350 motivos gravados repartidos en máis dun cento de grupos. Teñen a singularidade de estar gravados sobre xisto. Recuperouse no ano 2015. Segundo o arqueólogo Antonio Castro, a intervención foi complexa, onde se realizou a escavación, limpeza e elimináronse elementos alledos. É o primeiro petroglifo que se escava en Galicia. (Información e foto  achegada por Victor Fuggetto). 
Petroglifo de Escamudo: Documentado por Óscar Franco. Sen inventariar. Coviñas e unha espiral. 
Petroglifo da Fonte do Home: Cruciformes dentro dun círculo, coviñas, etc., onde salienta un taboleiro de xogos tipo "tres en raia". 
Petroglifos do Ghorgholado: Identificáronse máis de 300 motivos e un centenar de grupos, dispostos formando distintas composicións. Vense combinacións circulares, grupos de coviñas aliñadas, círculos con coviña central asociadas a regos serpentiformes interconectados ou compostos, coviñas con rabicho, algunha espiral, etc. Os autores aproveitaron as diaclasas para empregar esas irregularidades e volumes da rocha, xogando con eles na disposición e composición das imaxes. 
Petroglifos das Ladaiñas: Tres pedras con coviñas e círculos. As dúas primeiras foron estudadas hai anos por Martínez do Tamuxe, a última foi localizada no ano 2015 por José Álvarez Alonso.  
Petroglifos da Laxe do Lampón: Unha rocha con pías, cazoletas, círculos concéntricos, espirais e serpentiformes. Unha segunda presenta un cruciforme. 
Petroglifos do Monte Bandeira: Cadrado reticulado con 144 cuadrículas. 
Petroglifos do Outeiro da Xesta: Laxe granítica con coviñas, círculos con coviña interior, sucos e algunha gravura moderna. Información e foto achegada por Victor Fuggetto. 
Pedra das Cruces: Tres penas con gravuras de cazoletas e cruces, estas posiblemente medievais. Na rocha sinalada como a número dúas salientan unhas cruces cos brazos rematados en coviñas. 
Petroglifos do Pico Gamisalva: Cazoletas e liñas sinxelas. 
Petroglifos da Poza da Area: Coviñas e cruces. 
Petroglifos do Regueiro do Cabalo: Descuberto no ano 2015. Círculos, coviñas e a gravura dun cuadrúpede.   
 
 

 
 
 
 




SALCEDA DE CASELAS
Petroglifos do Castelo (Entenza): Cazoletas sobre soporte granítico. A rocha presenta sinais de querer ser partida.
Monte da Picoña: Sol sobre soporte granítico. Á vista da foto, semella que o motivo é de factura posiblemente moderna.
Petroglifos de Santo Estevo de Budiño: Pena con coviñas.
 
 


SALVATERRA DE MIÑO
Fiolledo (Fiolledo); San Amaro (Lira); Soutolobre (Soutolobre).
Petroglifos de San Amaro: Nas inmediacións do castro de San Amaro, onde se ergue unha capela posta baixo a advocación dese santo, hai unha peneda gravada con cazoletas. Fernando Baena Menéndez leva localizadas na zona varias penas con gravuras.
Petroglifos de Soutolobre: Pena granítica con coviñas.
 


SANXENXO 
Petroglifo de Seixomil (Nantes): No castro de Nantes, pena con tres coviñas e unha pía.
 

SILLEDA
Primadorno (O Castro-Breixa); Gurgullós e Pena Longa (A Brea-Cortegada); Pena das Cazolas (Sante-Laro); Penedo de Portavieiro (Martixe); Chan dos Petos (Oleiros); Nas inmediacións do castro de Montaz (Oleiros); Pena das Ferraduras (Outeiro-Parada); Pena das Cazolas (Refoxos); Casa de Fidalgo e Saídres (Saídres); Monte da Carballeda, Pena do Castro, Pena do Encanto e Pena do Santo (Siador); Pena do Encanto (Silleda); Monte do Santo (Taboada); Coto de Trasfontao (entre as parroquias de Siador, Taboada e Silleda).
Petroglifo da Casa de Fidalgo (Saídres): Petroglifo reaproveitado na coñecida como Casa de Fidalgo. Tapa o burato onde había unha bufarda. Moi desgastado, aprécianse ao menos tres combinacións circulares e coviña central. Segundo me contaron os propietarios, parece que procede do monte coñecido como da Escaldela.  
Petroglifo do Castro de Montaz: Nas inmediacións do castro hai unha rocha cunha gravura en bastante mal estado de conservación coa figura dun puñal ou unha alabarda. 
Petroglifos do Chaao dos Petos: Escaleiriformes, motivos circulares e cuadrangulares.
Petroglifos do Coto de Transfontao: Entre as parroquias de Siador, Taboada e Silleda. Descuberto en marzo de 2013 por Daniel González Alén. Combinacións circulares, espirais, cazoletas, coviñas e outros motivos de difícil descrición, destacando a representación dunha figura antropomorfa. 
Petroglifos dos Gorgullós: Dúas penas con gravuras con combinacións circulares e sucos. Afectados polos labores agrícolas.  
Petroglifos do Monte da Carballeda: Pódese ver un raro antropomorfo, combinacións circulares, algún cuadrangular, etc.  
Petroglifos Pena das Cazolas: Pena lixeiramente inclinada, xunto outra pena que foi desprazada que tamén posúe algunhas gravuraas na cara vertical. Combinacións circulares, coviñas, cadrados, liñas curvas e escaleiriformes.
Petroglifos da Pena do Encanto: Gravuras circulares, espirais, ferraduras e cruciformes. Segundo a lenda, no albear do día de San Xoán pódese ver unha galiña cos pitos de ouro. 
Petroglifo da Pena das Ferraduras: Dado a coñecer a principios do ano 2015.
Petroglifos de Primadorno: Sobre soporte granítico podemos ver alabardas, puñais, círculos e cazoletas.   
Petroglifos da Pena Longa: Tres rochas graníticas con cazoletas e círculos concéntricos, unha de catro círculos e 60 cm de diámetro que teñen a particularidade de que as gravuras foron realizadas no fondo de pías naturais. Por resultar moi interesantes, deixo a continuación a explicación ofrecida polo xeógrafo Antonio Presas sobre a fomarción das pías e a conservación destes petroglifos: “As pías ou pozancas son o resultado dun proceso de meteorización, relativamente frecuente, no rochedo granítico. En determinados sitios dunha masa granítica, exposta á intemperie e por efecto dos factores atmosféricos, especialmente a auga, ten lugar a formación de concavidades de diferentes formas e profundidades. Tanto a súa formación como evolución está condicionada polas características da rocha e, no caso dos penedos de Pena Longa (Cortegada), dominan as pías ou "pozancas de fondo plano". Pois ben, hai un feito moi evidente, que a erosión da rocha avanza máis rapidamente na pozanca ca no resto da mesma e iso lévanos a plantexar un interrogante moi curioso: se os nosos antepasados trazaron petróglifos no fondo de pozancas, nas que se almacena, transitoriamente, unha capa de auga, entonces eses petróglifos deberían desaparecer antes ca os gravados en lugares máis aireados e nos que non se deposita auga.... é decir, a longo prazo, serían uns petróglifos condenados a desaparecer antes ca os outros. Supoñendo que os petróglifos realizados nas pozancas de Pena Longa teñan uns 3.400 anos deberían servir de rexistro-guía para entender o lento avance de meteorización da rocha. Cal é a "taxa de erosión" destas rochas? A cuestión é que levan transcorridos uns 3.400 anos e non se aprecian diferencias entre a nitidez e marcado duns petróglifos respecto dos outros (os das pozancas e os "aireados") e iso indúcenos a pensar que os nosos antepasados non se equivocaron cando procederon ao seu trazado. En conclusión: As pozancas ou "pías de fondo plano" caracterízanse por presentar un crecemento extensional, aumento de superficie, pero avanzan moi pouco en profundidade, a diferencia das "pozancas cóncavas" que avanzan máis en profundidade ca en superficie (un caso extremo serían as "perforacións cilíndricas", que atravesan as laxes). Así, pois, os petróglifos de Pena Longa, riscados en pozancas de fondo plano, amosan un estado de conservación excepcional".
 




 




SOUTOMAIOR 
Bouza da Mosca ou O(Moreira-Soutomaior); Pedra dos Riscos e A Pedreira (Soutomaior); Cama do Vello (Masusán-Soutomaior); A Vela (Vela-Soutomaior) 
Petroglifos da Bouza da Mosca: Unha pena cunha gravura de círculos concéntricos con coviña central e apéndice interior; moi erosionado. Unha segunda pena cunha combinación circular e dúas letras modernas "S" e "A" cunha coviña e a data de 1862. 
Petroglifos da Cama do Vello: Segundo a ficha do IAG (Santos Estévez e Mañana Borrazás, 1998), cazoletas en dúas penas graníticas.  
Petroglifos da Vela: Cruciforme cos brazos rematados en coviñas, e cruces con peanas que poderían ser de traza moderna ou representacións antropomorfas esquemáticas. 
 
TOMIÑO
Os Cochos, Pías, Regueiro dos Curros, A Punta Rochiña, Tomadas do Vinculado (Barrantes); Forcadela (Forcadela); Ermida de San Lourenzo (Goián); Chan do Cereixo, Outeiro do Cereixón, As Pedriñas (Pinzás); Chan do Piñeiro (Piñeiro); Areeiro, Chan da Castiñeira, Chans de Tebra (Tebra); Real Seco e Portaxes (Monte Tetón-Tebra).
Petroglifo de Portaxes: Presenta unha enorme combinación de 18 aneis concéntricos que acada un diámetro de 2,5 metros de diámetro realizado sobre un soporte granítico de 2,70 metros cadrados que o converten nun dos máis espectaculares non só de Galiza, senón de Europa. Tamén se poden ver cazoletas, formas cuadrangulares e esceas de monta e da figura humana.
Petroglifos de Punta Rochiña: Círculos, cadrados, coviñas e outros motivos. Mal estado de conservación.
 




TUI
As Carneiras (As Veigas-Baldráns); O Rachadón (A Devesa-Malvas); Castro dos Cubos ou Cabeza de Francos (Frinxo-Pazos de Reis); Camiño do Raposo, A Macoca (A Macoca-Pazos de Reis); Alto do Rei e Rozacús (A Abelleira-Randufe); Alto do Coello (Fontiñas-Randufe); Caseta do Salgueirón (Randufe); Outeiro da Fonteiriña (Rebordáns); Covas da Trapa (Monte Aloia-Ribadelouro). 
Covas da Trapa (Monte Aloia-Ribadelouro): Coñecidas tamén como Milagres da Trapa e O Pedragullo. No interior identificouse un número elevado de materiais arqueolóxicos (recipientes cerámicos e líticos) e algunhas mostras de arte rupestre (coviñas e cruz de termo no exterior). Segundo Eduardo Méndez-Quintas (2020), as características dos materiais encaixan en cronoloxías prehistóricas, especialmente dentro do Neolítico final e a Idade do Bronce. As condicións de ocupación, posiblemente funeraria, amosan unha continuidade cronolóxica na ocupación deste tipo de espazos. 
Petroglifos do Alto do Coello: Estación formada por varios penedos graníticos con formas circulares, cruciformes, coviñas, cuadrúpedes (semellan cabalos) e muíños. (Foto dos muíños xentileza de  Victor Fuggetto). 
Petroglifos do Alto do Rei: Varios petroglifos representando cuadrúpedes, círculos, liñas e cazoletas, todos en diferente estado de conservación. As gravuras atópanse alterados e en constante perigo xa que a limpeza do cortalumes non se fai en condicións. Ao parecer aquí existiu un asentamento de época indeterminada, onde se atoparon abunantes fragmentos cerámicos. Vense muíños naviculares situados en dúas laxas planas parcialmente soterradas. Na contorna, baixando o cortalumes, hai outros petroglifon con cuadrúpedes, círculos, liñas e cazoletas en distinto estado de conservación. (Información recollida de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).     
Petroglifos do Castro de Cabeza de Francos ou dos Cubos: Tres penas con gravuras. Na rocha base dunha construción hai unha gravura dun círculo concéntrico con cazoleta central. 
Petroglifos do Camiño do Raposo: Dúas penas con insculturas. 
Petroglifos da Costa do Salgueirón: Gravado situado nunha laxe plana. Consta de dous muíños naviculares (con compoñente central e lateral) e un axedrezado de 5 por 5 cadros e 35 cm de lado. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).       
Petroglifos da Mazoca: Tres rochas con gravuras.  Círculos concéntricos, círculos simples e coviñas. 
Petroglifos do Rachadón: Conxunto formado por dous muíños naviculares, mesmo pode que sexan tres. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net). 
Petroglifos de Rozacús: Pertence a unha estación que foi localizada polo Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño, nunha aba do Monte do Coello. Trátase de seis rochas gravadas con coviñas, círculos, combinacións circulares, cadrados, cruciformes, serpentiformes, etc, onde salientan un par de figuras de animais. Segundo información recollida do blog Tudensia, a estación sufriu unha nova agresión no ano 2013, os labores de limpeza e mantemento das liñas do tendido eléctrico supuxo unha intervención con medios mecánicos especialmente agresivos coa rocha. 
Alquerques na Catedral de Tui: Tres alquerques de IX e un de XII gravados nunha bancada no muro sur, nas escaleiras que dan ao ciborio e na sala capitular situada no claustro. Datados nos séculos XII-XIII.
 




 

VALGA
O Gandarón (Cernadas-Setecoros); Pedra das Serpes, Penouco de Camporredondo (Alto de Camporredondo-Valga); Eira dos Mouros (Monte dos Vilares-Valga); Alto da Porteliña (A Porteliña-Valga); Cruz do Valado (Valga); A Devesa.
Petroglifo Alto da Porteliña: Círculo simple con coviña central.
Petroglifos da Devesa: No ano 2008 descubriuse unha nova estación con cazoletas realizadas sobre soporte granítico.
Petroglifo Pedra das Serpes: Con insculturas de combinacións circulares e serpentiformes. 

 

VIGO
Beade (Beade); O Eixón (Castrelos); Cordeiras (Coia); Alto de Balteiros, Alto da Costa, Alto da Igrexa, Alto do Palomar, Campolongo, Carballoso, Castiñeirón, Os Covelos, Cullareira, Devesa, A Granxa, O Grausco, Lameiros, Laxiadas, Presa das Rodas, O Pontón, As Presas, Tarroeiros e O Viveiro (Coruxo); Chan de Arriba, Peneda da Moura, Pedra Furada ou Os Cochos, Pedra do Fragoselo e Pedra da Moura (Fragoselo-Coruxo); Outeiro do Castro (A Luz-Coruxo); Chan Grande e San Lourenzo (Coruxo); Os Pintos (As Roteas-Coruxo); Illa Norte (Illa de Faro-Coruxo); Redondelos (Monte do Fabal-Matamá); Lama da Mó (A Mó-Matamá); Millaradas (A Mó-Millaradas-Matamá); As Presas, Penedo do Salgueiral, O Sobreiro e As Tomadas (Matamá); Sucastros (Quintela-Navia); As Cavadiñas, Laxielas e Quintela (Navia); Cabezo de Saiáns, O Carballoso e Chan Grande (Oia); Os Pintos (A Ermida-Oia); Monte do Castro (A Estea-Oia); Monte Pequeno (A Estomada-Oia); Alto das Pesarestas (Gondulfe-Saiáns); Cal de Outeiro, Fonte do Sapo, Monte da Bandeira, Muíños de Fortillón, Outeiro dos Raposos (Saiáns); Carballo do Castro (Casás-Santo André de Comesaña); Monte da Guieira, Monte da Rigueira, Paragude e Rodeira (Santo André de Comesaña); A Laxe (A Laxe-Sárdoma); Gondesende (Teis); Pedra das Augas (Monte da Guía-Teis); O Estripeiro, Maceiras, Monte dos Pozos, Os Parcés e O Peimallo (Valadares); O Tombo (O Freixo-Valadares); A Gándara (A Gándara-Valadares); Tomada dos Pedros (A Lapela-Valadares); Outeiro de Lucas (Montes do Maúxo); Subida do Ferro Vello (Cidáns-Zamáns).
Petroglifos da Cal de Outeiro: Combinación de círculos concéntricos.
Petroglifos do Carballoso: Varias rochas con coviñas e combinacións circulares.
Petroglifos do Castro Outeiro do Castro (O Fragoselo-Coruxo): Gravuras de cazoletas, círculos simples e concéntricos e figuras cuadrangulares axedrezadas. 
Petroglifos da Chan Grande: Combinacións circulares con coviñas central e sucos asociados, e círculos simples con coviña central.    
Petroglifos de Gondesende: Segundo noticia referida por Costas Goberna, esta pedra foi utilizada para secar sobre ela o millo. O mesmo investigador recolleu que tamén era coñecida como Pedra de Amoar ou afiar, polas linguas marmuradoras, xa que xunto dela reuníanse as mulleres desocupadas e falangueiras. 
Petroglifos das Millaradas: Combinacions circulares, coviñas e sucos. Foron afectados polos lumes acontecidos no ano 2017. 
Petroglifos do Outeiro dos Raposos: Represéntase un muíño navicular e un serpentiforme.     
Petroglifo da Pedra da Laxe (Sárdoma): Como ben di Xosé Couñago, entre a multitude de gravuras esparexidas por Vigo, é a única representación de armas. Ser a única alabarda dálle, se cabe, máis valor. Próximo ao centro urbano, está sometido a unha presión urbanística en aumento, rodeado de novas construcións que estiveron a piques de facelos desaparecer. Continúa Xosé Couñado que sobrevive descoidado, abandonado e desprotexido, situado ao pé dun semáforo superior que regula a circulación na baixada e subida a Sárdoma. 
Petroglifos da Pedra da Moura (Coruxo): Dende que Monteagudo o estudara no ano 1943, desapareceu un terzo do soporte granítico que acolle as gravuras onde destaca unha gran combinación de figuras circulares asociada a outros motivos. 
Petroglifos de Redondelos: Figuras cuadrangulares que presentan o interior dividido por liñas perpendiculares que se cruzan no centro, con numerosas coviñas. 
Petroglifos de Sucastros: Situados nunha zona residencial urbanizada consérvase unha pena case rente ao chan. Vense tres muíños rupestres, seis coviñas dispersas, un pequeno círculo con coviña central e algún suco. O potencial arqueolóxico da zona foi dado a coñecer no ano 1999 polo Clube Espeleolóxico Maúxo nas Actas do Congreso Internacional de Arte Rupestre celebrado en Vigo. Na contorna deste grupo existen outros máis, algúns inéditos. (Información de Óscar Franco e foto de Ángel de Prado en patrimoniogalego.net). 
Petroglifos da Tomada dos Pedros: Descuberto por Juan Alonso Campos e dado a coñecer no ano 1990 por Xulio Fernández Pintos. Figuras elípticas, combinacións circulares, coviñas e sucos. (Información recollida de Óscar Franco). 
Petroglifos da Subida ao Ferro Vello: Coviñas. Dados a coñecer por Ángel de Prado.


 


 

 


VILA DE CRUCES
Ponte dos Cabalos (Merza); Oirós (Oirós); Toiriz (Toiriz).
Ponte dos Cabalos (Merza): A principios do mes de novembro de 2016, debido á reconstrución do paseo fluvial de Merza, coñecido como Ponte dos Cabalos, apareceron uns gravados antigos e recentes sobre algunhas pedras. Un veciño puxo sobre a pista ao investigador Daniel González Alén que, con outros estudosos, se dirixiron cara o lugar. Unha vez examinadas as lousas de xisto, observaron que dúas concentran preto de medio cento de ocos de entre 3 e 5 centímetros de diámetro que xunto cun par de ferraduras cren que poden ser de fasquía prehistórica, incluso puideron chegar ata a ponte aproveitadas doutras antigas construcións. Mais recentes son varias letras feitas con punteiro, salientando a inscrición CAMANZO, seguramente en alusión á parroquia famosa polo seu mosteiro, e iniciais R.V. e P.C. modernas de persoas que quixeron deixar a súa pegada.
 

VILABOA
O Matiño e Travexada (Santadrán-Cobres); Campo de Tiro, Outeiro dos Apañados e Outeiro da Mina (campamento militar-Figueirido); Outeiro das Laxes (A Croa-Figueirdo); Puncariño (Figueirido); Chan dos Areeiros (Os Areeiros-Santa Cristina de Cobres); Outeiro do Millo (Barciela-Santa Cristina de Cobres); Cotorredondo (A Graña-Santa Cristina de Cobres); Chan da Rúa, A Revolta (Vilar-Santa Cristina de Cobres); O Martiño (Santo Adrán de Cobres); Outeiro dos Asubións (Casal da Santa-Vilaboa); Coutorredondo (Chan de Castiñeiras-Vilaboa); Maica (O Eirado-Vilaboa); Outeiro das Laxes e Outeiro da Mina (Vilaboa); Pedra dos Mouros (Paredes-Vilaboa). 
Petroglifos do Campo de Tiro: No interior do cuartel de Figueirido. Coma se dun secreto de Estado se tratara, pouco se sabe sobre estra gravura. Ao parecer trátase dunha laxe granítica con combinacións circulares e petroglifos. 
Petroglifos do Outeiro dos Apañados: Nas inmediacións do cuartel de Figueirido. Combinacións de círculos concéntricos e cazoletas. 
Petroglifos do Outeiro do Millo: Presenta catro fendeduras a xeito de banzos.

 

VILAGARCÍA DE AROUSA
Monte Meán (A Bouza-Arealonga); Trabanca da Torre (Monte Meán-Arealonga); Os Ballotes (O Salgueiral-Bamio); Pedra do Encanto e Veiga das Louriñas (Bamio); Meadelos (Torre de Meadelos-Carril); Monte de A Tomada (Carril); Pombal de Fontefría (Castro de Agudín-Cea); Alto de Sobreiras, Pouso Cobo (Monte Xiabre).
Petroglifos do Alto de Sobreiras: Hai 31 rochas con gravuras.
Petroglifos dos Ballotes: Presenta figuras de diferentes tamaños e formas, sobre todo cérvidos de grandes cornamentas, ben estáticos ben en movemento. Tamén se ven esceas de animais en actitude de berro. Outros cervos arrastran posibles discos solares e mesmo hai unha escea de equitación. A única intervención de alcance experimentada por estas gravuras (con independenza do estudo de 1927 realizado por Bouza Brey) foi a que promoveu o Concello no ano 209 baixo a dirección de Elena Cabrejas e a coordinación de Iria Baltar. Na actualidade atópanse esquecidos.
Petroglifos do Monte de A Tomada: Dúas novas penedas con gravuras descubertas no mes de xullo de 2013 polo investigador Félix González, en colaboración co colectivo Niquelarte e o estudante de Historia Gabriel González. Un dos petroglifos atópase preto da capela dos Anxos; presenta a figura dun cuadrúpede completo e os cuartos traseiros doutro. A poucos metros atópase unha segunda pena con motivos xeométricos.
Pedra do Encanto: Descuberta por Enrique Campo Sobrino a quen se debe o primeiro debuxo que foi presentado na Exposición de Santiago de Compostela do ano 1909. Sufriu unha brutal agresión por traballos de cantaría e polo trazado da estrada a Catoira.
Na parroquia de Bamio contabilizáronse sete xacementos con gravuras distribuídos en quince rochas.
A principios do ano 2023, a empresa de arqueoloxía A Citania solicitou a posta en valor de varios petroglifos do Monte Xiabre, propoñendo un convenio coa comunidade de montes de Cea para un manteñemento periódico, con dúas  limpezas ao ano, ademais da colocación duns paneis informativos e de dirección.
 
   

 


VILANOVA DE AROUSA
Petroglifos de San Miguel de Deiro: Localizados polo brigadista forestal Manuel Santiago Brandón quen o puxo en coñecemento para o seu estudo ao Colectivo A Rula no mes de setembro de 2023. Atopounos reutilizados nun muro de peche dunha propiedade. Vense unha vintena de coviñas e cazoletas e dúas combinacións de círculos concéntricos. 
Castelo de Monte Lobeira (András): Dise que na antiga fortaleza dos séculos IX-X naceu Theodomiro, bispo de Iria, do que a lenda asegura que foi un dos descubridores da tumba do Apóstolo Santiago. Da época de Dona Urraca son os tres alquerques que representan xogos flamengos cos que se entretiñan os soldados holandeses traídos por Raimundo de Borgoña.
 


Xabier Moure
Petroglifos de Galicia/Galiza (Provincia de Pontevedra)
o noso patrimonio