ROMANIZACIÓN DE GALIZA/GALICIA (PROVINCIA DE OURENSE)

Para o comezo da conquista de Galiza por Roma adoita tomarse o ano 137 a.C., coa chegada de Decio Xunio Bruto no que acontece o lendario episodio do paso do río do Esquecemento, o Limia. No 96-94 a.C., Craso vén na procura das Illas do Estaño, as Cassitérides, identificadas coas Illas Cíes. No 61-60 a.C., Xulio César somete a Brigantium (A Coruña). Enre o 29 e o 19 a.C., Augusto culmina a conquista (mito do monte Medulio). Os romanos empezan a asentarse militarmente no territorio coa construción de campamentos, obrigando aos habitantes dos castros a abandonalos e establecerse nos vales que é cando aparecen as villae ligadas ás explotacións agrícolas. No século I d.C. Galiza forma parte da provincia Tarraconensis onde permanece ata o ano 212 en que o emperador Diocleciano lle outorga a categoría de provincia. No ano 303 convértese na provincia da Gallaecia, dividida en tres conventos xurídicos (termo administrativo inferior á provincia): Lucus Augusti (Lugo), Asturica Augusti (Astorga) e Bracara Augusti (Braga). Os romanos, para asegurar o dominio e control do territorio, e así garantir a produción mineira, artellan o país cunha complexa rede viaria que xira arredor das vías principais XVIII, XIX e XX onde embocan infinidade de camiños secundarios. No terreo relixioso conviven as divindades traídas polos vencedores e as prerromanas, producíndose, en moitos casos, unha dupla asimilación. O latín imponse como lingua oficial, e a poboación galega adopta a cultura dos invasores, modificando algunhas das súas máis arraizadas tradicións, proceso de aculturación que en gran medida remata coa cultura existente ata aquel momento.

ACLARACIÓNS 

1. Cómpre ter en conta que un bo número de pezas non son orixinarias do lugar onde se atoparon ou de onde están situadas na actualidade, descoñecéndose a procedencia; outras (nomeadamente os achados epigráficos) foron localizadas preto de castros ou de asentamentos galaico-romanos o que non sempre implica que estean relacionadas con estes. Tamén chama a atención que en castros fortemente romanizados, os achados epigráficos sexan case inexistentes, casos de Castromao (de onde procede a famosa Tessera Hospitalis), Viladonga, Fazouro ou Santa María de Cervantes, por poñer algúns exemplos, o que contrasta coas atopadas noutros xacementos de menor sona onde sequera se levaron a cabo actuacións de ningún tipo.
2. Por contar cun apartado propio, non se achegan as pontes. Tamén inclúo algún achado, pode que relacionado co pobo dos Suevos; no eido arqueolóxico as fontes son escasas e non é doado diferenciar os do mundo suevo do tardorromano. 


ROMANIZACIÓN DA PROVINCIA DE OURENSE

ALLARIZ 
Anel romano: Con motivo das obras da Praza Maior no ano 1979 apareceu un anel de bronce. Tamén se atopou abundante material galaico-romano.  
Xacemento de Abuín (A Frieira): Cerámica común.  
Xacemento das Laxas.  
Xacemento das Raposeiras (Pumares): Fragmentos tégulas e ladrillos.   
Castro de Armea (Augas Santas): Os primeiro restos da vila galaico-romana apareceron no ano 2011, con vidros, fustes, capiteis, moedas e terra sigillata. Hai quen sitúa aquí a mansio Salientibus. Nas escavacións do verán de 2014 descubriuse unha domus romana con habitacións e un patio exterior cuberto, datado nos sécuolos I, II e III. Tamén se atoparon pezas de vidro galaico-romanas, cerámica fina e obxectos dun tear. Tamén saíu á luz unha rúa dos séculos III-IV con 35 metros de longo e case tres de ancho, cun trazado recto e ben pavimentado. A zona elixida para esta nova fase foi a coñecida como Finca da Atalaia que xa fora escavada a mediados do pasado século XX por Conde Balvís.  
Eígrafe de Armea: Situado no muro dunha palleira que di "T(itus) CAESENNI(S...)", un antropónimo latino e que se atoparía no Monte das Casarellas, coñecido tamén como castro da Cibdá de Armea.  
Necrópole de Augas Santas: Chamoso Lamas interpretouna como pertencente á época sueva.  
Aras de Augas Santas: Na igrexa de Santa Mariña. Trátase de dúas aras de planta cadrada e forma cúbica, unha disque coa imaxe da deusa-nai Cibeles e na outra esculpíronlle unha cruz cristiana; ambas foron reutilizadas como esmoleiros. Dende hai un ano están expostas nun pequeno museo habilitado dentro do templo. 
Inscrición (Forxás): "HERMI VICTORI/HERM VI/OD".
Inscrición: "CAELENIC(us) FLAVIUS P". Viuna o P. Sarmiento nunha casa de Armea.
Inscrición (Vilanova): No Museo Arqueolóxico de Ourense. Praca de mármore fragmentada en tres partes. Cando ingresou no museo no ano 1901 estaba en bo estado, debeu se cando o incendio de 1927 cando sufriu os danos. "M(arco) DOMITIO/SATURNINO/MARCUS DOM/TIUS PATRI/VAL(eria) MAMILLA/MARITO".
Inscrición (Outeiro da Laxe-Santa Mariña de Augas Santas): "H(ic) S(itus) E(st)". Atopouse no ano 1999, empotrada horizontalmente na rúa que sae da capela. Fragmento inferior dunha estela de granito co campo epigráfico rebaixado.
Relevo de Amiadoso (San Martiño de Pazó): De mármore, salienta a característica de ter todas as súas caras decoradas. Estaba incrustado no muro dunha construción de Amiadoso que actuaba como capela e que foi identificada como un posible resto visigótico nun traballo no Archivo Español de Arqueología por Xaquín Lorenzo (outros autores levan a súa realización nos séculos X ou XI). Acuña Fernández e Valle Pérez dátanno no século II d.C. e Rodríguez Colmenero no século IV. Mais adiante, Bango propuxo a posibilidade de tratarse dunha Ascensión de Cristo, o que lle outorgaría un excepcional interese iconográfico, se ben hai quen elimina todo carácter cristiano aínda que puidera formar parte dun monumento funerario. No lugar hai vestixios dun xacemento tardorromano.  
Pazó: A pouco metros do castro apareceron restos construtivos (tégulas, ladrillos) e cerámica de época baixorromana, sobre todo nas inmediacións da igrexa prerrománica que aproveita diversos materiais dun templo anterior de orixe xermánica (capiteis e relevos visigóticos datados no século VII). 
San Mamede de Urrós: Na igrexa apareceu unha ara datada entre os séculos I-III d.C., en cuxo focus superior custodíabase un relicario de madeira coa copia dun pergameo da consagración da igrexa polo bispo Martiño de Tours no 1147 (Pérez Outeiriño, 1979). A asociación do focus e o relicario indica que cando se fundou a igrexa xa acollía nela a ara, quizais cun certo valor sagrado e nela se gardaría o relicario como símbolo fundamental da igrexa, xa que todo elo estaba xustamente debaixo do altar, o lugar máis sagrado do templo. Segundo referencias dos veciños, o achado de "caixas de ladrillos" no cemiterio corresponderían con enterramentos romanos en relación coa ara, probando a existencia dun lugar sagrado máis antigo (Sánchez Pardo, 2009).  
Moedas: No castro de Armea, unha moeda de Decio Xuño Bruto, outra de Augusto e outras de Galieno. Na Airavella, moedas de bronce regaladas á Comisión de Monumentos de Ourense por don Francisco Conde Balvís.
 

 



 

 

AMOEIRO 
Ara a Moelio Mordonieco (Cornoces): Con tres inscricións, dúas nos lados e unha terceira na parte alta, ao lado do foculus. Dun soldado da Legio VII Gemina, con datación no 9º consulado de Vespasiano e o 7º de Tito (ano 79 d.C.). Ata o de agora é a única dedicatoria a esta divindade. Cortadas as molduras do pé e cabeceira. Lese: "MOELIO/MOROD/NIEGO/CAECILI/VS M(iles) LE(gionis) V/II V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)/III K(alendas) IVN(ii)/IMP(eratore) VESP(asiano)/VIII TITO V CO S/LAR(ibus)". Custodiada no Museo Arqueolóxico de Ourense. 
Capela de Sanxiao (Sanxiao-Fontefría): Ara aos Lares Viais que forma parte da pía bautismal da capela, está colocada do revés; Lese: "LARI(bus) VI/ALIBUS/PETRO/NIUS/EX VO/TO P(osuit). No centro da zona da ábsida hai un sillar con decoración xeométrica en relevo composto pola repetición dun dobre entrenzado; no paramento sur hai un motivo decorativo case idéntico ao anterior, aínda que máis desgastado. Estes relevos considéraos Rivas Fernández de época xermánica, mais Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo Fernández din que poden proceder dun castro cercano.  Quizais fose un edículo romano dedicado aos Lares Viais e logo igrexa visigoda. 
Lápida (Castro do Rodeiro-Abruciños): Foi atopada ao abrir unha canteira nos montes de Rodeiro. No lugar onde apareceu a peza houbo un castro e despois un castelo. Presenta na súa cara anterior, a modo de cartela, unha inscrición nunha liña sobre un campo escavado. Incompleta, lese: "ORIVS". Aínda que hai quen a supón de orixe romana, creo que se trata dunha peza sueva ou visigoda. No Museo Arqueolóxico de Ourense.  
Miliario anepígrafe situado nun cruzamento de camiños da Venda Nova (Bóveda de Amoeiro). Dado a coñecer por Rivas.   
Xacemento de As Pereiras (Cima de Vila-Trasalba): Trátase dun xacemento romano-medieval onde apareceu diverso material, entre outro un forno "tipo Castromao", pedras traballadas, cacharros cerámicos, un gancho de ferro ou un broche de cinto de bronce. Documéntanse varias estruturas (foxos, gabias) recheas con depósitos de material cerámicos. 
Ara ás Ninfas: Apareceu na paraxe denominada As Lameiras, xunto a estrada de Cambedo á Ponte dos Frades (Bóveda de Amoeiro). A divindade é NYMPHIS SALUTATIVUS, a dedicante SULPICIA SATURNINA, e a fórmula de consagración EX VOTO.  
Xacemento da Mora, con muro e foxo.   


 

 

 

A ARNOIA
Aras a Xúpiter e ao Sol (Sendín-A Arnoia): Iovi e Soli. Atopadas no ano 1958 nunha finca coñecida como O Foxo. Estiveron no Museo de Artes e Costumes Populares do Ribeiro, en Ribadavia; na actualidade custódianse no Museo Arqueolóxico de Ourense. Datan do século II d.C.
Inscrición: "]/EX VI(su) FEC(it)". 
Cepo de Ánimas de San Amaro (A Arnoia). Ara coa inscrición borrada, con focus reutilizado para peto, agregándolle unha tapa de ferro.


BALTAR
Castro de Outeiro (Baltar): Romanizado. Situado na Serra de Gomariz. Nas inmediacións apareceron fragmentos de sigillata e instrumentos de ferro.  
Aras na capela da Asunción: Aínda que se atopan no presbiterio da capela da Asunción, parroquia de Baltar, ao parecer proceden do castro de Outeiro ou do lugar da Santa. Nunha lese: "D (eo) REVE/LARAUCO/VALEN(us) APER EX/VOTO", "Para Reva dos Laraucos, de Valeno Aper por unha promesa".  Na outra, con base e cornixa molduradas, no campo epigráfico só se len as letras "EX(vot)o".
Ara do Bouzo (O Bouzo-Garabelos do Bouzo): Na capela do San Bieito. Elimináronlle a inscrición ao adaptala como pía bautismal, ampliando o focus.
Ara: "D(is) M(anibus) S(acrum)/VIR(...) MATER(...)/SEV(...) SEVERO/CON (iugi) MER(entis) AN(norum) XXIII".
Ara (Barrio-Vilamaior da Boullosa): Rivas Fernández, en Varia Epigraphica (Boletín Auriense, 1999), cita unha ara bastante deteriorada, con cornixa, corpo central e base, coa inscrición "REVE V/[-] ET [--]/---". Gravóuselle unha letra P moderna. Descuberta no ano 1981. Sostén a galería de madeira dunha vella casa.
Mina aurífera: Segundo algunhas teorías, as canles e os pozos cegos do aluvial da Veiga son restos dunha mina aurífera de época romana.   
A Rousía: Nas faldras da Serra de Larouco. Poboado citado por González de Ulloa no ano 1777 quen asegura que aquí había unha grande e antiga poboación. Mesmo hai quen conxectura que se trataba da Aradauca de Ptolomeo. Segundo a lenda, o pobo foi abandonado por unha praga de formigas.
Xacemento das Santas  ou As Muradellas (Vilamaior da Boullosa): Posible vila. Apareceron tégulas, ímbrices, anacos de ladrillos e cerámica común. O lugar está moi modificado pola concentración parcelaria. 
Outros xacementos: Forno da Tella ou Freixediño (Niñodaguia), explocación mineira dos Picotiños (Santo Antoniño-Vilamaior da Boullosa), Campo de Ourique ou A Telleira, explotación mineira en Vilamaior da Boullosa.
Moedas do século I d.C. e un bronce inclasificable. 
 





BANDE
Tramo da Via XVIII (Güin).  
Vestixios no Alto da Mazorra (Xordos-Bande), na Veiga das Maus (Os Baños), Chaverga (Pereira-Corvelle), na Veiga de Nigueiroá (Nigueiroá), en Regulfe e A Telleira (Santa Comba).  
Ara (Os Baños): Di: "NYMFIS/BOELI/VS RUF/VS PRO/SALVTE/XVA VS", "Boelio Rufo cumpriu este voto ás Ninfas pola súa saúde".   
Ara (Os Baños): A Marte, adicada por Martia Flacila; lese: "[/MARTI MA/RTIA FLA/CILLA EX/VOTO".
Ara (Lueda): "---/AVITI [F(ilius)?]/V(otum) L(ibens) A(nimo) S(olvit). Na capela de Santa Mariña. Fragmento inferior dunha ara que conserva o corpo central e a base. Descubriruse no ano 1988. 
Ara aos Lares Viais (Santa Comba): Citada por Castellá Ferrer quen di que servia de pía de auga bendita na igrexa. Líase: MAXU/MUS LOV/ESSI F(ilius) LA/RIBUS VI/ALIBUS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Máximo, fillo de Lovesio, cumpriu o seu voto aos lares viais, de boa vontade").
Epígrafe de Diana: Inscrición transmitida nun manuscrito do século XVIII, conservado no arquivo da abadía de San Domingos de Silos. Apareceu no altar da igrexa de Santa Comba de Bande. No centro do epígrafe apréciase unha fendedura horizontal así como síntomas de destrución no bordo inferior esquerdo. Lese: "DIANAE/SA(crum)/QUAE RES/VICTOR(iae)/EX MO/NITU". 
Epígrafe: No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 fala dunha epígrafe empotrada na parede dunha casa situada fronte a reitoral de Santa Comba, estudada por Hübner nos anos 1869 e 1878. No Boletín do ano 1910 adícalle un artigo Marcelo Macías. Lese: "PRO SALVTE/IVLIAE A V G/MATRI/CASTROR/ET A V G A LV/CIDIVS MA/RINVS/DEDI/CAVIT".  
Restos de calzada (Vía XVIII) entre Ponte Cabanas e Nigueiroá. Tamén en Güin. 
Castro de Rubiás: Atopouse unha aguia, interpretada como un aplique que podía formar parte dos adornos dun cabalo e unha inscrición adicada a Traxano. Canto á aguia, e segundo información recollida do Museo Arqueolóxico de Ourense, cómpre precisar que a atribución a este xacemento débese a unha breve nota publicada tras unha visita dos membros da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense que tivo lugar o 24 de outubro de 1935. Dita nota non dá información do lugar e das circunstancias do achado, limitándose a recoller o material recuperado polos veciños de Rubiás na comarca, polo que moitas pezas poden pertencer a outros xacemetnos, como por exemplo o campamento de Aquis Querquernis.   
Miliario de Adriano (As Maus): Apareceu no lugar coñecido como A Veiga no ano 1988, baixo as augas do encoro das Conchas; trátase da parte inferior dun miliario; na actualidade atópase no Centro de Interpretación.  
Miliario de Constancio (Lobosandaus): Actuaba como pé dun hórreo. Lese: "FLA(vio) IUL(io)/CONSTANTIO/AUG(usto) NOB(ilissimo)/PRIN(cipi)", ("Dedicado a Flavio Xulio Constancio, augusto, nobilísimo príncipe"). Hoxe en día está custodiado no Centro de Interpretación.   
Miliario de Magnencio (Santa Comba): Foi atopado formando parte do muro dunha casa arruinada xunto a igrexa visigótica. Na actualidade está no Centro Arqueolóxico de Aquis Querquernis. Lese: "IMP(eratori) CAES(a)/RI DO(mino) N(ostr)O/(ma)XIMO/MA(gnentio)", ("Dedicado ao noso señor o césar emperador Máximo Magnencio"). 
Miliario de Ponte Cadós (Cadós): Desaparecido. Anepígrafe. Coñecido por noticia de Puig y Larraz o seu descubridor.
Miliario Ponte Liñares: Anepígrafo; fragmento dun miliario situado no interior da ermida de Ponte Liñares, facendo a función de pía de auga bendita.  
Miliario de San Fiz (Ribeiro): Anepígrafo; trátase do fragmento dun miliario que servía de pedra dun pasadoiro (poldras) no río Limia.  
Miliario na Gándara (Meixide), anepígrafe. Citado polo P. Matos Ferreira a mediados do século XVIII con motivo de describir a vía romana que nos Chaos (Santa Comba de Bande) deriva da XVIII cara a Lugo. Non se conserva.
Miliario de Adriano (Santa Comba): No interior da igrexa visigótica, utilizouse como pía de auga bendita. Trátase dun tambor de granito extraído dun cilindro maior e adapta á función citada, conservando vestixios de letras. Miliario en Santa Comba: Coñécese a través de Fr. Martín Sarmiento quen o atopou na adega da casa do dura de Santa Comba. 
Miliario a Máximo e Maximino (Porto Quintela): Desaparecido. Atopado entre Baños de Bande e Porto Quintela, preto da estrada antiga de Ourense a Portugal. O epígrafe foi lido por Marcelo Macías, contaba con abundantes esmoucas e rozaduras na superficie, segundo referencia da revista Nós. 
Representación de Harpócrates en bronce, atopado preto de Aquis Querquernis. 
Campamento, mansión e estación balnearia de Aquis Querquernis: As primeiras referencias datan de principios do século XVII en que Castellá y Ferrer fala das ruínas dunha cidade romana en A Cidade, entre Os Baños e Porto Quintela, facendo mención tamén dun miliario adicado a Traxano con indicación da milla 38. Posteriormente tamén fan referencia ao campamento o P. Sarmiento, o P. Flórez e Ceán Bermúdez, mais identificándoo, erradamente, con Aquis Originis.  Recompila varios achados epigráficos. Mais sería Díez Sanjurjo o primeiro en asegurar que o xácigo tratábase de Aquis Querquernis, a terceira mansión do Itinerario de Antonino. Dende o Seminario de Estudos Galegos, baixo a dirección de López Cuevillas, acométense as primeiras escavacións. Nos anos setenta Caamaño recolle varios materiais. As escavacións sistemáticas son a partires do ano 1975, a cargo de Rodríguez Colmenero e a xente do Grupo Arqueolóxico Larouco. A finais do século XIX e principios do XX, HübnerSituado no lugar de Porto Quintela, parroquia dos Baños. Campamento activo ata finais do século IV d.C. Existen dúbidas canto á unidade militar asentada no campamento, probablemente fose a Cohors I Galica, dependente da Legio X Gemina, entre mediados do século I e finais do século II d.C. Construído ao pé da Vía XVIII. Atopáronse puntas de lanza, regatóns (parte inferior da lanza) e fragmentos de espadas longas de cabalería; tamén taboleiros de xogo, unha aguia, interpretada como remate dun estandarte, e material médico en bronce como forceps e pinzas. Tamén se localizou un horrea para almacenar excedentes agrícolas. Nas últimas escavacións levadas a cabo no ano 2010, dirixidas polo arqueólogo Santiago Ferrer, saíron á luz dous novos strigia (barracóns) destinados ás tropas así como numerosas pezas cerámicas e algunhas moedas. Aquis Querquernis sería a capital da Civitas Querquernorum. 
Xacementos romanos da Veiga das Maus (As Maus), Regulfe e A Telleira (Santa Comba), Veiga de Nigueiroá (Nigueiroá).  
Centro de Interpretación Aquae Querquennae Via Nova (Porto Quintela-Os Baños): No interior están expostas pezas do campamento situado nas inmediacións e doutras partes da comarca: Cerámica, pracas, miliarios, aras...

 

 

 

 

 

 

BAÑOS DE MOLGAS 
Mansión: A mansión Salientibus é citada no Itinerario de Antonino e no Anónimo de Rávena. Hai autores que a sitúan en Baños de Molgas (Díez Sanjurjo e Caamaño Gesto), aínda que Rodríguez Colmenero et alii (2004) lévanna para Xinzo da Costa, en Maceda, pois reparan nun topónimo, As Fontes, tradución exacta de Salientibus.
Aras na igrexa de Santa Eufemia (Santa Eufemia-Ambía): A ara atopábase xunto unha fonte que aínda existe. Logo foi trasladada para a igrexa, atopándose medio agochada dentro do altar maior. Na actualidade forma parte do altar. Lese: "AVRELIS/FLAV(u)S/TAM(acanus) TACAMUX/NYMPHIS/EX VOTO". Formando parte dunha das ventás de influencia mozárabe vese o que semella unha ara reutilizada. 
Ara (Presqueira): No formal da cabeceira da igrexa, contra o que apoia o retábulo, hai á beira da sancristía unha ara que di: "DIVS/MANIBVS P/OS TA/ARA F/LAVI", ("Aos deuses Manes (foilles) posta a ara de Flaviano (fillo de) Flavio"). Cortada pola parte superior. Foi trasladada ao emprazamento actual a finais do século XVIII. 
Ara de Suatorre (Ambía): Ás Ninfas, adicada por Aurelio Flavio Tamagano. Apareceu no faiado dunha casa que en tempos foi dependencia do señor de Ambía. Con loculus para reliquias agrandando o foculus. Repicada segundo Rivas Quintas polo século VI ou VII (algún autor sinala para a reutilización o comezo do terceiro terzo do século IX) para cristianizala, para honrar un personaxe da contorna de nome Analso, posiblemente un bispo anterior ao ano 872.: "IN D(E)I N(OMI)NE ANALSVM (H)HOREM". Escrita por tres caras. No Museo Arqueolóxico de Ourense.     
Ás de bronce: Dúas pequenas ás en bronce interpretadas como ás da vitoria que poderían corresponder a un estandarte militar. 
Lápida (Os Baños): De Boelius Rufus, estudada por Hübner. Mercada pola Comisión de Monumentos de Ourense a finais do século XIX. 
Miliario (Baños de Molgas): Situado na terraza dunha casa preto do río Arnoia e da ponte romana. Lese: "............../PONT(ifici) MAXIMO TRIBUNICI/DE POTESTATI CONSULI III TER/PROC(onsuli) PATRI PATRIAE", "...pontífice máximo, investido co poder tribunicio, cónsul por terceira vez e procónsul pola terceira, pai da patria". Di Rodríguez Colmenero que podería tratarse dun miliario dedicado ao emperador Caracalla pero difire un pouco da redacción dos exemplares deste emperador polo que pode atribuírselle, talvez, a Caro.  
Miliario Subalonga: No antigo camiño de Vide a Foncuberta, localizado por J. C. Rivas no ano 1973, formaba parte dun valado; desaparecido.   
Santa Comba: Inscrción adicada a unha emperatriz chamada Iulia; tambor de granito utilizado como pía de auga bendita extraído dun cilindro maior proveniente dun miliario adicado a Adriano. 
Vía romana pola parroquia de Lama Ma.

 

 


BARBADÁS
Ara (Santa Euxea-Piñor): Só se podía ver a parte superior. Estaba formando parte da parede exterior da vella capela de San Xoán, en Santa Euxea. Ao parecer desapareceu baixo a cabeceira do noiro da autovía das Rías Baixas.
A Verea Vella (Loiro): Só existe unha referencia de López Cuevillas sobre o achado de tégulas, moedas e restos dunha vila romana, construída xunto unha vía secundaria.  
A Palleteira (A Viña-A Valenzá): Xacemento situado no alto dun outeiro entre A Valenzá e A Lama. Alterado por varias casas e pistas.  
Moedas en Loiro e xunto a vía romana.

O BARCO DE VALDEORRAS
Ara a Atilaeco: Apareceu ao facer os traballos nunha finca da Av. de Santiago Melo, do Barco, na paraxe coñecida como Porto Carballo. Na actualidade atópase no xardín dunha casa da Pobra coñecida como "Playa de Oro". Dedicada por un soldado da Legio VII Claudiana. Polo nome da lexión, Rodríguez Colmenero data a peza no reinado de Claudio II o Gótico (268-270 d.C.). A divindade quizais teña relación coa actividade mineira. Lese: "ATILA/ECO/L(ucius) COR/NELIUS/PLACID/US/I(centuria) LEG(ionis)/VII GE(minae) P(iae) F(elicis)/EX VOTO M(erito)", ("Lucio Cornelio Plácido, centurión da Legio VII Claudiana, pía feliz, cumpriu o voto merecido a Atilaeco". Cronoloxía no reinado de Claudio II Gótico (268-270),     
Inscrición: "ENDIUS/CARANCI/S". 
Inscrición (Viloira): Q(uintus) IUL(ius) TIRO/TILENO/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". Atopada no ano 1970 preto do regueiro de Santigoso, nas inmediacións da igrexa de Viloira. O nome de Tileno non se vincula a un deus romano. O máis salientable é que esta mención determina a relación desta divindade co monte Teleno, o máis alto da provincia de León, e coa serra do mesmo nome. 
Boca do Regueiro (Albar-Santigoso): Restos minería.   
Camiño das Gulpilleiras: Posible vila. Moi Alterada na actualidade pola construción de edificios, así como pola pista que vai á aldea de Vilanova.
As Covas (Éntoma): Explotación mineira. 
Explotacións mineiras da Boca do Regueiro, Campa Grande, As Covas e Os Candís (Éntoma).  
Explotación mineira da Veiga (Millarouso).  
Explotación mineira da Pena Moura: Pódense ver dúas canles escavadas na rocha. Restos de enterramentos e sumidoiros (A Pobra).
Os Forroxancos (Éntoma): Explotación mineira entre o río Galir e o regueiro da Portela.
O Pendón (Alto de San Pedro-Santa Mariña do Monte): Asentamento entre o río Sil e o regueiro do Real. O foso está moi desfigurado polos labores agrícolas. 
Ruina montium na Raia de Éntoma. 
Ara de Millarouso e Santurxo: No altar maior da igrexa parroquial. Con inscrición ao deus Baco: "LIBERO PATRI/G(aius) VETIUS/FELICIO". 
Miliario (A Proba): Anepígrafo, atopado polo arqueólogo Xosé Anxo Muíños no xacemento de San Salvador.   
A Devesa (A Pobra): Tégula e restos de pizarras pertencentes a muros; nos valados dalgunhas fincas aparece formigón romano.   
As Devesas (Éntoma): Explotación mineira entre os ríos Sil e Galir. 
San Salvador (A Pobra): A existencia dun campamento romano nas inmediacións xa é coñecida dende finais do século XIX grazas ao labor da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Ourense. Vinte tumbas de forma rectangular, ademais dunha rúa e canalizacións que desembocan noutra de maiores proporcións e edificacións fortificadas.   
A Granxa ou Val de Salgueira (A Pobra): Tégulas.   
Vila da Costa da Parva (Forcadela).    
Vila das Poulas (Millarouso). 
Asentamento do Castrillón e do Monte Cavaxón (Santigoso). 
A Finca da Cruz ou Pinar do Rego: Restos dunha explotación aurífera situada preto do río Sil. En febreiro de 2011, o Concello encomezou o seu acondicionamento o que non evita que dous meses despois algúns colectivos se cuestionen os traballos de mantemento do recinto (lixo, camiños mal definidos...). Xácigo moi alterado pola construción do cemiterio e outras edificacións. 
A Veiga (Santurxo): Explotación aurífera romana.

 

 

BEADE
A Mourisca (Beade): Posible vila romana. Atopáronse restos cerámicos e de sillares. Moi alterado polos labores agrícolas. 

BEARIZ
Ara en Beariz: O día 15 de agosto de 2015, o profesor de música e apaixoado polo patrimonio de Galicia que leva catalogados centos de monumentos ao longo do país, Óscar Franco Barros, achegoume a foto de parte do que parece ser unha ara romana situada no adro da igrexa de Santa María de Beariz. En principio semella que foi bastante retocada, quizais para seren reutilizada para algunha outra función, como aconteceu con moitas outras pezas da época esparexidas por Galicia. Polo momento descoñecemos a procedencia e para que foi utilizada antes de seren traslada para o adro do templo. Na mesma igrexa localizou un capitel reaproveitado como chanzo para subir ao campanario.   
Epígrafe (As Antas): "D N/GALERIO/VALERIO/MAXSIMINO/IMPERATORI".
Epígrafe (As Antas): "D(omino) N(ostro)/(im)P(eratori) CLAUDIO/IULIANO/VICTORI AC/TRIUM(m) PHATORI/(pe)RPETUO/SEMP(er) AUG(usto)/ XXXII".
Explotación mineira de Muradás (Beariz).  
Calzada xunto a ponte de Ricovanca (Xirazga). 
 

OS BLANCOS
Complexo paleocristián de Ouvigo: Dado a coñecer por Antonio Rodríguez Colmenero no ano 1971, encargado polo Museo de Ourense para realizar o inventario da Limia e bisbarra que rematou coa exhumación dunha necrópole e dunha edificación que, segundo o descubridor, é de época tardorromana. Das catro etapas construtivas, a máis antiga data do século IV. Tamén apareceron restos romanos na parroquia de Covelas. Atópase abandonado e en pésimo estado de conservación.
Xacemento Aira do Curro ou Capela de San Salvador (O Mosteiro-Aguís): Apareceron tégulas, ladrillos, sepulturas e restos óseos.
Xacemento de Avilleira (Vilar de Covelas-Covelas): Entre os ríos Limia e Mouril. Apareceron moas de muíño, tégulas e fragmentos cerámicos despositados no Museo do Santuario dos Milagres.
 

 

BOBORÁS
Xacemento de Daviña (Brués). 
Minas auríferas (Brués).
 

A BOLA
Ara de San Munio de Veiga: Empotrada na reitoral de San Munio, foi atopada por Manuel Blanco Guerra; está adicada a Xúpiter. Lese: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/LIGARIUS/SABINUS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". Na actualidade está no interior da igrexa. 
Epígrafe (Pardavedra): "]/FLAV(ius) UBAICI/BOVITA/L(ucius) FLAVIUS AG/EI N". Praca de granito fino moi desgastada, coa inscrición manipulada e regravada, e as letras pintadas en negro. Atópase na fachada principal da ermida de San Cibrán. Debido á manipulación, a interpretación non resulta doada (Rivas Fernández, 1999).
 

O BOLO
Epígrafe (Chao do Castro): Lese: "ANOD(io) M(arcus) SIGIR(us)", "Marco Sigiro fixo esta dedicatoria a Anodio". Na parte superior ten unha figura antropomorfa que pode ser a representación dalgunha divindade. Atopada nas inmediacións da igrexa. Segundo Silvia Alfayé Villa (2013), cando se desprazou ata o lugar no ano 2010 a peza desaparecera, descoñecéndose o paradoiro actual. Mais si tivo acceso a varias fotografías e un debuxo realizados por un veciño. Á vista das imaxes puído comprobar que non se trata dunha peza romana, senón moderna, onde o suposto teónimo indíxena Anodio débese ler en realidade como "AN(n)O D(e)", e a figura sería a representación esquemática dunha cruz cristiana.
Epígrafe: "COROPOLLA".
Restos nas Ermidas (As Ermidas).  
Explotación mineira das Barrancas (O Seixo).  
Restos na Fraga da Moura (Vilaseco).  
Vestixios en As Casas (Xava).

CALVOS DE RANDÍN
Ara de Rioseco: Reutilizada para basa dunha pía de auga bendita. Dedicada a Xúpiter Óptimo Máximo. 
Inscrición (Pintás-Lobás): Reaproveitada nos muros da capela de Nosa Señora de Pintás. Lese: "IOVI D(eo)/OPTIM(o)/MAX(imo) Q(uintus) VANI/LO LAGI/US". 

CARBALLEDA DE AVIA
Vila de Coto dos Mouros (Abelenda das Penas): Foi escavada por Xoaquín Lorenzo. Construción de tipo rectangular compartimentada en cinco estancias, algunha con restos de enlousado. Recuperáronse tégula, cerámica común e decorada, unha pondera de tear, fragmentos de vidro, unhas tenaces de ferro e algúns fragamentos de terra sigillata. Na actualidade atópase tapado pola matogueira.   
Outeiro da Cortella ou Os Cortellos (Muimenta): Posible asentamento rural de época romana. Atopáronse tégulas e fragmentos cerámicos. Os veciños din ter visto restos de marcos enterrados e anacos de potas de barro cando se traballaba a terra, na actualidade a monte. No espazo chairo que hai xunto o outeiro, coñecido como chaira das Antas, apareceron anacos de tégula.
 

CARBALLEDA DE VALDEORRAS
Explotación mineira da Medua (San Xusto): Emprazada nunha terraza terciaria do río Sil onde se utilizou a técnica da ruina montium; aínda se poden ver as galerías e as canles de lavado de mineral (agogae).  
Miliario en Sobradelo. 

O CARBALLIÑO
Explotacións mineiras de Madarnás (Madarnás) e O Mosteiro (Lobás).  
Xacemento romano-medieval (Caldas de Partovia). 
Xacemento preto do Coto da Torre (Trigás-Sagra): No lugar documéntase unha torre medieval, mais é probable que o sitio fora utilizado en época romana.  (Información achegada pola arqueóloga Nieves Amado Rolán).

 

CARTELLE 
Ara de Couxil: Esta ara de granito foi reutilizada como material de construción na igrexa parroquial de Couxil, localizada cando as obras de restauración na década dos anos noventa do pasado século XX, empotrada en posición horizontal. A preparación da pedra como sillar ocasionou a eliminación de parte da peza, se ben si se conserva o corpo central co texto epigráfico aínda que afectou ás primeiras letras do lateral esquerdo, principalmente ás da primeira liña que se perderon na súa totalidade. C. Búa Carballo (1999) propuxo a seguinte lectura: "PO/M P E IV SSA B I/N V S CVSV E/V S L M", onde o nome do dedicante sería Pompeius Sabinus, e o da divindade Cusue Mepluceeco, proposta que revisa posteriormente para a divindade con outra posible lectura: Ampeluceeco. Mª Cruz González Rodríguez (2010), cre que é posible outra lectura con diferente división e restitución dos nomes: "[---] VSA B I/N ICVSV E/M EL VCE LO/V S L M", "[---] us(?) Abi/nicus (?) Ve/melucelo (?)/v(otum) s(olvit) l(ibens) m(erito)", onde o dedicante sería [---] us (?) Abinicus (?) e non Pompeius Sabinus, e o da divindade Vemelucelo (teónimo dun só elemento) e non Cusue Mepluceeco, situando a súa execución entre finais do século II e a primeira metade do século III d.C.   
Castro de Outeiro de Pazos (Espiñoso): Romanizado, apareceron restos cerámicos e tégulas de época romana. 
Vestixios campamento (Outeiro de Vimieiro).
 

CASTRELO DE MIÑO
Castro de Castrelo (Castrelo): Onde asenta a igrexa parroquial. Ao parecer, na decáda dos oitenta do século XIX, atopáronse moedas e algunhas lápidas de época romana.  
Castro de Macendo: Apareceron restos cerámicos de época castrexa e cerámica e tégulas romanas.  
Castro de Santa Lucía: Romanizado.  
Termas (Castrelo): Xunto ao encoro de Castrelo. Xacemento moi alterado, consérvanse tres ocos por onde discorre a auga quente e un alxibe.  
Mina aurífera (Astariz): Aínda se poden adiviñar os restos dun posible lavadoiro de ouro.
Lavadoiro (Prado de Miño): Lavadoiro de mineral.

CASTRELO DO VAL 
Ara do Castro de Cabanca: O castro, moi romanizado, foi escavado a mediados do século XX por Xaquín Lorenzo Fernández e Taboada Chivite. Dise que foi atopada no patio da casa dun veciño ou, o máis probable, na ermida que se ergue sobre o castro, posta baixo o padroado de San Martiño; facía de pousadoiro da imaxe do santo. Custodiada no Museo Arqueolóxico de Ourense. Non hai consenso canto a súa lectura. Uns len: "T CAS CAENVS/TAMA NAN/DEC AL I GIG/COM ML DICIAENS DO NS/IOVI O MVS/LA"; outros (Le Roux e Tranoy): "L CAS CAEN/TAMAC)NEM/DEC AL CIG/COMP BEL TORQV/HALE S DONATYS/IOM V S LIA", "Lucio Cassio Caeno, tamagano, pertencente á centuria de Nem... decurión da ala (I) dos gigurros, condecorado dúas veces en múltiples guerras con torques e faleras, a Xúpiter Óptimo Máximo cumpriu do bo grado o seu voto".  
Ara de Vilar (Servoi): Atopada no ano 1977 cando as obras de reparación da capela da aldea de Vilar, sostiña a pía de auga bendita. O foculus foi agrandado para servir de peto para as esmolas. A transcrición di "OPTIMO IOVI MAXIMO/GEIO/GAIVS IVL (ius)/SEVE/RINV(s)/EX V(oto)".
Ara: Dada a coñecer por Taboada Chivite no ano 1971. Non indica onde a atopou, se ben di que a levou para o Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1945.
Dedicatoria a Quangeio (Vilar-Servoi): "QUAN/GEIO/C(aius) IUL(ius)/SEVE/RINUS P(osuit) V(otum)". 
A Cavada ou A Cidadella (Vilar-Servoi): Nunha lombeira preto do Corgo do Novaliño tégulas, pedras ben traballadas e cerámica común.  
Asentamento de A Quintela (Castrelo do Val): Apareceron tégulas, ladrillos e cerámica común. Asentamento dos Vales (Nocedo do Val).  
Asentamento dos Coios (Nocedo do Val): Saíron á luz tégulas, ladrillos e cerámica común.
Asentamento da Viña do Pobre (Pepín): Estudado por Taboada Chivite e Rodríguez Colmenero. Apareceron tres enterramentos con forma de cista con contas de colar no interior. Asentamento da Cidadella (Vilar-Servoi). 
Necrópole do Igrexario (Piornedo): Segundo Rodríguez Colmenero, trátase de dúas cistas feitas con tégulas. Explotacións mineiras de estaño da Igrexa dos Mouros (Gondulfes) e Covas Rubias (Nocedo do Val).  
Basa (Gondulfes): Basa de columna romana situada na praza de Gondulfes.  
Os Vales (Nocedo do Val): Nunha propiedade particular pódense ver dous tambores de columnas romanas labrados en granito. Descoñécese a súa procedencia.  
A Broia (Veiga de Nostre-Parada da Serra): Explotación mineira.

 

CASTRO CALDELAS 
Mansión: Praesidio no Itinerario de Antonino e Presidum no Anónimo de Rávena, mansión identificada co castro de Castrelos, non moi lonxe de Castro Caldelas, ou O Burgo, no mesmo concello, onde apareceron diversos materiais. Defenderon esta teoría Gómez Moreno, Ceán Bermúdez, Saavedra e Blázquez, entre outros.   
Inscrición de Camba: Século II d.C. Lese: "ABIAE ELAESVARAGEG/SACRVM/-OSITVMCVRAVICCLSILON--". A Navia Elaesurraeca, adicada por Viccio, fillo de Silón. No ano 1787 estaba de costas ao altar maior da igrexa de San Xoán de Camba; na actualidade atópase no Museo de los Caminos, en Astorga.    
Inscrición na capela de San Pedro (O Burgo). Lápida de granito de forma rectangular reutilizada no arco de medio punto e de construción moderna, que separa parte da entrada de dita capela da do presbiterio. Foi localizada polo bispo de Astorga Julián de Diego y Alcolea quen o puxo en coñecemento da Comisión de Monumentos de Ourense. Lese: Imp(eratori) Caes(ari) divi Traiani Parthici f(ilio) divi Nervae nep(oti) Taiano Hadriano Aug(usto) Pont(ifici) max(imo) Trib(unicia) pot(estate) XIII Con(suli) III P(atri) p(atriae).  É do ano 129 d.C. 
Epígrafe: "D(is) M(anibus) MA/RCO GR/ACILLIS/AN(norum) XX/S(it) T(ibi) T(erra) L(evis)". 
Inscrición: "CAULECI". De procedencia insegura. Hübner, seguindo a Muratori, situouna no castro de San Cristóbal, en Villalis, preto de Astorga, pero a peza, segundo Ceán Bermúdez, atopouse en Castro Caldelas. Da copia feita por Muratori non é posible coñecer o nome da divindade nin se é plural, mediante a interpretación da primeira liña como "D(iis) D(eabusque)" ou singular, resolvendo "D(eo) D(omino)". 
Lápida (Camba): De Nerva, estudada por Hübner. Foi regalada polo bispo de Astorga á Comisión de Monumentos de Ourense a finais do século XIX. Atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense. Lese: "IMP NERVAE/CAES AVG/PONT P P/COS III IMP(eratori) NERVAE/CAES(ari) AVG(usto)/PONT(ifici) MAX (imo)/TRIB(unicia) POT(estate) P(atri) P(atriae)/CO(n)S(uli) III", ("Adicada ao emperador Nerva, césar augusto, pontífice máximo, revestido coa tribunicia potestade, pai da patria, cónsul por terceira vez."). Segundo Xaquín Lorenzo a inscrición está completa e nunca tivo dedicante. Para Rodríguez Colmenero non aparece o dedicante porque a parte inferior da lápida está afectada pola erosión. Hübner clasificouna como un miliario. 
Xacemento do Burgo (O Burgo): Apareceron fragmentos de tégula e vasillas.    
Miliario (O Burgo): Anepígrafo, embutido na parede dunha casa arruinada. 
Miliario (Camba): "IMP CAES M/AVRELIO CARO/AVG INVIC PONT/ MAX TRIB POTEST/ P P P PRO MV/CAMBETVM".
 


CELANOVA
Castro romanizado de Castromao: Séculos I-II d.C. onde se atoparon, entre outros, unha tessera hospitalis do 132 d.C. e unha ola cerámica con máis de sesenta moedas, entre outras denarios do século I a.C., denario do s. I d.C., un áureo de Tiberio, un áureo de Claudio do século I, unha moeda do ano 244 d.C. e varias de bronce e cobre. Tamén saíu á luz material cerámico asinado por un oleiro de nome Rufianus.
Ara a Reve Siboico (Castromao): Apareceu no ano 1984 nas proximidades do castro, formaba parte da casa reitoral de Castromao que estaba adicada a palleiro. A lectura do epíteto é ago dubidosa, o teónimo é seguro. Lese: "APER VR/SICI FIL(ius)/REVE SIB/OICO/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Aper, fillo de V(rs)ico, adicou de bo grado un voto a Reva Siboico"). No Museo Arqueolóxico de Ourense. 
Ara de Vilanova dos Infantes: Empotrada horizontalmente na fachada dunha casa da praza maior, propiedade de Ramón García Fandiño, dada a coñecer no ano 1976 por Milagros Cavada Nieto adicada aos Lares Gumelaecuis, ofrecida por un individuo orixinario de Veleia, preto de Vitoria. Lese: "M(arcus) Licinius/Veleiensis/Laribus/Gumeinu/v(otum) s(olvit)/l(ibens) m(erito)". 
Miliario de Caracalla (A Barxiña-Barxa): Século III d.C. Atopado a finais do século XVIII na confluenza dos ríos Sorga e Arnoia. Atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario no Cristal (Vilanova dos Infantes), no pazo dos Enriquez, servía de bebedoiro do gando, localizado no ano 1974. Foi baleirado para actuar como sártego. Dedicado a Caracalla.
Miliario anepígrafe en Vilanova dos Infanntes, situado nun esquinal dunha casa da praza.
Miliario (O Freixo): Fragmento dun miliario atopado no ano 1989 cando as obras de reparación da Ponte Freixo, embutido no interior do tímpano de dita ponte. Na actualidade atópase nas oficinas  do enxeñeiro de camiños, Durán Fuentes.   
Miliario de Constancio II (Cañón): Desaparecido. Século IV d.C. Estaba na casa reitoral de San Lourenzo de Cañón. Segundo o P. Sobreira atopouse na ermida de San Pedro. 
Explotación mineira de Orbán (Milmanda): Séculos I-IV d.C. Rede de canles de alimentación de auga. 
Tabula de Castromao: Atopada nos anos setenta durante os traballos de escavación dirixidos por Ferro Couselo e Lorenzo Fernández. Trátase dunha prancha rectangular de bronce, con marco moldurado e cun apéndice a xeito de lingüeta na parte superior, no que se recolle un pacto de hospitalidade (acordo de amizade) celebrado no ano 132 d.C. entre os coelernos e o prefecto romano Gneo Antonio Aquilo e os seus descendentes. Traducida, lese: "Sendo cónsules Gneo Xulio Augurino e Gneo Trebio Sergiano, os Coelernos da Hispania Citerior e do convento bracarense, realizaron un pauto de hospitalidade con Gneo Antonio Aquilino Novaugustano, prefecto da Cohorte dos Celtíberos, cos seus fillos e co último deles. Gneo Antonio Aquilo fixoo un pauto de hospitalidade cos Coelernos, os seus fillos e o último deles. Actuou como legado Publio Campanio Gemino". 
 

 

 

 

CENLLE
Lavadoiros de mineral de Cova da Moura e Castelo (Laias): Chamoso Lamas, en colaboración con Xaquín Lorenzo e López Cuevillas, escavou o xacemento no ano 1949. A aparición de restos cerámicos, muíños de man circulares, fíbulas, pendentes, utensilios de bronce, contas de colar e unha pedra decorada cunha esvástica amosaron que o lugar fora habitado antes da chegada dos romanos. De época romana son, entre outros, as construcións habitacionais, os lavadoiros de mineral, un túnel, as canles de auga, un pozo e a boca dunha mina. O xacemento, adicado á explotación de ouro, calcúlase que mantivo a actividade entre os séculos IV a.C. e III d.C. Antes de seren arrasado definitivamente pola autovía A-52, xa sufrira a extracción de pedra para a construción dunha pista forestal. A escavación de urxencia foi dirixida por Luis López, datándose entre os séculos IV a.C. e comezos do III d.C., confirmándose a superposición de ocupación prerromana e romana. 
Tesouriño: Unha moeda de Antonino Pío formaba parte dun tesouriño de vinte moedas atopadas na porta de entrada á zona de almacenaxe do xacemento do Castelo.  
Ara de Trasariz: Adicada a Xúpiter, utilizada como pía de auga bendita na igrexa parroquial, logo como pé de altar. Agrandóuselle o focus. Lese: "IOVI/OP(timo)/MA/X(imo) EX D(evotione) S(ua)/ S(acrum)/M(arcus) PHILIP(us) MA(ximus)/POSUIT". 
Ara da capela de Erbededo (Razamonde): Loculus, escalón no borde para encastrar o taboleiro da mesa e cruz tallada na fronte. Inscrición borrada.  
Inscrición: "]CBIO/[---] UTO/PV/A/N/M". 
Fonte romana de Lagarellos (Razamonde): En granito, cuberta por unha bóveda. Denuncia Felisindo González Iglesias, autor da páxina Arredor de Lambrica, que a autostrada A-52 (que destruíu o xacemento do Castelo de Laias) sepultou parcialmente a fonte que tamén se atopa practicamente tapada pola matogueira.



COLES
Inscrición: "AVITUS/XXXVIII/ANNI MOR/TUUS (...) EST".
Inscrición: "D(omino) N(ostro) IM(peratori)/CA(esari) AUR(elio) M(arco) V(alerio)/MAXIMI/ANO".
Castro romanizado de Seoane (Seoane-Coles).
Miliario de Cambeo: Citado por Matos Ferreira. Desparecido. 
Miliario de Gustei: Só coñecido por referencias bibliográficas.

CORTEGADA
Ara: No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvase unha ara en mal estado que di: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)".
Ara no interior da igrexa (Meréns): Actúa como soporte da pía bautismal. Figuran as letras "P S". Segundo os veciños foi enterrada baixo a pía bautismal actual. 
Ara: No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvase unha ara que di: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)". 
Ara de Zaparín (Zaparín): Ara votiva adicada a deuses galaicos, cristianizada, actúa como base dun cruceiro. Di: "Diis Ceceaigis Tribalis Marcus Alturi libens", onde pode ser un apelativo e Triba un epíteto dos deuses Lares cuxo nome permanecería no anonimato. Foto achegada por Rafael Álvarez Rodríguez, de Cortegada.


CUALEDRO
Dedicatoria: Procedente da ermida da Pedrosa (A Xironda), actúa como pía de auga bendita para o que se lle agrandou o focus. Lese: "PAMU(d/e)NO M(arcus)/(m)ELVIUS/(f)LAVIUS/S(olvit) V(otum) L(ibens) A(nimo)".
Xacemento das Croas (Carzóa).  
Asentamentos de Lucenza, dos Mallos, da Poula, Quintameá, Os Terreos e Vilerma, e Villae de Santa Marta (Lucenza).  
Xacemento de San Millao (San Millao), no que apareceuunha phalera (arnés de cabalo) decorado cun rostro feminino.  
Xacemento de Moimenta (Vilela).  
Asentamentos de Adega dos Cucos, Coas, Fonte da Pedrosa, Grou, Ronca, San Froitoso e Viduedo (A Xironda).  
Xacementos de Biduedo, Carbas e A Rouca. Restos de calzada e miliarios (Lamas-Montes).
Ara: A Dea Euseae, o adicante, de lectura dubidosa, é Golius. No Centro Arqueolóxico Aquis Querquernis.
Ara de Lucenza: Atopada cando a concentración parcelaria, facendo de fito delimitador entre as poboacións de Lucenza e Vilela; debido á erosión, só se pode ler a última liña (VSLM); nunha cara presenta unha cruz gravada. 
Inscrición (Atás): "ORINO?, DEABUS USEIS?". Denominacións dubidosas polo que non se prestan a unha interpretación segura.  
Miliarios (Lamas): Foron atopados xunto un camiño de terra que unía as poboacións de Guimarei e Rebordondo, no lugar coñecido como Camiño do Santo da Venda. Foron trasladados, indebidamente, para unha área próxima ao empalme da estrada de Medeiros coa de Cualedro, á beira do acceso á autostrada das Rías Baixas.
Miliario (Lucenza): Anepígrafe. 
Miliario de Rebordondo: Procede do lugar coñecido como Os Mallos. Atopado nun palleiro, que non indica as millas, si o emperador; no mesmo lugar tamén apareceu un fragmento doutro ilexible. Lese: "D(omino) N(ostro)/CONST/ANTI(no)/PIO/INVICTO/AUG(usto)", "Dedicado ao noso emperador augusto señor Constantino, pío e invicto". Na actualidade custódiase no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Santa Marta (Lucenza): Saíu á luz unha tapa sepulcral coa representación esquemática dun orante. Tamén un Crióforos (representación do bo pastor) en mármore ou alabastro aínda que existen dúbidas canto á súa pertenza á época romano-cristiá do século IV d.C. Durante as campañas de escavacións, dirixidas por Rodríguez Colmenero, apareceron varias moedas, entre outras un denario de Domiciano.


 

ENTRIMO
Xacemento do Mosteiro (A Illa): No ano 1995 apareceron restos de tégulas en superficie. 
 

ESGOS
Epígrafe: "TIRVE(?)"
Epígrafe: "MICO".
Restos da calzada en Pardeconde que pasaba polo castro de Litoria.

GOMESENDE
Castro de Fustáns: Romanizado. Abondosos restos cerámicos. 
Villae dos Chaos (Poulo): Asentamento do século II-VII d.C. Apareceu cerámica, tégulas e pedras labradas de boa feitura que foron reutilizadas posteriormente.
Coto de Seoane (O Val): Apareceron tégulas de época romana; próximo ás minas de estaño do Seixo.  
Minas do Seixo (Poulo): Minas de estaño datadas entre os séculos I a IV d.C.   
Tesouriño: No lugar do Poulo, con motivo da construción dunha estrada, atopouse un tesouriño de moedas de prata, consulares e imperiais, algunha de ouro. Ningunha das moedas é posterior a Domiciano.

A GUDIÑA
Explotacións mineiras de Barxa, O Pico Sagro (A Gudiña), Pentes e O Tameirón.  
Toco da Moura ou Fraga da Moura (Vendas da Teresa-Pentes): Explotación mineira de pirita arsénica que puído ser explotada durante época romana; asociada a varias lendas.
Miliarios da Barxa e O Tameirón, este último atopado na Leira do Canuto, no Alto do Regueiral, a un quilómetro do castro do Circo. Lese: "CAR.../E.../GV.../ICTO.../COS...".
Castro de Val de Frades: Situado na confluenza dos regueiros de Val de Frades e Riveira. Aprécianse restos das defensas. Apareceron restos cerámicos e tégulas. Romanizado.  
Estela de Pentes: Segundo Rodríguez Colmenero, a estela apareceu na entrada do muíño de Veigadallas (O Tameirón). Presenta un motivo inscrito nun círculo e un epígrafe coa inscrición "NIGER/CAMALI F(ilius)" ("Negro, fillo de Camalo..."); é do século I d.C. Na actualidade atópase na Mezquita, na adega dos Ribelas. 
Miliario (O Tameirón): Atópase no lugar coñecido como A Touza do Canuto. Cando o visitou Rodríguez Colmenero atopábase tirado no chan. Anepígrafe.  
Ara (O Tameirón): Na igrexa do Tameirón hai unha pía bautismal do século X que ten como pé unha ara romana. 
As Muradellas (O Tameirón): Tamén coñecido como Tameironciños. Restos de época romana.
 

 

 

O IRIXO
Explotacións auríferas de Souteliño (Corneda), As Grobas e Penas das Covas de Viladuíde (Loureiro). 
Explotación de estado no monte do Testeiro.  
As Campinas (Campo): Covas de mineral que segundo Taboada (1927) aínda se conservaban restos de fornos e outras construcións.  
Vía por San Cosmede de Cusanca.

LAROUCO

Canle romana do Mondón: Canle que levaba a auga do río Xares ata unha explotación aurífera situada en Vilarnuide, no concello de Quiroga. Unha obra de enxeñería, en parte sobre cantín de grandes pendentes, e que leva auga que transcorre a media ladeira, pola marxe dereita do río, dende riba da presa de Santa Olaia ata á Portela de Portomourisco, en Petín, onde se interna na conca do río Sil. Desaparece nun grande treito por terreos agrícolas, e aparece de novo por debaixo do lugar de Seadur, xa no concello de Larouco. Conserva trazas da súa estrutura a través do seu percorrido, coma as grandes rochas cortadas, e muros de contención para asentar oleito. A lonxitude sería duns 14 km. (Información de Elixio Vieites).    
Epígrafe: Dado a coñecer por Morales, valéndose de noticias de Diego de Mendoza. Di que está gravado nunha pena nas inmediacións dos Cóvados do Larouco. Lese: "IOVI LA/DICO M/VLP AVG/LIB GR/A CILIS/EX VOTO". 
Miliarios xunto a ponte Bibei: Nos Cóvados de Larouco, un deles adicado a Vespasiano, do ano 80 d.C., data na que se finalizou a construción da calzada, a Vía Nova, que unía Braga con Astorga cun percorrido aproximado de CCXV millas romanas. Ver A Pobra de Trives. 
Ponte do Piar (Cóvados do Larouco): Segundo información recollida por Rodríguez Colmenero, existían dous miliarios a carón da ponte. Desaparecidos. 
Togado de Freixido: Trátase dunha figura de bronce de 14 cm. Era propiedade da familia Quiroga. Apareceu a mediados do século XX nunha viña de Freixido, dentro dun contexto arqueolóxico de superficie, que fai pensar na existencia dunha vila romana. Xaquín Lorenzo deuna a coñecer no ano 1956, nun artigo titulado A Xuno de Freixido. Descoñécese onde se atopa actualmente. Segundo Santiago Ferrer representa a figura feminina vestindo túnica longa con pregues e toca anoada. 
Vía XVIII no Alto da Ermida Vella, a 560 metros de altitude.  
Xacementos tipo villae do Poulo: A uns 500 metros do castro do Alto da Ermida. A actual poboación estaría asentada sobre un poboado romano. Apareceron anacos de tégulas, terra sigillata, e nas casas pódense ver algúns blocos de granito que foron reaproveitados. 
Xacemento tipo villae de Seoane: Seoane é un núcleo de casas pertencente á parroquia de Larouco e que se construíria sobre un primitivo poboado romano. Apareceron tégulas, cerámica común romana, fragmentos de vidros e terra sigillata 
Xacemento tipo villae do Pombal: Xunto á Vía XVIII. Apareceron muros de edificacións, restos cerámicos, tégulas e unha pequena estauíña de bronce que representa a figura dun togado que foi dada a coñecer por Xaquín Lorenzo Fernández no ano 1956. 
A información sobre os xacementos tipo villae do Poulo, Seoane e O Pombal foi sacada do traballo Yacimientos arqueológicos en el municipio de Larouco, publicado por José Fernández Pérez no ano 1989 nos Cadernos do instituto de estudios valdeorreses.
 

LAZA
Ara anepígrafa e miliario (Alberguería), relacionado coa vía romana chamada Calzada das Minas e a Vía XVI. Vasilla cerámica (Carraxo).  
Explotacións auríferas da Coroa (Camba).  
Explotación aurífera en aluvión da Coroa.  
Explotación aurífera de Cabeza da Cántara (Cerdedelo).  
Explotacións de estaño de Arcucelos e das Minas Vellas (Retorta).  
Explotación mineira de Covas Rubias.  
Ara da Alberguería: Anepígrafa. Ten forma de columna, máis estreita na parte inferior e cun baquetón lixeiramente resaltado na parte superior, onde conserva un rebaixe para gardar reliquias. Atópase na igrexa da Alberguería.  
Ara de Arcucelos (Retorta): Adicada a Bandua Verubrico, custodiada no Museo Arqueolóxico de Ourense. Existen algunhas dúbidas sobre as últimas letras do teónimo e as primeiras do epíteto, pero parece clara a vinculacións do deus a un enclave fortificado.  
Asentamento dos Casarellos (Toro): Apareceron muíños de man e un couzón de pedra dunha porta.  
Asentamento de época romana dos Mouros.  
Miliario (A Alberguería): Situado nunha estreita rúa da aldea, servindo como soporte a unha columna que suxeita un balcón preto da ermida da Alberguería. Anepígrafo. 
Miliario (Paradiña-A Alberguería): Anepígrafo. Na actualidade no xardín dunha casa.
Lodoselo. Segundo Rodríguez Colmenero, semella posuír vestixios de letras que non se dan interpretado.  
No mes de novembro de 2012, a Asociación Cultural Alto Támega denunciou os danos causados a unha mina aurífera de época romana, situada entre Castro e Laza, polo acondicionamento e apertura de novos cortalumes. Aínda que a mina, adicada á extracción de ouro, noi foi danada, si quedou cuberta de terra tras o paso da maquinaria. 
 

LEIRO
O Baño (Berán): Xacemento de recursos primarios. Augas medicinais.  
Castro de Lamas (Lamas): Situado sobre un outeiro. Investigado por Chamoso Lamas, atopáronse restos cerámicos e tégulas de época romana. Recibiu diversas reocupacións ata a Idade Media. Na actualidade a zona viuse afectada pola construción de nichos do cemiterio municipal e a apertura dunha área de recreo e aparcadoiro. Nos anos sesenta do pasado século apareceu unha punta palmela e un puñal de espigo en relación cun posible túmulo do que non quedan restos.  
Eira dos Mouros (Lebosende): Asentamento romano de chaira. Saíu á luz tégula, cerámica común e pedras reaproveitadas nos lindeiros de leiras. 

LOBEIRA 

Ermida de Nosa Señora do Viso: Columna dunha cruz, posible miliario.  
Miliario anepígrafe en Vilariño da Nogueira, embutido na parede dunha casa de don Lisardo Seoane Medela.  Dado a coñecer por Rodríguez Colmenero. Anepígrafo.

 

LOBIOS 

Acubillo de Riocaldo: Nas escavacións arqueolóxicas da vila romana de Baños de Riocaldo no ano 1990 apareceu un tesouriño dentro dun vaso cerámico. As moedas están datadas no século III d.C.  
A Ponte Nova: Área recreativa feita polo ICONA no pasado século e a onde se levaron varios miliarios procedentes da Lama do Picón e da Chan dos Pastoreques. Hainos adicados a Adriano, Caracalla, Galerio?, Maximino Daia, Magnencio ou Xuliano.  
Vía XVIII e miliarios (Portela do Home-Río Caldo).  
Restos calzada na Lama do Picón (con miliario adicado ao emperador Constancio Cloro) e Chan dos Pastoreques.
Epígrafe aos Deuses Manes: "DIS MANIBUS/SEPULT(um) LONGINIA/LONGINI F(ilia) SECUNDINO/CONIUGI PIENTISSIMO/ANNORUM LX".
Inscrición: "MARS UTOR".
Ex Voto (Baños de Río Caldo): "ROMAE/SEPTIMIUS/SEVERUN RUFUS/EX VOTO".  
Miliario do Corgo do Outeiro do Porco: Provén do lugar coñecido como Pala Falsa; adicado a Constancio II, na actualidade fai de poste dun balcón dunha casa de Torneiros.
Miliarios do Corgo do Outeiro do Porco: Segundo Matos Ferreira, neste lugar había un miliario no ano 1728 que foi partido por persoas de Torneiros para utilizar nun lagar. Rodríguez Colmenero cita outro miliario tardío. Barros Silvelo fala dun adicado a Xulio Maximino e ao seu fillo Máximo.  
Miliario de Constancio (Lama do Picón): Atopado no 1990, mantense colocado no mesmo lugar. Lese: "D(omino) FL(avio) VAL(erio)/CO(nstanctio)/INVICTO NO(bilissimo) C(aes)/ARI", ("Dedicado ao noso señor Flavio Valerio Constancio, invicto, nobilísimo césar").
Miliario de Constantino I (Chans dos Pastoreques): Atopado no 1990, atópase no mesmo lugar, á beira da vía romana. Lese: "D(omino) N(ostro) FLAVI(i)O VAL(erio)/CONSTANTINO/P(io) INVICTO AUG(usto)/(milia passuum) XXXVI", ("Ao noso señor Flavio Valerio Constantino, pío, feliz, invicto, augusto. Milla 36 dende Braga").
Miliarios de Baños de Río Caldo: Desaparecido, citado por Matos Ferreira; ao parecer estaba xunto o río Caldo.   
Miliario de Tito e Domiciano (Chan dos Pastoreques): Desaparecido.  
Miliario da igrexa de Lobios: Citado por Barros Silvelo, di que foi picado e levado para Lobios para utilizar como columna dun balcón. 
Miliarios de Torneiros: Matos Ferreira cita un miliario destruído por persoas de Vilameá para facer pezas de lagar. Por riba dunha canle de desaugue atópase o anaco dun miliario.
Miliario de Torno: Fr. Pedro Cid (1858) e Fernández Guerra falan dun miliario que se utilizou para un cruceiro.   
Miliario de Traxano (Baños de Río Caldo): Lese: "IMP(eratori) CAES(ari)/TRAIANO AUG(usto)/PONT(ifici) MAX(imo)/(tribunicia potestate) XVIII P(atri) P(atriae)/A BRAC(c)ARA AUG(usta)/M(ilia) P(assuum) XXXVIII", ("Dedicado ao césar emperador augusto. Traxano, pontífice máximo, na súa XVIIIª potestade tribunicia e pai da patria. 39 millas dende Braga").  
Miliario de Vilameá: Anepígrafo, forma parte do muro dunha leira, preto da ermida de Santa Lucía. 
Miliario de Xendive (Torno): Adicado a Flavio Xulio Constancio e Claudio Constancio; atopado nos anos cincoenta do pasado século, cando a construción da estrada do encoro das Conchas a Lobios; foi trasladado por un veciño de Xendive para un alpendre. Datado entre os anos 337 e 340,  
Minas de estaño de Río Caldo.  
Mansio de Aquis Originis: A segunda mansión do Itinerario de Antonino, situada na parroquia de Río Caldo, sobre a marxe dereita do río do mesmo nome e ao pé da Vía XVIII, era de tipo rural. Debeu pertencer a un posesor romano do Baixo Imperio (248 a 476 d.C.) aínda que todo semella apuntar a que foi construída sobre unha vivenda anterior. As escavacións correron a cargo de Xusto Rodríguez a principios dos anos noventa do pasado século. Dentro do conxunto obsérvase un espazo termal composto por un hipocaustum (cámara de calor), vestibulum (antecámara) e apodlyterium (vestiario), tamén existiría unha sala destinada a frigidiarium para os baños en auga fría. No xacemento atopáronse pezas de ouro, bronce e mármore, e tamén moedas. Situada na milla 39 está considerada como a primeira mansio construída en terras galegas. Citada como Aquis Originis no Itinerario de Antonino, Aquis Ocerensis no Anónimo de Rávena e Aquis Originis no IV Tábula de Barro de Astorga.   
Via XVIII ou Nova: Unía Braga con Astorga a través duns 318 quilómetros (215 millas romanas). Entraba en Galiza por Portela do Home, cruzaba o río Limia en dirección ao Alto de Cerdeira (San Xoán do Río) para logo, a través da conca do río Sil, remontar a comarca de Valdeorras e entrar na provincia de León pola Serra da Enciña da Lastra. Hai algúns anos sufriu unha lamentable restauración.  
Asentamento das Mouras (Torneiros-Río Caldo). 
Vila Portela da María (Vilameá-Río Caldo). 
Xacemento da Lama do Picón: Estudado a finais dos anos oitenta do pasado século polo Museo Arqueolóxico de Ourense. Apareceron útiles cerámicos: tapadeiras, cazolas con asas, escudelas, etc., datados nos séculos II-III d.c.

 

 

 

MACEDA
Restos calzada nos lugares de Bascós e Couzada (A Costa).  
Igrexa de Asadur: No interior do templo, servindo de mesa do altar, hai unha inscrición honorífica : "Q LICINIO VEC II/RESP P INT/SVPER ALIA CON/PLVRA MERITA/PARES CVM FISCO/RATIONES INFATI/GABILIS CVRA ET/INDVSTRIA PIVS/CONSECVTA", ("A República de Interánmnicos (adica a lousa) ao duunviro de impostos xerais Quinto Licinio, que sen deixar de ser honrado, á teima e con habilidade, conseguiu entre outros moitos méritos a recadación axustada ao fisco"); tamén ten unha inscrición, quizais do século IX ou X onde se le: "+AELTARE". Nun muro da sacristía figura o nome de Xulio Rufino Leoncio, un funcionario relacionado co fisco. 
Fragmentos de epígrafes: Un fragmento nun muro da casa reitoral de Asadur. Outro á beira dunha porta en Foncuberta. E outro máis empotrado nunha parede dunha casa de Foncuberta.  
Aras de Pías (Pías-Castro de Escuadro): Adicada por Flavio Flaviano á divindade galaico-romana Torolo Combiciego: "TOROLO/COMBIC/IEGO FLA/VIVS FLA/VIANVS/VSLM". Foi reaproveitada na espadana da capela de San Pedro. O epígrafe foi estudado por Rivas Quintas. Preto daquí hai unha paraxe denominada As Combicias, que daría lugar ao epíteto da divindade. No interior da capela hai outra anepígrafa utilizada como pía bautismal, na que o focus foi alongado para a nova función.    
Igrexa de Santa Olalla de Castro (Castro de Escuadro): Na parte exterior do adro, xunto unhas das cancelas de entrada ao cemiterio que arrodea a igrexa, lápida de cuarzo branco (non de mármore como aseguran algúns) cunha inscrición funeraria adicada por Apronia Rufa a Dovecia, filla de Paterna, e a Telavia, filla de Flavinia: ("APRONIA RUFA/DOVA ELIAE/PATERNAE F(iliae)/ET TALAVIAE/FAVINAE F(iliae)/F(aciendum) C(uravit)"). Foi estudada por Rivas Quintas e Rodríguez Colmenero. Tamén se ten noticia da aparición de fragmentos cerámicos no lugar cando se realizou o novo cemiterio.
Calzada e Miliario adicado a Maximino e Máximo, cortado para un peto de ánimas (Cerdeiras-Foncuberta). 
Miliario (Asadur): Reutilizado como soporte do corredor dunha casa.  
Miliario (Foncuberta): Anepígrafo, situado na esquina da escaleira dunha casa.  
Miliario (Fontela-Foncuberta): Anepígrafo, fincado xunto un camiño, no lugar da Fontela, á saída de Foncuberta. 
O Mato (Foncuberta): Fragmentos de tégula en superficie.  
Calzada e miliarios na reitoral de Cimadevila (Tioira).  
Miliario de Subalonga: Atopado no ano 1973, formando parte dun valado; presenta un burato na cara superior. 
Miliario (Tioira): Anepígrafo, situado na esquina dunha porta da casa reitoral; dado a coñecer por Elixio Rivas Quintas.  
Miliario (Tioira): No mes de agosto de 2014, o veciño Manuel Parente atopou un miliario inédito na parede dunha casa abandonada. De granito, ten unha altura de 0,72 metros e 0,45 de diámetro; posúe unha inscrición se ben aínda está por ver que pon.   
Miliario (Tioira): Situado nun camiño xunto a casa reitoral; trátase dun dos raros exemplares reaproveitados coa inscrición orixinal adicado ao emperador Galerio, e na parte contraria unha dedicatoria a Magnencio. Lese: "D(omino) N(ostro) MAG(no)/MAGN(en)/TIO P(io) F(elici)/INVIC(to) SEMP(er)/AUG(usto)/...NT...", invertido: "IMP(eratori) C(asesari) G(alerio) VAL(erio)", ("O noso señor Magno Magnencio, pío, feliz, invicto, sempre augusto. Dedicouno ...nt..."), ("O césar emperador Galerio Valerio Maximiano"). 
Miliario (Tioira): No camiño de Foncuberta. Columna dun peto de ánimas do século XVIII. Trátase dun miliario datado no 327-228. A columna da cruz, ilexible, pode ser outro miliario.  
Explotación mineira do Monte Medo: Florentino Cuevillas e Rivas Quintas fan referencia a explotación mineiras de ouro no curso do río Tioira, dende Vilar de Cás a Foncuberta.   
Mansio Salientibus: Rodríguez Colmenero et alii (2004) apuntan a que se ubicaba na contorna de Xinzo da Costa (Vilardecás), aínda que non falla quen a sitúa en Baños de Molgas ou mesmo no concello lugués de Cospeito. Citada no Itinerario de Antonino e no Anónimo de Rávena.    
Santa Marta: Ocupa todo un outeiro de superficie arredondada con antecastro practicamente arrasado cando a concentración parcelaria; cerámica castrexa e romana e muíños de man; moi preto del pasaba a Vía XVIII de Braga a Astorga.
 
 

 


MANZANEDA
Requián (Requián-Soutipedre): Restos dunha probable vila romana situada na marxe esquerda do río Bibei. Apareceron fragmentos de tégula, ladrillos, columnas de pedra, sigillata e moedas. 

MASIDE
Ara: "NYM(phis)/MARI/ACCA/AST(uricae) AUG(ustae)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito".
Restos calzada xunto a ponte de San Fiz (Armeses).  
Explotación mineira do Puzo do Lago (O Lago): A paraxe, afectada en parte pola construción dun campo de golf, será obxecto dun plano especial de conservación. O xácigo xa fora declarado ENIL (Espazo Natural de Interese Local).

A MERCA
Outeiro do Castro (Corvillón): Castro romanizado. Atopáronse tégulas, sigillata e ladrillos. Amosa toda unha secuencia arqueolóxica de ocupación dende época castrexa ata a Baixa Idade Media. Castro con materiais romanos e ao seu pé un asentamento de época romana, tardorromana, altomedieval e con perduración quizais ata o século X-XIII, necrópole de cronoloxía altomedieval, posible fortificación Baixomedieval e unha ermida, quizas altomedieval con pervivencia ata finais da Baixa Idade Media que sería o derradeiro vestixio desta secuencia de poboamento.  
Miliario en Faramontaos: De 1,80 metros de altura, non presenta ningunha inscrición; actúa como soporte dun balcón.   
Miliario en Proente: Século II-IV d.C. Forma parte da galería dunha casa situada xunto a igrexa parroquial. Só aparece un "F" gravado. Apareceu nunha leira chamada A Romana, na entrada a Proente.
Miliario: "IMP CAESARI/DIVI TRAIANI F/TRAIANO HADRIANO/PONT MAX TRIB/POTEST COS III P P/M (...)".
 

A MEZQUITA
Ara: A Diana, adicada por Capito Severo; lese: "CAPITO/SEVER(us)/ARA(m) PO/O SANC(tae)". No Museo Arqueolóxico de Ourense.   
Miliario (A Esculqueira): Anepígrafo. Cando o estudou Rodríguez Colmenero atopábase tirado nunha terra adicada a cultivo, á beira da vía romana.
 

MONTEDERRAMO 
Restos calzada (Vilariño Frío).  
Miliario de Covas: Anepígrafo, atópase servindo de pé do altar maior da igrexa parroquial de San Xoán de Covas.  
Miliarios de Cadaval (Covas): En Cadaval están documentados un miliario completo e dous anacos doutros dous. Pola información recollida, o primeiro estaba documentado como anepígrafo, reaproveitado como xamba na portada dunha palleira propiedade de D. Antonio Vázquez Crespo, descrito como un poste irregularmente cilindrado de granito de gran fino, rebaixado nunha das súas caras para ser adaptado á nova función (Alvarado Blanco et alii, 2000, e Rodríguez Colmenero et alii, 2004), mesmo crendo que se non fose porque estaba formado por un único tambor podería confundirse cunha columna de apoio. O día 3 de abril de 2015 acegámonos ata Cadaval para velo, comprobando que xa non formaba parte da porta citada. Por sorte, cando xa desistiramos de atopalo, chegou ao lugar o que resultou ser o propietario máis a súa muller (únicos habitantes da aldea na actualidade) quen nos informou que hai algúns anos, ao ampliar a porta de entrada da palleira, sacou o miliario depositándoo cun guindastre no patio, deitado nunha beira do mesmo, e "coas letras cara abaixo", afirmación que revela que a información que tiñamos ata o momento non era exacta e que non se trata, entón, dun miliario anepígrafo. Agora só nos queda saber que di o epígrafe. Sobre a pezas apilou leña. Xunto a porta dunha casa próxima consérvase un pequeno anaco doutro miliario anepígrafo cun burato na parte superior, partido pola metade e unido con cemento. Na mesma aldea había un terceiro miliario, fragmentado, que servía de apoio a unha trave de madeira dunha corte arruinada e que actualmente xa non se ve porque a corte derrubouse.
Miliarios de Vigueira de Abaixo (Nogueira): Un atópase encaixado nunha parede dunha palleira; trátase dun cilindro completo de granito colocado de forma invertida e coa maioría das letras enterradas e metidas na parede o que dificulta a súa lectura; lese: "DOM(ino) NO(stro) IMP(eratori)/FL(avio) VAL(erio) CONSTANT(ino) MAX(imo)/PERP(etuo) SEMP(er) AUG(usto)/CAES(ari) NOBILISSIMO/PONT(ifici) MAX(imo) TR(ibunicia)/POT(estate)". Outro serve de machón dunha cancela que dá acceso a unha cortiña. Trátase dun poste de granito esmoucado; atópase colocado de forma invertida. Atribuíble a unha data comprendida entre o 283 e o 285 d.C. Traducido do latín, lese: "Dedicado ao emperador César Augusto Marco Aurelio Carino, pío, feliz, pai da patria, cónsul, procónsul".   
Miliario (Nogueira): Anepígrafo, serve de pé de altar na igrexa de Nogueira. Di: "Dedicado ao césar emperador Marco aurelio Antonino, fillo do divino Servero pío, neto do divino Marco Antonio, bisneto do divino Antonino Pío, trineto do divino Adriano, tetraneto do divino Traxano pártico e do divino Nerva, pío, feliz, austo".   
Miliario (A Graña-Seoane Vello): Adicado a Caracalla, serve de soporte do altar maior da igrexa parroquial.  
Miliario de Caracalla (O Rodicio): Coñécese polas informacións de Barros Silvelo; tiña tres metros de altura. Desaparecido.  
Moedas: Xunto o mosteiro apareceron tres moedas, unha delas de Traxano do ano 107. Non existen referencias do achádego.



 

MONTERREI
Restos calzada (Guimarei-Infesta).    
Albarellos: Tres miliarios, dous deles anepígrafos atopados nunha viña, un terceiro actuaba como marco de término no Seixo Branco, hoxe en día desaparecido. Ara adicada por Emilia Flaviana atopada na igrexa de Albarellos polo abade de Covelas, Pedro González de Ulloa, no ano 1755, tomándoa dun pedestal ou basa de estatua que estaba colocada no adro da igrexa; hoxe desaparecida; para algúns investigadores constitúe unha ofrenda a Cibeles, mentres que outros vencéllanna á deusa romana Juno, filla de Saturno e irmá e muller de Xúpiter; ao parecer a divindade era IUNONI MATRI DEUM, a dedicante AEMILIA FLAVIANA, e a fórmula empregada V.S.L.M. ("votum solvit libens merito"). 
Miliario anepígrafo: Atópase de fito de término entre Monterrei e Verín, no medio do val e visible dende a estrada N-525. Está colocado verticalmente xunto outro inclinado. 
Medeiros: Na parroquia de Medeiros. Non se observan restos visibles. Identificado co Forum Bibalorum dos romanos, hipótese defendida por Florentino López Cuevillas e Taboada Chivite que tomou como referencia o Padrao dos Povos, a Columna Honorífica situada na portuguesa ponte de Chaves erixida baixo a dirección técnica da Legio VII Gemina e baixo o mandato do emperador Vespasiano como agradecemento ás civitas do Convento Bracarense (aeibisocios, aequaesios, aquaflavienses, aubrigenses, bibalos, coelernos, interanmicos, limicos, quaerquernos e tamaganos). A hipótese anterior semella verse confirmada polo achádego de Elixio Rivas e Marino González que atoparon o denominado Burato da Cidade, unha pala (gruta) duns sete metros de longo cuberta por unha pena; o seu interior está delimitado por unha pequena parede. Dise que durante a dominación romana, os Bibalos ou Bubalos opuxeron unha feroz resitencia polo que foron obrigados a traballar como escravos na construción da ponte de Chaves. 
Dúas Aras na igrexa de Mixós (Estevesiños): Serven de base aos altares da cabeceira, unha sen inscrición, decorada con aspa e semicírculos no dado e zigue-zague nas molduras da cabeceira, quizais imitando a decoración dos pés de altar visigodos con cruces patadas; puído ser reutilizada en época visigoda ou no século X para os altares laterais ou para pía de auga bendita. A outra, descuberta no 1927, adicada ao deus indíxena Bandua Cadiego por Terentia Rufina; é a única ofrenda votiva a este deus cunha muller como dedicante; lese: "BANDUE/CADOGO/TER(enti)A/RUFINA/V(otum) L(ibens)/M(erito)/S(olvit)", cunha inscrición posiblemente cristiá nun lateral.
Vences: Nesta parroquia atopouse un sepulcro de forma trapezoidal datado entre os séculos III e IV d.C.  
Vilaza: Ara adicada a Bandua, procedente, ao parecer, de Arcucelos (Retorta-Laza) e logo trasladada a Vilaza; atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense.  
Capela do San Brais (Vilaza): Elixio Rivas fala dunha ara, cuxa inscrición non se conserva completa, nas ruínas da ermida. De A Tribo dos Tamagani, de Bruno Rúa, recollo a información sobre un miliario empotrado nos muros da ermida cun epígrafe que non se pode ler. 
Estela na capela da Cruz ou de San Miguel (Vilaza): Estela dentro da capela.
Estela (A Madanela): Inscrición que forma parte da fachada dunha casa. 
Miliario das Lagoas: Atopado no lugar das Lagoas, entre Queizás e Vilaza no ano 1954. Está documentado que xa no século X actuaba como marco divisorio entre os concellos de Monterrei e Verín. Graváronselle con posterioridade tres cruces que se superpoñen á inscrición romana. Traducido, lese: Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Claudio, pío, feliz, invicto, augusto, pontífice máximo, investido co poder tribunicio, cónsul, procónsul, pai da patria". 
As Minas Vellas (Serra de Neda-Vences): Coñecida tamén como As Frechas. Galería onde apareceu un pico de ferro. Asociada a unha mina de estaño.
Explotación mineira: En Medeiros existen vestixios dunha explotación mineira de estaño de época castrexa, logo reaproveitada polos romanos. Na súa obra Memoria sobre las minas de Galicia y otras producciones del reino mineral (1783), José Cornide Saavedra comeza o seu repaso pola historia da mineiría en Galicia co comercio dos fenicios para dar conta de que na Illas Atlánticas había estaño, só era necesario observar a costa para ver a terra arenisca "semellante á que hai onde se cría estaño no val de Monterrei". De feito, dende o século II antes de Cristo, os romanos teñen coñecemento dunha ruta que os fenicios de Gadir (Cádiz) coñecen e gardan en secreto; é a ruta das Cassitérides (Illas de Estaño), identificadas coas anteditas illas galegas, citadas polos escritores do século I a.C. Diodoro de Sicilia, Posidonio e Mela.  
Novos achádegos en Vilaza: O día e de maio de 2013, Bruno Rúa e José Ramón Feijoo deron a coñecer novos achádegos arqueolóxicos atopados na capela da Santa Cruz e inmediacións, entre outros unha lápida funeraria consagrada aos deuses Manes que o profesor Rodríguez Colmenero datou entre mediados do século II e a primeira metade do século III; a inscrición diría: "Consagrada aos deuses Manes. A Coiredaego, fillo de Comedenero, morto aos 35 anos e a Artacio, fillo de Saíno, falecido aos 18 anos. Adica esta lápida Xullo (ou Xuño)". Tamén deron con máis restos da romanización da Vila Actia, como varios capiteis, catorce cubos de columnas (algún pode tratarse dun miliario), sillares coas marcas das tenaces para elevalos e unha tégula completa coa marca do alfareiro. Na porta da capela da Santa Cruz, descubriron unha ménsula onde aparece unha serpe alusiva ao culto ofilátrico presente na ornamentación da casa romana.
O Penedo das Moedas (A Salgueira-Flariz): Coñecido tamén como Os Penedos das Campás e O Candal. Apareceu unha xarra chea de moedas nunha greta dunha rocha. Trátase de bronces baixo imperiais. Segundo Rodríguez Colmenero o lugar onde apareceron trataríase dun asentamento en chaira.
Tesouriño (Flariz): Foi atopado no Museo Arqueolóxico de Ourense nunha caixa cunha soa referencia: "Tesorillos de Flariz". Está composto por 28 denarios, un deles do emperador Tiberio e os demais republicanos. As moedas máis antigas datan do 172-151 a.C. e as máis recentes do século I d.c.
Sepultura (A Costa-Vences): Apareceu unha sepultura sen cuberta formada por ladrillos.
Xacemento da Casa do Frade (Vences): Coñecido tamén como Penedo da Horta. Penedo interpretada como unha explotación romana de estaño.
Xacemento do Outeiro (Medeiros): Coñecido tamén como O Medeiro e Outeiro da Aldea. Tégulas, ladrillos, anacos de cerámica común romana. Sobre o cumio hai un depósito de auga. Cando as obras para a construción dun campo de fútbol saíu á luz un sepulcro antropomorfo escavado na rocha con tampa que foi destruído. Lenda sobre a existencia dunha antiga cidade.
Xacemento da Quinta (Vilaza): Fragmentos de cerámica común romana, tégulas, ladrillos e unha ara de granito cun epígrafe. Algúns investigadores sitúan aquí a Villa Actia.
Xacemento da Vagoeira (Vilaza): Apareceron unha pía, un muíño circular, basas de columna (unha está na base do cruceiro da aldea de Vilaza, fragmentos de tégulas, ladrillos, sigillata e cerámica común.
Xacemento de Valdecasas (A Caridade-Flariz): Restos de tégulas e ladrillos.
 






MUÍÑOS
Inscrición funeraria (O Cruceiro-Barxés): Praca custodiada no Museo Arqueolóxico de Ourense. Lese: "FUSCUS CA/MALI FILIUS AN(norum)/LXX H(ic) S(itus) EST FU/SCINUS FUS/CI FILIUS PA(tri)", ("Fusco, fillo de Camal, de 70 anos de idade, está aquí enterrado. Fuscino, fillo de Fuco, fai esta dedicatoria a seu pai").

NOGUEIRA DE RAMUÍN
Dúas inscricións rupestres: No castro dos Penedos do Castro, en Pombar, descubertas por Rodríguez Colmenero. Unha inscrición está gravada sobre a cara interior dunha pena: "LEOVIGILDUS". Na outra, a uns vinte metros da anterior, lese: "(---) VIRIPOA (---)".
Marco das Raposas (A Raposa-Loña do Monte), posible miliario xunto un peto de Ánimas.   
Restos necrópole galaico-romana, séculos III-IV (Vilouriz-Loña do Monte). Información achegada por José Antonio Gavilanes, de Ponte Ambía (Baños de Molgas).

OÍMBRA
Tramo calzada.  
Cova dos Mouros (As Chás): No monte Castelo, a 645 metros de altitude sobre o nivel do mar. Atopáronse 121 fragmentos de época romana.  
Estela-menhir de Oímbra ou Muíño de San Pedro: Atopada ao pé do monte Ladairo; debido á súa forma antropomorfa e fálica, hai quen a interpreta como unha pedrafita reutilizada en época romana. Na parte frontal destaca a representación do rostro e a inscrición na que se le: "LATRONI/VS CELT/IATI F/H S E...", ("Latrono, fillo de Celtiatus, está enterrado aquí").  Datada entre finais do século I e principios do II d.C. Na actualidade está no Museo Arqueolóxico de Ourense.  
Vía XIII: Ía dende Aquae Flaviae (Chaves) ata Iria Flavia (Padrón), pasando por Carregal, preto de Oímbra, cruzando o río Búbal cara a Guimarei (Monterrei) e Ourense. No século III unha calzada secundaria ía por Rabal, San Cibrao e Coelobriga (As Raposeiras-Oímbra), Portela e Bagoeira (Vilaza-Monterrei), uníndose á vía XIII na ponte Búbal.  
Coelobriga: Estaría no lugar coñecido como As Raposeiras, comunicada a través dunha ponte con Muradelle, situada entre as parroquias de Mourazos e Tamagos (Verín).
Miliario de Espiño (Videferre): Reaproveitado nunha construción. 
Miliario (Rabal): Anepígrafo, actúa como soporte do tellado dunha escaleira situada no centro da aldea.   
Miliario (San Cibrao): Estaba nunha adega; hoxe en día custodiado no Museo Arqueolóxico de Ourense. Lese: "D(omino) N(ostro)/FLA(vio) DALMACIO/CAESS(ari) NOB(ilissimo), "Dedicado ao noso señor Flavio Dalmacio, césar nobilísimo". 
Lápida de Sempronia (Rabal): Trátase dunha inscrión sobre mármore do século I d.C., fragmentada na súa parte esquerda, adicada por Fabio a Sempronia; ata o ano 1971 formou parte do altar da igrexa; atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense. Lese: ".../...FABIUS QUIR(ina)/...S SEMPRONIAE/...RUFINAE MATRI/...SEMPRONIAE/...SORORI?", ("Fabio, da tribo Quirina, fai esta dedicatoria a Sempronia, súa nai e a Sempronia...").    
Ara (Rabal): Adicada por Ulacio Souseno aos Lares Viais; lese: "[Laribus(?)]/VARI/CIS U/LAC(ius) SO/OUSENUS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)"; custodiada no Museo Arqueolóxico de Ourense. 
Ara (Rabal): Laribus Varigis? Atopouse tirada nun camiño que une Rabal co pobo portugués de Vilarelho da Raia. 
Ara (Espiño-Videferre): Adicada a Marte. Na capela do San Roque. 
Inscrición: "/li]MICO[RUM" 
Moedas: Segundo Cavada Nieto, atopáronse 400 moedas de varios emperadores.
 
 


 

 

OURENSE
A antiga Auriense salienta polo seu carácter termal. As fontes escritas son tardías (séculos V, VI e VII), case todas posteriores á súa elevación á categoría de se episcopal (561-572), cando se separou da antiga diócese de Braga. No Parochiale Suevum cítase a Aurienis Sedes seguida de todas as súas parroquias, listaxe que encabeza Palla Aurea, unha parroquia cercana á se metropolitana. Florián de Ocampo e Pedro de Medina (século XVI), e Francisco Carreira Ocampo (século XVIII), entre outros, dánlle unha orixe grega, fundada polo heroe Anphiloco, hipótese combatida por Flórez e Murguía que lle dan unha orixe céltica. Os primeiros estudos débense a Ceán Bermúdez e Vázquez Núñez a finais do século XIX e principios do XX que atoparon diverso material logo estudado por Cuevillas (Como nasceu a cidade de Ourense, 1934). Nos anos 50 e 60, Ferro Couselo achegou novos datos. 
Museo Arqueolóxico con monumentos de toda a provincia. O edificio, situado na Praza Maior, leva anos pechado máis de dez anos, disque por obras. Algunhas pezas expóñense no convento de San Francisco.  
Ara a Tellus: Adicada por Gaio Sulpicio Flavo.  
Ara ás Ninfas Silonsaclus (Alongos): Atopada por Temes Araujo, un seu irmán e o coengo Santiago Arias no ano 1606 entre as pedras que obstruían unha fonte. Na actualidade está perdida.   
Ara (Canedo): Di: "Accilio Catulo, asturaugustano, cumpriu libremente este voto ás ninfas mariñas". 
Ara: No antigo Pazo Arcebispal hai unha ara reaproveitada nunha parede. 
Ara á deusa Terra: S. II d.C. Atopada no ano 1835 nunha horta de Camiño Caneiro.   
Ara a Diana (Monte Louredo-Reza). Adquirida pola Comisión de Monumentos de Ourense. Foi descuberta polo labrego Antonio Calviño no monte Louredo, sobre o río Miño, entre Reza e Freixomil. Lese: "Fa(bio?) Saturnino puxo este ex voto a Diana".    
Ara a Tutela (Castro de San Tomé): Adicada por Luci. Tertio, fillo de Capitonis.  
Ara ás Ninfas: Adicada por Calpurnia Abana. Lese: "NYMPHIS/CALPVRN/IA ABANA(AEBOSO(cum)/EX VISU/V(otum) S(olvit) L(ibens)", ("Calpurnia Abana, da xente dos Ebosos, ofreceu este voto ás Ninfas desusas destas augas, con mitovo dunha visión que tivo"). Foi atopada cerca das Burgas e foi regalada á Comisión de Monumentos de Ourense por dona Lucía Cabello Sáenz a finais do século XIX. Foi descuberta no ano 1803 na coñecida como Casa da Tenencia cando un home chamado Gabriel Gómez levantou no lugar unha fábrica de curtidos. Posteriormente, ao reedificar don Santiago Sáenz a fábrica, colocou a pedra como coroamento dunha fonte de auga quente, poñéndolle unha cruz como remate, onde continuou ata o ano 1897 que pasou ao Museo Provincial.
Ara a Reve Anabaraego: Apareceu ao derrubar o interior dunha casa próxima ás Burgas a comezos dos anos noventa do pasado século. A cabeceia foi repicada, sen que poida distinguirse nin o foculus nin os rolos, faltándolle tamén a base e unhas das caras laterais. Lese: "REVE/ANA/BARA/EGO". Trátase dunha dedicatoria a un deus indíxena acompañada dun epíteto tamén indíxena. 
Capitel: No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 cítase o regalo dun capitel tardorromano feito por don Benito F. Alonso. Non cita o lugar do achado. 
Castro romanizado de San Pedro de Outeiro (Cudeiro), afectado polas obras dunha autostrada. 
Colexio das Xosefinas: Preto das Burgas. Otero Grandal escavou no patio do colexio no ano 1996, documentándose varias estruturas romanas de índole termal.
Igrexa da Trinidade: Xunto a igrexa realizouse, no ano 1941, a primeira escavación contrastada, descubríndose unha necrópole de inhumación de tégulas. No 1993 Eguileta Franco realizou unha intervención na reitoral.
Instituto Otero Pedrayo: No ano 1997 Rodríguez Cao escavou no patio, saínda á luz diversas estruturas e outro material.
Lápida: Atopada no ano 1835 na horta coñecida como do Caneiro polo coengo Pedro Telmo Hernández; actuaba como pedestal dunha mesa de pedra. Lese: "Telluri C(aius) Sulp(icius) Flavus ex voto".
Museo Arqueolóxico: No 1980 Fariña Busto sacou á luz material romano. no edificio e solar.
Villae de San Tomé: Séculos I-III d.C., con fusaiolas, lucernas, vasos de vidro, terra sigilata, escouras de fundicion, a figura dun cabalo dunha fibela de cinto do século IV d.C, un exemplar de bronce dun stilus, utilizado para a escritura sobre taboíñas enceradas, material relacionado coa odontoloxía e o oído dado a coñecer por X. Rodríguez. Apareceron restos de dous edificios, un residencial e agropecuario, organizado en torno a un impluvium central, e outro cunha galería con pequenas habitacións (cubicula); o edificio principal organizábase en torno a un pequeno patio. 
A Batundeira: Nas inmediacións da granxa da Batundeira, que pertenceu á orde de Alcántara, atopáronse restos romanos. 
As Burgas: Mananciais de augas termais (70ºC) cun caudal de 300 litros por minuto. Teñen propiedades mineiro-medicinais boas para problemas da pel, reuma e artrite. A Burga de Abaixo foi proxectada a mediados do século XIX polo arquitecto Trillo. A Burga de Arriba trátase dunha fonte de estilo popular do século XVII. No lugar atópanse catro réplicas das aras adicadas ás ninfas destas augas. Segundo a lenda, o manancial nace baixo a capela do Santo Cristo, na catedral, e, segundo outros, no volcán durmido do Montealegre. Baixo a dirección de Alfredo Seara Carballo, nos anos 1987-88 efectuáronse importantes escavacións.  
A Rúa Cervantes: Estruturas habitacionais. 
Reza Vella: Nas obras de acceso do AVE atopáronse restos do que puidera ser a Via VIII (rota secundaria da Via XVIII) que unía Ourense con Tui, Lugo e Monforte. Tamén apareceron muíños, tégulas e o que semella unha sepultura que poderían formar parte dunha villae situada preto da zona termal. Transcorrido algún tempo do achádego, o arqueólogo J. María Eguileta e os técnicos que dirixiron as escavacións preguntaron á Xunta de Galicia se non existía outra alternativa para a entrada do tren en Ourense que permitira a conservación de restos tan importantes debido a que, da noite para a mañá, o xacigo foi destruído para proseguir coas obras.  
A Mora (O Pereiro-Palmés): Asentamento aterrazado de forma cuadrangular, con posible foxo colmatado.  
Miliario anepígrafe atopado cando as obras dun edificio na rúa Ensinanza, no barrio do Couto.  
Moedas (Ourense): Moeda de bronce de Tiberio preto das Burgas e outro mediano de bronce na rúa do Vilar. Moeda de Probo preto do Castelo Ramiro. No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 cítase o regalo de moedas de bronce, atopadas na cidade, á Comisión de Monumentos de Ourense por don Eduardo Martínez.
Moedas (Barbantes): Segundo Cavada Nieto, apareceron moedas de prata e cobre. 
Vía: Preto do Colexio Público de Mende, restos de enlousado da vía que ía dende a Ponte Loña ata o castro de Santomé.


 

 

 

PADERNE DE ALLARIZ
Ara de Coucieiro: En granito, atópase no interior da igrexa parroquial. A lenda di: "TVTELLA(E)/BERIS/SILO SILO/NIS/VS(L)M".
 

PADRENDA
Ara en A Fonteíña (Crespos): Século I-II d.C. Atopada no ano 1927, de granito, adicada a Xúpiter: "IOVI O(ptimo)M(aximo) VOT(um)/TITVS/ALBINIR/ETUVLIT/LIBENS/MERITV/M(onumentum)". 
Ara: Século II d.C., na igrexa de Santa María do Condado, utilizada como pía de auga bendita. Agrandóuselle o focus. Se ben xa se sabía desta ara a principios do século XX, Bouza Brey visitouna en outubro de 1942. Leu: "Sulen san(c)tu Gaicis Flausanus Flausi v(otum) s(olvit) l(ibens) m(erito)", ("Ao sol santo Gaicis Flausano, fillo de Flauso, cumpriu de boa vontade este voto"). Mais esas, en estudos posteriores traduciu: "Flavio Falus cumpriu libremente este voto a Suleae Nantugaicae". Tranoy, a partires da súa comparación coa deusa britana Sulis que era adorada no santuario termal de Bath (Avon), coas Matres Suleuiae e, por outra banda, tendo en conta que o radical Nantu- vincúlase ás fontes, estableceu que estas deusas serían as protectoras dalgunhas fontes e mananciais.
Baños (Crespos): Asentamento romano dos séculos II-VI d.C. Existen referencias de estruturas de planta rectangular, próximas a pozas de auga medicinais.  
Vestixios explotacións mineiras, de ouro e/ou estaño, utilizadas entre os séculos I-IV d.C. en Arandeiras e Os Baños.  
Os Castros (San Pedro da Torre): Castro romanizado. Apareceron tégulas. Sobre el edificouse a igrexa de San Pedro. Preto do castro está o lugar de Arandeiras onde hai vestixios dunha explotación mineira de ouro ou estaño.
 

PEREIRO DE AGUIAR
Ara (Santa Marta de Moreiras): Forma parte da parede da igrexa de Santa Marta de Moreiras, non moi lonxe do Santuario da Virxe dos Gozos. Aos Lares Circeiebaeco Proeneaego. Lese: "LARI CIRCEI/EBAECO P/ROENETIAE/GO L(ucius) CAMP/ANIUS MAC/CER V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)".
Dedicatoria (Calvelle): "TOROLO/COMBICIEGO/M(arcus) ARRUNTIS/RUFUS V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". 
Monte do Castelo: Segundo algunhas hipóteses, neste monte da parroquia de Vilariño sitúan outra das ubicacións do lendario Medulio baseándose, para elo, nunha inscrición (dada a coñecer no seu momento por Bouza Brey) que hai nunha peneda ao pé dun antigo camiño real coñecido polo nome de Portocarro: Sicenata Pacata ("quietos e pacificados"), insculpida en caracteres indíxenas e latinos.
 

A PEROXA 
Ara de Celaguantes: Lese: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/VI(l)LNUS/P(ius) III P(osuit). Atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense. 
A Mirteira (A Peroxa): Apareceu tégula e cerámica común.   
Cima do Agro (Besteiros-O Souto): Tégula e cerámica común. 
Lápida da Peroxa: O P. Fita animou a Vázquez Núñez para que investigara sobre o paradoiro de dúas lápidas documentadas nos arquivos da Academia da Historia polo P. Sobreira, unha procedente da Peroxa e que fora catalogada por Hübner como lápida sepulcral do século VIII, se ben non chegou a vela persoalmente. Vázquez Núñez envioulle a información ao P. Fita no ano 1903, publicando os resultados onde aparece catalogada como unha lápida pertencente a un sartego do século IV ou principios do V; as xestións da Comisión de Monumentos de Ourense conseguiron que a peza fora trasladada para o Museo Arqueolóxico.

PETÍN

Canle romana do Mondón: Canle que levaba a auga do río Xares ata unha explotación aurífera situada en Vilarnuide, no concello de Quiroga. Unha obra de enxeñería, en parte sobre cantín de grandes pendentes, e que leva auga que transcorre a media ladeira, pola marxe dereita do río, dende riba da presa de Santa Olaia ata á Portela de Portomourisco, en Petín, onde se interna na conca do río Sil. Desaparece nun grande treito por terreos agrícolas, e aparece de novo por debaixo do lugar de Seadur, xa no concello de Larouco. Conserva trazas da súa estrutura a través do seu percorrido, coma as grandes rochas cortadas, e muros de contención para asentar oleito. A lonxitude sería duns 14 km. (Información de Elixio Vieites).     
O Buraco ou Cavorco de Olivedo (San Paio-Santa María de Mones): Trátase dunha gran cunca mineira aurífera emprazada na ladeira norte dun gran espigón de lousa, a unha altitude de 650 metros. Polas súas características xeolóxicas atopámonos ante a presenza aurífera de tipo primario a ceo aberto. No lugar pódese apreciar un gran buraco ao que semella que ven desembocar unha serie de canles de subministro de auga captadas algúns metros máis arriba no regato Olvedo. 
Canle do Monte Meixoallo (Petín): Canle de condución de augas para a explotación aurífera de Vilarnuide (Quiroga) que captaba augas no regato Rapalloso. 
O Castrillón (San Miguel de Mones): Castro romanizado  con ampla visibilidade do val do río Sil. 
O Pombal (Freixido de Arriba): Sepulcros en fosa aberta. 
O Pombar (Petín): Identificado cunha das mansións da Vía XVIII do Itinerario de Antonino. Nunha ampla superficie, ocupada principalmente por viñedos, apareceron grandes cantidades de anacos de tégulas e cerámica. É coñecido dende finais do século XIX pola aparición de diversos achados reflectidos nos distintos boletíns do Museo Arqueolóxico de Ourense, así como dunha piastra visigótica e dun capitel corintio de mármore.  
Vestixios explotacións mineiras (Carballal-Santa María de Mones).      
A Cigarrosa: Entre os concellos de Petín e A Rúa. No ano 1896 os membros da Comisión de Monumentos da provincia de Ourense atoparon un mosaico de época romana na zona de A Cigarrosa. No ano 1969 o grupo Os Escarbadores, de O Barco de Valdeorras, puxo en coñecemento das autoridades a aparición doutro mosaico cando os desmontes para a construción da N-120. Para elo puxéronse en contacto cun especialista de Mérida para que o levantara, cortándose en 25 anacos dun metro cadrado cada un, almacenándose logo nos baixos do Concello de A Rúa. Aos poucos días trasladáronse ata o lugar os do Museo Arqueolóxico de Ourense, atopando un pequeno anaco dun mosaico que é o que na actualidade se conserva no Museo, dando por desaparecido todo o resto. José Fernández Pérez, de Larouco, que viu o mosaico cando apareceu e do que conserva varias fotos mercadas a un fotógrafo no ano 1981, conta que no ano 1984, estando en Mérida, atopouse por casualidade cun home chamado Inocencio que resultou ser o especialista que levantara o mosaico. Contoulle que todos os anacos quedaran empaquetados e preparados para seren montados de novo. Que pasou con eles? Onde están? Quen os levou? (Información achegada por José Fernández Pérez). Canto á mansión Forum Gigurrorum ou Forum Gigurniom como é citada no Anónimo de Rávena, ou Foro no Itinerario de Antonino que adoita identificarse coa Cigarrosa, non falta quen teoriza de que podería tratarse da Cigarrosa de Verea, nun territorio non Gigurro. 
Castro de Santa María: Levantábase nun outeiro dominante sobre cuxa croa se edificou unha igrexa de orixe románica do século XII. A croa está arrodeada por plantacións de viñas. Un dos perpiaños da igrexa presenta unha inscultura do xogo de alquerque, posiblemente de época romana. Unha columna, cortada, foi reaproveitada nunha construción da aldea. 
A Reitoría (San Miguel de Mones): O xacemento atópase emprazado na media ladeira do monte, a unha cota de 650 metros. Localizáronse anacos de tégulas. A tradición sitúa no lugar unha capela adicada a San Miguel así como un edificio que polo topónimo puidera tratarse da casa reitoral da parroquia.
 

 
  

A POBRA DE TRIVES
No Trives Vello localizouse un asentamento romano situado a carón da vía XVIII, nas terras dos Tiburi. As primeiras referencias aparecen citadas no ano 1898 coa aparición de lápidas, sepulturas, moedas, etc. Caamaño Gesto (1977) xa fala de muros soterrados, restos de pavimentos e materiais reaproveitados nas casas. O poboado debeu contar cunha necrópole. Identificado co antiga Nemetobriga, mansión citada no Itinerario de Antonino, e única polis do territorio dos Tiburi, segundo deixou escrito Ptolomeo, se ben é certo que varios investigadores decántanse pola Medorra, en Mendoia, basiándose nas distancias miliarias e argumentos etimolóxicos (briga indica unh lugar elevado). 
Lápida: No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 cítase unha lápida romana "Popilius Hirsutus" descuberta en Santa María de Trives que foi mercada pola Comisión.  
Mansión: Nemetobriga no Itinerario de Antonino, mansión que adoita identificarse con Mendoia, se ben non existen consenso entre os investigadores. 
Xacemento da Cividá (A Madalena-Piñeiro).  
Xacemento de Lamadavía (A Pobra de Trives). 
Miliario de Pobra de Trives.  
Miliario (A Ponte Navea): Fragmentado en dous bloques que serven de soleira a dúas portas dunhas cortes de gando.  
Miliario (A Ponte Navea): Anepígrafo, apareceu tirado no leito do río Navea.  
Miliario a Tito e Domiciano: Atopado no ano 1834 a uns 200 metros augas abaixo da Ponte Bibei e levado para o pazo do Marqués de Trives. Na actualidade atópase xunto a ponte. Lese: "En tempos do emperador césar augusto Tito Vespasiano, fillo do divino Vespasiano, sendo pontífice máximo e estando investido co poder tribunicio por novena vez, o imperatorio pola décimo quinta, pai da patria, cónsul pola oitava vez, e do césar Domiciano, fillo do divino Vespasiano, cónsul por sétima vez, fíxose a vía nova, baixo os coidados do legado proprector de Augusto, Caio Caplpetano Rantio Quirinal Valerio Festo, no tramo correspondente á milla 94 dende Astorga". 
Columna conmemorativa xunto a ponte Bibei: Foi sacada, xunto co anterior, onda ponte Bibei. Algúns autores non ven un miliario senón unha inscrición honorífica erixida en conmemoración da construción da ponte, a xeito da de Chaves. Lese: "O césar emperador Traxano, fillo do divino Nerva, óptimo, augusto, xermánico...". 
Miliario (Sobrado): Forma parte do peto de ánimas situado na praza que dá á fachada da igrexa; adivíñanse restos de letras.  
Villae de San Salvador (Sobrado): Séculos I-IV, ubicada no trazado da Vía XVII onde se atoparon restos cerámicos e un miliario. 
Dúas aras adicadas a Nabia Sesmaca. Nunha di: "NAVIAE/SESMA/CAE V(otum)". Na outra: "NAVIAE/ANCELOTUS/AURI(ensis) EXS/(C invertida) (castello)/SESM(acorum?)/VOTUM.../POSSIT.../Q(uoius) E(um) C(ompotem (...)".     
Ara aos Lares Viais (Trives Vello): Estudada por Taboada Chivite. Descoñécese o seu paradoiro. Dicía: "LARIBUS/VIALIBUS/VALLIUS/MAXIMUS/EX VOTO". 
Ara de Vilanova, do s. II d.C. Situada fronte a porta principal da igrexa. Actuou como pé de altar sostendo un taboleiro do s. XV-XVI, logo tapado por un altar barroco. Peza rectangular de pretro de 1,30 metros de alto e 0,55 de ancho coa inscrición: "SEVERVS FI/AVINI FIL/IOVI OP MA/V L S M". Hai que sitúa en Vilanova a mansio Nemetobriga. 
Lápida funeraria (Souto do Padrón-Trives Vello): Descuberta no ano 1894 nun lugar onde había gran cantidade doutros restos romanos. Dalí pasou a formar parte dun muro, onde a copiou Manuel Hermida. En 1897 foi adquirida pola Comisión de Monumentos de Ourense. No incendio do Instituto no 1927 sufriu varios danos. Datada entre os séculos I-II d.C. Traducida, lese: "Popilio Hirsuto, fillo de Flavio Vendieco, da parentela de Laucio, orixinario de Vacaego, de 32 anos de idade, está enterrado aquí". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Epígrafe (Trives Vello): Descuberta nas inmediacións da Ponte Navea, estivo colocada na capela da ponte. Hoxe en día atópase na casa da marquesa de Trives. Lese: "AELIO SPORO/IVLIVS FLAVINVS/ET ATILIVS ASTVR/H EX T", ("A Aello Sporo polos seus herdeiros Flavinus e Atilius Astur"). 
Epígrafe (Trives Vello): De Popillio Hirsuto.
Epígrafe (Piñeiro-Trives Vello): Anáco de mármore que só conserva o texto "... VALVITIO". Segundo Rodríguez Colmenero podería pertencer a unha inscrición funeraria. Foi atopado polo vogal da Comisión de Monumentos de Ourense Diez Sanjurjo nos muros da derruída capela da Madalena no ano 1904. No Museo Arqueolóxico de Ourense.

 


 


PORQUEIRA
Ara a Ariounis Mincosegaeigis (Nocelo-Sobreganade): Servía de pé de altar da ermida de San Tomé de Nocelo. Segundo Rivas e Seara Carballo, Ariounis podería ser unha enigmática denominación de varios deuses. Segundo J.C. Olivares, non é desbotable que Ariounis puidera ser un primeiro apelativo e Mincosegaeigis o segundo dunha divindade cuxo nome non se cita ou duns Lares. Lese: "ARIOUNIS/MINCOSEG/AEIGIS/C(aius) NARCISIUS/RUFUS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". Coa cara superior cortada para recibir a ara actual, unha pedra cadrada que en forma de lousa contén as reliquias cristiás. 
Estela funeraria do Outeiro (O Rial-Sabucedo): No Museo Arqueolóxico de Ourense. Apareceu no ano 1936. A peza está fragmentada na base, faltándolle un pequeno anaco. Lese: "BLEN/DEA/MANT/AI F(ilia) M/ONIME/NTVS ST/AT(uere) FECIT/MAXVMUS". 
Xacemento de Mouruás (O Agro-Sabucedo): Apareceron ladrillos, tégulas e algunha pedra granítica labrada. 
Outros xacementos: O Carrilano  (San Lourenzo de Abeleda), O Soutullo (Penín Novo-Sabucedo), O Loural (O Rial-Sabucedo), As Quintas (San Lourenzo de Abeleda).

PUNXÍN
Moedas: No castro de San Trocado apareceron varias moedas, entre outras dous denarios, un dentado, segundo Cavada Nieto. 

QUINTELA DE LEIRADO 
Ara de Xacebáns: Foi rescatada por Antonio Seoane, membro da Real Academia Galega no 1951 que tamén participou na creación do Museo do Pobo Galego. Estaba nun palleiro e utilizábase para afiar fouciños. Adicada a Deva. Custódiase no Museo Arqueolóxico de Ourense (Información recollida do blog Á sombra do Penagache).
Castro de Redemuíños: Coñecido como O Castelo. De grandes dimensións, sitúase nun lugar dominante. Apareceron muíños de man e restos cerámicos. Apareceu unha xarra con moedas imperiais romanas. No ano 1803, o corrixidor de Milmanda (Celanova) informou de que enviou as moedas a través de Marcos Alonso á Academia de Historia, quen decidiu mercalas, mais descoñécese o seu paradoiro actual. Aquí erixiuse posteriormente unha fortaleza medieval.

 

RAIRIZ DE VEIGA

Ara a Bandua Veigebreaego: Custodiada no Museo Arqueolóxico de Ourense. O fóculus, de planta rectangular, actuou como pía de auga bendita en 1957, función para o que foi agrandado. Di: "V.S.L.M./BANDVE/VEIGABR/AEGO/M SILON/VS GAL SI/LLANVS/SIG COHI/CAL DR", ("Gustoso cumpriu o seu voto a Bandua Veigebreaego Marco Silonio Galaico Silano, abandeirado da primeira cohorte dos Galaicos, cidadán romano"). Foi realizada por individuo da tribo Galeria, pertencente á Cohors I Gallica civium Romanorum que formaba parte da Legio VII Gemina. 
Ara: "LARIB ALITRAN/[---]/ V S L A".
Ex Voto: "SILIA/EX/VOTIS".
Ara (Rairiz de Veiga): "DEO VEXILLOR(um)/MARTIS SOCIO/BANDUAE". Aínda que algúns autores a consideran falsa, Rodríguez Colmenero non opina o mesmo, primeiro porque no lugar existe outra inscrición adicada á mesma divindade, segundo porque a forma "socius", máis xenitivo, parece confirmarse noutra inscrición, e terceiro porque resultaría extraño que en séculos pasados lograran identificar a inscrición. Atopábase na igrexa parroquial de San Xoán. Desaparecida. Citada polo arcipreste de Santa Xusta de Toledo nos seus Adversarios cando veu a Galicia co bispo de Toledo. 
Epígrafe: No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1899 fala dun epígrafe citado por Barros Sivelo atopado xunto Rairiz de Veiga, pasado o regueiro do Vilar.  
Miliario de Congostro, atopado polos arqueólogos Celso Barba e David Pérez a comezos do verán do 2010 aos pés dun vello carballo situado no camiño medieval que unía Congostro con Ponte Liñares, camiño que aproveitou as antigas infraestruturas da Via XVIII.  
Miliario das Pedrosas (Penelas-Ordes): Citado por Elixio Rivas, descoñécese onde estaba ubicado.
Miliario de Padroso (Padroso-Lampaza): Reutilizado como base de sustentación dun alpendre.
Miliario (Rairiz de Veiga): Desaparecido. Citado por Barros Silvelo. Líase: "CAES/.../ES/VI COS I ANTI/II NEPOT ON". 
Miliarios do Padrón: Atopados no ano 2011 por David Pérez López e Celso Hugo Barba. Dividen as parroquias de Güin (Bande) e Congostro (Rairiz de Veiga). O máis grande, anepígrafo, mide 2,6 metros de alto. O segundo estaba tirado, presenta tres cruces de termo e unha pequena inscrición moi desgastada. Marcaban a milla LX de Braga a Astorga.  
Miliarios da Saínza: Diez Sanjurjo cita tres miliarios ilexibles.  
Barros Silvelo cita entre Parada, parroquia de Ordes, e Parada de Outeiro, en Vilar de Santos, un miliario que estaba enterrado. 
Vía Nova: No mes de maio de 2011 o Concello encargou a redacción dun proxecto para poñer en valor a Vía Nova entre Congostro e A Saínza (quizais un dos tramos mellor conservados en Galiza), así como a recuperación do miliario de Padrón. Cando en xuño de 2011 se estaban a realizar os traballos para poñelo en valor apareceu outro miliario que estaba deitado no camino; o fito marca a milla XL da Vía Nova e presenta un pequeno corpo epigráfico e unhas gravuras, incluída unha cruz que representa unha demarcación medieval. No concello consérvanse tramos no Toxal da Saínza, na Ponte Catuxa, no Lombo en Santa Baia e noutros lugares das parroquias de Congostro, Ordes e rairiz de Veiga. O tramo da Vía XVIII ao seu paso polo municipio foi estudado por Alvarado Blanco, Rivas Fernández de Vega Pato. 
Outros xacementos: A Estrada dos Mouros (A Saínza), A Presa ou Ponte da Catuxa (A Saínza), O Lombo (Santa Baia-Rairiz de Veiga).
 

 

 

RIBADAVIA
Ara (Francelos): "D(is) M(anibus) S(acrum)/PATERNA/ANNORUM/XXXV".
Moedas: No castro de Veiga, en Ventosela, apareceron seis moedas, unha delas de Adriano. 

RIÓS
Xacemento da Pinza (Vilariño das Touzas-Progo).  
O Castelo (Trasestrada): Atopáronse tégulas, muíños e cerámica común.  
Castro romanizado da Pedreira (Valmedo-Trasestrada).   
A Rega do Euxenio (San Cristovo-Trepa): Apareceron restos cerámicos.  
Estela de Riós: Atopada ao realizar unhas obras na casa reitoral, actuaba como lintel dunha porta interior, cara a galería. Atópase no interior da igrexa de Santa María de Riós. A decoración cobre os rexistros superior e inferior, intercalándose o texto da inscrición funeraria que di: G NIGRINI/VS ALBINV/S G ALBIANO/NIGRINO AN/XVI F M P/D M S", ("Gneo Nigrinus Albinus dedicou un monumento ao seu fillo Gneo Albiano Nigrino, de 16 anos aos deuses Manes"). Datada no século III d.C.
Epígrafe de Progo: De tamaño reducido, presenta tres liñas de escritura. Pode tratarse dunha ara romana. Apareceu con motivo da restauración do retábulo da igrexa.    
Ara a Bandua.
 

 


A RÚA 
Figura en bronce dun togado, vencellada posiblemente a unha vila. 
Lápida da Rúa Vella: Cuarzosa, adicada a Lucio Pompeio Reburro Fabro que apareceu preto da ponte da Cigarrosa. No ano 1680 leváronna para a igrexa parroquial e, anos despois, colocáronna no muro da casa onde se pode ver hoxe en día. A súa importancia vén dada, sobre todo, porque por ela se coñece o nome de Calubriga, poboado dos Gigurros. Lese: "[L(ucio)] POMPEIO L(uci) F(ilio)/POM(ptina) REBURRO FABRO/GIGURRO CALUBRIGEN (si)/PROBATO IN COH(orte) VIII PR(aetoria)/BENEFICIARIO TRIBUNI/(...)". 
Miliario (Fontei): Trátase dunha columna de sección circular (48 centímetros de diámetro) encaixada no chan. Segundo os veciños, utilizábase como columna para cargar as bestas. Próximo á Vía Nova.   
Preto do castro da Coroa, próximo ao trazado da Vía XVIII, apareceu unha estela, posiblemente castrexa, de forma cónica cun rostro humano.   
Na Ponte da Cigarrosa adoita situarse a mansio Foro.  
A Cigarrosa: Ver información no apartado adicado ao concello de Petín. 
Explotación aurífera do Curral de Milleirós (San Xulián).  
Explotación aurífera da Pala, en Vilela.     
Igrexa de Santo Estevo de A Rúa: Nun muro da igrexa pódese ver unha cabeza humana esculpida en granito, evidentemente reutilizada, da que se descoñece a procedencia. 
A Rúa Vella: Xacemento que se atopa no casco urbano. Apareceu un capitel romano e constátase a presenza doutros restos. Moi preto de onde se atopou o capitel documentáronse cinco canles de sección xeométrica, así como restos de muros compostos de pedra e barro que parecían dar forma a unha construción de trazado octogonal; apareceron durante unhas obras na rúa de acceso á igrexa parroquial.  
Pedro Vidal Gayoso, no "feis" de Arqueoloxía de Galicia achega unha foto dunha basa e dun fuste romano que "adorna" un muro de bloques de cemento.
 

 

 

RUBIÁ
Ara: A Reuue Anabaraeco. Segundo Hübner, a inscrición procede da provincia de Cáceres se ben semella que provén de Galicia xa que o teónimo co mesmo apelativo foi atopado nas Burgas, na cidade de Ourense. Atopábase en Rubiá no 1740, e cara o 1925 no Museo Diocesán de Astorga, desparecendo despois. Segundo T. Hervella estaba rota, faltándolle a metade. Lese: "Albino Tito Torubo, Africano, puxo de bo grado este monumento a Reva Anabaraeco". 
Restos calzada (Oulego). En Oulego adoita situarse a mansio Gemestario 
Mina de Melgotos (Pardollán): A fronte foi soterrada polos escombros dunha explotación de ocre próxima; explorada por membros do Clube de Espeleoloxía Maúxo de Vigo. 
Epígrafe a Caracalla na Serra da Encina da Lastra: Dado a coñecer por Barros Silvelo. Desaparecido.
 

SAN AMARO
Castro de San Cibrán de Lás: Castro romanizado. Xunto unha das murallas hai unha inscrición adicada a IOVIS. Saíron á luz varias moedas, entre outras un bronce de Emérita, un mediado de Cascantum tipo touro e unha moeda da república.  
Ara de Eiras: Foi dada a coñecer por Xaquín Lorenzo Fernández no ano 1968 en Inscripciones romanas de Galicia IV, provincia de Ourense. Adicada a Bandua Lambricae. Atopouse formando parte dunha mesa de pedra situada no xardín da Casa Grande de Eiras. Para Rivas, a relación do epíteto do deus co topónimo Las (o castro non se atopa moi lonxe) estaría clara xa que nun documento do ano 1458 o topónimo aparece citado como Laans. Lese: "BANDU/A LAMBR/RICAE AE/MILIUS RE/BURRINUS". Malia o anterior, non existe consenso canto á súa lectura. En mans particulares, non está accesible ao público. O día 13 de outubro de 2016 presentei senllos escritos diante do Servizo do Patrimonio Cultural en Ourense e o Concello de San Amaro para que se protexa este ben que corre grave risco de desaparición despois de que o pazo fora abandonado no ano 2009. Ver en Apéndices: SOS pola ara de Eiras (San Amaro). 
Dedicatoria a Sadu: Apareceu no castro de San Cibrán de Las. Trátase dunha lousa partida pola metade en dúas partes lonxitudinais que encaixas. Lese: SADU/ULAD/U". 
Inscrición: D(ominus) N(osta)/IMP(erator) CA(esar) VAL(erius) CON/STANT(tius) NO/BILISSIMUS CA(e)SAR". 
Posible miliario (Eiras): Felisindo González Iglesias, no seu blog Arredor de Lámbrica, achega un posible miliario que actúa como pé dun hórreo. O fito non garda semellanza con outros pés da zona polo que cre que puído ser reaproveitado, sen desbotar que se trate dunha columna. 
Vila de Eiras: Xunto a igrexa parroquial existen evidencias dunha vila romana. 
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica, xunto o castro de San Cibrán de Las.
 

 

SAN CIBRÁN DAS VIÑAS
Miliario a Carino: Século III, descuberto no ano 1972, no interior da capela románica do Santo Cristo. Lese: "M(arc)O AUR(elio)/CARINO/NOB(ilissimo)/CAES(ari)", "Dedicado a Marco Aurelio Carino, nobilísimo césar".   
Miliario na ermida de San Xoán: Custodiado no Museo Arqueolóxico de Ourense. Lese: "D(omino) N(ostro)/FLAVIO/VAL(erio)/ CONSTA(ntio)/PIO FE(lici) INVI/CTO/AUG(usto)/P(ontifice) M(aximo)".   
O Piñeiral (O Piñeiral-San Cibrán das Viñas): Apareceu cerámica común e tégulas. 
Alto do Paso (San Cibrán das Viñas): Xacemento situado nun outeiro granítico onde se atoparon anacos de tellas e de cerámica.  
San Xoán (San Cibrán das Viñas): Xacemento situado na ladeira dun outeiro preto da aldea de O Piñeiral. Atopáronse cerámicas comúns e algunhas tégulas dispersas pola ladeira.
 

 

SAN CRISTOVO DE CEA
Estela do castro de San Fagundo: Atopada no ano 1905. Mostra unha figura insculpida dentro do que semella un nicho. Lese a inscrición "MEID/VENA". No mesmo castro saíron á luz varias modas de época romana.


SANDIÁS 
Mansión: A mansión Geminis no Itinerario de Antonino ou Gemina do Anómino de Rávena, adoita situarse en Sandiás se ben hai autores aos que non convence tal ubicación (Rodríguez Colmenero et alii 2004).
Miliario das Antas,  vulgo As Santas (Couso de Limia): Adicado a Treboniano e Velusiano, foi partido para facer postes.  
Miliario da Corga: Atopado no ano 1964, cando a desecación da lagoa de Antela.  
Miliarios de Vilariño das Poldras (Couso de Limia): Un, adicado a Máximo e Maximino, atópase no xardín do pazo do Penedo, colocado de forma invertida e que actúa como pedestal dunha estatua; Lese: "IMP(eratori) CAES(ari) FL(avio)/CLAUD(io)/IULIANO/INVICTO/AUG(usto) PONT(ifici)/MAX(imo) TRIB(unicia)/POT(estate) P(atri) P(atriae) C(onsuli)/PROC(onsuli)". Outro estaba enterrado nunha finca denominada A Lama, por onde transcorría a vía romana; hoxe en día está colocado xunto con outros dous nunha pista da concentración parcelaria; Lese: "O emperador césar augusto Gaio xulio Vero Maximino, pío, feliz, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, pontífice, coa tribunicia potestade por quinta vez, emperador pola sétima, pai da patria, cónsul, procónsul, e Caio Xulio Vero Máximo, nobilísimo césar, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o emperador César Caio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, augusto, mandaron refacer as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón, na milla 67 dende Braga". Barros Silvelo cita un, desaparecido, adicado a Traxano Hadriano.  
A Coroa ou O Foxo (Arcos-Piñeira): Asentamento, situado nun outeiro pouco elevado, descuberto no ano 1993 cando as obras da autostrada das Rías Baixas; o cumio está alterado pola construción dun ermida posta baixo a advocación de San Pedro e polo acondicionamento dunha pista; apareceron frgamentos cerámicos de pastas claras, grises e negras, escouras de ferro, restos de tella e un cravo de sección cadrada.  
Miliario da Corga (Piñeira de Arcos): Adicado a Galerio. Atopado no ano 1964 durante os movementos de terra realizados para a desecación da Lagoa de Antela, entre A Corga e Zadagós. Despositado no Museo Arqueolóxico de Ourense, lese: "D(omino) N(ostro) IMP(eratori) CAES(a)RI)/G(alerio) VALERIO MAXSI(m)/MIANO P(io) F(elici)INVICTO/PR(oconsuli)". 
A Praza da Lagoa (A Chousela-Piñeira): Apareceu cerámica común e fragmentos de tégula.   
As Poulas da Cavadiña (Ladeira-Piñeira): Aínda se poden ver grandes pedras do firme, removidas por un arado, dun tramo da Vía XVIII.  
Miliario de Zadagós (Zadagós-Piñeira de Arcos): Atopado no ano 1920 no lugar coñecido como Carballo do Pereiro, na marxe esquerda da Vía Nova; adicado aos emperadores Maximino e o seu fillo Máximo, non indica milla ningunha. Ten un marcado carácter propagandístico facendo referencia á reparación e coidado das vías e outras obras. Fragmentouse en dous. Na actualidade está colocado nun cruce, á beira da estrada. 
A Igrexiña (Zadagós-Piñeira): Nunhas terras de labor atopáronse anacos de cerámica común e tégula.  
Xacemento do Porto (Piñeira de Arcos): Xacemento romano tipo vila ou vicus con necrópole adxacente xunto a igrexa parroquial con necrópole adxacente. Din os veciños que cando se ampliou o cemiterio apareceron tumbas antigas, feitas con tégulas que foron arrasadas. Apareceu cerámica común, tégulas, ladrillos e muíños circulares de man.
Ara de Sandiás: Anepígrafa; de granito con molduras nos extremos e corpo central prismático, ten focus. Atópase xunto o muro dunha casa, suxeita con cemento.   
A Praza das Cavadas (Sandiás): Saíu á luz cerámica común, tégula e ladrillo.  
A Praza dos Inxertes (Sandiás): Xacemento moi alterado por construcións modernas; apareceron fragmentos de tégula, pedras labradas e unha base de columna de granito. Tomando o Itinerario de Antonino do século III, hai autores que sitúan no concello a mansio Geminas, á beira da Vía XVIII.  
Outros xacementos: O Carrasco (Coalloso-Sandiás) onde apareceron fragmentos de tégula e cerámica común, A Igrexa (Zadagós), Falangueira (Coalloso-Sandiás), Praza dos Inxertes (Sandiás), Praza das Cavadas (Sandiás).
 

 

SAN XOÁN DO RÍO
Minas na serra de Cabanas (O Xunquedo-Cabanas).  
Mina dos Biocos: Na serra de Cabanas, mina a ceo aberto; ao parecer existen indicios dun asentamento galaico romano.  
Miliario de Caro (Aciveiro): Adicado a Caro, trátase do fragmento dun miliario utilizado como contrapeso de lagar. Di: "Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Caro, pío, feliz, invicto, augusto, pontífice máximo, investido co poder tribunicio, cónsul, pai da patria, procónsul".  
Miliario de Carino: A finais do século XIX atopouse un miliario adicado a Carino (s. III) no lugar de Castromao que servía como soporte dunha corte; na actualidade atópase nunha área de descanso que hai xunto a estrada C-536. Lese: "M(arco) AURELIO/CARINO P(io) FELIICI/AUG(usto) P(otestate) TRIB(unicia) P(atri)/P(atriae) P(ro)CONSULI", ("A Marco Aurelio Caro, pío, feliz, augusto, investido co poder tribunicio, pai da patria, procónsul, cónsul").  
Miliario de Caro (Cerdeira):Estaba encaixado no muro do patio da Casa do Curro, con motivo das obras de reforma foi retirado da súa posición e apartado para unha esquina. Traducido, lese: "Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Caro, pío, feliz, invicto, augusto, pontífice máximo, procónsul, cónsul".  
Miliario (Cerdeira): Atópase no xardín dunha casa, só é posible ler "IMP...".    
Miliario a Tito e Domiciano (Os Fontaos-Aciveiro): Foi atopado no ano 1974 por unha brigada de Obras Públicas; na actualidade atópase nas dependenzas do citado edificio administrativo en Ourense. Trátase dun fragmento adicado aos emperadores Tito e Domiciano. Lese: "IMP TITO CAES DIVI VESP F/VESPASIANO AVG PON MAX/TR POT VIII IMP XV/P P COS VIII/IMP CAES DIVI VESP F DOMITIANO/COS VII", "Ao emperador divino César Vespasiano, fillo de Vespasiano Augusto, pontífice máximo, revestido da potestade tribunicia por novena vez, e da imperial por quinceava vez, pai da patria e cónsul por oitava vez, e ao emperador divino César Domiciano fillo de Vespasiano cónsul por sétima vez".    
Miliario a Constancio I (Os Fontaos-Aciveiro): Apareceu no ano 1972 formando parte dun bancal. Lese: "...FLAVIO VALERIO/CONSTANTI NOBILISSI/MO CAESARI". Atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense.    
Miliario de Xuliano: A finais do s. XIX apareceu un miliario no terreo coñecido como O Chao do Cego de Abaixo, entre o Alto de Cerdeira e Aciveiro, adicado a Xuliano o Apóstata (355-363); outro máis, que fora reutilizado para delimitar unha cuneta da estrada, foi trasladado, xunto cos dous anteriores, ao Alto de Cerdeira, e logo trasladados á área de descanso que hai xunto a estrada comarcal.    
Miliario (Castrelo): Anepígrafo, serve de piar dun alpendre dentre do patio da casa reitoral. 
Miliario de Constancio Cloro (Cerdeira): Ano 292-306; actuaba como lintel da porta dunha corte. Atópase na área de descanso. Lese: "IMP(eratori) CAES(ari)/FLAV(i)O VA/LERIO CON/STANTINO/IN(victo) AUG(usto) P(ontifici) MAX(imo)/P(atri) P(atriae)", ("Dedicado ao césar emperador Flavio Valerio Constantino, invicto augusto, pontífice máximo, pai da patria").   
Miliarios (As Guístolas-Cerdeira): Coñecidos como miliarios de Cerdeira e logo desprazados ao lugar das Guístolas, un deles é anepígrafo e os outros tres de tipo honorífico conmemorativo. Un de Flavio Valerio Constantio, outro de Flavio Claudio Iuliano e un terceiro adicado a Marco Aurelio Carino cuxo tamaño foi reducido para adaptalo como columna e do que tampouco se conserva a primeira liña da inscrición. 
Outros miliarios no Museo Arqueolóxico. 
No ano 1834 foi levado para o pazo do Marqués de Trives un miliario situado a carón da Ponte Navea que estaba nun pendello; adicado a Tito e Domiciano.
 


SARREAUS
As primeiras referencias ao xacemento do Monte do Viso ou á Cidá datan dos séculos XVIII e XIX da man de González de Ulloa e Flórez, citando a descuberta de dúas lápidas honoríficas polo que deduciron que aquí se atoparía o Forum Limicorum, hipótese que un século máis tarde defendería Marcelo Macías.
Ara de Codosedo: No Museo Arqueolóxico de Ourense. Descuberta por Barros Silvelo preto da igrexa de Codosedo. Enviou un debuxo no ano 1860 para a Real Academia de la Historia de Madrid. Pode transcribirse como: "[-]cius [Fl/avii f(ilius) Ba/ndue Ae[d?]/iobrico/v(otum) l(ibens) a(nimo) s(olvit)".
Ara de Folgoso (Cortegada).
Ara a Proinetie: "PROINETIE/Q(uintus) APILI/CUS SEVE/RUS V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)".
Ara de San Fiz (Cortegada): No Museo Arqueolóxico de Ourense dende o ano 1986. Lese "IOM" (Iovi Optimo Maximo). Apareceu preto de onde se atopa a pedrafita da Pedra Alta. Ara de Vilariño (Vilariño-Paradiña): Ao Lar Ocaelaego. Atopada no ano 1988 cando as obras na capela de San Estevo. Esta ara, xunto con outra destruída e de menores dimensións estaba incrustada na mesa do altar. Lese: "LARI OC/AELAEGO/Q(uintus) APANI/CUS CAP(ITO V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Quinto Apanico cumpriu o seu voto ao Lar Ocalaego de boa vontade". Atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense. 
Epígrafe: No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 fálase dunha inscrción na parede dunha casa de Nocelo da Pena que di: "OVI/OM/VFO".  
Lápida honorífica na ermida de San Pedro (Nocelo da Pena): Trátase dunha praca rectangular de granito que estaba na capela de San Pedro. No ano 1835 o abade de Nocelo da Pena, don Antonio Bugallal, trasladouna para a igrexa parroquial facendo con ela con tres incricións máis o pedestal dun cruceiro. No ano 1897 foi trasladada ao Museo de Ourense xunto coas outras inscricións. Lese: "IMP(eratori) CAES(ari) DIVI TRA/IANI PARTHICI F(ilio)/DIVI NERVAE NEP(oti)/TRAIANO HADRIA/NO AUG(usto) PONT(ifici)/MAX(imo) TRIB(unicia) (...)". 
Miliario de Nocelo da Pena: Forma parte do muro dunha finca. Anepígrafe.
Forum ou Civitas Limicorum (Monte do Viso-Nocelo da Pena): Entre os numerosos achádegos atópase unha ara adicada aos Lares Viais e unha inscrición a Adriano e Antonino Pío pola Civitas Limicorum aparecida nos montes de San Pedro. A primeira noticia sobre as lápidas de Nocelo da Pena proporciónaa o cura de Chamosiños, Pedro González de Ulloa, no ano 1777. No ano 1835 colócannas na base dun cruceiro que é como as atopa Barros Sibelo. No 1897 son trasladadas para o Museo de Ourense.  
Estela de Lodoselo: Aos deuses Manes, de Flavio Fusco a Marco Claudio, fillo de Olivésulo.
Relevo de Nocelo da Pena: No Museo Arqueolóxico de Ourense. Lese: "MATRI(bus) CIVITA(tis) [PR(o)]/AMACE AVI/[TE]/TACIU/S ET TA [PILA]/TAPILA/TACIU(s)/V S L M". Estela bifronte descuberta no século XVIII na desaparecida ermida de San Pedro, por riba do Monte do Viso, que fora reutilizada como material de construción. O mal estado de conservación da peza impide resolver as controversias existentes sobre ela, tanto á súa natureza votiva ou funeraria como á lectura dos epígrafes, ou a representación das figuras humnas representadas a ambos os lados. No 1911, Fita consideraba que o altar bifronte se consagrara a varios deuses autóctonos tutelares e acuáticos. Para Arias Vilas, Le Roux e Tranoy (1979), a peza estaría adicada aos Lares Civitatis Limicorum pores individuos, Claudius, Tacitus e Tapilus. Para Rodríguez Colmenero e González Ruibal (2007), trátase dunha ara consagrada ás Matres da Civitas Limicorum.
Outros Xacementos: Asentamento de Perrelos, Santa María (Meilás-Cortegada), explotación mineira dos Castelos (Nocelo da Pena), explotación mineira das Miinas (Nocelo da Pena), Alto do Castriño (Vilariño Frío), Diestro (Perrelos), A Cavadiña (Tarrazo).



 


 

 

TABOADELA
Xacemento da Curseira (Pousa-Mesón de Calvos): Fragmentos de tégula, cerámica común, pezas de muíños e algún couzón de porta.  
Xacementos do Prado e do Toucedo (Pazos-Santiago da Rabeda).  
Xacemento do Outeiro (Pereiras-Santiago da Rabeda): Tégula e cerámica común.  
Calzada en Abeledo, parroquia de Santiago da Rabeda, descuberta cando as obras do AVE (Información achegada por José Antonio Gavilanes).   
Ara votiva (O Toucedo-Pazos-Santiago da Rabeda). Trátase dunha pedra rectangular semellante a unha ara que presenta un cruciforme na súa parte superior. Na actualidade actúa como marco dunha finca. 
Ara (A Touza): Coa  cornixa moldurada e moi desgastada, atópase empotrada na parede dunha vella casa en posición horizontal, preto da igrexa parroquial. Non é posible saber se conserva a inscrición.
Restos Calzada en Taboadela.  
Xacemento do Cruceiro (Vilar-Taboadela): Fragmentos de tixolo, tégula, cerámica común, bases de columnas e muíños circulares. 
Xacemento do Prado (Pazos-Santiago da Rabeda): Localizáronse diversos fragmentos cerámicos (tégulas e cerámica común).  
Xacemento de Taboadela: Ladrillos, tégula e un muíño circular. Na pista que dá acceso á praza de Taboadela localizáronse unhas tumbas rectangulares realizadas con tégulas e ladrillos que poderín corresponder a unha necrópole paleocristián. 
Ara de Taboadela: Aos Lares Viais. Sostiña o poste dun parral. Ten unha altura de 0,65 metros. Atópase diante do Concello. O campo epigráfico está moi erosionado. Lese: "LARIBUS/VIALI(bu)/SILO SILO/NIS (filius) POS(uit)", "Silo, fillo de Silón, dedica este altar aos lares viais". Nas inmediacións da igrexa de Taboadela atopáronse restos de enterramentos romanos. 
Xacemento do Toucedo (Santiago da Rabeda): Materiais cerámicos de cronoloxía romana (tégulas e ladrillos).  
Cemiterio da Petada (A Touza): Tégulas e tixolos nun cemiterio paleocristián.
 
  

 

A TEIXEIRA
Restos calzada (Abeleda). 

TOÉN
Aras do castro de Louredo (Mugares): Castro lindeiro co concello de Barbadás. Apareceu tanto cerámica castrexa como romana e dúas aras, unha adicada a deusa Diana, custodiadas no Museo Arqueolóxico de Ourense. Nunha lese: "DEAN(a)E/FA(bius?) SAT/URNI/NUS/EX V(oto) P(osuit)", "Fabio Saturnino levantou este altar a Diana, por un voto realizado". Na parte superior está decorada con oito rolos superpostos; a basa presenta na súa parte inferior un pequeno oco aberto. Na outra: "I(ovi) O(ptimo) MAX(imo)/EX VOTO/MATR-IS/F(ortunatus?) P(osuit?).
Ara ás Ninfas: "NIMPHIS SILON(i)S ACLO/VIANA EX VOTO F(aciendum) C(uravit)".
Os Pereiros (O Santo-Alongos): Apareceron fragmentos cerámicos e tégula.



TRASMIRAS

Ara: Fragmentada, cuxo principal problema para a interpretación da deidade é, segundo Rodríguez Colmenero (1997), a resolución do epíteto que el interpreta TUR(olicis), sendo o resto de lectura fiable. Outros autores len TERTIOLUS.
Ara (O Seixo-Abavides): Estaba no muro do adro da igrexa parroquial, na actualidade nunha rúa preto do templo. O texto epigráfico atópase moi gastado polo que resulta moi difícil a súa lectura.
Ara de Trasmiras: Na porta dun patio da rúa principal de Trasmiras. Ten forma de cubo. Presenta un campo epigráfico gravado.
Lápida de Lobaces: Nun muro do peche da igrexa parroquial. Segundo Rodríguez Colmenero pertencía ao fuste dunha columna.
Necrópole tardorromana (Escornabois).  
Vila dos Pardieiros (Lobaces): Na Serra de Larouco; descubríronse tégulas, ladrillos e sigillata; no lugar hai catro sártegos escavados na rocha.  
Perrelos: Apareceron fustes de columnas e restos cerámicos.  
Miliario (Chamosiños): Procede da aldea de Santa Baia de Chamosiños, atopábase no xardín dunha casa de Lodoselo. Debido ao escaso número de letras, non resulta posible atribuílo a un emperador determinado.  
Miliario (Os Pardieiros-Lobaces): Miliario que foi baleirado para seren utilizado como sártego; na actualidade atópase no patio dunha casa facendo funcións de bebedoiro das pitas. Rodríguez Colmenero, que tentou revisar o estudo do monumento, non foi quen de localizalo porque cre quese puido perder. 
Outros xacementos: A Madorra (Abavides), Fontearcada (Abavides), A Cortiña Nova (Chamosiños), Os Marcos da Quinta (A Ermida-Chamosiños), A Telleira (Escornabois), O Montecelo (Rabal), As Outrelas (Lobaces), Os Bagullos (Lobaces), O Torroal (Lobaces), As Campaniñas (Vila de Rei)
 




A VEIGA
Os Baños (Baños): Tégula, escouras de ferro e anacos de cerámica común.  
O Pombar (Carracedo): Tégula e cerámica común.  
Casa do Aquilino (Valdín): Durante unhas obras na casa, que destruíron o xacemento, apareceu un muíño de man e unha canle feita na rocha, tégula e cerámica común.  
O Lombo (Vilaboa): Tégula e cerámica común.
Miliario da Alberguería: Desaparecido, coñécese por referencias de Ceán Bermúdez como procedente da poboación da Alberguería, na actualidade mergullada polo encoro de Prada.

VEREA 
Mansión: O Forum Gigurrorum (Forum Gigurnion no Anónimo de Rávena e Foro no Itinerario de Antonino) adoita identificarse coa Cigarrosa, en Petín, mais non falla quen cre que tamén se podería tratar da Cigarrosa de Verea, en territorio non Guigurro (J.J. Moralejo). 
Castro romanizado de A Cividá: Preto da ermida de San Trocado. 
No Butrón apareceron un muro de cachotaría, pedras labradas e restos de tégulas.     
Ara de Portela: Parte superior dunha ara con focus e cornixa atopada no ano 2000 debaixo do altar da igrexa parroquial de Santa Olaia. Mide 35 cm de alto e 29 cm de ancho. Pódese relacionar cun ramal da vía XVIII. Non conserva restos de inscrición. Foi dada a coñecer por Nieto Muñiz no ano 2002.   
Ara a Iupiter Optimo Maximo: Atopada no lugar de Carballo no ano 2001, xunto a praza da igrexa de Santiago de Verea. Atopábase xunto outras pedras procedentes das obras de remodelación da casa coñecida como Casa do Mestre, e que foran levadas a cabo no ano 1997. Carece de contexto arqueolóxico coñecido, agás que se atopa a uns 200 metros do castro romanizado da Cividá e preto dun ramal da Vía XVIII. Partes das pedras da obra foron traídas da Limia, provenientes de derrubamentos, polo que pode ser o lugar da orixe. Debido a que está rebaixada por un lado, dedúcese que foi reaproveitada con anterioridade noutra construción. Presenta tan só dúas liñas de texto: "IOM/CATN". A segunda liña podería tratarse dun epíteto do deus, ou o nome do adicante. Na parte alta ten un focus para libacións.      
Monte Oural: Restos dunha explotación aurífera mediante o sistema de "arados" (sucos). 
 

 

VERÍN
Vila de Ábedes: Segundo Ceán Bermúdez, apareceu un touriño de bronce sobre unha columna de mármore.  
Lápida (Ábedes): No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 dise que en Ábedes apareceu unha lápida no ano 1580 que se conservaba no patio do castelo de Monterrei, ignorándose hoxe en día o seu paradoiro. Líase: "GENIO P(opuli) R(omani) C(aius) M(arcius) M(aximus) SÉTIMA (centuria) LEG(ionis) VII G(emina) P(iae) F(elicis) V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito). 
Cabreiroá: Restos dun cano.    
A Igrexa dos Mouros ou Bouzadoiro (Cabreiroá): Situado na zona coñecida como Pozo do Demo. Xacemento arqueolóxico duns 1.700 metros cadrados con apariencia de pequena vila romana. Apareceron fustes e fragmentos de tixolo. Os primeiros traballos no xácigo foron obra de Xesús Taboada Chivite a finais dos anos corenta do pasado século XX. No mes de novembro de 2015 remataron as tarefas de limpeza e as escavacións iniciadas no mes de abril do mesmo ano. Os traballos, dirixidos polos arqueólogos Eduardo-Breogán Nieto e Alberte Reboreda deixaron ao descuberto a pranta completa dun recinto inédito dunha vila romana e das que, ao parecer, só se atopan construcións similares nas illas británicas e no arco atlántico europeo. Conta cuns 45 metros de lado e esquinas arredondadas, facéndose visibles en certos puntos as pedras que formarían inicialmente o muro perimetral, así como unha posible entrada no lateral norte. Tamén quedaron ao descuberto as terreiras e a área escavada no seu día por Taboada Chivite. 
Capitel (Tintores): De mármore. Reutilizado nunha construción. 
Escultura de Dionisios e Ampelos (Muradellas-Mourazos): Século III d.C. Labrada en mármore branca, atopada no xacemento de Muradelle, hoxe en día no Museo Arqueolóxico de Ourense; foi Taboada Chivite quen deu cos restos desta vila rural protexida por un muro dobre que ben poden ser restos dun castro anterior logo reutilizado. Forma o grupo de dúas figuras masculinas espidas apoiadas unha sobre a outra, a segunda sentada. Á figura maior fáltalle a cabeza e o brazo dereito, está de pé, en posición de repouso, co brazo esquerdo abraza o colo da segunda figura que desprega o seu brazo sobre a primeira coa man extendida. 
Ara na capela da Misericordia (Verín): Dada por desaparecida nos anos setenta do pasado século cando se desmontou a capela. Bruno Rúa localizouna detrás dunha casa a carón da igrexa da Mercé.   
Ara da Soutilla (Vilamaior do Val): Fragmento superior dunha ara descuberta no ano 1971, estaba empotrada entre a xanela e o primeiro andar dunha casa. Dada a coñecer por Le Roux e Tranoy no ano 1975. Lese: IOVI/OPTIMO/MAX EX/VOTO. O día 18 de xaneiro de 2017, Javier Torres envioume unha foto actualizada, contándome, ademais, que na actualidade atópase na catedral de Ourense. 
Ara a Bandua Calaico, adicada por Terencia Rufina. 
Ara de Queizás: Na igrexa de San Pedro atopouse unha ara anepígrafa embutida na parede norte do templo e o fóculus doutra ara, tamén un lintel decorado en forma de espiña de peixe. 
Ara (Queizás): Na reitoral de Queizás, na parede norte, con epígrafe.   
Ara a Xúpiter, adicada por Flavia Materna. 
Epígrafe (Tamaguelos): Dado a coñecer por Taboada Chivite, atopábase na fachada dunha casa. Só transmite o segmento "...tant..." da lectura o fai pensar a Rodríguez Colmenero nalgún membro da familia de Constantino.   
Miliario (Vilela-Tintores): Dado a coñecer no ano 1926 por Fernández Costas e Fuentes Canal na Revista Nós. Atópase na casa coñecida como Muíño da Veiga, servindo de columna. Lese: "Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Caro, pío, feliz, augusto, pontífice máixmo, investido co poder tribunicio, o consular e o proconsular".     
Miliario (Verín): Anepígrafo, acaroado á esqueina da Casa dos Acevedo. Trátase da metade dun gran cilindro.     
Miliario (Verín): Actuaba como soporte dun balcón no barrio de San Lázaro, preto da Casa do Escudo; semella estar adicado a Constante, fillo de Constantino.  
Miliario (Vilamaior): No xardín da casa do párroco de Vilamaior. Di Rodríguez Colmenero que procede das inmediacións de Verín, e que foi doado ao seu actual propietario por un descubridor anónimo.   
Miliario (Seixo Branco-Pazos): Desaparecido. Actuaba como marco divisorio entre os termos municipais de Monterrei e Verín. 
Forno dos Mouros: No Telleiro, entre Mandín e Feces, apareceron testos o que probaría a existencia dun centro de produción cerámica.    
Ara a Cibeles atopada no leito do río Támega. 
Con motivo da construción da estrada Verín-Vences atopáronse uns sepulcros de época romana no lugar da Pedreira. Tamén apareceron restos cando a construción dalgunhas casas e rúas: muíños circulares, ímbrices, moedas e restos de vivendas. Para Barros Silvelo as cimentacións da ponte de Feces de Abaixo son de orixe romana.    
Moedas: do Baixo Imperio e unha de Augusto. Xunto un muíño de man apareceu unha flavia, dúas de Valeriano, outra de Maximino II e unha inclasificable. 
Segundo Dasairas, o nome de Verín procede dun deses posesores romanos que controlaban coa axuda da Legio VII (mencionada nunha lápida da vila romana de Ábedes) a zona. 
Xacemento de Casares (Mourazos): Tégulas, tixolos, ímbrices e cerámica común romana. 
Xacemento de Lamas (Tamaguelos): Tégulas. 
Xacemento da Moreiroá (Mandín): Restos cerámicos. En Mandín hai veciños que gardan materiais procedentes do xácigo. basas de columna, muíños circulares e tégulas. 
Xacemento de Muradellas (Mourazos): Ademais da coñecida peza escultórica de Dionisos e Anphelos, apareceron restos cerámicos, tégulas, tixolos, obxectos de ferro e bronce. 
Xacemento do Padrón (Tamagos): Xacemento en chaira, descoñecéndose a súa función.  
Xacemento das Quintas: Tégulas e tixolo. Atopouse tamén unha pequena cista rectangular de pequenas dimensións. 
Xacemento de San Salvador (Tamaguelos): Preto do castro do Outeiro da Cruz. Tégulas e cerámica común.    
Xacemento do Seixal (Feces de Abaixo): Restos de tégula e tixolo. Segunto a tradición, o asentamento tivo que ser abandonado por unha invasión de formigas que comían aos nenos. Tamén que hai dous carros enterrados, un de ouro e o outro de peste; se atopas o de ouro faite rico, se o de peste morren todos.
O concello estaría atravesado por unha serie de vías secundarias entre as que salientaría a vía Sanabria-Brigantium, que transcorría ao longo da Gudiña, A Serra Seca, Campobecerros, Portocamba, Trez, Laza, Alberguería...
 
 
  


 

 

 

VIANA DO BOLO
Ara de Viana: Reutilizada en tempos como basa dun poste do alumado público, na actualidade atópase por riba dun muro xunto unha rúa que sobe cara o castelo. Obsérvase unha inscrición que foi repicada.
Prancha de Bronce: Desaparecida. A Aegia Munniaego. Atopada no ano 1728 na "torre vella". Existe un calco do seu descubridor, Ponce de León, na Real Academia de la Historia de Madrid. O dedicante cita, ademais do seu nome, o seu xentilicio: Alterniaicinus. Segundo Blázquez, o apelativo da divindade está relacionado cos núcleos de poboación por atoparse a súa raíz na formación dalgúns topónimos actuais. Mais esas, descoñecese a que topónimo podía facer referencia o apelativo, así como o significado do xentilicio.  
Borreas de Caldesiños: Minas de ouro nas ourelas do río Camba. 
Relevo de Bembibre: Antropomorfo, reutilizado nun muro da aldea. Documentado por López Cuevillas no ano 1956.  
Explotación aurífera Borreas de Caldesiños (Caldesiños).  
Verraco de Bembibre: Século I a.C.-I d.C., custodiado no Museo Arqueolóxico de Ourense. 
Cemiterio dos Mouros (Fradelo): Apareceron muíños circulares de man, tégula, unha folla de espada e un sártego antropoide que foi reutilizado como bebedoiro do gando.  
O Castrillón (Pinza): Apareceron fragmentos de tégula e de cerámica galaico-romana e común romana. Próximo á explotación aurífera de As Borreas de Caldesiños.  
O Castrillón (Quintela de Hedroso): Castro romanizado.  
O Castelo (A Devesa do Portelo-Quintela do Pando): Asentamento situado sobre un pequeno outeiro nunha penichaira que separa as cuncas dos ríos Bibei e Conso. Utilizado como posible lugar de observación.  
O Castreliño (Solbeira): Asentamento situado a media ladeira da Serra do Testeiro. Obsérvanse algunhas pedras que foron traballadas para asento de muros e postes. Posible asentamento de observatorio e control.  
Fraga do Castrillón (O Castelo-Covelo): Castro romanizado.
 
 

VILAMARÍN
Ara de León: Actúa como soporte do altar da igrexa parroquial. Lese: "LARI PEM/ANEIECO/EXS VI(su) S(...) P(osuit".
Ara de San Pedro (San Pedro-Reádegos): Apareceu na ermida de San Pedro, situada entre os castros da Ría e Santa Ádega. Sostiña unha mesa lateral do altar. Aos Lari Pemaneieco. Cortada na parte superior. 
Miliario de Fontao (O Río): Atopábase en posición vertical, pero invertido sobre un muro. Traducido do latín, lese: "Dedicado ao noso señor Marco Numerio Numeriano, césar nobilísimo". No Museo Arqueolóxico de Ourense.   
Miliarios de Orbán: Un, anepígrafo, sostén a pedra do altar da igrexa; o segundo, tamén anepígrafo, apareceu no patio da casa reitoral. Ao parecer tiveron reliquias (loculus?).    
Castro de Santa Ádega (Reádegos): Romanizado. Aparecron terra sigillata e moedas. 
Igrexa de Santa Baia (Agromaior-León): Posíbeis piastras romanas sostendo o altar. 
Miliario de Río: Pegado ao muro que dá entrada á igrexa parroquial; moi alterado. 
Miliario a Numeriano (Tamallancos): Provén do lugar do Fontao. Atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense. Sinala Rodríguez Colmenero que nos atopamos diante dun dos escasos miliarios adicados a este emperador. Lese: "D(omino) N(ostro)/M(arco) NUMERIO/NUMERIANO/NOB(ilissimo)/CAES(ari)", "Dedicado ao noso señor Marco Numerio Numeriano, césar nobilísimo".
 

 

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS 
Ara a Porolo: "M AEMILI VS LEPIDI/NVS POR(o)/LO V S L M L O", ("Marco Emilio Lepidino cumpriu con ánimo compracido o seu voto aos deus Porolo"). Apareceu reaproveitada no balcón dunha casa de Vilamartín a principios do século XX. No ano 1912 foi levada para o Instituto de Ensinanzas Medias de Ourense polos membros da Comisión de Monumentos, doada polo médico Dr. Folla. No 1928, debido a un incendio no Instituto, a ara veuse afectada polo lume. Na actualidade atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense. 
Inscrición: POR[ ]LO? 
Explotacións mineiras: O Banzado ou Cavorco do Inferno (Córgomo), trátase dunha canle de condución de augas para a explotación aurífera das Barreiras que captaba augas do río Leira e transcorría faldeando a ladeira do cauce fluvial nun percorrido aproximado de sete quilómetros. As Barreiras (Córgomo), estamos ante a presenza dunha das grandes explotacións auríferas da zona de Valdeorras que presenta dous grandes frotnes de explotación, separados entre si por unha pequena franxa de terreo sen beneficiar que na actualidade ocupa a estrada local que da acceso á poboación de Córgomo. Val de Vacas (Arcos), explotación aurífera a ceo aberto situada a poucos metros da Cova dos Mouros. A Cova dos Mouros (Arcos), explotación subterránea, onde se extraían unha serie de veas ricas en mineral aurífero encaixadas na rocha de orixe pizarrosa empregando para elo a forza humana mediante a utilización de métodos tradicionais de mazos, cuñas e picos dos cales aínda se poden apreciar os restos das súas pegadas no interior da galería que presenta unhas dimensións de 39 metros de longo por catro de alto; durante moito tempo foi utilizada como cova para gardar o viño. O Pedregal (Portela), explotación aurífera situada na ladeira dun pequeno val que forma o regato do Romeo, tributario do Sil. Outras vestixios relacionados coa explotación mineira atopámolo na Pala (Vilamarín), Chao do Conde (Valdegodos), O Carril, O Covallón e a Cova (Portela), e As Fragas (Outeiro). 
Miliarios: Segundo información recollida por Rodríguez Colmenero de Estefanía Álvarez, e esta de Risco, nun lugar non determinado había dous miliarios que actuaban como soporte dunha parra. Mais nun posterior informe de Barros, dirixiuse ao Concello de Vilamartín de Valdeorras pedindo se puxeran en valor algúns miliarios ocultos en terreos labradíos de Trives, Larouco e Valdeorras. Nada máis se coñece sobre o seu paradoiro. 
Mosaico: Don Rafael Caamaño, a finais do século XIX, regalou varias tesérulas de mosaico á Comisión de Monumentos de Ourense. 
O Cemiterio ou Capela do San Lourenzo (Arcos): Posible poboado mineiro relacionado coas explotacións auríferas, tanto primarias como secundarias de Cova dos Mouros, As Barreiras e Val de Vacas. O xacemento localízase no entorno do cemiterio de Arcos e recibe tamén o nome de San Lourenzo por estar emprazado no lugar onde había unha capela posta  baixo a advocación deste santo. Ten as características dun castro, presentando un recinto circular ou croa defendido por dous foxos tallados na rocha de natureza pizarrosa. Apareceron anacos de cerámica común, terra sigillata, tegulas e anacos de muíños de man, pode que empregados para a moenda de mineral aurífero. O material ergolóxico mostras unha cronoloxía moi ampla que abranguería dende o século I d.C. (terra sigillata galica) ata o século III d.C. (terra  sigillata hispánica). 
Villae do Palomar (Outeiro): Xacemento emprazado na ladeira do monte ocupando unha superficie achairada a modo de esporón que se sitúa por riba da poboación de San Miguel de Outeiro, a unha altitude de 335 metros. É coñecido dende antigo, existindo un bo número de referencias bibliográficas. En superficie, como consecuencia dos traballos realizados para o cultivo de videiras, apareceron grandes cantidades de anacos de tegulas, ladrillos, cerámica tanto común como terra sigillata, moedas e algunha tessela de mosaico que evidencian a presenza  dun xácigo romano tipo villae, nas que unha das súas características é a presenza de restos musivarios. A aparición de terra sigillata e moedas baixoimperiais leva a formular unha cronoloxía que pode ir dende finais do século I d.C ata o IV d.c.    
Vila do Teselo (O Mazo): Xacemento emprazado na ladeira oriental do val que forma o río Leira, ocupando unha pequena plataforma. Debido aos labores agrícolas, apareceron en superficie anacos de tégulas e cerámica romana e o esquinal dun edificio construído con laxes de pizarra, cantos rodados e pedras calacarias trabadas con barro; trataríase dun edificio relacionado coa actividade agrícola.  
Valencia do Sil: Castro romanizado; atopáronse moedas de época romana, tégulas e restos cerámicos.
 

 
 

VILAR DE BARRIO
Campo Tinoso (Arnuide): Restos do trazado dun ramal secundario da Vía XVIII. Elevación artificial sobre a qeu discorre o vial para elevarse sobre a braña circundante. 
Ramal da Vía Nova practicamente arrasado polas repoboacións forestais.   
Folón de Penadiz (Arnuide): Castro onde apareceron tres sepúlcros de época romana. 
Inscrición: "]CO(n)S(uli) VI [---/---] P IX P F/[---] XII P(ontifici) M(aximo) [". 
Lápidas nas parroquias de Bóveda e Pedreda.   
Cerámica no monte Torres do Castelo (Padreda).   
Mercurio de Vilar de Barrio: Estatuíña en bronce que se atopa no Museo Arqueolóxico de Ourense.   
Os Ferreños (Padreda): Referencias bibliográficas e folclóricas falan dunha necrópole romana e medieval.
 

VILAR DE SANTOS
Ara de Laioso: Inscrición case ilexible. A tradución sería: "Quinto Vário Latriano fixo esta dedicatoria a Xúpiter Óptimo Máximo". 
Restos Vía XVIII.   
Miliarios (Bréixome de Abaixo-Parada de Outeiro). No ano 1976, durante as obras nunha granxa situada preto da igrexa de Parada de Outeiro, apareceron dous enterramentos de inhumación con caixa de tégula de finais do século III d.C.  
Miliario da Carreira do Marco: Adicado aos emperadores Decio e Carino, servía de machón de cancela nun prado do lugar coñecido como O Tamboril, preto da aldea de Casas da Veiga. Elixio Rivas considérao como anepígrafo, mentres Rodríguez Colmenero afirma que se trataba dun exemplar reutilizado con dedicatorias aos emperadores Decio e Carino nos seus extremos.  
Miliarios dos Cantos (Casas da Veiga): Atopáronse dous miliarios anepígrafos, un con dúas cruces gravadas. Un fragmento sobre unha canle coa inscrición ilexible. Rodríguez Colmenero cita un que permanecía tirado preto da Vía Nova, hoxe en día desaparecido.
Miliario de Fonte Carballa: Situado sobre un pedestal no cruzamento dunha pista da concentración parcelaria.  
Miliarios da Congostra de Fonte Carballa: Dous fragmentos dun miliario anepígrafo partido pola metade; na actualidade atópase nunha casa de Xinzo de Limia. Un estudado por Barros Silvelo, na actualidade nunha Farmacia de Xinzo; está fragmentado en catro anacos. Lese: "IMP(eratori) CASES(ari) DIVI TRAIANI/PARTHICI F(ilio) DIVI NERVAE/NEP(oti) TRAIANO HADRIANO/AUG(usto) PONTIF(ici) MAX(imo) TRIB(unicia) POT(estate)/XVII CO(n)S(uli) III P(atri) P(atriae)/A BRACARA M(ilia) P(assuum) LXVI", ("Dedicado ao césar emperador Traxano Hadriano, augusto, fillo do divino Traxano Pártico, neto do divino Nerva, pontífice máximo, co poder tribunicio por décimo sétima vez, cónsul pola cuarta, pai da patria. Milla 66 dende Braga"). Barros Silvelo cita un miliario adicado a Maximino e Máximo, hoxe en día desaparecido do que se conserva unha transcrición de Barros na Academia da Historia. Na Congosta de Fonte de Carballa, no cruzamento dunha pista consérvase un miliario anepígrado colocado sobre un pedestal. Elixio Rivas viu no ano 1971 dous fragmentos anepígrafos dun miliario formando parte dun muro.  
Miliario dos Padrosos: Estudado por Barros Silvelo, estaba adicado a Adridano; logo foi destruído para facer postes dun valado. 
Miliario anepígrafo nos xardíns do parque municipal de Vilar de Santos, coñecido como de Cachalgura.
Miliario a Galerio (Castelaus): Atopado cando se realizou a concentración parcelaria, formando parte dun muro divisorio no lugar coñecido como A Lama ou Quintela, entre Castelaus e Outeiro. Na actualidade atópase nunha rúa da aldea de Outeiro. Lese: "IMP(eratori) C(aesari) G(aio) VA/LERIO MA/XIMIANO/ P(io) F(elici) AUG(usto) INVIC/to", "Dedicado ao césar emperador Gaio Valerio Maximiano, pío, feliz, invicto, augusto". 
Villae de Parada de Outeiro: Atopáronse tixolas, tégulas e restos cerámicos. No ano 1950, a raíz da reforma da igrexa, apareceu un mosaico de teselas brancas, negras e vermellas asentada sobre morteiro cunha escea inspirada en temas mariños, datada no século IV d.C. Un fragmento atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense. Nas inmediacións da igrexa parroquial descubríronse máis de 50 vasillas.  
Necrópole de Barreiros (Parada de Outeiro): Sepulcro romano, destruido,  atopado ao construír unha casa; aparecerán tégula e ímbrices que conformaban a sepultura.  
A Barxa (Parada de Outeiro): Coñecido tamén como Cantos Dourados, apareceron restos de tégula.  
Ara da capela de San Xoán (Laioso-Parada de Outeiro): Situada xunto a porta de acceso á capela; de granito está adicada a Xúpiter. A inscrición está moi desgastada. 
Segundo información tirada do PXOM do concello, a totalidade dos miliarios atopados no termo municipal pertencen á Vía XVIII do Itinerario de Antonino. O seu achádego tivo lugar, na meirande parte dos casos, con motivo da concentración parcelaria. Moitos foron expoliados (vendidos en Portugal, din os veciños) e sepultados polas pas escavadoras, segundo lembra o cura párroco de Parada de Outeiro. Constatouse a desapración de dous en Fonte Carballo, a venda ilegal doutro, así como a destrución doutros catro atopados no lugar de O Marco. A mesma sorte correu o miliario de Adriano que atopou Barros Silvelo na congostra de Fonte Carballo; o exemplar foi atopado tronzado en tres anacos e que os traballos de Rivas Fernández permitiron determinar a súa filiación.
Outros xacementos: Necrópole de barreiros (Parada de Outeiro), Barxa (Parada de Outeiro), Parada (Parada de Outeiro), O Toural (Parada de Outeiro), O Barrio (O Barrio-Vilar de Santos), Finca Albariño (Vilar de Santos).
Museo da Limia.
 

 

VILARDEVÓS 
Castro de Cidadella (Tomonte): Castro romanizado situado nun pequeno outeiro rochoso. Apareceron restos cerámicos, fibelas de metal procedentes de monturas, un lagar de pedra,, escouras de fundición, columnas graníticias con basa e capiteis, tégulas e o lenzo dun muro defensivo labrado en cachotaría. 
Ermida de Nosa Señora de Portas Abertas: Conserva unha inscrición funeraria sobre lousa de forma irregular datada no século II d.C. e un fragmento de columna formada por un toro cilíndrico e un tambor da mesma forma; a peza foi policromada e reutilizada como apoio dunha pía de auga bendita. Atopada preto dunhas antigas minas. O epitafio di: [---] NG/[---]A/[---] A AC(c)/ONI F(ili) AN/NORU/M LX/H(ic) S(t-) E(st) S(it)/T(ibi) T(erra) L(evis)".  
Castro de Florderrei Vello: Situado sobre un outeiro dominante, atopáronse estruturas habitacionais, fornos, lareiras, canles e fontes de uso colectivo, restos cerámicos e moedas de época romana. Sobre o castro, logo cristianizado cunha ermida ermida posta baixo o padroado de Nosa Señora das Portas Abertas, celebrábanse ritos paganos.     
A Trabe (Berrande): Xacemento situado a 850 metros de altitude sobre o nivel do mar. Moi alterado, sitúase no mesmo pobo. Apareceron muíños de man e fragmentos cerámicos.     
As Airas (A Devesa-Osoño): Localizado no ano 2004. Tégulas, un tambor de columna, muíños de man e fragmentos cerámicos.     
Os Casarós (Osoño): O xacemento, de chaira, atópase na pista que vai de Vilar de Cervos á Veiga das Meás. Dise que o antigo pobo sufriu unha invasión de formigas que só deixou con vida a dúas mulleres; unha foise para a Veiga das Meás, a outra para Vilar de Cervos. 
O Outeiro (Vilar de Cervos): Os veciños aseguran que esta explotación de estaño xa fora utilizada polos romanos. O outeiro onde asenta recibe o nome da Garita, posible alusión a un elemento arquitectónico de observación e vixiancia militar, posiblemente dos séculos XVII e XVIII cando as guerras con Portugal.     
Lápida funeraria (As Lagas-Terroso): No Museo Arqueolóxico de Ourense. Traducida, lese: "Consagrada aos deuses Manes. Rufino, fillo de Rugo, de 40 anos de idade, está enterrado aquí. Que a terra lle sexa leve". 
Cidade de Terroso (Terroso): Preto da fronteira con Portugal. Atopáronse restos de tegula e ladrillo. O asentamento foi destruído no ano 1641, durante as guerras con Portugal. 
Val do Saidoiro (Terroso): Foron atopadas varias estelas funerarias, perdidas, e unha pedra cadrada coa inscrición "ORUM TURETIS LXXV", hoxe en día desaparecida, que estaba decorada cun círculo dividido en catro cadrantres e dous pequenos círculos no seu interior.
Rebordechao (Terroso): Apareceron fragmentos de tégula e ladrillo. Posible asentamento de chaira de época romana habitado ata a Idade Media.     
As Regadas (Santa María de Traseirexa): Apareceron fragmentos de cerámica, restos de paramentos e unha canle de desaugue. Taboada Chivite situaba no lugar un castro. Cóntase que aquí houbo un pobo. Os veciños falan de achados cerámicos e da existencia dunha casa circular desparecida. 
Necrópole (Santa María de Trasigrexa): Sepultura de forma trapezoidal cos laterais formados por laxas de pizarra.  
Bucranios de Tomonte (Tomonte-Soutochao): En Tomonte saíron á luz dous bucranios, hoxe en día empotrados na parede dunha fonte pública. Non moi lonxe está o castro romanizado de Cidadella. Na arte, un bucranio, do grego bukranion, é un ornamento que reproduce o cránio dun boi, xeralmente ornado de grilandas e cintas, propio da arte grega, romana e renacentista, quizais en alusión ás vítimas que en sacrificio eran ofrecidas a un santuario. O termo galego é bucranio (incluso boicranio), e non bucráneo, en castelán, como se adoita escribir. A palabra, como xa sinalei, vén do grego bukranion, unha palabra composta polo sufixo bu (boi/touro) e kranion (cabeza, cránio). 
Explotación mineira de Outeiro (Vilar de Cervos): Antigas minas de estaño.  
Ara da Capela de San Roque (Formigueiro-Vilardevós): Ara a Reva Reumiraego, adicada por Fronto. Fai de pedra do altar. As letras pintáronse en cor negra e os laterais aparecen cubertos de cemento. Lese: "REVVE/REVMIRA(e)/GO FRONTO/VAUCANI F(ilius) V(otum) L(ibens) M(erito)". 
Miliario (Vilardevós): No mes de setembro de 2015 foi atopado un miliario que estaba reaproveitado encastrado entre un galiñeiro e unha corte. Rodríguez Colmenero dátao entre finais do século IV e principios do V; tamén descubriu unha epígrafe que se atopa oculta. 
San Vicente (Traseirexe): Xacemento moi alterado no que saíron á luz unha sepultura romana, restos de tégula e ósos. 
Sepulcro (Santa María de Traseirexa): Posto en coñecemento de Taboada Chivite polo médico Antonio González Pereira. Dado a coñecer no ano 1945. Tiña forma trapezoidal feita con laxes; para apoiar a cabeza do cadáver había unha pequena lousa vertical. Ao parecer había outras dúas que despareceron. 
 

 

 

 

 

VILARIÑO DE CONSO
Campamento do Castelo de Cerveira (Pradoalbar).  
Calzada en Edrada: A construción da nova estrada arrasou importantes tramos da vía.
 

XINZO DE LIMIA
Xunto con Nocelo da Pena, Xinzo é o outro candidato a capitalidade da Civitas Limicorum ou Forum Limicorum, unha das civitates máis importantes do convento bracarense. No ano 1832, Ceán Bermúdez xa fala de varios achados en Xinzo: ladrillos, sepulturas, lápidas, pedras labradas ou moedas. A primeira escavación débese a Ferro Couselo (1972), na finca da Corteliña onde apareceron as famosas estatuas sedentes.
Barrio de Abaixo: Sigillata, cerámica común e fragmentos de tégula.  
Rúa Romero Nieto: Muros e cerámica dunha domus, con dúas fases de ocupación entre os séculos I-III d.C.
Rúa San Roque: No mes de abril de 2015 deuse a coñecer a aparición dos restos dun muro e cerámica o que semella unha canle; atopáronse durante as obras para a instación do gas cidade. 
Castro de Damil: Romanizado, atopáronse restos cerámicos, tégulas e ladrillos.  
Ganade: Nunha casa, ao lado das escaleiras, había dúas aras votivas, unha ara funeraria e un miliario fragmentado, na actualidaded en paradoiro descoñecido.   
Xacemento dos Freixos (Damil): Tégulas, ladrillos e cerámica común.  
Xacemento de Faramontaos: No lugar coñecido como As Cortiñas saíron á luz tégulas, ladrillos, cerámica común e un muíño circular.  
Xacemento dos Charcos (A Gorgoloza-Ganade): Muíños de man, que desapareceron.
Xacemento da Cheda (San Vitoiro-Ganade): Muíños circulares e restos cerámicos.
Xacementos das Anduriñas, dos Pardieiros, da Pena Escrita e da Pedreira (Gudín): Atopáronse muíños de man, ladrillos, tégulas, sigillata, ímbrices e cerámica común; segundo Rodríguez Colmenero, o topónimo Pena Escrita pode facer referencia a un miliario.
Aras en Mosteiro de Ribeira: Ara a Reva Laraucus, adicada por Vallio Aper. Frei Martiño Sarmiento fala dunhas lápidas romanas adicadas a individuos da tribo Quirina cando visitou o desaparecido mosteiro de Santa María do que aínda non se sabe a súa situación exacta. Formando parte dos muros dun palleiro, Hübner primeiro e Fidel Fita (1911) documentan unha inscrición, da que se ignora a procedencia, onde se le: "Peregrinu(s) Apri fe(cit) Reve esis v(o)to", "Peregrino fillo de Apro fixo á (deusa) Reva (este) exvoto".  
Necrópole de Rivela (San Pedro de Laroá).  
Ara a Cibeles: No Museo Arqueolóxico de Ourense. Descuberta no ano 2000 na rúa Dous de Maio por Arturo Villarino Fariñas ao realizar traballos agrícolas no predio coñecido como Os Barreiros. Estaba a ser utilizada como bebedoiro das galiñas. Feita en granito de boa calidade, lese: "MATRI/DEUM/UNIA/AVITA/EX VOTO". Datada no século II-III d.C. 
Ara a Demorana: Na esquina dunha rúa próxima á igrexa de Xinzo de Limia. A lectura do teónimo non é moi segura por estar o campo epigráfico moi erosionado.
Ara a Xúpiter (Ganade): Situada na parte baixa do muro da Casa da Cabaneira. Dada a coñecer por Vázquez Núñez no 1906. Lese: "IOVI OPTIMOO/MAXIMO/L(ucius) FA[BI]VS...N/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". 
Aras na casa de Ramón Cid (Ganade): Tres aras permaneceron moitos na dianteira da casa na parte alta do pobo no barrio de Outeiro. Desapareceron, descoñecéndose o paradoiro actual".
Ara a Xúpiter: Situada xunto un muro igrexa de San Pedro de Laroá, trasladada ao lugar, posiblemente, dende a necrópole da Rivela. O epígrafe atópase moi desgastado.
Epitafio de Blendea (Mosteiro de Ribeira).
Inscrición (Lamas): Na parede da casa dunha vivenda da Manga de Abaixo. Citada polo P. Sarmiento que a viu no priorado do Mosteiro de Ribeira, hoxe casa reitoral. Logo foi trasladada ao lugar de Manga de Abaixo polo crego José Salgado que a empregou na parte exterior da casa, en posición volteada. Lese: "M(arco) IUNIO QUIR(ina)/ROBUSTO IUNIUS/MONTANVS PATRI ET/RUTILIA PERVRDEA/MARITO H(eredes) F(aciendum) C(uraverunt)". Datada no século II-III d.C.
Dedicatoria: (Mosteiro de Ribeira): "CROUGIN/TOUDA/DIGOE/RUFONIA/SEVER(i)". Desaparecida. Foi vista polo P. Sarmiento no ano 1755 nunha esquina da portada da igrexa. Debeu desaparecer cando as obras de reedificación no ano 1770. De todos os xeitos Fita pensaba que estaba formando parte dun muro, coas letras agochadas, na veciña aldea de Lamas. Segundo Blázquez, o teónimo pódese relacionar co irlandés Cruach (montón, outeiro), e co galés Crug (túmulo), mentres que o epíteto Toudadigoe estaria vencellado a Toutanico e, polo tanto, co epíteto de Mars Toutatis.
Epitafio de Medamus: "MEDAMUS ARCISI F(ilius)/HIC SITUS/EST/CASTEL(l)LU MEIDUNIO/MONUM/ENTUM/FECERUNT/ANCONDEI AMICO CARO".
Necrópole tardorromana da Rivela (San Pedro de Laroá).: Localizada ao realizar a cimentación para a construcións dun alpendre; moi afectada pola actividade agrícola.
Seoane de Oleiros: Nunha casa apareceu o fragmento dun miliario moi alterado (na actualidade no Centro de Interpretación Aquis Querquernis de Bande, e unha inscrición funeraria empotrada nun dos muros. No interior da igrexa, ara votiva en mal estado de conservación e coas letras practicamente borradas que serve de soporte á pía de auga bendita. Nun muro da igrexa hai unha inscrición incrustada. 
Xacemento das Donas (Damil): Restos cerámicos, muíños e pedras labradas. Xacemento de Gundís (San Pedro de Laroá): Tégula, ímbrices e cerámica común; segundo os veciños aquí estivo ubicado o antigo cemiterio; tamén falaron da aparición dunha antiga calzada no lugar coñecido como "Camiño dos Malatos".  
Xacemento de Paredes (San Pedro de Laroá): Apareceu cerámica común; segundo a tradición, na estrada que une Xinzo con Paredes atopábase o pobo de Xixirei.
Ara na igrexa de San Xoán de Oleiros (Seoane).   
Miliario de Pidre (Solbeira de Limia): Reutilizado como poste no patio dunha casa arruinada en Pidre. Conta Rodríguez Colmenero que cando volveu polo lugar a casa fora refeita e o miliario vendido, sen saber a quen. 
Miliario a Máximo e Maximino: Exhumado a pouca distancia de Xinzo. Segundo Pedro González de Ulloa, a mediados do século XVIII, foi trasladado para actuar como poste dun corredor na praza da poboación, onde aínda o viu Fr. Pedro Cid e Barros. Desapareceu cando a casa foi destruída.
Miliario a Galerio: Exhumado nunha horta preto de Xinzo no ano 197, xunto con dúas estatuas sedentes da época e outros restos. No Museo Arqueolóxico de Ourense, lese: "GALERIO VALER/IO MAXIMI/ANO/AUG(usto) P(io) F(elici)", "Dedicado a Galerio Valerio Maximiano, augusto, pío, feliz".
Miliario (Seoane de Oleiros).    
Ara adicada a Crougintodadigo.
Ara a Reve Abadaego: REVE A/BADAEGO A[r]/UNTIUS" De finais do século II. Moi erosionada. No Museo Arqueolóxico de Ourense. 
Nunha visita que frei Martiño Sarmiento fixo ao desaparecido mosteiro de Ribeira atopou unhas lápidas de época romana adicadas a individuos da tribo Quirina, que habitarían no castro de Ribeira. 
Xacemento das Cortiñas (Seoane de Oleiros): Situado debaixo do castro do Outeiro da Cruz, apareceron tégulas, ímbrices e cerámica común.  
Xacemento da Touza/A Viña (Baronzáas-Xinzo de Limia): Apareceu o fragmento dun fuste, o enlousado dunha calzada, muíños, tégula, cerámica común e un pozo romano. Alterado polas casas e os labores agrícolas.    
Estela bifronte: Aparecida no século XVIII nunha das paredes da desaparecida ermida do Monte do Viso, en Nocelo da Pena. No ano 1835 foi trasladada ao adro da igrexa de Nocelo da Pena para servir de base dun cruceiro ata que foi redescuberta por Barros Silvelo quen a trasladou ao Museo Provincial. Ata principios dos anos setenta considerouse como unha lápida conmemorativa dun pacto entre tres cidades. Mais, posteriores investigacións certifican que se trata dunha estela funeraria bifronte que, nunha das caras, presenta as imaxes en busto de tres persoas. Na outra cara presenta unha escea ritual de libación, onde dous familiares dos finados verquen ao mesmo tempo o contido de dous vasos sobre un recipiente que hai aos seus pés.  
Moedas: En Ganade atopáronse un as de Vespasiano e un denario de Adriano; en Ponte Liñares varias moedas. 
Outros xacementos: Corno do Monte (Damil), O Padrón (Ganade), Os Regueiros (Mosteiro de Ribeira), Sixirei (Paredes-San Pedro de Laroá), Gundís (San Pedro), Lodeiro (Cima de Riveira), Pedra Escrita (Gudín), A Pedreira (Gudín), Detrás da Igrexa (Seoane de Oleiros). 
Centro sobre a Romanización (Xinzo de Limia).

  


 

 

 

XUNQUEIRA DE AMBÍA
Aras (Xunqueira de Ambía): Unha foi atopada no lugar de San Martiño e a outra atópase na capela do Santo Antón e Santa Rita, citada nun documento de principios do século XI, en A Siota, é moldurada e foi reutilizada e mutilada, ademais de repicar a inscrición. Adicada a Xúpiter, pódese ler: "IOM/VALER(us) F(lavius)/F(lavinus) USLM". 
Epígrafe: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)".
Miliario de Adriano: Atopado no século XIX por Fr. Pedro Cid entre Bobadela e Busteliño, á beira da Vía Nova. 
Miliarios de Busteliño (Sobradelo): Descuberto no ano 1975 nunha corte; continúa no mesmo lugar, servindo de marco dunha porta e colocado de forma invertida; lese: "IMP(eratori) CAES(ari)/FLAVIO VALERIO/CONSTANTIO", ("Dedicado ao césar emperador Flavio Valerio Constantio"). Alvarado di que a cinco centos metros da Leira dos Padrós apareceu un miliario anepígrafo fracturado en dous anacos; tal vez fose o mesmo que Barros Silvelo sinala cmo existente xunto o de Adriano.  
Miliarios da Leira dos Padrós (Busteliño-Sobradelo): Un, adicado a Adriano, foi trasladado no ano 1934 para o Museo Arqueolóxico de Ourense; outro, adicado a Probo, foi atopado no ano 1975, fragmentado en dúas metades e pintado de forma lamentable co obxecto de resaltar o epígrase. Pódese ler: "IMP(eratori) CAES(ari) M(arco)/AUR(elio) PRO/BO AUG(usto)". Na actualidade está colocado debaixo dunha escaleira na Casa do Concello.  
Miliario de Constante (Casasoá): A lenda atópase en mal estado. Actuaba como machón á entrada dunha tapada. Atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense. Di: "O noso señor Constante, nobilísimo e indulxentísimo césar".  
Miliario de Casasoá (A Abeleda): José Antonio Gavilanes envioume a foto deste miliario, atopado hai anos por un veciño na leira dos Pezoucos, quen o chantou no xardín da súa casa; Lese: "IMP(erator) CAES(ar) C(aius) IULIUS VERUS/MAXIMINUS P(iu)S FELIX AUG(ustus)/GERMANICUS MAX(imus) DACICUS/MAX(imus) SARMATICUS MAX(iumus)/PONTIFEX MAX(imus) TRIBUNICIAE/POTESTATIS V IMP(erator) VII P(ater) P(atriae) CONS(ul) PRO/CONS(ul) ET C(aius) IULIUS VERUS MAXIMUS/NOBILISSIMUS CAES(ar) GERMANICUS/MAX(imus) DACICUS MAX(imus) SARMATICOS/MAX(imus) PRINCEPS INVENTUTIS FILIUS D(omini) N(ostri)/IMP(eratoris) CAES(aris) G(ai) IULI VERI MAXIMINI PII/FELICIS AUG(usti) VIAS ET PONTES VETUS/TATE CONLAPSOS RES(titu) I CURARUNT/CURANTE Q(uinto) DECCIO LEG(ato) AUGG(ustorum) PR(o)/PR(actore) C(larissimo) V(iro) A BRAC(ara) AUG(usta) M(ilia)/P(assuum)", ("Ao emperador césar augusto Gaio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático, máximo, pontífice máximo, coa quinta tribunicia potestade, emperador pola sétima vez, pai da patria, cónsul, procónsul, e Caio xulio Vero Máximo, nobilísimo césar, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático, máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o césar emperador Caio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, augusto, procuraron refacer as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón, na milla 73 dende Braga").  Tamén me comunicou a aparición doutro miliario na mesma zona que correu peor sorte, a persoa que o atopou decidiu fendelo para facer postes. No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvase un miliario adicado ao emperador Constante (337-350).  
Castro de Cerdeira: Romanizado; apareceu unha moeda da época do emperador Marco Aurelio. 
Vía (O Lombo-Prado do Zapato-Casasoá): Tramo de vía construída en ager. Consérvanse uns quince metros.  
Xacemento de Bouzafría (Sobradelo): Tégulas, muíños e pesos de tear.  
Xacemento das Chaveliñas (Salgueiros-Armariz): Tégulas e lenzo de muro cortado. Dise que aquí estaba situado o primitivo pobo de A Moradica e que apareceron ladrillos, muíños e outras pezas. 
A Academia da Historia interesárase polos vestixios da vía romana que pasaba por Xunqueira de Ambía, polo que demandou á Comisión de Monumentos de Ourense para que continuara cos traballos iniciados polo recén falecido Cid de la Concepción, e que averiguara o lugar exacto onde fora atopado o miliario de Bobadela-Pinta de Sobrado. Durante o ano 1858, o abade de Xunqueira de Ambía intercambiara varias cartas coa Academia informándoa do achado de dous miliarios.


  

 

XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
Explotación aurífera da Cidade do Rollo (Xunqueira de Espadanedo). Mámoas e vías romanas aparecen como delimitatorias de propiedades eclesiásticas na documentación do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo: "inde ad mamuam da Meda...". Aprécianse moreas de pedras e sistemas de foxos e canais. J. Antonio Gavilanes cre que puido existir un poboado asociado á actividade mineira polo que se debera investigar máis a fondo.7



Xabier Moure
Romanización de Galiza/Galicia (Provincia de Ourense)
o noso patrimonio