MÁMOAS DE GALICIA (PROVINCIA DE OURENSE)

A pesares dos avances das últimas décadas, sobre o fenómeno Megalítico (longo período onde perviviron diversas culturas) aínda contamos cunha imaxe incompleta xa que case a totalidade dos túmulos conservados foron violados ou alterados dende antigo, como é a súa reutilización dende época romana como posto de vixiancia (Medorra de Fanegas, Vilasantar) ou, no 1609, pola real cédula outorgada a Vázquez de Orxas para escavar, a cambio dunha parte, as mámoas na procura de supostos tesouros. Logo a desfeita continuou, e continúa.

Cómpre salientar que da etapa megalítica o que mellor se coñece é o referente ao mundo funerario e espiritual, mais pouco sobre o seu hábitat (que non estaría lonxe dos túmulos) o que impide coñecer os seus costumes. Semella que os megaliteiros concedían máis importancia á morte, ao Máis Alá, que á vida. Do que non cabe dúbida é que a construción destes enterramentos vai a significar a primeira humanización da paixaxe de Galiza, asistindo a unhas transformacións non vistas ata entón co desenvolvemento da agricultura e a gandería, a sedentarización, o aumento da poboación e a especialización, adaptando o Medio ao Home (no Paleolítico era o home o que se adaptaba ao seu entorno).

A profusión destes enterramentos ao longo do territorio fixo que reciban distintos nomes. Nós temos documentados preto de douscentos.

Na recompilación, ademais dos enterramentos, inclúense os posibles asentamentos neolíticos e materiais adscritos a este período. Aínda que polo de agora non se documentaron poboados, si hai constancia de asentamentos carentes de estruturas construtivas, situados ao aire libre, en abrigos ou covas.
 
Durante o Mesolítico, a chegada dun clima quente permite o asentamento da poboación preto do mar para aproveitar os seus recursos. As ferramentas volven ser pesadas, semellantes ás do Paleolítico Inicial.

Aclaración: Tamén inclúo as cistas adscritas cronoloxicamente á Idade do Bronce.



MÁMOAS E ANTAS DA PROVINCIA DE OURENSE

ALLARIZ
Agrela (Allariz); Amiadoso, Cortiña de Pereira (San Martiño de Pazó); Monte Penamá (Torneiros).
Mámoa de Allariz: Citada por Barros Sibelo no ano 1870. Non achega máis datos. Na parroquia de Santiago de Allariz, no límite con San Martiño de Pazó, a uns 700 metros de altitude, figura catalogada a mámoa de Agrela, de 20 metros de diámetro.
Mámoas da Cortiña de Pereira: Dúas mámoas moi próximas, separadas unha da outra uns 10 metros. A maior ten unhas medidas de 20 metros de diámetro, a segunda uns 11 metros. Unha terceira, separada das anteriores uns 330 metros, ten 17 metros de diámetro. Obsérvase cráter de violación en todas.
Monte Penamá: Necrópole con dous túmulos, un no límite coa parroquia de Parada de Outeiro, en Vilar de Santos. Nunha mámoa apareceu un puñal metálico da Idade do Bronce que foi localizado por Conde Valvís e publicado por Florentino Cuevillas. No Museo Arqueolóxico de Ourense.



AMOEIRO
Venda Nova (Bacurín-Bóveda de Amoeiro); Montes de Rodeiro (Albeiros-Trasalba); As Chairas (Trasalba).
Mámoas das Chairas: Necrópole composta por dous túmulos. No límite coa parroquia de Palmés, concello de Ourense.
 

A ARNOIA 
Mámoa do Alto de Sande: A 606 metros de altitude, entre as parroquias de A Arnoi e Sande Cartelle. Ten unhas medidas duns 20 metros de diámetro. Afectada por un cortalumes. Sen catalogar, localiceira o día 21 de novembro de 2023.
Mámoas da Chaira (A Arnoia): Necrópole con nove enterramentos, seis na parroquia de Calvelo (Cartelle). A 665 metros de altitude. 
Mámoas do Reigoso (A Arnoia): A 580 metros de altitude. Necrópole con tres enterramentos, dous practicamente destruídos. O terceiro ten uns 15 metros de diámetro e cráter de violación. Outras dúas mámoas atópanse na parroquia de Santa María de Castrelo, en Castrelo de Miño.


AVIÓN
Brea, A Cruz e Valdoviño (Mangoeiro-Abelenda); Coto dos Mouros e Outeiro dos Mouros (Rodeiro-Abelenda); Alto do Barrazal (Abelenda); Moradiña (Amiudal); Torre de Mourelle (Pascais-Amiudal); Coto Queimado e Toxal da Puza (Cernadas-Avión); Espurriñeiro, A Aradelas, Lomba e Rubillón (Baíste); Campo de Ramil, Chao da VeigaOuteiro dos Curros e Outeiro dos Curros (A Hedreira-Couso); Alto do Barazal, O Canguiño ou Bebedoiro e A Motiña dos Mouros (Camposancos-Nieva); Coto dos Mouros (Porreira-Nieva). Outras mámoas: Serra do Suído. 
Mámoas do Alto do Barrazal: A 913 metros de altitude. No límite coa parroquia da Graña, no concello do Covelo. Necrópole con dous túmulos, un na parroquia de Abelenda.
Mámoa de Aradelas: Non figura nos visores da Xunta de Galicia. Localiceina o 22 de novembro de 2023. Case no límite coa parroquia de Couso, ten unhas medidas de 22 metros de diámetro. Cráter de violación.
Mámoas da Brea, A Cruz e Valdoviño: Na Serra do Suído, nas inmediacións do Chozo de Campolargo. 
Mámoa de Canguiño ou Bebedoiro: Da mámoa sobresaen tres esteos. Segundo información achegada por Ana de Portomariño, diferentes organizacións presentaron alegacións á concesión de dereitos de explotación mineira "Carlota e Macarena", na Serra do Suído, que non conta con estudo de impacto ambiental. 
Mámoas do Chao da Veiga: Necrópole con tres túmulos.
Mámoas do Espurriñeiro: Necrópole con dous túmulos. 
Mámoa da Motiñas dos Mouros: A 915 metros de altitude. De 20 metros de diámetro. Cráter de violación. 
Mámoas do Outeiro dos Curros: Necrópole con tres mámoas, unha cortada por un camiño. 
Mámoas do Toxal da Puza: Necrópole con tres mámoas, dúas con restos de cámara.
Machado (Serra do Suído): Machado de sílex puído de 10 cm de lonxitude. No Museo Arqueolóxico de Ourense.

 
 



BALTAR
O Cairo (O Bouzo-Garabelos de Bouzo); A Fonte da Santa, O Marquiño (Tosende); A Veiga (A Quinta-Tosende); A Borbolleira (Vilamaior da Boullosa-Vilamaior); Medexorxe (Vilamaior da Boullosa). 
Mámoa da Borbolleira: Inédita. Loaliceina no mes de novembro de 2023. Cráter de violación.
Mámoas do Cairo: A 780 metros de altitude. Necrópole formada por tres enterramentos, un gravemente afectado polos labores agrícolas. 
Mámoa da Fonte Santa: A pesar da súa pouca altura (1,55 m) trátase dunha mámoa de grandes dimensións cun diámetro maior de 42 metros. 
Mámoas dos Marquiño: A 980 metros de altitude. Necrópole con oito túmulos, catro no concello de Baltar e outros catro no dos Blancos.  
Mámoa da Veiga: Túmulo situado a 865 metros de altitude, no límite coa parroquia de Vilamaior.
   


BANDE
A Cañota (Buxán-Bande); Penamá, Terras Brancas (Bande); A Fonte Santa e O Vieiro (Vieiro-Bande); Coruxo (Cima da Vila-Cadós); A Formiga (Cadós); A Moa e Outeiro de Augas (Aldea de Arriba-Calvos); Mota das Catro Cruces, A Mota (Calvos); Monte de Calvos (Rivas-Calvos); Penamá, Regañadeira (Carpazás); As Laxas (Trarigo-Carpazás); Mota do Penedo Grande (necrópole entre Carpazás, Congostro en Rairiz de Veiga, e Sanguñedo en Verea); A Mota (Corvelle); Penedos da Chan, Os Pedrouzos e Fonte da Ra (Pereira-Corvelle); Monte da Fraga (Güín); Alto da Mazorra (Nigueiroá); Veiga de Santa Comba (Santa Comba); Monte Grande (Vilar).
Mámoas da Mota: Dous túmulos, un de máis de 40 metros de diámetro. Segundo me achegou Pablo Corujo na súa visita á pedrafita das Catro Cruces que foi derrubada no mes de agosto de 2014, observou danos nunha das dúas mámoas da necrópole; cortaron os piñeiros que había, arrastrándoos sobre o túmulo o que lle provocou varios sucos, eliminando tamén a capa vexetal que o cubría; agora semella un montón de xabre e po.
Mámoas da Mota das Catro Cruces: Necrópole con catro enterramentos, situados a 1.050 metros de altitude entre Bande e Verea.  
Mámoas de Coruxo: Necrópole con dúas mámoas situadas a 925 metros de altitude.  Mámoas da Fonte da Ra: Necrópole con dous enterramentos. Practicamente destruídas por maquinaria pesada. No límite co concello de Lobeira.   
Mámoas da Fonte Santa: Necrópole con seis mámoas. O túmulo número un ten unhas medidas aproximadas de 12 por 15 metros; restos de coiraza pétrea; foi cortado por unha pista forestal, ao igual que o túmulo número dous. 
Mámoas das Lamas: Necrópole con dúas mámoas. Do cráter de violación dunha das mámoas sobresaen dous chantos da cámara.  
Mámoas das Laxas: Necrópole con dous túmulos. 
Mámoas do Monte de Calvos: Necrópole con dous túmulos.  
Mámoas da Moa: Necrópole con dúas mámoas.  
Mámoas do Monte Grande: As mámoas do Monte Grande comezaron a ver a luz coa retirada dos piñeiros. No outono de 2019 os comuneiros promoveron un proxecto de creación dun parque arqueolóxico para crear unha ruta polos once enterramentos do bosque. Para retirar as árbores sen danar os túmuos utilizaron técnicas de tracción animal en vez de maquinaria pesada. Para elo recibiron unha subvención de 29.000 euros do Agader. A utilización experimental da tracción animal na arqueoloxía en Galicvia é novidoso; Manuel Salgado, presidente da comunidade de montes viu traballos semellantes en Francia. O arqueólogo de Bande, Davide Pérez, sinalou que o bosque autóctono queda mergullado, así, co patrimonio histórico-arqueolóxico. En noticia aparecida no xonal La Región do 28 de marzo de 2023, David Pérez localizou no Monte Arieiro, que forma parte do Monte Grande, unha nova mámoa e un grupo de petroglifos.
Mámoas da Mota do Penedo Grande: Cinco túmulos, entre as parroquias de Carpazás (Bande), Congostro (Rairiz de Veiga) e Sanguñedo (Verea).
Mámoas do Outeiro de Augas: Necrópole, situada a 1.050 metros de altura sobre o nivel do mar, composta por once túmulos, preto da estrada que vai de Bande a Grou. Todas as mámoas son de pequenas dimensións, agás dúas que son de tamaño medio. A mámoa número 4 ten uns 15 metros de diámetro; do cráter de violación sobresae unha cámara poligonal con sete ortostatos; carece de tampa. Do cono de violación da mámoa número 6 saen tres ortostatos, un deles tumbado. 
Mámoas dos Pedrouzos: Necrópole con dúas mámoas. Do cono de violación dun dos túmulos sobresaen dous chantos da cámara.    
Mámoas de Penamá: A 1.030 metros de altitude. Necrópole con cinco túmulos. A construción dunha pista cortou unha mámoa pola metade. Límite con Verea. 
Mámoas dos Penedos do Chan: Necrópole con dous enterramentos.
Mámoas de Regañadeira: Necrópole con dous túmulos.    
Mámoas das Terras Brancas: Necrópole con tres enterramentos. Un dos túmulos foi cortado por unha pista forestal.

 

 



BAÑOS DE MOLGAS
Monte CobreiroA Seara (Betán); Burato do Haber (Calvelo-Lama Má); A Medorra, Raposeiras de Abaixo e Vilariño (Lama Má); Marzás (Ponte Ambía); Pedra da Arca (Vide).
Mámoas do Burato do Haber: Dúas mámoas, unha ten 22 metros de diámetro e 2,50 de alto,outra 18 metros de diámetro.  Non se aprecia cámara megalítica no cráter de violación.
Mámoas do Monte Cubreiro: Necrópole formada por dez túmulos. 
Pedra da Arca: Citada por Florentino Cuevillas no ano 1927; Elixio Rivas di que foi achandada polos labores agrícolas. 
Mámoas da Seara: Necrópole con dez túmulos en distinto estado de conservación.
 

 


BARBADÁS 
Mámoa do Alto das Lameiras (Godexás-Piñor): A 500 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 14 por 12 metros. Cráter de violación. Afectada por unha pista.
Xacemento de As Pipileiras (Piñor): Apareceron 152 fragmentos cerámicos e 4 pezas líticas traballadas sobre cuarcita, datadas no Neolítico Final.

O BARCO DE VALDEORRAS 
As Arcas (Santigoso): No monte de Rebodoschaos. Só se conserva o topónimo.

BEARIZ
O Toxal (Beariz); Portela de Alvite, Costa de Alvite (Alvite-Beariz); O Pión (A Bouza-Beariz); A Laxa Castaña (Doade-Beariz); Garfián (Gardián-Beariz); Mamuíña das Antas (As Antas-Lebozán); A Bola e As Ventelas (As Ventelas-Lebozán); A Chancela, Couto das Santas, Os Liñares, Pena, Porto Ribeiro (Lebozán); Casteliño (Alén-Xirazga); Cima do Carballo, A Laxa Branca, Laxa Castaña, Outeiro da Cabeza, Portela da Cruz (Xirazga); Ermida de Santo Domingo (A Abeleira-Xirazga). Outras mámoas: Carrasqueira, Lombao, O Marco.
Mámoas da Bola: Composta por dous túmulos.
Mámoas do Casteliño: No Monte do Casteliño, necrópole con un túmulo. 
Mámoas da Chancela: Necrópole con dous túmulos. Nas inmediacións hai un petroglifo.
Mámoas da Cima do Carballo: Tres medorras situadas no límite coa parroquia de Barcia do Seixo, no concello da Lama.
Mámoas da Costa de Alvite: Necrópole con tres túmulos. Moi achandadas.
Mámoas da Ermida de Santo Domingo: Nas inmediación da ermida, necrópole con dous túmulos.   
Mámoas de Garfián: No Monte das Mámoas. Necrópole formada por cinco túmulos cunhas medidas que oscilan entre os 32 e 16 metros de diámetro.
Mámoa dos Liñares: Duns 25 metros de diámetro e dous de altura. 
Mámoas do Monte das Antas: No ano 2008 unha das mámoas foi arrasada cando a apertura dunha pista e un cortalumes. Case no límite coa parroquia de O Regueiro (Boborás).
Mámoa do Outeiro da Cabeza: Lindeira coa parroquia da Barcia do Seixo (A Lama).
Mámoas de Xirazga: Polo xeral atópanse en mal estado de conservación. Todas foron violadas e espoliadas. Nunha atopouse un machado de pedra puída, custodiado no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Mamuíña das Antas: Actuaba como marco divisorio dos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo.  
No ano 1996, Jorge Lamas Bértolo e Manuel García Valdeiras realizaron un traballo de catalogación arqueolóxica subvencionado polo Concello de Beariz onde estudaron 17 mámoas.
 



OS BLANCOS
Mámoas do Marquiño (Covas): A 980 metros de altitude. Necrópole formada por oito enterramentos, catro pertencentes ao concello de Baltar e catro ao dos Blancos. Seis medorras están perfectamente alineadas.

BOBORÁS
Monte do Coto (O Igrexario-Albarellos); A Ponte Nova (Astureses); Mámoa do Ouro (Boborás); Penas Esvarosas (Brués); Couto de Molín (Santa Isabel-Brués); Figueiroa (Figueiroa-Cameixa); Soutolongo (Salceda-Cameixa); A Copela, Pena Aguda (Feás); O Curro (O Curro-Feás); O Portiño (A Fenteira-Feás); A Vesada (A Vesada-Feás); A Cavada ou A Copela (Vilachá-Feás); Pena Lousa (Vales-Feás); Coto Valdechao ou Val do Chao, Coto da Mámoa (Moreiras); Campos Vellos, O Ouro e O Paraño (O Regueiro); Xendive (Meixe-Xendive); Chousa da Lagoa (Ventosa-Xurenzás); Cepo (Xuvencos).
Figueiroa: Foxa subglobular escavada directamente na rocha. No interior apareceron abundantes carbós, restos cerámicos e un gran cacharro. Datada no Bronce Inicial.
Mámoas de Campos Vellos: Necrópole de dúas mámoas.
Mámoas da Cavada: Necrópole composta por tres túmulos.
Mámoas da Chousa da Lagoa: Necrópole formada por cinco mámoas, tres en Corneda (O Irixo) e dúas en Xurenzás (Boborás).
Mámoas de Couto Molín: Necrópole formada por once mámoas situada a 660 metros de altitude. Os túmulos oscilan entre os 10 e 40 metros de diámetro. Debido aos lumes do mes de setembro de 2016, os enterramentos resultaron afectados. O día 29 de outubro, integrantes do Centro de Estudos Chamoso Lamas e a asociación ecoloxista Outeiro achegáronse ata o lugar, comprobando que quedaron sen o manto vexetal de protección e nal gún caso as súas pedras foron removidas pola maquinaria utilizada na extinción do incendio para abrir un cortalumes.
Mámoa de Figueiroa: Duns 35 metros de longo e 31 metros de ancho máximo.
Mámoas de Pena Lousa: Formada por dous túmulos. 
Mámoas da Ponte Nova: Necrópole de dous túmulos. 
Mámoas do Val do Chao: Formada por dúas mámoas. 
Mámoas da Vesada: Necrópole formada por tres túmulos. 
Mámoas de Xendive: Necrópole composta por tres mámoas. Apareceu un machado de xisto negro e fragmentos dun vaso.
 

 

A BOLA
Necrópole de San Cibrao (Monte San Cibrao-Pardavedra); Os Chaos (Santa Baia de Berredo); A Laxa (As Mamoelas-Sorga).
Necrópole de San Cibrao: Situada no cume do monte de San Cibrao, a 914 metros de altitude, preto dunha capela con orixe no século X onde se celebra unha afamada romaría. Está formada por cinco túmulos (un a uns 50 metros do conxunto), dúas con oito ortostatos cada unha, inseridos nas respectivas mámoas. Apareceron restos cerámicos, puntas de frecha e microlitos. Como acontece coa meirande parte dos monumentos megaliticos, están a sufrir continuas agresións. Proposta como Ben de Interese Cultural.


O BOLO
Rañalobos (Buxán); Choutiso (Cambela); O Castelo (Chandoiro); Mamuela (Os Orxais); A Mamuela (Paradela); O Cabezo (Teixido); Alto da Peneixeira (Tuxe). 
Mámoa do Alto de Penexeira: Destruída.
Mámoa do Cabezo: A 1.020 metros de altitude. Practicamente destruída.  
Mámoa da Mamuela: No Monte Val do Can, a 1.070 metros de altitude. Destruída. 

CALVOS DE RANDÍN
Coto da Laborada, Penas Altas (Calvos); A Mota Grande, O Viso (Castelaus); A Chamuscada, Forno da Tagurra, Monte Meau (Golpellás); As Lamas (Pintás-Lobás); O Marco (Paradela-Randín); Forno da Tagurra, Marcón, Outeiro das Moas e Outeiro da Pedriña (Rioseco); As Rebouciñas (Padroso-Rioseco); Penouces (Vila); Suvalados ou A Mota Grande. 
Mámoas da Chamuscada: Tres túmulos diámetro de 17, 27 e 30 metros respectivamente. 
Mámoas do Coto da Laborada: Necrópole composta por seis túmulos. Atopáronse potiños de colo alto, púcaros, vasos e outros recipientes cerámicos. Citada por López Cuevillas e Lorenzo Fernández. 
Mámoa do Forno da Tagurra: De 24 metros de diámetro.
Mámoa do Marco: No límite con Portugal, ten un marco sobre o túmulo.
Mámoas do Monte Meau: Necrópole con dous túmulos de pequenas dimensións situados nunha cadea montañosa que divide o val do río Limia e as terras altas da Baixa Limia. 
Mámoas da Moura: Catro medorras en Couso de Salas (Muíños) e unha no límite con Calvos de Randín.
Mámoas do Outeiro das Moas: Con dous enterramentos. Unha mámoa foi cortada pola estrada que vai a Randín.    
Mámoas de Penas Altas: Dúas das catro mámoas que forman a necrópole presentan cámara megalítica. Atopáronse restos de cerámica. 
Mámoa de Penouces: 13 metros de diámetro e 0,60 de altura. 
Mámoas das Rebouciñas: Necrópole con tres túmulos, un deles con coiraza de pedras de cuarzo. 
Mámoas de Suvalados ou A Mota Grande: Necróple con catro enterramentos que van dos 16 aos 27 metros de diámetro, e unha altura de entre 0,7 e 2 metros.   
Mámoas do Viso: Necrópole con catro enterramentos cunhas medidas de entre 18 e 24 metros de diámetro unha altura de entre o,40 e 1,8 metros.
  
 
 

CARBALLEDA DE AVIA
Monte Carracedo (Balde); O Curro ou Cerrado dos Mouros (As Laceiras-Vilar de Condes); A Caseta dos Mouros ou Alto da Rasa (Os Prados-Vilar de Condes).
Mámoa Caseta dos Mouros: Mámoa de 14 metros no eixo N-S e 20 metros no L-O. Cráter de violación. 
Mámoas do Curro: Necrópole formada por dous túmulos, ambos con cráter de violación. Do cono da segunda mámoa sobresaen dous chantos graníticos.
Mámoas do Monte Carracedo: Dúas mámoas situadas a 713 metros de altitude, preto do líomite co concello de Avión. De 13 e 16 metros de diámetro, unha con cráter de violación. Inéditas, non figuran nos visores da Xunta de Galicia. Localiceinas o día 27 de novembro de 2023.
 


CARBALLEDA DE VALDEORRAS 
O Pedroso (Casaio); Os Poulos do Carballal (O Carballal-Carballeda); Lombo das Arcas e Serra Lardeira (Lardeira); Os Campos (Pusmarzán); Campo do Medio (Pusmarzán, case no límite con Riodolas); Os Campos (Santa Cruz). 
Mámoa do Campo do Medio (Riodolas): A 1.250 metros de altitude. Duns 22 metros de diámetro, moi rebaixada na masa tumular.  
Mámoa dos Campos (Pusmarzán): A 1.170 metros de altitude, nos Montes Baixos de Pusmarzán. Destruída por unha canteira. 
Mámoas do Pedroso (Casaio): Necrópolo con dúas medorras situadas na Serra Lardeira, a 1.820 metros de altitude. Unha ten uns 23 metros de diámetro e cráter de violación; a segunda ten uns 14 metros de diámetro e cono de violación. 
Mámoas dos Poulos do Carballal (Carballeda): Necrópole con catro túmulos situados a 900 metros de altitude. A catalogada co número 2 ten uns 25 metros de diámetro; a número 3, duns 17 metros de diámetro, perdeu gran parte da masa tumular en altura; a número 4, moi achandada, atópase a uns 200 metros da ermida do Carballal.
Mámoa Serra Lardeira: A 1.500 metros de altitude. Inédita, localiceina o 14 de decembro de 2022. De 20 metros de diámetro.
Abrigo con arte esquemática de Casaio: No mes de febreiro de 2020, a Consellería de Cultura confirmou a iniciación da apertura dos expedientes para a declaración como BIC dos catro sitios arqueolóxicos en que se acharon manifestacións de arte rupestre esquemática datadas no Neolítico Medio. Estes son a Cova dos Mouros da Fontaneira (Baleira) e os xacementos da provincia de Ourense do Penedo Gordo (Vilardevós), Casaio (Carballeda de Valdeorras) e A Cidade das Laxes das Chás/Castelo de Lobarzán nos concellos de Monterrei e Oímbra. Segundo Beatriz Comendador, os achados producíronse de forma casual, ao aire libre ou en pequenas cavidades, non en covas como é o caso das pinturas paleolíticas. Débense ás primeiras sociedades de carácter agrícola que aparecerían entre o Neolítico Antigo e a Idade dos Metais polo que se estaría a falar dun período que vai dende o 3900 a. C. ata o 2500 a. C. Trátase de pinturas moi esquemáticas, feitas con trazos lineais onde se utilizou unha soa cor e con tinta aplicada coa xema dos dedos ou con pinceis moi rudimentarios. A cor máis utilizada é a vermella que elaboraban con pigmentos de procedencia mineral mesturados con auga ou materias graxas. Di Comendador Rey que hai moi pouca información deste tipo de sociedades que tiñan un alto grado de mobilidade e que sinalaban o territorio, pero tamén que non se sabe o seu significado se ben é certo que os motivos repítense. Trátase de comunidades numerosas de certa estabilidade, as primeiras de carácter agrícola de Galicia, onde a consolidación definitiva do hábitat non se produce ata a Idade do Ferro, nun proceso moi lento, coas sociedades vivindo en poboados fortificados, os castros. Estas pinturas foron descubertas dende o ano 2017. Remata Comendador de que hai que seguir a estudalas, e garantir a súa conservación e divulgación.
 

O CARBALLIÑO
Arcos (Arcos); Monte Esgueva (Esgueva-Madarnás); Monte Pedroso (Madarnás-Madarnás); Monte Mesego (Mesego); Paciños (Mudelos); Seoane (Soane).
Na transición do século XIX ao XX, cando a contrución da primeira estrada entre O Carballiño e San Cristovo de Cea, o enxeñeiro Manuel Díez Sanjurjo documentou sesenta mámoas que se situaban na penichaira onde nace o río Barbantiño. A primeira publicación destes achados correu a cargo de Arturo Vázquez Núñez no ano 1901 no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense, describindo os resultados dos traballos e as escavacións de Díez Sanjurjo nos municipios do Carballiño, Vilamarín e Cea, entre os castros de San Fagundo, Covas, Martiñá, Baínte, Morgade e Santa Águeda co obxectivo de impulsar os estudos dos posibles poboadores antigos dos que el denominaba "célticos". Tal foi o impacto dos achados que foron citados posteriormente por Obermaier, López Cuevillas, Xaquín Lorenzo ou Brouza Brey. No ano 1902 foi doado ao Museo de Ourense un puidor localizado no contexto dunha das sesenta mámoas citadas; tamén saíu á luz un machado, unha gubia e outras pezas líticas.
Mámoas do Monte Mesego: Necrópole formada por seis enterramentos. Apareceron ofrendas cerámicas. Nunha apareceron un machado votivo, un obxecto de barro perforado e un vaso.
Mámoa do Monte Pedroso: Case no límite coa parroquia de Cangues (O Irixo).
Mámoas de Seoane: Dúas mámoas, unha practicamente arrasada e outra de 20 metros de diámetro con cráter de violación. 
Os integrantes do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro remataron no mes de xaneiro de 2015 os traballos de catalogación e estudo de máis de 200 mámoas da comarca do Carballiño.
 

 

CARTELLE
Alto das Furnias, A Mota do Areal (A Armada-Cartelle); Baldariz (Cartelle); A Chaira (Calvelo-Cartelle); As Motas (Reigoso-Cartelle); Monte Foral de San Pedro, Monte da Portela (San Pedro-Cartelle); Mota da Serra (Os Pereiros-Cartelle); Monte Outeiro Maior (As Ellas-Espiñoso); As Motiñas (O Vieiro-As Marabillas); Hermas (Sabucedo-Sabucedo); Alto de Sande (Sande); Terzas (San Tomé). Outras mámoas: As Sete Buratas.
Mámoa do Alto de Sande: A 606 metros de altitude, entre as parroquias de A Arnoi e Sande Cartelle. Ten unhas medidas duns 20 metros de diámetro. Afectada por un cortalumes. Sen catalogar, localiceira o día 21 de novembro de 2023. 
Mámoa do Alto das Furnias: De 23 metros de diámetro. Cono de violación.
Mámoas de Baldariz: A 338 metros de altitude. Necrópole con dous túmulos de 22,5 e 15 metros de diámetro, ambos con cráter de violación.
Mámoas da Chaira: A 665 metros de altitude. Necrópole con nove enterramentos, tres no límite coa parroquia de A Arnoia (Arnoia).
Mámoas de Hermas: Necrópole con tres túmulos a 323 metros de altitude, a maior duns 20 metros de diámetro con cráter de violación. Non figuran nos visores da Xunta de Galicia. Localiceinas o 27 de no vembro de 2023.
Mámoas do Monte Foral de San Pedro: Necrópole con, ao menos, dous túmulos de 17 e 22 metros de altitude. Non figuran nos visores da Xunta de Galicia. Localiceinas o 27 de novembro de 2023.
Mámoa do Monte do Outeiro Maior: De 20 metros de diámetro. Non figura nos visores da Xunta de Galicia. Localiceina o día 27 de novembro de 2023.
Mámoas do Monte da Portela: Necrópole con dous túmulos.   
Mámoa da  Mota do Areal: No límite coa parroquia de Ponte Castrelo, en Castrelo de Miño.
Mámoas das Motas: Necrópole con tres enterramentos situados a 320 metros de altitude.
Mámoas das Motiñas: Necrópole con cinco túmulos situados a 400 meetros de altitude.
Mámoa das Sete Buratas: Localizada pola asociación Amigos do Patrimonio de Toén no mes de setembro de 2021, case no límite entre Cartelle e Toén (parroquia de Xestosa). Ten unhas medias de 25 metros de diámetro e 1, 5 de altura. Cráter de violación.  
A Mota da Serra (Cartelle): A uns 450 metros de altitude atópanse os escasos restos desta mámoa practicamente destruída.
Esferiforme perforado do Valiño: De anfibolita pulimentada, con forma globular aplanada con perforación central procedente da mámoa do Valiño (Terzas) practicamente destruída. Non resulta doado establecer a súa funcionalidade; moi escasos.

 


 
CASTRELO DE MIÑO 
Mámoa da Mota do Areal (Castrelo de Miño): No Alto das Furnias. 
Mámoa da Mota da Serra (Vedado do Roxón-Ponte Castrelo). 
Mámoas do Reigoso (Reigoso-Castrelo de Miño): A 520 metros de altitude. Necrópole con 5 medorras moi achandadas, tres situadas na parroquia de San Salvador da Arnoia e dúas na de Santa María de Castrelo.    
Mámoas da Veiga de Arriba (Reigoso-Castrelo): Necrópole con cinco túmulos. 
Mámoas do Valado do Roxón (A Bouza-Macendo): A 450 metros de altitude. Necrópole con tres mámoas bastante alteradas.
 
 
 
CASTRELO DO VAL
Monte do Lameiro (Campobecerros); O Cotouto dos Penediños (Alto do Mourixoxo-Piornedo); O Cotouto da Portela e Pena Boeira (Monteveloso-Piornedo).
Mámoa do Cotouto dos Penediños: Entre as parroquias de Gondulfes, Piornedo e Servoi. Mámoa que presenta cráter de violación. Ten un diámetro duns vinte metros.
Mámoa do Cotouto da Portela: Mámoa duns quince metros de diámetro, presenta cono de violación.
Mámoa do Lombo do Lameiro: A 1.060 metros de altitude, case no límite con San Mamede de Hedrada (Vilariño de Conso). Practicamente destruída. Vese claramente no voo americano dos anos 1956-57. Non figura nos visores da Xunta de Galicia. Localiceina no mes de novembro de 2023. O topónimo "lombo" pode facer alusión ao enterramento.

 


CASTRO CALDELAS
Seoane (Seoane-Alais); Casfarexa (Casfarexa-Alais); Serra da Moá (Seoane-Alais); A Cabana, Quintela e Ruídos (Quintela-Mazaira); O Pastizal (Alto da Arma-Mazaira); Mamoíñas da Lampaza (A Lampaza-Pedrouzos); A Mamoíña do Chan da Pola (A Pola-Trabazos); Monte da Veiga (A Estrada-Sas de Penelas).
Mámoas de Cabana: Necrópole con catro túmulos. Unha das mámoas foi totalmente escavada e a terra do túmulo amontoada nun lado.
Mámoa no Monte da Veiga: Non figura nos visores da Xunta de Galicia. Localiceina en novembro de 2023. Situada nun pastizal, ten uns 18 metros de diámetro; perdeu gran parte da masa tumular en altura.
Mámoas do Pastizal: Necrópole de sete túmulos situados a 1.000 metros de altitude, unha no límite entre as parroquias de Mazaira e Tronceda.
Mámoas de Ruídos: Necrópole con catro mámoas.
Mámoas da Serra da Moá: Necrópole formada, alomenos, por unha ducia de túmulos. Oito foron escavados por Florentino Cuevillas quen atopou restos de cámara megalítica en dous deles. 
Mamoíñas da Lampaza: Necrópole con tres túmulos situados a 885 metros de altitude. Mal estado de conservación, só se aprecia claramente unha das mámoas.
  
 


CELANOVA
Aveseda ou Acevedo (Acevedo do Río); A Chaira (Ermide-Acevedo do Río); Monte Comunal de Amoroce, Outeiro da ErmidaPenedos da Santa (Amoroce); Coto de Ventosa (Moimenta-Milmanda).
Mámoas do Monte Comunal de Amoroce: Catro túmulos, un con cráter de violación. Non figuran nos visores da Xunta de Galicia como catalogados.
Mámoas da Aveseda ou Acevedo: Necrópole formada por cinco mámoas, dúas sen catalogar, todas con cráter de violación. A maior ten uns 30 metros de diámetro. Aliñadas.
Mámoas do Outeiro da Ermida: Necrópole con dous túmulos.
Mámoa dos Penedos da Santa: Unha mámoa con cono de violación. 


CENLLE
Mámoa da Corredoira (Piñeiro-Cenlle): Túmulo con cráter de violación. Non se observa cámara megalítica. Outra mámoa da mesma necrópole atópase na parroquia de San Fiz de Navío (San Amaro).
Mámoa da Eira dos Mouros: Mámoa situada nun campo de cultivo na estrada de Cenlle a Ventosela (Ribadavia), na parroquia de Cenlle, nun lugar de gran visibilidade, presenta cráter de violación. Non se observa cámara megalítica. A uns 470 metros está un marco-pedrafita con dúas espirais e varias coviñas gravadas. Mámoa e pedrafita son citados nun documento do século X, nunha doazón ao mosteiro de Antealtares.
 

CHANDREXA DE QUEIXA
Campo de Torcebocas, Chaira das Arcas, Mallada da Cerveira, Mallada de Torcebocas, Marco Cavado, Sistil das Arcas e Sistil Branco (Forcadas); Alto das Malladas (entre Requeixo e Forcadas). 
Mámoa do Alto das Malladas: A 1.747 metros de altitude. Ten uns 25 metros de diámetro. Creo que é a mellor conservada do concello. 
Mámoas da Chaira das Arcas: No límite con Paradela, en Manzaneda. Formada por catro túmulos, dous de máis de 40 metros de diámetro.
Mámoa do Collado de Torcebocas. Destruída por un camiño.    
Mámoa da Mallada de Cerveira: Duns 13 metros de diámetro. Moi achandada 
Mámoa do Marco Cavado: Mámoa que se atopa a 1.640 metros de altitude. Actuaba como marco, e estaba "cavado", violado. Lindeira con Cernado, concello de Manzaneda. 
Mámoa do Sistil ou Sixtil das Arcas: No límite con Paradela, en Manzaneda.
Mámoa do Sistil Branco: Atópase a uns 1.700 metros de altitude. Debe ser a mámoa galega, xunto coa do Alto das Malladas, situada a maior altitude sobre o nivel do mar.
Mámoa de Torcebocas: A 1.475 metros de altitude. Pouco queda, foi destruída por un camiño.
 
 
 

COLES
A Medorra de Cambeo: Cuberta pola vexetación, non é posible determinar nin as medidas nin o estado. 

CUALEDRO
O Santo (As Mercedes-Baldriz); O Caldeirón e As Lagoas (Carzoá); As Chairas (As Chairas de San Fiz-Lucenza); A Anta, Melisendra (Lucenza); A Rigueira (A Rigueira-Lucenza); O Madorniño (A Saceda-Lucenza); Anta de Rebordondo (Rebordondo); Lamalonga (Vilela); A Chaira, A Deguesa, Mámoa de Gron, Montenegro, A Pedrosa e Penedos Bizarros (A Xironda). 
A Anta (Lucenza): Vense catro esteos.   
Anta de Rebordondo: Pequena anta inserida nunha mámoa.  
Cista da Pedrosa: Saíron á luz restos cerámicos, depositados no Museo Arqueolóxico de Ourense. 
Dolmen das Lagoas (Carzoá): Vense varias laxes de granito dispostas en semicírculo, algunhas removidas da situación orixinal, cun diámetro duns dous metros.   
Esteos da Deguesa (A Xironda): Trátase duns esteos descontextualizados, un aínda fincado, non observándose restos do túmulo. Información de Bruno Rúa.   
Mámoa do Caldeirón: Unha mámoa. 
Mámoa da Chaira (A Xironda): Duns 12 metro de diámetro e 1,5 de altura. A zona está chea de petroglifos. (Información de Bruno Rúa). 
Mámoa das Chairas (Lucenza): Obsérvanse tres laxas enterradas que asoman dun achandado túmulo.    
Mámoas do Chedeiro: Necrópole formada por seis cistas destruídas polos labores agrícolas. Apareceron restos cerámicos, unha espiral de prata, catro vasos troncocónicos e dous púcaros de colo alto. 
Mámoa de Melisendra: Duns oito metros de diámetro con restos de coiraza. Vense dous ortostatos que sobresaen do cono de violación. 
Mámoa do Madorriño: Duns 22 metros de diámetro e unha altura de 1 metro. Coiraza pétrea e cámara megalítica que se observa a través do cono de violación. 
Mámoa de Montenegro (A Xironda): De 12 metros de diámetro e uns 2 de altura. Restos de coiraza. 
Mámoa do Santo (Baldriz): Duns 10 metros de diámetro e 1,5 de altura.    
Xacemento do Alto da Praza (Lamas-Montes): Saíron á luz case 300 fragmentos cerámicos feitos a man datados no Neolítico Inicial/Medio.
 



 

ENTRIMO
Monte dos Fachos (Entrimo); O Quinxo (A Illa); Chan de Santo André e Chaira de San Fiz ou Os Motos e Olín (Galez); Casa da Moura e Queguas (Queguas-Venceáns); Meixón Frío, cista de Meixón Frío ou As Labradas ou O Panteón (Venceáns); Coto da Pía Moura (Monte Castelos). 
Dolmen de Olín: Conserva tres esteos completos fincados no chan e un cuarto partido. Perdeu a tampa cobertoira e da mámoa apenas quedan restos.  
Casa da Moura: Situada a máis de mil metros de altitude. Ten cámara poligonal con seis esteos e con dous máis no corredor cubertos con cadansúa tampa. Quizais, debido ao seu illamento, a espectacular anta atópase en bo estado de conservación.
Casa da Moura: A uns 80 metros do coñecido dolmen hai unha anta sen tampa que conserva catro esteos.
Mámoas da Chaira de San Fiz: Necrópole formada por máis de vinte enterramentos en distinto estado de conservación (a maioría foron arrasados). Visitada por Florentino L. Cuevillas e Xaquín Lorenzo no ano 1958. En case todas as mámoas aprécianse restos e coiraza, e nalgunhas, do cono de violación sobresae algún esteo da cámara funeraria.
Mámoas de Galez: Necrópole con tres enterramentos.
Mámoas da Chan de André: Necrópole formada por catro enterramentos, todos con cono de violación, unha con restos de coiraza pétrea e outra con restos da cámara funeraria. Dúas foron afectadas polos labores agrícolas, e outra foi alterada por un camiño. Visitadas por Florentino L. Cuevillas e Xaquín Lorenzo no ano 1958. Un dos túmulos foi cortado por un camiño. 
Mámoas de Olín: Un dos enterramentos perdeu o túmulo, conservándose tres esteos da anta. Non moi lonxe hai unha mámoa, duns 15 metros de diámetro e un de altura, que perdeu gran parte da masa tumular, apreciándose restos da cámara que sobresae do cono de violación. 
Cista de Meixón Frío: Tamén recibe as denominacións das Labradas e O Panteón. Cista rectangular que conserva as tres laxas e a tampa cobertoira. Un veciño tapouna parcialmente con laxes.




ESGOS
Mámoa da Virxe do Monte ou Campo da Mama (Xaravedra-Os Pensos): Localizada por José Antonio Gavilanes no ano 2013. Ese mesmo ano, a petición súa, o Concello limpouna da maleza que a cubría. Situada a 902 metros de altitude, ten un diámetro aproximado de 19 metros. Obsérvase un cráter de violación duns 5 metros de diámetro. Atópase a pouco máis de 400 metros en liña recta da capela da Virxe do Monte. O sitio onde se atopa recibe o nome de Fonte da Virxe. En marzo de 2023, Miguel Ángel González enviouma de novo polo que lle preguntei a José Antonio se estaba catalogada; díxome que daquelas comunicoullo ao Concello pero segue sen figurar nos visores PBA e Aproveitamentos Forestais polo que enviouse a Patrimonio para que o fagan. Polo de agora é a única mámoa documentada no concello. O 25 de marzo de 2023 comuniqueillo a Patrimonio para que procederan á súa catalogación. O día 29 de marzo, o arqueólogo Manuel García Valdeiras, do Servizo do Patrimonio Cultural en Ourense, comunicoume que despois de visitala procederan á súa catalogación, asignándolle o código GA32021004.  
 

 


GOMESENDE
O Poulo (Paredes-O Poulo); Seixival (Tixosa-Poulo); Fustáns (Serra da Pena-San Lourenzo de Fustáns); Serra do Seixo (entre Poulo e O Val); O Seixival (entre Poulo e O Val); Serra da Pena (O Val).
Mámoas de Fustáns: Necrópole con dous túmulos situados entre as parroquias de San Lourenzo de Fustáns e O Val.
Mámoas do Poulo: A 502 metros de altitude. Dúas mámoas de 30 e 17 metros de diámetro, ambas con cono de violación, un duns cinco metros de diámetro.
Mámoas da Serra da Pena: Dúas mámoas alteradas por un camiño e repoboacións forestais.
Mámoas da Serra do Seixo: A 540 metros de altitude. Tres mámoas moi alteradas entre Poulo e O Val.
Mámoas do Seixival: Necrópole con dúas medorras.

A GUDIÑA
O Canizo (O Canizo); O Pé da Meda (A Esculqueira); A Medorra (A Gudiña); Val da Lagoa ou Portela Alta (A Venda do Espiño-A Gudiña); O Val da Anta (Venda da Capela-Parada da Serra); Cavaixe da Meda (Parada da Serra); As Antas, O Cavanco das Antas e As Motellas (Pentes); San Lourenzo (San Lourenzo de Pentes); Cabeza do Chicón e Tameirón (O Tameirón); Monte Urdiñeira. 
Mámoas da Cabeza do Cichón: Dous túmulos de 18 e 9 metros de diámetro respectivamente. O primeiro ten cono de violación, o segundo restos de coiraza. Sitúanse preto de onde apareceu a estatua-menhir do Cichón ou Tameirón. Nas inmediacións hai dúas penas con petroglifos. 
Mámoa do Val da Lagoa: Duns 24 metros de diámetro. Con cono de violación. O túmulo ten unha coiraza pétrea de cuarzo branco.
A Medorra: Destruída.
 


O IRIXO
Cruce das Mámoas (Campo); Eira dos Mouros (Irixo de Arriba-Campo); Cangues (Cangues); Campo da Cruz (A Cidá); Chousa da Lagoa, Mourús (Corneda); Vilameá (Vilameá-Corneda); Monte da Forca (Dadín); Campo das Mámoas (Campo da Armada-Espiñeira); Coto de Surribas (Surribas-Froufe); Silvares (Silvares-Froufe); Brañas de Fonseca (Alén-Loureiro); Costa de Valfrío (Loureiro); Coto da Mina (Loureiro, no límite con Torcela, en Piñor de Cea); Barro e A Bugalleira, Valduíde (Loureiro); Marco da Costa das Moas (entre Loureiro e Dadín); As Cales, Morico de Pena Hueira, Pena Escrita e Xirei (Parada de Labiote); Mámoa Verde (Filgueira-San Cosmede de Cusanca); Lingueta (Foxo do Cabrito-San Cosmede de Cusanca); Cima da Picada (O Castro-San Cosmede); Coto de Lagorzos e Monte da Sabia (Lagorzos-San Cosmede); Costa Vella (O Outeiro de Arriba-San Cosmede) Penas de Pedrouzo (Pedrouzo-San Cosmede); As Mamas (Segade-San Cosmede de Cusanca); Cima da Costa (San Cosmede, no límite con O Castro, en Dozón).
As Mamas: Necrópole con cinco túmulos.
Mámoa de Barro: No mes de abril de 2019, a asociación Mámoa Verde denunciou ante o Seprona a destrución total dunha mámoa. 
Mámoas da Bugalleira: Dúas mámoas sufriron graves desperfectos por unha tala de piñeiros e unha pista. 
Mámoas das Cales: Dous túmulos.  
Mámoas da Chousa da Lagoa: Necrópole formada por cinco mámoas, tres en Corneda e dúas en Xurenzás (Boborás).
Mámoas da Cima da Picada: Necrópole con dous túmulos.
Mámoas da Costa Vella: Dous túmulos.
Mámoas da Costa de Valfrío: Seis túmulos.
Mámoas do Coto da Mina: Tres túmulos, xusto no límite entre Loureiro (O Irixo) e Torcela (Piñor de Cea).
Mámoa do Coto de Surribas: A 844 metros de altitude, foi afectada por unha pista. Presenta cono de violación.  
Mámoa da Eira dos Mouros: Con cráter de violación.
Mámoas do Monte da Forca: Tres túmulos.
Mámoa do Monte da Sabia: De 26 metros de diámetro.
Mámoas Morico de Pena Hueira: Catro túmulos.
Mámoas de Mourús: Cinco túmulos.
Mámoas da Pena Escrita: Necrópole con 10 túmulos.  
  
 
 

 

LAZA
Riocamba (Camba); Monte Alto do Cancelo e Monte do Alto do Carballal (Toro); Moxón da Pereira (Montemeás-Toro). Chao das Minas (Vences, entre Laza e Monterrei); A Mámoa ou A Meda (Vences, entre Laza e Monterrei). 
Mámoa do Alto do Carballal: Moi deteriorada pola construción de dúas pistas que levantaron parte do túmulo. Ten uns 10 metros de diámetro e cráter de violación. Nas inmediacións vense pequenas pedras que puideron formar parte da coiraza. 
Mámoa do Chao das Minas: Na Serra de Meda, entre Laza e Monterrei. Mámoa de grandes dimensións destruída por unha pista forestal. Restos de coiraza e un círculo lítico que arrodea o túmulo. Xunto dela hai unha gran lousa que puído formar parte da cámara. Ten unhas medias aproximaddas de 30 metros de diámetro e 2,50 de altura. Cráter de violación. 
Mámoa do Monte Alto do Cancelo: Destruída arredor dos anos setenta do pasado século. Tiña cámara de pedra.  
Mámoa da Meda: Entre Laza e Monterrei. Duns 20 metros de diámetro. Parcialmente destruída por unha pista forestal.   
Mámoa do Moxón da Pereira: Duns 9 metros de diámetro e un de altura. Moi rebaixado polos labores agrícolas.
 

 

LOBEIRA
As Motas (Serra do Leboreiro-A Fraga); Outeiro das Mos (A Fraga); Coto de San Adrao (Grou); Lobeira (Lobeira); As Motas (Monte das Motas-Monte Longo); Corno Dourado e Moa da Cabreira (Parada); A Formiga (Taboazas-Parada); Mourisca de Arriba (San Xes de Vilariño); Cabeza de Meda. 
Mámoas das Formigas: Necrópole con catro túmulos situados a 1.005 metros de altitude.
 As Motas: Barros Sibelo, en Antigüedades de Galicia (1875), calificou a necrópole como un inmenso círculo lítico. Declarada BIC.
Nunha mámoa atopáronse machados, cuncas, vasos de paredes rectas e fondo hemiesférico e recipientes globulares.
 

 
 

LOBIOS
Picouto e Ermida de San Bieito (Grou); Campo de Quintas (Reguengo-Grou); A Pesqueira (Terradas-Grou); O Foxo, Outeiro dos Madornos e Portela das Arcas (Manín); Anta do Couto (Río Caldo). 
Anta do Couto: A carón da Portela de María, paso natural entre as bacías dos ríos Caldo e Lobios. Atravesada por un valado. Cráter de violación.  
Mámoa do Campo de Quintas: Con cono de violación. Mámoa moi alterada pola actividade agrícola e forestal. 
Mámoas de San Bieito: Un dos túmulos, cuxa cámara xa se atopaba fortemente deteriorada, foi escavado no ano 1990. A mámoa M2 foi escavada nos anos 1988 e 1989. Atopáronse puntas de frecha en xistoe cuarzo, un disco lítico, fragmentos cerámicos, contas de colar discoideas, lascas, láminas, un idoliño e un dubidoso afiador de agullas de óso en cuarcita.
 
 


MACEDA
As Carricas (O Rodicio-As Chás); Arca do Madrollo (xunto o castro de Malamao-Castro de Escuadro); Teixugueiras (Pías-Castro de Escuadro); As Lameiras (Foncuberta); Francos ou Veigachá (Francos-Maceda); Pena dos Mouros (Xinzo da Costa-Vilardecás); Xinzo da Costa (Xinzo da Costa-Vilardecás); Tioira (Tioira); Monte da Mámoa (Calvelo-Zorelle); Monte de Lamas (As Lamas-Zorelle). Campo das Mámoas; Mámoas de Veiga. 
Mámoa das Carricas: De 20 por 14 metros e dous de altura. Cráter de violación.
Mámoas de Francos ou Veigachá: O conxunto estaba formado por 20 túmulos, dos cales 9 pertencían ao concello de Maceda e os restantes ao de Xunqueira de Espadanedo. Na actualidade, das novse só se conservan cinco que oscilan entre os 9 e 17 metros de diámetro. Foron estudadas por Rivas Quintas.  
Mámoas do Monte de Lamas: Necrópole formada por dúas mámoas; unha ten seis metros de radio, a outra é alongada, 29 x 12 metros. Foron violadas.
Mámoas das Lameiras: Localiceinas o día 18 de xullo de 2021. Duns 7 e 10 metros de diámetro, perderon gran parte da masa tumular.
Mámoas de Teixugueiras: Dous túmulos de 22 e 26 metros de diámetro, o primeiro con cráter de violación. Inéditas, localiceinas en febreiro de 2023. 
Monte da Mámoa: Tamén coñecido como Monte do Pendón. No seu curuto hai un túmulo duns 20 metros de diámetro con cráter de violación. Cóntase que nos anos corenta atoparon unha axorca de ouro.
 


MANZANEDA
Chaira das Arcas e Sixtil das Arcas (Paradela, no límite con Forcadas, en Chandrexa de Queixa); Marco Cavado (Serra de Queixa-Prada-Cernado).
Chaira das Arcas: Necrópole formada por catro túmulos situados a 1.671 metros de altitude sobre o nivel do mar. Dende Cabeza de Manzaneda en dirección aos montes dos Invernadoiro, pecorre a divisoria das augas Navea-Bibei, que é tamén límite municipal entre Manzaneda e Chandrexa de Queixa.
Mámoa do Marco Cavado: Mámoa situada a 1.640 metros de altitude, preto da estación invernal de Cabeza de Manzaneda. Presenta cráter de violación por onde asoman uns ortostatos da cámara megalítica. Actuaba como marco, e estaba "cavado", violado. Lindeira co concello de Chandrexa de Queixa.
Mámoa do Sistil das Arcas: No límite con Forcadas, en Chandrexa de Queixa
 

MASIDE
Monte do Castro (O Agro da Quinta-Amarante); O Bolo (O Bolo); Monte Seixo (Garabás); Zaceda (Martín de Louredo-Louredo); Pena Longa (A Carrasca-Santa Comba do Trevoedo).
Mámoas do Bolo: Necrópole con catro túmulos.
Mámoas do Monte do Castro: Necrópole con dous túmulos.
Mámoas de Zaceda: Necrópole con sete túmulos, unha no límite coa parroquia de Castrelo, en San Cristovo de Cea.

MELÓN
Dolmen de Codesás (Quins): As súas pinturas foron dadas a coñecer por Barros Sibelo. Estudada por Venancio Moreno López no ano 1874, foi a primeira anta con motivos artísticos descubertos en Galiza. Tiña seis esteos e erguíase preto doutras dúas mámoas. No ano 1874, a Comisión de Monumentos de Ourense envía un oficio á Academia da Historia sobre o dolmen de Codesás.
Mámoas de Codesás: Entre as parroquias de Quins e Ribadavia. Dúas mámoas alteradas por actividades estractivas e unha estrada. Non se observan os restos de dolmen citados por Venancio Moreno no 1874. 

 


A MERCA
Mámoa na Manchica: Situada nun pastizal, ten uns 24 metros de diámetro e 1,5 metros de altura. Realizadas as comprobacións, a mediados de agosto de 2022 non figura recollida no Plan Básico Autonómico e Aproveitamentos Forestais da Xunta de Galicia, nin no PXOM do Concello da Merca. O día 19 de agosto comuniqueina a Patrimonio para que procedan á súa catalogación. Sería a primeira catalogada no concello. O día 16 de setembro, o arqueólogo do Servizo do Patrimonio Cultural en Ourense, Manuel García Valdeiras, comunicoume que despois de realizar as necesarias comprobacións foi catalogada co código GA32047015.

 

A MEZQUITA
Mámoa do Prado Novo (Santigoso): No monte da Medorra. 

MONTEDERRAMO 
A Cruz (Os Currás-As Chás); Tapada das Chás (As Chás); Campo das Poulas ou O Valisco (Cadeliña-Marrubio); A Medorra (A Medorra); O Coto (San Cosme de Montederramo).
Mámoa do Campo das Poulas ou O Valisco (Cadeliña-Marrubio): A 1.154 metros de altitude. Ten unhas medidas duns 20 metros de diámetro. Cono de violación. Case no límite co concello de Chandrexa de Queixa.
Mámoa do Coto (San Cosme de Montederrramo): A 1.093 metros de altitude, case no límite coa parroquia de Santiso, en Maceda. Ten unhas medidas aproximadas de 21 metros de diámetro. Na Colección documental do Mosteiro de Montederramo, editada polo filólogo da USC Ramón Lourenzo, localízase un documento de 1134 polo que Alfonso VII dá e confirma ao abade Sancho os coutos do mosteiro, delimitado no texto do seguinte xeito: “cautos nomjnatos et sunt ipsi cautj per Petroso, et dejnde per Portum de Penna de Xeca et dejnde quomodo uadit per medjum de Lombo ad mamoa de Coto et postea sicut uadit jn directum de Penedo de Sengo et uadit ad penedum de sub Castro Uentoso”. O lugar onde se atopa a mámoa tamén aparece mencionado na obra de Elisa Ferreira Priegue, “Los caminos medievales de Galicia”, como o porto do Vieiro, que era unha das vías de acceso dende o val do Arnoia cara as terras altas de Montederramo, superando este porto natural duns 1100 m de altura. (A información sobre esta mámoa débolla a Miguel Ángel González Gómez quen no seu momento lle comunicou a súa existencia a Patrimonio, así como a achega da ficha de Patrimonio).
Mámoa da Cruz (Os Currás-As Chás): Ten uns 20 metros de diámetro. Sen catalogar, a finais de marzo de 2023 foi enviada ao Servizo do Patrimonio Cultural en Ourense para que procedan a incluíla no inventario de bens patrimoniais de Galicia.
Mámoa da Tapada das Chás (As Chás): Nun pastizal, a 960 metros de altitude. Duns 25 metros de diámetro. Visitada por Miguel Ángel González Gómez en marzo de 2023, comprobou que conserva parte da cámara megalítica. Xa foi enviada ao Servizo do Patrimonio Cultural en Ourense para que procedan á súa catalogación.
A Medorra (A Medorra): A Medorra é unha parroquia e aldea de Montederramo. O nome, está claro, tomonouno dun enterramento prehistórico que localicei o 24 de xaneiro de 2020. Sorprendeume que a mámoa, a uns 700 metros en liña recta da aldea, non figurara nin no PBA nin no visor de Aprovitamentos Forestais polo que o 30 de novembro de 2022 mandeina ao Servizo de Patrimonio en Ourense para que a catalogaran. Atópase no monte coñecido como Fonte da Gándara; ten uns 30 metros de diámetro e un de altura. O día 13 de decembro, dende Patrimonio en Ourense comunicáronme que despois da visita do seu arqueólogo, Manuel García Valdeiras, foi catalogada co código GA32049009.
A Arca Aberta: Miguel Ángel González Gómez localizou este interesantísimo microtopónimo en Vilariño Frío. Polo momento descoñecemos se aínda existe o enterramento. 
A Franqueira da Medorra: Evocativo topónimo na parroquia de Santiago da Medorra. Peiteado o lugar, ata o momento non atopei ningunha mámoa.


 



MONTERREI
Bacelos (A Caridade-Flariz); Monte do Grilo (Flariz); Cista da Moura, O Modorriño, Dolmen de Rebordondo (Gumarei-Infesta); Portocelo (A Madanela); Medeiros e O Pelado (Medeiros); Chao das Minas e A Meda (Serra de Meda-Vences). 
Cista da Moura (A Madanela):  Ten unha altura de 1,25 metros e 2 de ancho, con cinco laxas formando a cámara polos laterais. Foi descuberta por Bruno Rúa e José Luis Lozano Rúa despois dos incendios do ano 2013. 
Dolmen de Rebordondo (Infesta): Case tapado polo entullo das obras da A-52. Antigamente, parte do túmulo aínda se conservaba na parte oriental do dolmen. Información de Bruno Rúa.    
Mámoa de Bacelos (Flariz): Chama a atención o esteo que sobresae do túmulo, gravemente alterado. A mámoa mide uns 10 metros de diámetro, con restos de coiraza pétrea.    
Mámoa do Chao das Minas: Na Serra de Meda, entre Laza e Monterrei. Mámoa de grandes dimensións destruída por unha pista forestal. Restos de coiraza e un círculo lítico que arrodea o túmulo. Xunto dela hai unha gran lousa que puído formar parte da cámara. Ten unhas medias aproximaddas de 30 metros de diámetro e 2,50 de altura. Cráter de violación. 
Mámoa de Meda (Vences): Restos de coiraza pétrea e un círculo lítico de lousa que arroda o túmulo. Parcialmente destruída por unha pista forestal que separa os concello de Laza e Monterrei. 
Mámoa do Monte do Grilo (Flariz): Entre Sandín e Carzoá. Mámoa dus 10 metros de diámetro con coiraza pétrea. Aprécianse restos da cámara que sobresaen do cráter de violación.  
Mámoa de Portocelo (A Madanela): Moi achandado, ten unhas medidas aproximadas de 5 metros de diámetro e 0,65 de altura. Conserva parte da coiraza. Información de Bruno Rúa. 
Albarellos e Vilaza aparecen citados en dous documentos do ano 950, na desputa por unhas lindes entre o bispo Rosendo e a condesa Trudile. O motivo de traer aquí estes textos é porque neles faise mención a grandes rochas, muros de terra, archae, marcos, petrae fictae e penas con gravuras. 
Xacemento da Míllara (Guimarei-Infesta): Apareceron 174 fragmentos cerámicos, vinte e cinco deles decorados datados no Neolítico Final/Calcolítico.
Xacemento con arte esquemática da Cidade das Laxes das Chás/Castelo de Lobarzán, entre Monterrei e Oímbra No mes de febreiro de 2020, a Consellería de Cultura confirmou a iniciación da apertura dos expedientes para a declaración como BIC dos catro sitios arqueolóxicos en que se acharon manifestacións de arte rupestre esquemática datadas no Neolítico Medio. Estes son a Cova dos Mouros da Fontaneira (Baleira) e os xacementos da provincia de Ourense do Penedo Gordo (Vilardevós), Casaio (Carballeda de Valdeorras) e A Cidade das Laxes das Chás/Castelo de Lobarzán nos concellos de Monterrei e Oímbra. Segundo Beatriz Comendador, os achados producíronse de forma casual, ao aire libre ou en pequenas cavidades, non en covas como é o caso das pinturas paleolíticas. Débense ás primeiras sociedades de carácter agrícola que aparecerían entre o Neolítico Antigo e a Idade dos Metais polo que se estaría a falar dun período que vai dende o 3900 a. C. ata o 2500 a. C. Trátase de pinturas moi esquemáticas, feitas con trazos lineais onde se utilizou unha soa cor e con tinta aplicada coa xema dos dedos ou con pinceis moi rudimentarios. A cor máis utilizada é a vermella que elaboraban con pigmentos de procedencia mineral mesturados con auga ou materias graxas. Di Comendador Rey que hai moi pouca información deste tipo de sociedades que tiñan un alto grado de mobilidade e que sinalaban o territorio, pero tamén que non se sabe o seu significado se ben é certo que os motivos repítense. Trátase de comunidades numerosas de certa estabilidade, as primeiras de carácter agrícola de Galicia, onde a consolidación definitiva do hábitat non se produce ata a Idade do Ferro, nun proceso moi lento, coas sociedades vivindo en poboados fortificados, os castros. Estas pinturas foron descubertas dende o ano 2017. Remata Comendador de que hai que seguir a estudalas, e garantir a súa conservación e divulgación.  

 

 

MUÍÑOS
A Moura, Pozo da Levada e Santuario dos Milagres (Couso de Salas); Catro Camiños, Portela da Levada, O Rebozal, A Veiga de Maus de Salas, Casiña da Moada, Casiña da Moura e Casota do Foxo (As Maus de Salas); Cista Praia da Rola (Mugueimes); A Anta (Muíños); Corga das Arcas, Monte Pazó e Outeiro de Cachofás (Parada de Ventosa); Agrochao e Porqueirós (Porqueirós); A Lampaza, Monte Reparade e O Nicho (Prado de Limia); O Foxo, Outeiro de Cavaladre, Portovencellos e Padín (Requiás); Munixei e Portela de Pitôes (Guntumil-Pitôes da Junias, en Portugal); Veiga (Guntumil-Requiás); Cruce de Xermeade (Xermeade).
Casiña da Moura: Anta situada xunto o encoro do Salas que foi trasladada cando a súa construción. Cámara poligonal con sete esteos e tampa. Foi escavada por López Cuevillas e Ferro Couselo. Proposta como Ben de Interese Cultural.
Casota do Foxo: Descoñécese, se ao igual que a anterior, foi desprazada cando a construción do encoro. Está formada por sete esteos e tampa. Atopáronse restos de cerámica campaniforme. Proposta como Ben de Interese Cultural.
Cista da Praia da Rola: Trátase dunha cista da Idade do Bronce Inicial atopada casualmente no ano 1996. Saíron á luz restos óseos calcinados e unha xarra cerámica de corpo globular e colo desenvolto e asa de cinta.
Dolmen da Veiga de Maus de Salas: Só se ve cando baixan as augas do encoro. Conserva o anel perimetral.
Necrópole do Outeiro de Cavaladre: Integrada por catorce mámoas, dúas escavadas por Xosé María Eguileta Franco que atopou restos cerámicos. Proposta como Ben de Interese Cultural.
 
 

 

 

 


NOGUEIRA DE RAMUÍN
Mámoas de Moura ou das Cabanas (Alto do Rego-Moura); Lamagorzos (Santo Estevo de Ribas de Sil/Vilar de Cerreda).
Mámoas de Moura ou das Cabanas: A necrópole está formada por sete enterramentos que datan entre o 4500 e o 2000 a.C. Sitúase no tramo final da divisoria de augas entre os vales do Miño e do Sil  aproveitando unha penichaira delimitada por tres grandes afloramentos graníticos. No interior agochan restos da cámara funeraria. Moi achandadas, unha está cortada polo muro dunha finca. Nun esteo da mámoa sinalada co número 6 pódese ver unha cruz que actuaba como marco de termo.
 
 

OIMBRA 
Cerca (As Chás); Penedo Furado (Casas dos Montes-A Granxa).   
moa do Penedo Furado (A Granxa): Mámoa de 12 metros de diámetro e unha altura de 1,5. A cámara está formada por oito esteos de distintos tamaños, salientando a gran cantidade de croios que a arrodean. (Información de Bruno Rúa). 
Xacemento con arte esquemática da Cidade das Laxes das Chás/Castelo de Lobarzán, entre Monterrei e Oímbra No mes de febreiro de 2020, a Consellería de Cultura confirmou a iniciación da apertura dos expedientes para a declaración como BIC dos catro sitios arqueolóxicos en que se acharon manifestacións de arte rupestre esquemática datadas no Neolítico Medio. Estes son a Cova dos Mouros da Fontaneira (Baleira) e os xacementos da provincia de Ourense do Penedo Gordo (Vilardevós), Casaio (Carballeda de Valdeorras) e A Cidade das Laxes das Chás/Castelo de Lobarzán nos concellos de Monterrei e Oímbra. Segundo Beatriz Comendador, os achados producíronse de forma casual, ao aire libre ou en pequenas cavidades, non en covas como é o caso das pinturas paleolíticas. Débense ás primeiras sociedades de carácter agrícola que aparecerían entre o Neolítico Antigo e a Idade dos Metais polo que se estaría a falar dun período que vai dende o 3900 a. C. ata o 2500 a. C. Trátase de pinturas moi esquemáticas, feitas con trazos lineais onde se utilizou unha soa cor e con tinta aplicada coa xema dos dedos ou con pinceis moi rudimentarios. A cor máis utilizada é a vermella que elaboraban con pigmentos de procedencia mineral mesturados con auga ou materias graxas. Di Comendador Rey que hai moi pouca información deste tipo de sociedades que tiñan un alto grado de mobilidade e que sinalaban o territorio, pero tamén que non se sabe o seu significado se ben é certo que os motivos repítense. Trátase de comunidades numerosas de certa estabilidade, as primeiras de carácter agrícola de Galicia, onde a consolidación definitiva do hábitat non se produce ata a Idade do Ferro, nun proceso moi lento, coas sociedades vivindo en poboados fortificados, os castros. Estas pinturas foron descubertas dende o ano 2017. Remata Comendador de que hai que seguir a estudalas, e garantir a súa conservación e divulgación.  
 

OURENSE
Mámoas das Chairas: Necrópole composta por dous túmulos. No límite coa parroquia de Trasalba, concello de Amoeiro.
Mámoas de Punxín (Palmés): Necrópole formada por dous túmulos. Un é de grandes dimensións, situado ao final dunha cota elevada sobre a chaira que a circunda. O segundo ten un amplo cono de violación que foi localizado cando os labores de control da rede de gas.

PADERNE DE ALLARIZ
Coucieiro (Coucieiro); Mámoa do Neboeiro (Figueiroá); Solbeira (Solbeira).

PADRENDA
Mámoas de Bandexa (Redondelo-Crespos):  Necrópole con dous túmulos.
Mámoas da Besteira: A 1.190 metros de altitude. Dous túmulos no límite con Mociños (Quintela de Leirado).
Mámoas da Serra do Caúño (Gorgua-San Pedro da Torre): Tres túmulos a 845 metros de altitude.

PARADA DO SIL
Mámoas das Chairas (Casa do Vento-A Hedrada): A 940 metros de altitude. Necrópole formada por dúas mámoas, de 25 e 30 metros de diámetro.

O PEREIRO DE AGUIAR
A Medorra (Calvelle).
A Lamela (Lamela): Achádego solto de pezas cerámicas campaniformes.  

A PEROXA
Cima do Agro e Couselo (Couselo-Armental); As Regas (Armental); Cima de Covela (Toldavia-Armental); Toldavia (Toldavia-Armental). 
Mámoas da Cima do Agro: Necrópole composta por tres mámoas, unha cortada parcialmente polos labores agrícolas. 
Mámoas de Couselo: A 680 metros de altitude. Necrópole con catro túmulos.  
Mámoas das Regas: Necrópole afectada polos labores agrícolas e polo trazado dunha estrada. 
Mámoas de Toldavia: Necrópole con dous túmulos.
 

PETÍN
As Medorras (Petín): O topónimo tíñao situado na parroquia de Santa María de Mones, que corrixín logo de que en abril de 2020 María Jesús Carmen Calvo me advertira do erro. Só se conserva o topónimo, no sitio houbo xacemento de época romana.  

PIÑOR DE CEA 
A Regueira (Senra-Barrán); Fonte dos Frades e As Madornas (Canices-Coiras); Coto da Mina (Torcela).  
Coto Frío: Mámoa descuberta polo Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro. 
Mámoas do Coto da Mina: Tres túmulos, xusto no límite entre Loureiro (O Irixo) e Torcela (Piñor de Cea). 
Mámoas das Madornas: Necrópole con dous túmulos.  

A POBRA DE TRIVES
A Medorra ou O Modorrón (Mendoia); San Lourenzo (San Lourenzo de Trives).

PORQUEIRA
A Lagoa (Paradela de Abeleda); Sabucedo (Sabucedo). 

PUNXÍN
Parroquia de Vilela: Preto do castro de Vilamoure consérvase o microtopónimo A Medorra. 
 
QUINTELA DE LEIRADO
A Chan (Alaínde-Leirado); Necrópole das Mámoas (Lavandeira-Leirado); A Besteira (Mociños); A Chan (A Corredoira-Redemuíños); Coto da Moura e A Travesa (Redemuíños).
Mámoas da Besteira: A 1.139 metros de altitude. Dúas mámoas no límite con San Pedro da Torre (Padrenda).
Mámoas da Chan: Dúas mámoas, unha en Leirado e outra en Redemuíños, esta case no límite con Milmanda (Celanova).
Mámoas do Coto da Moura: A 939 metros de altitude. Tres medorras no límite con Vilameá de Ramirás.
Mámoas da Travesa: A 860 metros de altitude. Tres medorras no límite con Vilameá de Ramirás.
A Mota Grande: Enorme mámoa que agocha unha cámara megalítica formada por cinco esteos. Escavada a principios dos anos noventa, descubríronse restos de pintura e unha gravura. Situada na serra do Leboreiro, nos lindes con Portugal, forma parte dunha necrópole composta por cento trinta mámoas.
 

RAIRIZ DE VEIGA
Penedo Grande (Congostro); Monte Calvo (Nigueiroá-Guillamil); Chaos de San Cibrao e O Corvo (Quilmelas-Guillamil); O Picarro e As Motas (Ordes); Os Chaos e A Sainza (Rairiz de Veiga); Monte Albán (Monte Albán-Sabariz). 
Mámoas dos Chaos de San Cibrao: Necrópole con tres túmulos, un cun dolmen formado por seis esteos.
Mámoa do Corvo: De 12 metros de diámetro, cunha altura de 0,50 metros.
Mámoas da Mota do Penedo Grande: Necrópole con cinco túmulos, entre as parroquias de Carpazás (Bande), Congostro (Rairiz de Veiga) e Sanguñedo (Verea).
Monte Albán: Necrópole formada por dúas mámoas, a Mota Grande e a Mota Pequena, escavadas por López Cuevillas no ano 1925. Apareceron machados, cuncas campaniformes e puntas de frecha que podemos ver no Museo Arqueolóxico de Ourense. 
Monte Calvo: Trátase da mesma necrópole que a do Monte de San Cibrao, no concello limítrofe de A Bola, que en Rairiz de Veiga recibe o nome de Monte Calvo ou Serra de Monte Calvo. 
As Motas: Necrópole compartida co concello de Verea formada por sete enterramentos.
 
 
 


RAMIRÁS
Mámoas de Cernadas ou Pegada da Mula (A Arrifana-Vilameá de Ramirás): A 875 metros de altitude.
Mámoas do Outeiro da Moura (Vilameá): A 939 metros de altitude. Tres medorras no límite con Redemuíños (Quintela de Leirado).
Mámoas da Travesas (Vilameá de Ramirás): Tres medorras no límite con Redemuíños (Quintela de Leirado), situadas a 860 metros de altitude.

RIBADAVIA
Dolmen de Codesás: As súas pinturas foron dadas a coñecer por Barros Sibelo. Estudada por Venancio Moreno López no ano 1874, foi a primeira anta con motivos artísticos descubertos en Galiza. Tiña seis esteos e erguíase preto doutras dúas mámoas. (Ver Melón).
Mámoas de Codesás: Entre as parroquias de Quins e Ribadavia. Dúas mámoas alteradas por actividades estractivas e unha estrada. Non se observan os rstos de dolmen citados por Venancio Moreno no 1874.
Pezas líticas: No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvanse varios utensilios líticos dos que se descoñece a procedencia e as condicións dos achados, só se sabe que foron atopados entre Ribadavia e San Cristovo de Cea.


 
RIÓS
A Forxa (Vilariño das Touzas-Progo); Progo (Progo); Chaira das Pozas.
Mámoa da Chaira das Pozas: Situada a máis de 1.000 metros de altitude sobre o nivel do mar, de pequenas dimensións presenta un cono de violación.
Cista da Forxa: Datada na Idade do Bronce. Cista rectangular formada por catro lousas de pizarra e tapada por dúas laxas do mesmo material. Trataríase dunha cista de inhumación e, dadas as dimensións, o cadáver tería que estar en posición flexionada. No interior recolléronse fragmentos de catro vasos cerámicos de perfil troncocónico e fondo plano, dous con asa. Un deles foi analizado, obténdose unha cronoloxía de 1746-1523 a.C., do Bronce Inicial ou Bronce Medio. No interior dos recipientes atopouse materia orgánica carbonizada que trala súa análise interpretouse como cervexa, polo que nos atopamos cos recipientes máis antigos de Galicia con contido desta bebida. O feito de utilizar diferentes alcohois en rituais funerarios non deixa de ser comùn en moitas culturas, onde derramar viño ou bebelo formaba parte dos diferentes ritos e cerimonias.  O enxoval que contiña foi atopado de forma casual por don Secundino Vieito Tarrazo nunha leira da súa propiedade en 1995.
  
 

A RÚA
As Medorras (Roblido): Necrópole formada por sete mámoas, a unha altitude duns 1.200 metros. A mámoa nº 1 ten unhas medidas de 18x14 metros, e unha altura de 2 metros; coiraza e seixo e xisto; alterada polas repoboacións forestais. A mámoa nº 2 ten uns 17 metros de diámetro e 2 de altura; alterada por unha repoboación de piñeiros. A mámoa nº 3 ten 13 metros de diámetro e 1 de altura; coiraza de seixo e xisto; alterada polas repoboacións forestais. A mámoa nº 4 ten 17 metros de diámetro e 1,5 de altura; coiraza de seixo e xisto; alterada polas repoboacións foresais. A mámoa nº 5 ten unhas medidas de 28x25 metros e unha altura de 2,5 metros; ten restos de cámara feita con laxas de pizarra, algunhas arrincadas por unha paleadora. A mámoa nº 6 ten 16 metros de diámetro e o,5 de altura; moi alterada. A mámoa nº 7 foi cortada por unha pista forestal. 
Monte das Medorras (Roblido): Necrópole formada por castro túmulos.
 

RUBIÁ
A Cista de Biobra e Foio das Arcas (Biobra); Couto da Cabeza (Serra da Enciña da Lastra-Oulego); Pardollán (Pardollán).
A Cista de Biobra: Datada na Idade do Bronce. Rectangular con catro grandes laxas de lousa.
Mámoa do Foio das Arcas: A 835 metros de altitude.Moi alterada. Conserva algún resto do dolmen.
Pala da Vella (Biobra): Asentamento neolítico. Vestixios de animais (cabra, ovella, bovinos e cervos).

SAN AMARO
O Picouto (Beariz); Mámoa da Ermida, O Couto (Eiras); A Corredoira (San Fiz de Navío); A Cidade (preto do castro de San Cibrán de Las-Las).
Mámoas da Corredoira (Piñeiro-Cenlle): Necrópole con dúas mámoas, unha na parroquia de San Fiz de Navío e outra en Piñeiro (Cenlle).
Mámoa do Couto (Eiras): No monte da Ermida, a 342 metros de altitude. 
Mámoas do Picouto: Dous túmulos.
 

SAN CIBRÁN DAS VIÑAS
Campo da Mama (Gargantós); Noalla (Noalla); Chao da Medorra e Plana das Medorras (Pazos de San Clodio).
Mámoa do Campo da Veiga: Mámoa descuberta durante as obras da autostrada A-52.
Plana das Medorras: Nas inmediacións do Parque Tecnolóxico. Necrópole composta por, ao menos, tres túmulos, dun asoman seis ou sete esteos do dolmen. En estado total de abandono. (Información achegada por José Antonio Gavilanes).
 



SAN CRISTOVO DE CEA
Ardesende (Ardesende-Covas); Campo da Mama e As Madorras (Covas); Zaeda (Martín de Louredo-Louredo); Mone do Biduedo (Pazos-Pereda); San Fagundo (San Fagundo); Serra Martiñá (Vales); Vilar (no camiño de Cea a Oseira); A Chaira, Chouso da Requena, O Cotiño, Coto da Mina e Fonte Salgueiro. 
Mámoa de Aguaceiras: A principios do mes de novembro de 2013, o arqueólogo Jorge Lamas Bertolo e o historiador Juanjo Álvarez, membros do Grupo Ecoloxista Outeiro e do Centro de Estudos Chamoso Lamas, localizaron en Cea un dos maiores túmulos das comarcas do Carballiño-O Ribeiro. Ten 35 metros de diámetro e unha altura de tres metros e conserva a cámara funeraria. Sitúase nas proximidades do Camiño Real que comunicaba Cea con Oseira. Esta mámoa forma parte dunha necrópole de cinco túmulos. 
Mámoa destruída en Ardesense: No mes de setembro de 2015, o Grupo Ecoloxista Outeiro denunciou ante a fiscalía a destrución dun enterramento megalítico en Ardesende que estaba catalogado. Sobre os esteos da anta vese fixeron unha prancha de formigón que actúa como mesa dun merendeiro, provocando un dano irreparable. 
Mámoas Monte do Biduedo: A 550 metros de altitude. Necrópole con sete enterramentos. 
Mámoas de Zaeda: No monte Martín, a 514 metros de altitude. Necróple con nove medorras moi achandadas. 
Na transición do século XIX ao XX, cando a contrución da primeira estrada entre O Carballiño e San Cristovo de Cea, o enxeñeiro Manuel Díez Sanjurjo documentou sesenta mámoas que se situaban na penichaira onde nace o río Barbantiño. A primeira publicación destes achados correu a cargo de Arturo Vázquez Núñez no ano 1901 no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense, describindo os resultados dos traballos e as escavacións de Díez Sanjurjo nos municipios do Carballiño, Vilamarín e Cea, entre os castros de San Fagundo, Covas, Martiñá, Baínte, Morgade e Santa Águeda co obxectivo de impulsar os estudos dos posibles poboadores antigos dos que el denominaba "célticos". Tal foi o impacto dos achados que foron citados posteriormente por Obermaier, López Cuevillas, Xaquín Lorenzo ou Brouza Brey. No ano 1902 foi doado ao Museo de Ourense un puidor localizado no contexto dunha das sesenta mámoas citadas; tamén saíu á luz un machado, unha gubia e outras pezas líticas.
Pezas líticas: No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvanse varias ferramentas líticas das que se descoñece a procedencia e as condicións dos achados, só se sabe que foron atopadas entre Ribadavia e San Cristovo de Cea. 
   

 
SANDIÁS  
A Cortiña Nova (A Fontela-Piñeira de Arcos); Leiras da Tapada (Piñeira de Arcos); Monte de Santa Mariña (Santa Ana-Piñeira de Arcos); As Cavadiñas (Sandiás).
Mámoa das Cavadiñas: Duns 18 metros de diámetro. Cráter de violación.
Mámoa da Cortiña Nova: De 24 por 18 metros., e 1,5 de altura. 
Mámoas de Leiras da Tapada: Necrópole formada por tres túmulos. A máis grande ten cono de violación. Outra foi cortada por unha pista, ao seu carón poden verse varios ortostatos tirados que formarían parte da cámara funeraria.
Mámoa de Santa Mariña: No monte Pendón de Santa Mariña. Duns 12 metros de diámetro e 0,60 de altura. Afectada polor un Campo de tiro.
 


SAN XOÁN DO RÍO
Pena do Xastre (Cerdeira); As Mamas (Cambela-Vilardá).
As Mamas: Na actualidade consérvase unha mámoa situada nunha penichaira. Está moi achandada e no seu interior pódese ver unha cámara poligonal feita con esteos de xisto.

SARREAUS
Pedra da Arca (Pazos-Codosedo); Alto da Madorra (Cortegada); As Mamuelas (Freande-Freixo); Os Piñeiros da Anta e A Medorra (Lodoselo); Cenradela (Paradiña); A Anta (Perrelos).
Pedra da Arca: Desaparecida, só queda o topónimo.
Mámoa da Anta: Desaparecida, só queda o topónimo Piñeira Danta.
Mámoa de Cenradela: Referencias orais, non se observan restos.
Mámoa das Mamuelas: Duns 14 metros de diámetro. Cráter de violación.
 

A TEIXEIRA
Veiga das Cruces (Cristosende); Mámoas de Pedrafita (Pedrafita).
Mámoa da Veiga das Cruces: Mámoa situada a 837 metros de altitude. De 32 metros de diámetro, ten cráter de violación e coiraza pétrea, sobre o túmulo plantáronse pinos.
 

TOÉN
As Lameiras, A Medoña, Portela Vella (Moreiras); A Bragada, As Cerdeiras e O Muíño Novo (Toén). 
Dolmen da Medoña: Saíu á luz no mes de agosto de 2020, logo dos lumes que padeceu o monte. Foi localizado polos curmáns David e Pablo Sabucedo, fundadores da asociación Amigos do Patrimonio de Toén. Da mámoa asoman varios esteos; carece de tampa cobertoira. 
Mámoas da Bragada: Necrópole con dúas mámoas con cráter de violación. 
Mámoas das Cerdeiras: Necrópole formada por tres túmulos. En novembro de 2021, integrantes da asociación Amigos do Patrimonio de Toén procederon á sú alimpeza.
Mámoas do Muíño Novo: Dous túmulos con conos de violación.
Mámoa da Portela Vella: Da asociación Amigos do Patrimonio de Toén recollo: Este enterramento megalítico levaba catalogado dende fai varios anos, mais sempre pensamos que era un xacemento Paleolítico, pois na Portela Vella aparecera moita ferramenta lítica á vez que no veciño xacemento da Piteira. O descubrimento de que se trataba dun túmulo foi grazas á información pasada pola comunidade de montes de Moreiras-Trelle, que estaban a preparar traballos nese monte e o forestal avisounos de que había un punto protexido por Patrimonio naquel lugar que se correspondería cunha mámoa. O xacemento presenta un gran cono de violación e está alterado polos lumes e traballos agrícolas e forestais ao longo do tempo (moi común neste casos), mais vese dun tamaño considerable. Non é a única que estaba naquela paraxe pois o plano indica outro túmulo, mais a este aínda non poidemos acceder. Con estas dúas xa son tres os monumentos megalíticos cos que conta a parroquia de San Pedro de Moreiras.
 
 


TRASMIRAS
Cista de Lavandeira (Vila de Rei): Dispoño de pouca información, só dunhas pezas doadas ao Museo Arqueolóxico de Ourense. (Fonte: Marina Rodríguez).
A Madorra (Abavides): Topónimo.
 

A VEIGA
Fondo da Aldea (Castromao); Castromarigo (Castromarigo); Edreira (Edreira); A Pedra Má, A Portela (Meda); As Pouliñas (O Regueiro-Meda); Alto da Moeda (Candeda-Riomao); O Lombeiro da Pena Escrita (Seoane).   
Mámoa do Alto da Moeda: Duns 12 metros de diámetro. Situada a 1.400 metros de altitude, actuaba como límite entre as parroquias de Riomao e Prada (A Veiga) e Candeda (Carballeda de Valdeorras). 
Mámoa de Castromarigo: Hai unha mámoa situada xunto o encoro. 
Mámoa do Lombeiro da Pena Escrita: No Alto da Escrita. Alterada por un camiño, ten unhas medidas aproximadas de 20 metros de diámetro. 
Mámoas da Pedra Má: Necrópole con tres túmulos situados a 1.165 metros de altitude. 
Mámoas das Pouliñas: A 1.320 metros de altitude. Necrópole formada por tres mámoas que tiñan unhas dimensións de 10, 12 e 20 metros de diámetro e cunha altura máxima de 0,60 metros. Na actualidade só se observan dúas bastantes achandadas xa que unha foi destruída por un camiño. 
  

VEREA
A Mota Grande, Outeiro do Ferro e Portela do Pau (Monte Penagache-Bangueses); Os Aceveiriños, As Catro Cruces, Fonte do Vido, Monte Mosteiro, Mota do Foxo, Pedra da Arca, Penedos da Canteira e Monte Salgueiro (Bangueses); As Motas (Cexo); Coto da Atalaia e Mota do Outeirón (Portela); Mota do Penedo Grande (Sanguñedo); O Outeirón (Verea).
A Mota Grande: Enorme mámoa situada nunha necrópole composta por seis túmulos que agocha unha cámara megalítica formada por cinco esteos. Escavada a principios dos anos noventa, descubríronse restos de pintura e unha gravura. Situada na serra do Leboreiro, nos lindes con Portugal, forma parte dunha necrópole composta por cento trinta mámoas. Declarada BIC.
Mámoas das Catro Cruces: Necrópole con catro túmulos, dous en Bangueses e outros dous en Calvos (Bande. Nas inmediacións está o menhir o Marco das Catro Cruces.
Mámoas do Coto da Atalaia: A 1.000 metros de altitude. No límite coa parroquia de Santa María de Cexo. Necrópole con cinco túmulos.
Mámoas do Monte Mosteiro: Necrópole con oito túmulos situados a 875 metros de altitude.
Mámoas da Mota do Outeirón: Necrópole con tres túmulos.
Mámoas do Outeiro do Ferro: No monte Penagache. Unha das mámoas, de grandes dimensións, está recuberta por unha coiraza pétrea en cuxo interior agocha unha anta de planta poligonal; algúns esteos presentan decoracións con motivos ondulados e en zigue-zague. Outra anta, de forma poligonal, presenta un corredor pouco desenvolvido.
Mámoa do Penagache ou da Portela do Pau: No límite entre Galicia e Portugal. A cámara é de estilo poligonal con sete esteos, nun hai gravados motivos en forma de zigue-zague e ondulados. A cuberta non semella a orixinal por estaren feita con outros materiais, quizais se fixo para protexer as gravuras.   
Mámoas dos Penedos da Canteira e Monte Salgueiro: Necrópoles con quince mámoas situada na Serra do Leboreiro. Proposta como Ben de Interese Cultural.
 


 

 

VERÍN 
Fraga dos Lobos (Ábedes); Fraga do Zorro (Ábedes); Queizás (Queizás); Tamaguelos (Tamaguelos); A Madorra.
Cistas da Fraga dos Lobos: Cistas da Idade do Bronce en cuxo interior apareceron restos humanos en bo estado de conservación, ademais de restos cerámicos e materiais de sílex, pizarra, cuarzo e cuarcita.
Fraga do Zorro: Necrópole de fosas, datada na fase final do Bronce Inicial, descuberta no ano 1995 cando o seguemento e control da autoestrada das Rías Baixas. Recuperáronse máis de medio milleiro de fragmentos cerámicos aínda que só unha pequena porcentaxe se conserva en relativo bo estado, entre outros dous vasos de estilo campaniforme, unha ola, xerras, cuncas, etc.
 

VIANA DO BOLO
As Antas (Fradelo).

VILAMARÍN
León (León); Orbán (Orbán); O Pazo (O Palacio-Orbán); San Martiño (San Martiño-O Río); A Costa (Pazos do Monte-Vilamarín); Baínte e Porto Amieiro (Vilamarín). 
Mámoa do Castro da Aira dos Mouros: No seu interior consérvanse restos dunha mámoa. 
Mámoa do Castro de Santa Ádega: No seu interior houbo unha mámoa. 
Mámoas da Costa: A 600 metros de altitude. Necrópole con seis túmulos. 
Mámoas de San Martiño: Necrópole con tres túmulos. 
Serra Martiñá: Apareceron pezas líticas e cerámicas asociadas a túmulos.
Val do Barbantiño: No Museo Arqueolóxico de Ourense custódiase unha lámina de sílex, unha puntas de frecha, un fragmento lítico de pedra caliza en cuxas fichas di que proceden do Val do Barbantiño.
Na transición do século XIX ao XX, cando a contrución da primeira estrada entre O Carballiño e San Cristovo de Cea, o enxeñeiro Manuel Díez Sanjurjo documentou sesenta mámoas que se situaban na penichaira onde nace o río Barbantiño. A primeira publicación destes achados correu a cargo de Arturo Vázquez Núñez no ano 1901 no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense, describindo os resultados dos traballos e as escavacións de Díez Sanjurjo nos municipios do Carballiño, Vilamarín e Cea, entre os castros de San Fagunco, Covas, Martiñá, Baínte, Morgade e Santa Águeda co obxectivo de impulsar os estudos dos posibles poboadores antigos dos que el denominaba "célticos". Tal foi o impacto dos achados que foron citados posteriormente por Obermaier, López Cuevillas, Xaquín Lorenzo ou Brouza Brey. No ano 1902 foi doado ao Museo de Ourense un puidor localizado no contexto dunha das sesenta mámoas citadas; tamén saíu á luz un machado, unha gubia e outras pezas líticas e cerámicas.    
No ano 1898, Vázquez Núñez localizou un total de 10 mámoas en Orbán e 23 entre Baínte e Ardesende, lugar da parroquia de Covas (San Cristovo de Cea). 
Vaso: De bordo e paredes rectas, atopado nalgunha parte do concello nunha mámoa.
 
 

 
 
 
VILAMARTÍN DE VALDEORRAS
Arnado (Arnado); A Madanela (Vilamartín).

VILAR DE BARRIO
A Medorriña (Penadiz-Arnuíde); A Chaira (Seiró).
Mámoas da Chaira: Dous túmulos situados a 737 metros de altitude, a ambos os lados dun camiño. Presentan cono de violación. 
A Medorriña: A 660 metros de altitude. Túmulo funerario sobre un esporón que controla o río Arnoia, entre as aldeas de Folón e Alemparte. Non presenta cráter de violación nin cámara visible.  

VILAR DE SANTOS
Mámoa do Monte dos Cervos (Laioso-Parada de Outeiro): Mámoa situada a 825 metros de altitude. Presenta cono de violación.
Monte Penamá: Necrópole con dous túmulos, un no límite coa parroquia de Torneiros, en Allariz. Nunha mámoa apareceu un puñal metálico da Idade do Bronce que foi localizado por Conde Valvís e publicado por Florentino Cuevillas. No Museo Arqueolóxico de Ourense.

VILARDEVÓS
Salto do Cabalo ou Penas Libres (Penas Libres-Arzádegos); A Medorra e Val dos Mozos (Vilardevós). 
Mámoas do Salto do Cabalo/A Verea: A 925 metros de altitude. Necrópole formada por catro túmulos. 
Mámoas da Serra de Penas Libres: Das nove mámoas que había só se conservan cinco. Unha presenta restos de coiraza pétrea. 
Mámoas do Val dos Mozos: A 900 metros de altitude. Necrópole formada por nove túmulos, catro deles case destruídos pola estrada Verín-Bragança. As que se conservan foron violadas por furtivos. Na contorna atopáronse restos de carbóns e madeira de carballo e o anaco dun pote. 
Abrigo con arte esquemática do Penedo Gordo: Atópase en Feilas, na parroquia de Fumaces e a Trepa. No ano 2017 atopouse pintura rupestre ao aire libre, datada entre o Neolítico Medio e Final, sen desbotar unha cronoloxía anterior e a existencia de varios niveis de ocupación. Foi localizado por Bruno Rúa e José Luis Lozano. A primeira intervención, coordinada por Comendador Rey, realizouse no ano 2018, documentándose, entre outros motivos (identificáronse 31 formas), puntos, liñas, un posible antropomorfo moi esquemático e unha figura de carácter antropomórfico de cabeza triangular e coa representación dos membros superiores. No mes de febreiro de 2020, a Consellería de Cultura confirmou a iniciación da apertura dos expedientes para a declaración como BIC dos catro sitios arqueolóxicos en que se acharon manifestacións de arte rupestre esquemática datadas no Neolítico Medio. Estes son a Cova dos Mouros da Fontaneira (Baleira) e os xacementos da provincia de Ourense do Penedo Gordo (Vilardevós), Casaio (Carballeda de Valdeorras) e A Cidade das Laxes das Chás/Castelo de Lobarzán nos concellos de Monterrei e Oímbra. Segundo Beatriz Comendador, os achados producíronse de forma casual, ao aire libre ou en pequenas cavidades, non en covas como é o caso das pinturas paleolíticas. Débense ás primeiras sociedades de carácter agrícola que aparecerían entre o Neolítico Antigo e a Idade dos Metais polo que se estaría a falar dun período que vai dende o 3900 a. C. ata o 2500 a. C. Trátase de pinturas moi esquemáticas, feitas con trazos lineais onde se utilizou unha soa cor e con tinta aplicada coa xema dos dedos ou con pinceis moi rudimentarios. A cor máis utilizada é a vermella que elaboraban con pigmentos de procedencia mineral mesturados con auga ou materias graxas. Di Comendador Rey que hai moi pouca información deste tipo de sociedades que tiñan un alto grado de mobilidade e que sinalaban o territorio, pero tamén que non se sabe o seu significado se ben é certo que os motivos repítense. Trátase de comunidades numerosas de certa estabilidade, as primeiras de carácter agrícola de Galicia, onde a consolidación definitiva do hábitat non se produce ata a Idade do Ferro, nun proceso moi lento, coas sociedades vivindo en poboados fortificados, os castros. Estas pinturas foron descubertas dende o ano 2017. Remata Comendador de que hai que seguir a estudalas, e garantir a súa conservación e divulgación.
Nas inmediacións atopáronse microlitos, coiteliñas para cortar a madeira, unha punta de frecha, etc. 
 

 

 

VILARIÑO DE CONSO 
As mámoas de Vilariño de Conso atópanse entre Pradoalbar e Forcadas, en Chandrexa de Queixa. 
Mámoa do Collado de Torcebocas Destruída por un camiño.     
Mámoa da Mallada de Cerveira: Duns 13 metros de diámetro. Moi achandada   
Mámoa de Torcebocas: A 1.475 metros de altitude. Pouco queda, foi destruída por un camiño.  

XINZO DE LIMIA
A Moulla e Outeiro das Xestas (Boado); Casa da Moura (Boado).
Mámoa da Casa da Moura: Segundo fontes orais existían os esteos dunha anta, hoxe en día desaparecida.
Mámoas da Moulla: Necrópole con dous túmulos, un practicamente desaparecido, o outro padeceu escavacións furtivas. 
Mámoa do Outeiro das Xestas: Mámoa coñecida tamén como Casa da Moura e As Covatas. Desaparecida por causa da actividade extractiva de pedra durante anos.
 


XUNQUEIRA DE AMBÍA
A Medorra do Bustelo (Capaceira-A Abeleda); O Valado da Arcela (Casasoá-Abeleda); A Lomba (Cima de Vila-A Abeleda); Os Casares (Bobadela); Camposanto dos Mouros (Cerdeira-A Graña). 
Mámoas do Camposanto dos Mouros: Consta de dúas mámoas situadas no camiño que vai ao castro de Cerdeira. Practicamente achanzadas. 
A Medorra de Bustelo: Citada no ano 1172 no mosteiro de Ribas de Sil ao sinalar os lindeiros do seu couto de San Román de Sobradelo. 
Mámoa dos Casares: Na dorsal dun pequeno espigón situado preto da aldea de Bobadela, a unha altitude de 698 metros. Ten unhas dimensións dun 17 x 20 metros. Non conserva restos da cámara. 
Mámoas da Lomba: Trátase de dúas pequenas mámoas que presentan unha masa tumular dun 12 metros de diámetro e unha altura de 0,60 metros. Non conservan cámara pero si teñen cono de violación.   
Mámoa do Valado da Arcela: Entre Casasoá (A Abeleda) e Vilariño (Bobadela). Citada por Rivas Quintas. 
 

XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
Necrópole de Veigachá (Niñodaguia); Mámoa da Casa da Neve (Pardeconde-Os Pensos); Outeiro da Madavella (Os Carrís-Ramil); Mámoas da Veiga (A Veiga-Xunqueira de Espadañedo).
Mámoa da Casa da Neve: Mámoa cun diámetro de 12 metros e unha altura de 0,60 metros. Presenta cono de violación e sobre o túmulo plantaron piñeiros.   
Mámoa do Outeiro da Madavella: Trátase dunha mámoa onde se aprecian escavacións furtivas. José Antonio Gavilanes recolleu a lenda de que o seu interior agocha un año de ouro.
Mámoas da Veiga: Necrópole con varias mámoas moi alteradas. A catalogada co nº 3 foi cortada debido aos labores de extracción de arxila para a fábrica de cerámica.
Mámoas de Veigachá: Das 17 mámoas que formaban a necrópole, só sobreviven seis. Foron destruídas pola extracción de arxila para unha fábrica de ladrillos, pola construción dun almacén, etc.
Mámoas e vías romanas aparecen como delimitadoras de propiedades na documentación do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo: "inde ad mamuam da Meda...".
Das mámoas Casas da Neve, Outeiro da Madavella e da Veiga, os informantes foron José Antonio Gavilanes, de Ponte Ambía (Baños de Molgas) e Juan José Ferreño, de Pardeconde (Esgos).


 

Xabier Moure
Mámoas e antas de Galiza/Galicia (Provincia de Ourense)
o noso patrimonio